G3171423 - Xestión de Organizacións (Ferramentas Legais e Organizativas para o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Coñecer os elementos do funcionamento das organizacións de servizos e a achega de diferentes enfoques á xestión, o liderado e a calidade nos servizos públicos e privados.
- Adquirir destrezas de xestión do traballo en equipo, de programación do traballo e colaboración interprofesional e interinstitucional.
- Ser capaz de participar na administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
- Adquirir capacidades de participación na xestión e dirección de institucións públicas e privadas de benestar social.
- Coñecer a responsabilidade social corporativa e as súas formas de aplicación e control da xestión de cambios nas organizacións.
ContidosI. As organizacións: concepto, tipos, estructura e clima.
II. Xestión e administración das organizacións: dirección e coordinación.
III. Motivación, satisfacción e estrés laboral.
IV. Xestión de procesos interpersoais: comunicación, equipo, conflicto e liderazgo.
V. Xestión da calidade na organización.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguirre, A.A., Casillo, A.M. e Tous, D. (1999). Administración de organizaciones. Fundamentos y aplicaciones. Madrid: Pirámide.
Coulshed, V. (1998). La gestión del trabajo social. Barcelona: Paidós.
Costa, M. e López, E. (2002). Los secretos de la dirección. Manual práctico para dirigir organizaciones y equipos. Madrid: Pirámide.
Ferrando, M. e Granero, J. (2005). Calidad total: modelo EFQM de excelencia. Madrid: Fundación Confemetal Editorial.
Gibson, J.L., Ivancevich, J.M., Donnelly, J.H. e Konopaske, R. (2003). Organizaciones. Comportamiento, estructura, procesos. México DF: McGraw Hill.
Ginebra, G. (2010). Gestión de incompetentes. Un enfoque innovador para la gestión de personas. Barcelona: Libros de Cabecera.
Hodge, B.J., Anthony, W.P. e Gales, L.M. (2003). Teoría de la organización. Un enfoque estratégico. Madrid: Pearson Educación.
Segarra, O. (2010). Liderazgo peregrino. Una guía práctica para liderar el cambio. Barcelona: Libros de Cabecera.
Vernis, A., Iglesias, M., Sanz, B. e Saz, A. (2004). Los retos en la gestión de las organizaciones no lucrativas. Claves para el fortalecimiento institucional del tercer sector. Barcelona: Granica.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bonache, J. e Cabrera, A. (2006). (Coords.). Dirección de personas. Evidencias y perspectivas para el siglo XXI. Madrid: Prentice Hall.
Chiang, M., Martín, M.J. e Núñez, A. (2010). Relaciones entre el clima organizacional y la satisfacción laboral. Madrid: Universidad Pontificia de Comillas.
Duro, A. (2006). Introducción al liderazgo organizacional. Teoría y metodología. Madrid: Universidad Rey Juan Carlos.
Giraudier, M. (2004). Cómo mejorar el clima laboral. Barcelona: Obelisco.
Gómez-Mejía, L., Balkin, D. e Cardy, R. (2008). Gestión de RRHH. Madrid: Prentice-Hall.
Hartzler, M. e Henry, J.E. (1999). Teoría y aplicaciones del trabajo en equipo. Cómo preparar equipos de trabajo eficaces. México DF: Oxford University Press.
Hernández, J. (2010). Guía de gestión del estrés laboral. Protocolos de detección, actuación y reconducción. Pamplona: Aranzadi.
Morales, A.C. (2004). Análisis y diseño de sistemas organizativos. Madrid: Civitas.
Moreno-Luzón, M.D., Peris, F.J. e González, T. (2001). Gestión de la calidad y diseño de las organizaciones y estudio de casos. Madrid: Pearson.
Muchinsky, D.M. (2004). Psicología aplicada al trabajo. Madrid: Thomson.
Newell, S. (2002). Creando organizaciones. Bienestar, diversidad y ética en el trabajo. Madrid: Thomson.
Paz, R. e Ideaspropias Editorial (2005). Organización del trabajo. La gestión eficaz de los RRHH en la empresa. Vigo: Ideaspropias Editorial.
Porret, M. (2008). Recursos humanos. Dirigir y gestionar personas en las organizaciones. Madrid: ESIC.
Spector, P. (2002). Psicología industrial y organizacional. Investigación y práctica. México DF: Manual Moderno.
CompetenciasNo Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Saber aplicar os coñecementos definitorios do Traballo Social na actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e cos colegas profesionais negociando o suministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Identificar, minimizar e xestionar o risco cara un mesmo e os colegas a través da planificación, revisión e seguemento de accións para limitar o estrés e o risco.
- Desenvolver aptitudes para traballar de maneira eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira construtiva os posibles desacordos existentes.
- Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de toma de decisións.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de creatividade.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de liderazgo.
-Capacidade de iniciativa e espíritou emprendedor.
- Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoxías activas e participativas das clases interactivas e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumno.
As actividades presenciais expositivas co grupo clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos distintos temas da materia, clarificar os conceptos básicos, orientar a realización de traballo e estudo por parte do alumnado, relacionar os distintos contidos e facilitar a aprendizaxe significativa.
As clases interactivas irán encamiñadas a profundizar en aspectos concretos das clases teóricas e consistirán na realización de diferentes actividades a través das cales se pretende que o alumnado aprenda, entre outras cousas, a manexar difrentes fontes de información, a trasferir coñecementos teóricos á práctica e a elaborar e presentar informes. A concreción das tarefas que se requerirán así como o material necesario serán presentados aos alumnos nas correpondentes sesións interactivas.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia inclúe:
a) Unha avaliación continuada a través da asistencia, a participación e a realización de traballos nas sesións interactivas, cun peso do 40% na cualificación final (10% asistencia e participación; 30% traballos).
b) A realización dun exame sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos, ao que correponderá o 60% do peso da cualificación final.
Observacións
1. Os alumnos deberán ter acreditada a asistencia a un mínimo do 70% das clases interactivas para poder realizar o exame teórico na convocatoria ordinaria. No caso de ter máis dun 30% de faltas estas deberán estar xustificadas conforme á normativa vixente. A ausencia inxustificada tamén conleva a imposibilidade de presentar os traballos correspondentes ás sesión perdidas ou outros que sexan solicitados pola profesora como compensatorios.
2. Será necesario ter superado tanto o exame como os traballos de avaliación continua para poder aprobar a materia.
Sistema de recuperación
1. A recuperación do exame realizarase na data oficialmente establecida.
2. A recuperación da avaliación continuada realizarase mediante: 1) A superación dunha proba escrita que versará sobre os traballos realizados ao longo do cuatrimestre nas sesións interactivas e que se realizará na data do exame de recuperación, e 2) A presentación dos traballos de recuperación que se estipulen e que deberán ser entregados, como data límite, o día do exame de recuperación. A recuperación da avaliación continuada realizarase sobre un máximo de 3 puntos (xa que a asistencia a clase é irrecuperable).
3. Neste curso aquelas persoas que teñan superada unha parte da materia (avaliación continuada ou exame) e a outra suspensa só terán que realizar á recuperación desta última, gardándoselle a cualificación da parte superada.
Alumnos con exención de docencia
Os alumnos que teñan concedida a exención de docencia seguirán un sistema de avaliación alternativo ao anterior. Dito sistema constará dunha proba escrita sobre os contidos teóricos (80%) e a realización de traballos sobre os temas abordados nas clases interactivas (20%).
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de materiais: 20 horas
Outras tarefas propostas: 4
Recomendacións para o estudo da materiaDado o carácter obrigatorio da materia e a súa ubicación no plano de estudos recoméndase ter cursadas as materias de Fundamentos de Economía, Fundamentos de Dereito, Servizos Sociais Comunitarios e Servizos Sociais Especializados.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito. Asemade, recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma para o que resulta aconsellable a asistencia regular ás clases expositivas.