Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171326 - Prácticas de Investigación en Traballo Social (Prácticas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 26.10
  • Horas de Titorías: 87.00
  • Total: 113.1

Outros Datos

  • Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Bascuas Jardón, Xoán Carlos.NON
García Álvarez, Purificación.NON
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Ser capaz de avaliar situacións sociais e recoller, ordear, tratar e analizar a información, tendo en conta os puntos de vista dos participantes, os conceptos teóricos, os datos da investigación, as normas legais e os procedimentos institucionais.
    - Ser capaz de analizar a propia práctica e identificar os seus limites e carencias profesionais, e asumir a responsabilidade da adquisición continuada de coñecementos e destrezas.
    - Ser capaz de utilizar adecuadamente la supervisión y sistematizar la práctica.
    - Ser capaz de contribuír á promoción de baos prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento y análise das políticas que se implementan.
    - Ser capaz de sintetizar información e liñas de razonamento, e soster un argumento detallado ao longo do tempo.
    - Ser capaz de presentar conclusións verbalmente e por escrito, de forma estruturada e adecuada á audiencia para a que foran preparadas.
    - Ser capaz de elaborar e redactar informes de investigación aplicada ao Traballo Social e traballos académicos e profesionais utilizando distintas técnicas, incluidas as derivadas das tecnoloxías da información e a comunicación.
    -Ser capaz de xestionar dilemas e problemas éticos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.

    Contidos
    Deseño, xestión e execución dunha investigación no ámbito do Traballo Social: Elaboración do proxecto, recollida, tratamento e análise dos datos; elaboración do informe de investigación.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:

    Cea d`Ancona, M.A. (l996). Metodología cuantitativa. Estrategias y Técnicas de Investigación Social. Madrid: Síntesis S.A.
    Corbeta,P. (2008). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Madrid: Mc Graw Hill.
    López López, M.T. e Santín, D. (Coords.). (2008). Análisis de datos en la Investigación Social de la Familia. Madrid: Cinca.
    Rojas, A.J., Fernández, J.S. e Pérez, C. (l998). Investigación mediante encuestas, Fundamentos teóricos y aspectos prácticos. Madrid: Síntesis S.A.

    Bibliografía complementaria:

    Aguirre, A. (1995). Etnografía. Metodología cualitativa en la investigación sociocultural. Barcelona: Marcombo.
    Azofra, M.J. (1999). Cuadernos Metodológicos. Cuestionarios, 26.
    Bosch, J.L.C. e Torrente, D. (1993). Cuadernos Metodológicos. Encuestas telefónicas y por correo, 9.
    Harvatppoulos, Y., Livan, Y. F. e Sarnin, P.H. (1992). El arte de la encuesta. Bilbao: Deusto.
    Manzano, V.G., Rojas, A.J. e Fernández, J.S. (1996); Manual para encuestadores. Barcelona: Ariel Practicum.
    Pons, I. (1998). Cuadernos Metodológicos. Programación de la investigación social, 8.
    Rojas, A.J., Fernández, J.S. e Pérez, C. (1998). Investigar mediante encuestas. Fundamentos teóricos y aspectos prácticos. Madrid: Síntesis.
    Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la investigaciones social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid: CCS.
    Sánchez, J.J. (1989). Análisis de tablas de contingencia. Madrid: CIS/Siglo XXI.
    Sierra, R. (1985). Técnicas de investigación social. Teoría y ejercicios. Madrid: Paraninfo.
    Competencias
    Competencias xerais:

    - Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.

    - Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grado de autonomía.

    Competencias específicas:

    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidad cultural.
    - Saber administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo.
    - Investigar, analizar, avaliar e utilizar o coñecemento actual das boas prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo.

    Competencas transversais:

    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de organización e planificación
    - Capacidade de comunicación oral e escrita
    - Capacidade de aplicación dos coñecementos de informática
    - Capacidade de traballo en equipo
    - Capacidade para as relacións interpersonales
    - Capacidade de razoamento crítico
    - Capacidade de aprendizaxe autónoma
    - Capacidade de creatividade
    - Capacidade de motivación pola calidade
    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía a utilizar combinará a realización de cinco sesións de titoria, co traballo do alumnado en pequenos grupos fóra da aula, promovendo así a aprendizaxe autónoma e significativa.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia descansa sobre os seguintes aspectos:

    1. Asistencia ás sesións de titoría.

    2. Realización das tarefas necesarias para levar a cabo a investigación, e presentación do borrador do informe final da mesma.

    3. Presentación do informe final da investigación.

    O profesorado fixará na guía da materia os criterios específicos para a valoración de cada un dos aspectos considerados.

    As persoas que teñan concedida dispensa de asistencia tamén realizarán o traballo de investigación. Deberán poñerse en contacto coa coordinadora da materia para establecer como se levará a cabo dita investigación.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tarefas de documentación: 47 horas
    Traballo de campo. 20 horas
    Deseño do proxecto: 30 horas
    Elaboración do informe: 50 horas
    Total: 147
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o desenvolvemento do proceso de investigación é necesario partir dos coñecementos teóricos e técnicos que se imparten en clases expositivas e interactivas nas materias de Investigación e Diagnóstico en Traballo Social e Metodoloxía da Investigación Social.