Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171322 - Metodoloxía da Investigación Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Facal Fondo, Teresa.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer e comprender os métodos e técnicas de investigación social e a súa aplicación ao Traballo Social.
    - Saber xestionar a información a partir dunha diversidade de fontes.
    - Ser capaz de interpretar datos sobre necesidades e problemas sociais, e sobre os resultados do Traballo Social, desde unha perspectiva non androcéntrica nin etnocéntrica.
    - Ser capaz de avaliar as diferencias de punto de vista na recollida de información e a fiabilidade e importancia da información recollida.
    - Ser capaz de aplicar os diferentes modelos de investigación, diagnóstico e avaliación en Traballo Social ao longo das súas fases.
    Contidos
    I. O método científico. Concepto e características da investigación social. Paradigmas e perspectivas en investigación social. Investigación e Traballo Social.
    II. O proceso de investigación. Fases dunha investigación. O proxecto de investigación.
    III. A poboación obxecto de estudio. Teoría e deseño de mostras.
    IV. A obtención de datos. Principais técnicas de recollida de datos.
    V. O tratamiento dos datos.
    VI. A presentación de resultados: o informe de investigación.

    Bibliografía básica e complementaria
    Balcells i Junyent, J.(1994): La Investigación Social. Introducción a los métodos y las técnicas. Barcelona: PPU.

    Callejo, J. (coord.), Del Val,C., Gutierrez,J. y Viedma,A.(2009): Introducción a las técnicas de Investigación Social. Madrid: Ramón Areces.

    Cea D´Ancona, Mª A.(1996): Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis Sociología.

    RUBIO, M.J. y VARAS, J. (1997), El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigació., Madrid:CCS.

    Sierra Bravo, R.(1985), Técnicas de investigación social. Teoría y Ejercicios. Madrid: Paraninfo.

    Competencias
    No Plan de Estudos do Título de grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:

    Competencias xenéricas:
    - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que abranguen unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
    - Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social con un alto grao de autonomía.

    Competencias específicas:
    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.

    Competencias transversais:
    - Capacidade de análisis e síntesis
    - Capacidade de comunicación oral e escrita
    - Capacidade de aplicación dos coñecementos de informática
    - Capacidade de razonamento crítico
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo
    - Capacidade de creatividade
    - Capacidade de motivación pola calidade
    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas e co traballo autónomo.

    Sistema de evaluación
    A avaiación da asignatura levarase a cabo mediante avaliación continua e proba escrita. Esta última terá un peso do 65% sobre a cualificación global e poderá superarse mediante a proba liberatoria que terá lugar antes de finalizar o periodo de docencia ou ben na convocatoria oficial de exame. Para poder presentarse á proba liberatoria é necesario contar cunha asistencia a clase igual ou superior ao 50%, tanto das clases expositivas como das clases interactivas, asistencia contabilizada ata quince días antes da realización de dita proba. Si se supera a proba escrita pero non se teñen entregado ou non resultan aptos outros traballos e/ou exercicios obrigatorios, gardarase a nota obtida ata a derradeira convocatoria dese curso, pero non para cursos posteriores.
    A evaluación continua, pola súa parte, ten un peso do 35% e sumarase á nota obtida na proba presencial, sempre que esta proba se teña superada con unha cualificación mínima de apto.

    CONTIDO DA EVALUACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA:
    - Asistencia a clases expositivas: 0,5 puntos.
    - Lectura de textos e resolución de exercicios: 1,5 punto.
    - Elaboración do proxecto de investigació: 0,5 puntos.
    - Exposición do proxecto: 0,5 puntos.
    - Puntuación por asistencia a clases interactivas: 0,5 puntos.
    Total: 3,5 puntos

    En caso de non asistir ás sesións presenciais nas que se realicen tarefas puntuables, si estas faltas se xustifican debidamente, poderán compensarse nas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora, entregándose estas tarefas na convocatoria ordinaria ou posteriormente, si así o autoriza a profesora, en cuxo caso serán avaliadas na convocatoria extraordinaria. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.

    SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA:
    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nas Ensinanzas Adapatadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir a clases e teña concedida a dispensa de asistencia poderá compensar as faltas coa realización de exercicios de análisis de textos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coa profesora.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
    Exercicios: 24 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Proxecto de investigación: 25 horas

    TOTAL: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctica.
    A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.

    Se recomenda ter cursada a materia de Investigación e Diagnóstico en Traballo Social.