G3171421 - Medidas de Protección Social (O Contexto Institucional do Traballo Social ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 27.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer os principais servizos e prestacións de Servizos Sociais e doutros subsistemas de benestar social a nivel estatal e autonómico.
- Ser capaz de identificar os conflitos e as limitacións destes subsistemas respecto das poboacións en dificultade, así como os dispositivos de compensación.
- Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar as principais medidas de protección social.
ContidosI.- A aplicación de recursos no ámbito da intervención social. Habilidades profesionais para a xestión das medidas de protección social. Manexo da documentación utilizada na xestión dos recursos.
II.- Principais medidas de protección por ámbitos e sectores de intervención social.
III.- Fontes e instrumentos para localizar información sobre os recursos sociais. Uso de novas tecnoloxías para a xestión dos recursos.
Bibliografía básica e complementariaConsellería de Traballo e Benestar (2013). Benestar. Recuperado de http://traballoebenestar.xunta.es/
Ministerio de Empleo y Seguridad Social (2012). Guía laboral. Madrid: Autor.
Ministerio de Empleo y Seguridad Social (2012). Guía laboral. Recuperado de http://www.empleo.gob.es/es/Guia/texto/index.htm
Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad (2013). Servicios Sociales e Igualdad. Recuperado de http://www.msssi.gob.es/
CompetenciasCompetencias xerais:
- Saber aplicar estes coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións relacionadas co Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter adquirido habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a sua formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
*Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades ás súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para aumentar o benestar e cohesión:
- Coñecer estratexías para para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das suas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unah estratexía de intervención.
* Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e outros profesionais, para a promoción o cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas:
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisar os seus resultados.
* Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización:
- Adquirir facultades para contribuir á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía empregada combina a docencia presencial de clases expositivas e interactivas e o traballo persoal do alumno/a. Preténdese que o alumno, individual ou en grupalmente, desenvolve actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supuestos prácticos, etc.
A través de tutorías asesórase ao alumnado para o desenvolvementos das actividades propostas de realización autónoma e que constitúe un proceso de auto-aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua e a superación dun exame escrito. Realizarase unha proba eliminatoria da materia.
A avaliación mediante exame ten un peso do 50% sobre a calificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 50%.
É necesario acadar a puntuación mínima de Apto no examen para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua.
PUNTUACIÓN MÁXIMA DA AVALIACIÓN CONTINUA: 5 ptos.:
- Asistencia ás clases: 1,5 ptos (Clases expositivas: 0,6 e clases interactivas: 0,9)
- Tarefas prácticas: 3,5
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa práctica e por días de asistencia ás clases.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coas profesoras.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Exercicios: 25 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coas profesoras encargadas para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundizar nas parcelas de maior interese para o/o alumno/a.
Recoméndase ter cursadas as materias de Servizos Sociais Comunitarios, e Servizos Sociais Especializados.