Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171323 - Traballo Social con Individuos e Familias (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Besada Agra, Lourdes.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Ser capaz de analizar a natureza das relacións entre profesionais e usuarios, e as potencialidades e dificultades que as marcan, tendo en conta os aspectos relativos ao xénero e a diversidade cultural.
    - Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con individuos e familias para promover cambios e desenvolver as súas capacidades e mellorar as súas oportunidades vitais.
    - Coñecer os modos de intervir con persoas e familias para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, e para promover a participación dos usuarios nos procesos e servizos de Traballo Social.
    - Coñecer os modos de implicar aos usuarios nos servizos de Traballo Social para incrementar os seus recursos, a súa capacidade e o seu poder para influir nos factores que afectan as súas vidas.
    - Ser capaz de desenvolver os principais métodos de apoio individual e familiar.
    - Ser capaz de promover redes sociais para facer frente as necesidades.
    - Ser capaz de aplicar as estratexias de resolución de conflitos por medio da negociación e a mediación.
    - Ser capaz de defender ás persoas e familias e actuar no seu nome se a situación o require.
    - Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
    - Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os resultados.

    Contidos
    TEMA I: O individuo e a familia como unidade de intervención en Traballo Social.
    TEMA II: A perspectiva ecosistémica de intervención. A perspectiva estrutural e evolutiva da familia. A familia como sistema de relación.
    TEMA III: Recollida de información e análise do sistema individual-familiar. As técnicas e o análise operativo da familia
    TEMA IV: A relación de axuda e o proceso de cambio. A entrevista.
    TEMA V: As técnicas. Instrumentos e competencias de intervención individual-familiar. A visita ao fogar.
    TEMA VI: Sistemas e contextos de intervención: institución, cliente e traballador social.
    TEMA VII: Módelos e procedementos de intervención co sistema individual-familiar.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Arranz, E. e Oliva, A. (coord.) (2010).Desarrollo psicológico de lãs nuevas estructuras familiares. Madrid: Pirámide.
    Bermudez, C. e Brik, E. (2010). Terapia familiar sistémica. Aspectos teóricos y aplicación práctica. Madrid: Sintesis.
    Blanco, A. e Rodríguez, J. (2007). intervención psicosocial. Madrid: Pearson Educación SA.
    Castillo, S. e Sánchez, M. (2009). Habilidades sociales. Servicios socioculturales y a la comunidad. Módulo transversal. Barcelona: Altamar.
    Coletti, M. e Linares, J. L. (comp.) (1997). La intervención sistémica en los Servicios Sociales ante la familia multiproblemática: La experiencia de la ciutat Vella. Barcelona: Paidós.
    Equipo EIF (Universidad de Deusto) (2008). Manual de instrumentos de evaluación familiar. Madrid: CCS.
    Fernández, T. e Ponce de León, L. (2011). Trabajo social con familias. Madrid: ediciones académicas, S.A.
    Fernández, T. e Ponce de León, L. (2012). Trabajo social individualizado. Metodología de intervención. Madrid: ediciones académicas, S.A.
    Fernández, M.D. e Suárez J.M. (2012). Menores en crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas. Santiago de Compostela:USC.
    Fresno, M. del (2011). Retos para la intervención social con familias en el siglo XXI. Madrid: Trotta. UNED
    García, F. J., Vaquer, A. V. e Gomis, C. (2010). Intervención y mediación familiar. Castellón de la Plana: Universitat Jaume I.
    Goldrik, M. e Gerson, R. (1987). Genogramas en la evaluación familiar. Barcelona: Gedisa.
    Minuchin, P., Colapinto, J. e Minuchin, S. (2000). Pobreza, Institución, Familia. Buenos Aires: Amorrortu editores
    Ríos, J.A. (dir.) (2009). Personalidad, madurez humana y contexto familiar. Madrid:CCS.
    Ranquet, M. de (1996). Los modelos en trabajo social: Intervención con personas y familias. Madrid: Siglo XXI de España editores S.A.
    Sánchez, A. (2000). Intervención microsocial: Trabajo social con individuos y familias. Murcia: D.M.
    Segado, S. (2011). Nuevas tendencias en Trabajo Social con Familias. Una propuesta para la práctica desde el empowerment. Madrid: Trotta. UNED
    Sluzki, C. E. (2002). La red social: Frontera de la práctica sistémica. Barcelona: Gedisa.
    Trevithick, P. (2002). Habilidades de comunicación en intervención social. Madrid: Narcea.

    Bibliografía complementaria
    Castells, P. (2008). Psicología de la familia. Conocernos más para convivir mejor. Barcelona: CEAC.
    Costa, M. e López, E. (2003). Consejo psicológico. Madrid: Síntesis.
    Fontanals, M. D. e Bonet, R. (2003). Una nueva visión del trabajo psicosocial en el ámbito asistencial. Barcelona: Herder.
    Melillo, A. e Suarez. E. (2001). Resiliencia: Descubriendo las propias fortalezas. Barcelona: Paidós.
    Mustieles, D. (2007). La entrevista psicosocial. Proceso y procedimientos. Madrid: Grupo 5 Acción y Gestión social. S.L.
    Tizón, J.L. (2004). Pérdida, pena, duelo, vivencias, investigación y asistencia. Barcelona: Paidós.
    Ubieto, J.R. (2009). El trabajo en red. Usos posibles en Educación, Salud Mental y Servicios Sociales. Barcelona: Gedisa.
    Vallés, J. (2009). Manual del educador social. Intervención en servicios sociales. Madrid: Pirámide.
    Viscarret, J. J. (2007): Modelos y métodos de intervención en Trabajo Social. Madrid: Alianza editorial.

    Competencias
    COMPETENCIAS XENÉRICAS:
    - Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento nese campo.
    - Saber aplicar esos coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
    - Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
    - Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os seus resultados.
    - Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
    - Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e cos colegas profesionais negociando o suministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
    - Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
    - Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal.
    - Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
    - Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o require.
    - Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza do mesmo.
    - Desenvolver aptitudes para traballar de maneira eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuindo igualmente a abordar de maneira constructiva os posibles desacordos existentes.
    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    - Capacidade de resolución de problemas.
    - Capacidade de traballo en equipo.
    - Capacidade para as relacións interpersonais.
    - Capacidade de razoamento crítico.
    - Capacidade de compromiso ético.
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo.
    - Capacidade de motivación pola calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    27 horas docencia expositiva e 18 interactiva
    A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
    A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
    A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.

    Sistema de evaluación
    A proba escrita ou exame terá un valor do 70% sobre a cualificación global e o peso da avaliación continua será do 30%. A avaliación continua teráse en conta sempre que os/as alumnos/as alcancen unha puntuación do exame ou proba escrita igual ou superior a 2,8 sobre 7.0.
    A avaliación final terá en conta o desenvolvemento de actividades do alumnado, individual ou grupalmente, en relación aos aspectos que a continuación se relacionan:
    - Exame: 7 puntos
    - Asistencia a clases interactivas nas que se traballará a discusión, reflexión e análise de casos ou supostos prácticos, de documentos ou textos bibliográficos e a exposición, cando proceda, dos traballos na aula: 2 puntos
    - Traballo, individual ou grupal a realizar fora da aula, en base a análise de documentos ou textos bibliográficos, de material audiovisual ou de análise dunha familia : 1 punto. É requisito indispensable ter realizado este traballo para poder ser avaliado da materia.

    O sistema de control de asistencia a clases é o establecido polo centro a tales efectos.

    O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a
    clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistencia, realizará un traballo, a determinar entre o/a alumno/a e a profesora, que entregará por escrito e procederá a súa defensa.
    Poderán producirse cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para o aprendizaxe.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo persoal do alumno/a (total 99 Horas)
    - Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 Horas.
    - Exercicios: 15 Horas.
    - Lectura de textos: 10 Horas.
    - Elaboración de traballos, visualización do material: 20 Horas.
    - Outras tarefas propostas: Análise de familias no cine: 4 Horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia as clases expositivas é de especial importancia para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
    A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
    Recoméndase que no desenvolvemento temporal da materia o/a alumno/a manteña un contacto periódico coa profesora para a clarificación de conceptos e a orientación bibliográfica axeitada para facilitarlle que poida afondar naquelas parcelas do seu interese.

    Recomendacións previas:
    Ter cursadas as asignaturas de Fundamentos do Traballo Social; Historia do Traballo Social; Ética e Traballo Social; e Habilidades Sociais e de Comunicación en Traballo Social.