Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171425 - Traballo Fin de Grao (Traballo Fin de Grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 8.00
  • Total: 8.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 154.00
  • Horas de Titorías: 462.00
  • Total: 616.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARREIRO CARBALLAL, LUIS.NON
Bascuas Jardón, Xoán Carlos.NON
Besada Agra, Lourdes.NON
Castro Neo, María Jesús.NON
Facal Fondo, Teresa.SI
García Álvarez, Purificación.NON
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA.NON
Puñal Romarís, María Elena.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Ser capaz de elaborar e redactar informes de investigación aplicada ao Traballo Social e traballos académicos e profesionais empregando distintas técnicas, incluidas as derivadas das tecnoloxías da información e a comunicación.
    - Ser capaz de avaliar situacións personais e recoller, ordenar, tratar e analizar a información, tendo en conta os puntos de vista dos participantes, os conceptos teóricos, os datos da investigación, as normas legais e os procedementos institucionais.
    - Ser capaz de diseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social e planificar de forma negociada unha secuencia de accións e seguir e avaliar o seu desenvolvemento.
    - Ser capaz de programar o propio traballo asignando prioridades e avaliando a eficacia do propio programa de traballo.
    - Ser capaz de autoavaliarse no desenvolvemento da práctica e identificar os seus propios límites e carencias profesionais, asumir a responsabilidade da adquisición continuada de coñecementos e destrezas.
    - Ser capaz de empregar axeitadamente a supervisión e sistematizar a práctica.
    - Ser capaz de contribuir á promoción de boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análisis das políticas que se implementan.
    - Ser capaz de analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotiá como soporte para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións sociais emerxentes.
    - Ser capaz de sintetizar información e líñas de razoamento, e soster un argumento detallado ao longo do tempo
    - Ser capaz de presentar conclusións verbalmente e por escrito, facendo uso da terminoloxía propia da profesión de xeito estructurado e axeitado á audiencia para a que teñen sido preparadas.
    - Ser capaz de xestionar dilemas e problemas éticos identificando os mismos, diseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.

    Contidos
    Elaboración dun informe académico. Exposición e defensa pública. Emprego de fontes de información primarias e secundarias. Rexistro da información e documentación empregada. Supervisión e sistematización da información. O informe fin de grado podrá versar sobre: o desenvolvemento e contido do Practicum; un contido relacionado con algunha temática ou colectivo no ámbito social, dende algunha das perspectivas das ciencias sociais.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bascuas, X.C., Besada, L., Castro, M.J., Facal, T., García, P., Iglesias P.M. y Puñal, M.E. (2013): Manual para o practicum e o traballo de fin de grao en Traballo Social. Santiago de Compostela: Andavira.

    Balcells i Junyent, J.(1994): La Investigación Social. Introducción a los métodos y las técnicas. Barcelona: PPU.

    Callejo, J. (coord.), Del Val,C., Gutierrez,J. y Viedma,A.(2009): Introducción a las técnicas de Investigación Social. Madrid: Ramón Areces.

    Cea D´ancona, Mª A.(1996): Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social, Madrid: Síntesis Sociología.

    Cubo, S.; Martín, B. y Ramos, J.L. (2011): Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Madrid: Pirámide.

    Rubio, M.J. y Varas, J. (1997), El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Madrid: CCS.

    Sierra Bravo, R.(1985), Técnicas de investigación social. Teoría y Ejercicios. Madrid: Paraninfo.


    Competencias
    No Plan de Estudos do Título de Grado en Traballo Social indícase que as competencias ás que contribue esta materia son as seguintes:
    Competencias xenéricas:
    - Posuir e comprender os coñecementos que definen ó Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se sustenta nas publicacións máis avanzadas e abrangue algúns dos aspectos máis relevantes que están na vanguardia do coñecemento en este campo.

    - Saber aplicar esos coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que abranguen unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.

    - Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ó Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.

    - Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social con un alto grado de autonomía.

    Competencias específicas:
    - Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.

    - Saber administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumplindo coas obrigas profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo.

    - Investigar, analizar, avaliar e empregar o coñecemento actual das boas prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo.

    - Saber traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional empregando a asertividade profesional para xustificar as propias decisións, reflexionando críticamente sobre as mesmas e empregando a supervisión como medio de respostar ás necesidades de desenvolvemento profesional.

    - Coñecer e aplicar as boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que as implementan.

    Competencias transversais:
    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de organización e planificación
    - Capacidade de comunicación oral e escrita
    - Capacidade de aplicación dos coñecemientos de informática
    - Capacidade de razoamento crítico
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo
    - Capacidade de creatividade
    - Capacidade de motivación pola calidade

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía empregada combina a tutorización e o traballo personal do alumno/a. Preténdese que o alumno/a desenvolva as habilidades necesarias para plantexar, desenvolver e expoñer-defender unha investigación.


    Sistema de evaluación
    A avaliación será continua ao longo do desenvolvemento do Traballo de Fin de Grado e teranse en conta os seguintes aspectos:
    - Asistencia ás sesións de titorías obrigatorias que se establezan.
    - Elaboración e presentación do Traballo de Fin de Grao.
    - Defensa do Traballo de Fin de Grao.

    A elaboración e presentación do traballo ten un peso específico do 75% na cualificación global e a defensa un 25%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo personal do alumno/a:

    Tareas de documentación: 61 horas
    Elaboración do informe: 130 horas
    Total: 191 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Ter cursadas todas as asignaturas obrigatorias e aquelas optativas que teñan relación directa coa temática sobre a que verse o Traballo de Fin de Grado.
    Observacións
    Para matricularse do Traballo de Fin de Grado é requisito indispensable ter superado 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira mitade da titulación. Para a presentación e defensa pública dos TFG será requisito necesario ter superados todos os demáis créditos do grado.