Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171422 - Xestión e Planificación de Servizos Sociais (O Contexto Institucional do Traballo Social ) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ GONZALEZ, FELICITAS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer o proceso de formulación, posta en práctica e avaliación de programas sociais, o desempeño profesional dos traballadores/as sociais na súa xestión e a participación nos mesmos de organizacións públicas e privadas.

    -Ser capaces de aplicar os métodos e técnicas de organización, participación, planificación, avaliación e financiación dos Servizos Sociais, incluidos os relativos á avaliación e xestión de calidade.
    Contidos
    BLOQUE I. A PLANIFICACIÓN EN SERVIZOS SOCIAIS. Contidos da acción planificadora en servizos sociais.

    BLOQUE II: A XESTIÓN DOS SERVIZOS SOCIAIS. A dirección de organizacións de servizos sociais e a súa xestión. Os servizos sociais desde o ámbito da xestión e participación do traballador/a social. A avaliación en servizos sociais. Procesos de mellora: a calidade e innovación.

    BLOQUE III: OS SERVIZOS SOCIAIS NO SISTEMA ECONÓMICO. Presupuesto e control.
    Bibliografía básica e complementaria
    AA.VV.(2002).Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación. Madrid:Alianza Editorial. Alemán, C. e Trinidad, A.(2006). Servicios Sociales: Planificación y evaluación. Madrid:Cívitas.
    Bowers, S.(1965). Introducción a la supervisión. Madrid: Col. Desarrollo Social. Euramérica. Colomer,R e Domenech, T.(1988) La supervisión en Trabajo Social. Barcelona:Colección Surco, nº 1. Intress.
    De la Red, N. e Conde, C. (2000). Los proyectos de intervención integral en el ámbito de los Servicios Sociales en cooperación con otras redes y sistemas del bienestar. En Díaz, J.A. e Salvador, M.J. Nuevas perspectivas de los Servicios Sociales. Madrid:UNED.
    Díaz, J. A. e Buñuel, A. (2000). Prospectiva y planificación estratégica. En Díaz, J.A. y Salvador, M.J. Nuevas perspectivas de los Servicios Sociales. Madrid: UNED.
    Espinoza, M.( 1983). Evaluación de proyectos sociales. Buenos Aires:Humanitas.
    Fernánde, T.(2002). Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación. Madrid: Ciencias Sociales. Alianza Editorial. (libro aconseJable).
    García, G.(1988). Los Centros de Servicios Sociales. Madrid: Siglo XXI.
    García, G. e Ramirez, J.M.( 1996). Diseño y evaluación de proyectos sociales. Zaragoza: Certeza.
    García, J.(1998). Recursos humanos y voluntariado social. Madrid: Síntesis.
    Genro, T. (2000). El presupuesto participativo: la experiencia de Porto Alegre.Barcelona: Ediciones del Serbal.
    Gioja, R.(1984). Planeamiento territorial y Ciencias Sociales: Desarrollo de recursos humanos( 3ª edición). Buenos Aires: Humanitas.
    Gutierrez, A. e Garces, J.(2000) Los Servicios Sociales en las Comunidades y Cidades Autónomas. Valencia: Tirant lo blanch.
    Harris,J.( 1980). Administración de recursos humanos: conceptos de conducta interpersonal y casos. México: Limusa.
    Hernandez, J.(1990) Acción comunitaria e intervención social. Madrid: Popular.
    Hernandez, J.(1990) La supervisión como instrumento de intervención social. Madrid: Popular.
    Knapp, M.(1989). La economía de los Servicios Sociales. Barcelona: Euge.
    Rodriguez, T. (2000). La investigación social participativa. Construyendo ciudadanía /1. Barcelona:El Viejo Topo.
    Salvador, M.J. (2000). Calidad y Servicios Sociales. En Díaz,J.A. y SALVADOR, M.J. Nuevas perspectivas de los Servicios Sociales. Madrid:UNED.
    Sacanell E. (2000). Reflexiones y experiencias sobre calidad desde un servicio social municipal. En Servicios Sociales y Política Social, nº 49. Madrid.


    Competencias
    Competencias Xerais:
    - Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestions que atañen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos cientificos propios.

    - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ético.

    - Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a sua formación e a aprendizaxe no ámbito do Traballo social cun alto grao de autonomía.

    Competencias específicas:

    - Coñecer estratexias para intervenir con persoas, familias, grupos, organizaciones comunidades para axudalas a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.

    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.

    - Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o subministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas personas implicadas co obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.

    - Deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social.

    - Adquirir facultades para contribuir á administración de recursos e servizos colaborando cos procedimentos implicados na súa obtención, supervisando a sua eficacia e asegurando a súa calidade.

    Competencias transversais:
    - Capacidade de análisise e síntese.
    - Capacidade de organización e planificación.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    - Capacidade de toma de decisións.
    - Capacidade de razoamento crítico.
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo.
    - Capacidade de creatividade.
    - Capacidade de motivación pola calidade



    Metodoloxía da ensinanza
    A disciplina consta de 27 horas de docencia expositiva : clases presenciais que se levarán a cabo no grupo grande de clase e 18 horas interactivas en dous grupos organizados, trátase de clases con participación activa do alumnado.

    As horas de docencia expositiva, complementaránse coas interactivas nas que se realizarán diversos traballos planificados en grupo e/ou individuais, e con horas de traballo persoal do alumnado fora da aula para búsqueda de documentación relacionada cos módulos de planificación e de supervisión, así como a lectura e análise de textos propostos pola profesora.O traballo de grupo das actividades interactivas se materializará na entrega dun documento que reflicte a aplicación das fases de planificación a un sector de servicios sociais, complementado cun traballo individual que consiste en deseñar un programa no marco da planificación realizada en grupo.

    TRABALLOS COMLEMENTARIOS A REALIZAR, POR MÓDULOS TEMÁTICOS:

    Módulo I: A PLANIFICACIÓN EN SERVICIOS SOCIAIS.

    1.- Lecturas individuais obrigatorias. Resumo e avaliación crítica de un libro a escoller entre os que se propoñan.

    2.- Traballo práctico nos grupos interactivos: A partir do material xa traballado na clase expositiva, elaboraráse unha programación por sectores. O alumnado deberá consultar o material bibliográfico que se lles recomende, o outro que estimen oportuno.

    Módulo II: A XESTIÓN DE SERVICIOS SOCIAIS.

    1.- Lecturas individuais obrigatorias.

    Módulo III: OS SERVIZOS SOCIAIS NO SISTEMA ECONÓMICO.

    Nos grupos interactivos se manexará a Lei de Orzamentos xerais da Comunidade Autonóma para o ano correspondente, anexos á devandita Lei nos que aparecen as clasificacións orzamentarias. Estudo en detalle da Memoria de orzamentos do departamento autonómico competente en materia de servizos sociais. Fichas de elaboración de orzamentos seguindo a técnica de presupostos por programas, modelos de convenios de colaboración , documentos de xestión contable das Administracións Públicas.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación é mixto, contempla exames parcias e finais e avaliación contínua.
    Os exames teñen un peso do 60% e a avalición continua un 40%, que se destribúe do seguinte xeito:
    - Asistencia ás clases interactivas: 10%
    - Lecturas obrigatorias: 5%
    - Plan sectorial elaborado en grupo: 10%
    - Programa individual vinculado á planificación realizada en grupo: 15%

    No se poderán presentar ós exámes aqueles alumnos/as que non entreguen , nas datas indicadas, as lecturas individuales, que teñen carácter obrigatorio.
    O alumnado que teña unha presencialidade como mínimo de 10 sesións, nas que se realice algunha actividade grupal,quedará eximido da realización do exame sobre o contido do módulo I. A proba, versará neste caso, sobre os contidos dos múdulos II e III. De non cumprirse este requisito, a proba escrita realizarase sobre o contido dos 3 módulos.

    É necesario acadar a calificación mínima de Apto no exame para poder sumarlle a puntuación obtida na avaliación continua.

    No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas de grupo puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, estas tarefas poden compensarse coa elaboración de traballos e exercicios que sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria


    SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA:
    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nas Ensinanzas Adapatadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir a clases e teña concedida a dispensa de asistencia poderá compensar as faltas coa realización de exercicios de análisis de textos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coa profesora.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
    Outras tarefas propostas: 4 horas

    TOTAL: 99 horas




    Recomendacións para o estudo da materia
    Por tratarse dunha materia eminentemente práctica é moi importante a asistencia á docencia expositiva e a integración dentro dun grupo interactivo. As titorías son un mecanismo interesante de resolución individual ou grupal de dúbidas.


    Recoméndase ter cursado as materias de Servicios Sociales Comunitarios; Servicios Sociales Especializados; e Diseño e Avaliación de Proxectos de Intervención Social.