Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171327 - Deseño e Avaliación de Proxectos de Intervención Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Puñal Romarís, María Elena.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Ser capaz de deseñar, implementar e evaluar plans de intervención coas persoas atendidas e outros profesionais negociando o uso de servizos e revisar a eficacia de devanditos plans.
    - Ser capaz de usar a tecnoloxía xeral da xestión de proxectos de intervención social: análise, diagnóstico, planificación, ejecución e avaliación.
    - Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crises valorando a súa urxencia, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.

    Contidos
    - A formulación de proxectos de intervención social no proceso de programación.
    - Modelos de proxectos de intervención social.
    - Elementos constitutivos do deseño de proxectos: Fundamentación, obxectivos, destinatarios, actividades, recursos, orzamento e avaliación.
    - A implementación, a ejecución e a avaliación de proxectos de intervención social. Formulación e análise de indicadores de avaliación.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    García Herrero, G. e Ramírez Navarro, J.L (1996). Diseño y evaluación de proyectos sociales. Zaragoza: Certeza.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    Aguilar, M. J. e Ander Egg, E. (1986). Administración y ejecución de programas de Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Aguilar, M. J. e Ander Egg, E. (1990). Administración de programas de Acción Social. Vitoria-Gasteiz: Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.

    Aguilar, M. J. e Ander Egg, E. (1992). Evaluación de Servicios y Programas Sociales. Madrid: Siglo XXI.

    Amezcua,C. y Jiménez, A. (1996). Evaluación de Programas Sociales. Madrid: Díaz de Santos.

    Ander Egg, E. (1981). Metodología del Trabajo Social. Alicante: Instituto de Ciencias Aplicadas. .

    Ander Egg, E. (1991). Introducción a la Planificación (13ª ed.) Madrid: Siglo XXI.

    Ander Egg, E. (2009). Metodologías de acción social. Buenos Aires: Lumen-Humanitas

    Aylwin, N., Jiménez, M. e Quezade, M. (1982). Un enfoque operativo de la Metodología de Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Beaudelux, E. (1992). Guía metodológica de apoyo a proyectos y acciones para el desarrollo. De la identificación a la evaluación. Madrid: IEPALA.

    Bueno, J.R. (1988). Servicios Sociales: planificación y organización. Valencia: Mestral Universidad.

    Callejo, J. e Viedma, A. (2006). Proyectos y estrategias de Investigación Social: la perspectiva de la intervención. Madrid: McGraw-Hill.

    Carlo, E. Di (1988). Metodología de la Intervención en Trabajo Social. Buenos Aires: Ateneo.

    Cohen, E. y Franco, R. (1993). Evaluación de Proyectos Sociales. Madrid: Siglo XXI.

    Conde, R. (1984). Proceso Metodológico de Trabajo Social. Sen publicar. Granada

    Conde, R. (1998). Trabajo Social Experimental. Valencia: Tirant Lo Blanch.

    Dieguez, A. J. (1987). Planificación y Trabajo Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Dieguez, A. J. (coord.) (2002). Diseño y Evaluación de Proyectos de intervención socioeducactiva y Trabajo Social comunitario. Buenos Aires: Espacio Editorial.

    Fernández, T. e Ares, A. (coords.) (2002). Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación. Madrid: Alianza Editorial.

    Espinoza, M. (1983). Evaluación de Proyectos Sociales. Buenos Aires: Humanitas.

    Espinoza, M. (1984). Programación. Buenos Aires: Humanitas.

    Gagneten, M.M. (1982). Hacia una metodología de sistematización de la práctica Buenos Aires: Humanitas.

    Hill, R. (1979) Metodología Básica en Servicio Social. Buenos Aires: Humanitas.

    Jacob, A. (1985). Metodología de la Investigación Acción. Buenos Aires: Humanitas.

    Medina, M. E. (1995). Organizar, Planificar y Evaluar en las entidades asociativas, Murcia: F.A.M.D.I.F..

    Perez –Llantada, M.C. y López de la Llave, A. (1999). Evaluación de programas de Salud y Servicios Sociales: Metodología y ejemplo. Madrid: Dykinson.

    Piñeiro, A. (1991). Establecimiento de un sistema de evaluación de los servicios sociales. Indicadores. Valencia: Conselleria de Treball i Seguretat Social.

    Robertis, C. de (1988). Metodología de la Intervención en Trabajo Social. Buenos Aires, Ed. Ateneo.

    ROSSI, P. H e Freemen, H. E (1989). Evaluación. Un enfoque sistemático para programas sociales. México: Trillas.

    Rozas, M. (1998). Una perspectiva teórica metodológica de la intervención en Trabajo Social. Buenos Aires: Espacio Editorial.

    Rueda, J. M. (1993). Programar, Implementar proyectos y Evaluar. Instrumentos para la acción. Zaragoza: Certeza.

    Sarasola, J.L., Malagón, J.L. e Barrera, E. (2010). Mediación: Elaboración de proyectos. Madrid: Tecnos.

    Tobon, M. C. Rottier, N. e Manrique, A. (1986). La práctica profesional del trabajador social. Buenos Aires: Humanitas.


    Competencias
    COMPETENCIAS XENÉRICAS:

    - Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
    - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
    - Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grado de autonomía.

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:

    -Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Preparar, producir, implementar e evaluar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o fornezo de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
    -Deseñar, implementar e evaluar proxectos de intervención social.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de comunicación oral e escrita
    - Capacidade de toma de decisións
    - Capacidade de razonamiento crítico
    - Capacidade de aprendizaxe autónoma
    - Capacidade de creatividade
    - Capacidade de motivación pola calidade

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía utilizada combina a docencia presencial de clases expositivas e interactivas e o traballo persoal do alumno/a. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
    A través das tutorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma e que supoñen un proceso de autoaprendizaje.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da asignatura realízase mediante unha avaliación continua e a realización de probas parciais e exame final.

    Realizaranse probas escritas eliminatorias da materia, no caso de non superalas ou non presentarse a elas se evaluarán nas convocatorias finais de exames. As probas parciais superadas gárdanse para as convocatorias finais do curso, pero non para cursos posteriores.

    As probas escritas e exame final teñen un peso do 65% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 35%.

    É necesariao acadar a puntuación mímina de Apto nas probas parciais e exames para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua.

    PUNTUACIÓN MÁXIMA DA AVALIACIÓN CONTINUA: 3,5 ptos.
    - Asistencia ás clases: 1,3 ptos. (Clases expositivas: 0,7 e clases interactivas: 0,6).
    - Tarefas prácticas: 2,2

    Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa práctica e por días de asistencia a clases

    No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.


    SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.

    O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidad de asistir as clases e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha tutoría previamente acordada coa profesora.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
    Preparación de exposición: 4 horas

    TOTAL: 99 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia ás clases é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctica.
    A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para situar ao alumno/a en contextos profesionais.
    Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese para o/a alumno/a.

    Recomendaciones previas: Ter cursada a asignatura de Investigación e Diagnóstico en Traballo Social.