Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171342 - Traballo Social e Xénero (Procesos e Problemas sobre os que actúa o Traballo Social) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Coñecer e comprender as relacións entre a situación social das persoas e o sistema de xénero, e adquirir os valores que promoven os principios de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
    -Ser capaz de identificar e avaliar as situacións e circunstancias que representan un risco e elaborar estratexias para promover cambios que evieten calquera perigo.
    -Ser capaz de traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as necesidades derivadas das situacións de malos tratos.
    -Coñecer e comprender as medidas de protección e integración da vítima e os seus mecanismos de defensa, así como o marco xurídico de referencia.
    -Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial dende a perspectiva de xénero.
    -Ser capaz de apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades.
    -Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social.



    Contidos
    BLOQUE I: CONSTRUCCIÓN SOCIAL DO XÉNERO E PERSPECTIVA DE XÉNERO
    Tema 1. Socialización do xénero e desigualdades sociais
    Tema 2. A introdución da perspectiva de xénero nos servizos sociais

    BLOQUE II: IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
    Tema 3. Conceptos básicos en torno á igualdade
    Tema 4. Políticas para a igualdade de oportunidades

    BLOQUE III: PREVENCIÓN E INTERVENCIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO
    Tema 5. Violencia de xénero: concepto, tipos, marco xurídico e situación actual
    Tema 6. Sensibilización, prevención e intervención en violencia de xénero

    BLOQUE IV: MULLERES EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN SOCIAL
    Tema 7. Intervención con mulleres en situación de exclusión social



    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:

    - Amador, L.V. e Monreal, M.C. (2010). Intervención social y género. Madrid: Narcea.
    - Jacobson, N. e Gottman, J. (2001). Hombres que agreden a sus mujeres. Cómo poner fin a las relaciones abusivas. Barcelona: Paidós.
    - López, I. (2007). El enfoque de género en la intervención social. Recuperado de www.cruzroja.es/pls/portal30/docs/PAGE/2006_3_IS/BIBLIOTECA/MANUAL%20DE%20G%C9NERO223808.PDF
    - Moreno, J. L. e Triguero, L.A. (2009). La víctima de violencia de género y su modelo de protección social. Madrid: Ministerio de Igualdad.
    - Secretaría Xeral de Igualdade. (2007). Guía de actuación ante a violencia de xénero para as = os profesionais dos servizos sociais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
    - Titley, G. (Ed.). (2011). Las cuestiones de género son importantes. Manual sobre cómo abordar la violencia de género que afecta a los jóvenes. Madrid: Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad.

    COMPLEMENTARIA:
    - Gálligo, F. (2009). Mi chico me pega pero yo le quiero. Guía para ayudar a una chica joven que sufre malos tratos de su pareja. Madrid: Pirámide.
    - Instituto de la mujer (2009). Violencia contra las mujeres. Madrid: Ministerio de igualdad.
    - Insituto de la mujer (2010). La salud laboral de las mujeres. Madrid: Ministerio de igualdad.
    - Marcos, L.(Ed.). (2006). Explotación sexual y trata de mujeres. Madrid: Ed. Complutense.
    - Martínez, L. e Corral, A.M. (2010). La trata con fines de explotación sexual: Madrid: Instituto de la mujer.
    - Matud, M.P., Padilla, V. e Gutiérrez, A.B. (2005). Mujeres maltratadas por su pareja. Guía de tratamiento psicológico. Madrid: Minerva Ediciones.
    - Setién, M.L. e Silvestre, M. (Eds.). (2003). Problemas de las mujers, problemas de sociedad. Bilbao: Universidad de Deusto.
    - Simón, M.E. (2008). Hijas de la igualdad, herederas de injusticias. Madrid: Narcea.
    - Villar, A. (Dir.). (2010). Mujeres y mercado laboral en España. Cuatro estudios sobre discriminación salarial y la segregación laboral. Bilbao: Fundación BBVA.
    Competencias
    No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta asignatura son as seguintes:

    Competencias xerais:

    - Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, indluindo as súas teoría, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.

    - Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidades social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.


    Competencias específicas:

    - Establecer relacións profesionalis ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
    - Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Saber respostar a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os seus resultados.
    - Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
    - Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.


    Competencias transversais:

    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    - Capacidade de traballo en equipo.
    - Capacidade para as relacións interpersoais.
    - Capacidade de recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade.
    - Capacidade de razoamento crítico.
    - Capacidade de compromiso ético.
    - Capacidade de aprendizaxe autónoma.
    - Capacidade de motivación pola calidade.






    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas, e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.

    As actividades presenciais expositivas co grupo clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos distintos temas da materia, clarificar conceptos básicos, orientar a realización do traballo e estudo por parte do alumnado, relacionar os contidos e facilitar a aprendizaxe significativa.

    As clases interactivas irán encamiñadas a profundizar en aspectos concretos das clases teóricas e consistirán na realización de diferentes actividades a través das cales se pretende que o alumnado aprenda, entre outras cousas, a manexar diferentes fontes de información, a transferir coñecementos teóricos á práctica e a elaborar e presentar informes. A concreción das tarefas que se requerirán así como do material necesario serán presentados ao alumnado nas correspondentes interactivas.






    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia inclúe:

    a) Unha avaliación continua a través da asistencia, a participación e a realización de traballos nas sesións interactivas. A avaliación continua terá un peso do 30% sobre o total.

    b) A realización dun exame sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos, ao que corresponderá o 70% do peso da cualificación final.


    Observacións:

    1. Para poder realizar o exame teórico na convocatoria ordinaria o alumnado deberá ter acreditada a asistencia a un mínimo do 80% das clases interactivas.

    2. Para superar a materia será imprescindible ter aprobado o exame teórico.

    O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia seguirá un sistema de avaliación alternativo ao anterior. Dito sistema constará dunha proba escrita sobre os contidos teóricos (90%) e a realización dun traballo titorizado sobre algún/s dos temas estudiados (10%).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
    Outras tarefas propostas: 4 horas
    Total: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado o carácter optativo da asignatura e a súa ubicación no plan de estudios, non se indican requisitos previos para a súa superación. Non obstante, é importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica de funcionamento da materia para poder superala con éxito. Igualmente, recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma para o que resulta aconsellable a asistencia regular ás clases expositivas.