G3171345 - Traballo Social con Menores (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer o marco normativo, estrutura e funcionamento da atención social aos menores en situación de protección e conflito social.
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con menores para promover cambios, desenvolvementos e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para intervir con menores.
- É capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte as necesidades.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise no medio familiar, valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no ámbito de menores.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social con menores.
ContidosI.- Notas históricas da atención ao menor e marco conceptual
II.- Encadre institucional e política social da atención a menores.
III.- Marco xurídico regulador
IV.- Atención aos menores en situación de desprotección
V.- Menores en situación de conflicto social
VI.- A figura profesional do/a traballador/a social na intervención con menores
VII.- Recursos sociais no ámbito de menores
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFIA BÁSICA:
Brodzinsky, D.M., Schechter, M. e Marantz, R. (2011). Soy adoptado. La vivencia de la adopción a o largo de la vida. Madrid: Grupo 5.
Curbelo, E. A. e Gortazar, E. (2002, 1º trimestre). El informe del Equipo Técnico desde la óptica del Trabajo Social en la Ley 5/2000. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 57, 129-131
Curbelo, E. A. e Gortazar, E. (2003, 1º trimestre). Funciones específicas de los trabajadores sociales en el marco de la ley penal del menor 5/2000. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 61, 123-131.
Martín, J. (2005). La intervención ante el maltrato infantil. Una revisión del sistema de protección. Madrid: Ediciones Pirámide.
Sánchez Heras, J., Ridaura Ca, Mª J. e Arias Salvador, C. (2010) Manual de intervención para familias y menores con conductas de maltrato. Valencia. Ed. Tirant lo Blanch.
Soriano, A. (2001). Hablamos de maltrato infantil. Madrid: San Pablo.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
Basanta, J. L. (2000). Intervención psicopedagóxica en menores. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Familia.
Cirillo, S. e Di Blasio, P. (1991). Niños maltratados. Diagnóstico y terapia familiar, Barcelona: Paidós.
Cyrulnik, B. (2002). Los patitos feos. La resilencia: una infancia infeliz no determina la vida. Barcelona: Gedisa.
Dirección Xeral de Familia (2002). Guía para a detección do maltrato infantil, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Escudero, V. (2011) Impacto de la violencia de género sobre niños, niñas y adolescentes. Guía de intervención. Recuperado de http://www.meniños.org/violencia_de_gener.pdf
Escudero, V. (2011) Adolescentes y familias en conflicto. Terapia familiar centrada en la alianza terapéutica. Manual de tratamiento. Recuperado de http:// meniños.org/manual.pdf
Galli, J. e Viero, F. (2001). El fracaso de la adopción. Prevención y reparación. Madrid: LDM Ediciones.
Gálligo, F. (2009). SOS…Mi chico me pega pero yo le quiero. Cómo ayudar a una chica joven que sufre malos tratos en su pareja. Madrid: Ediciones Pirámide.
García Alba, J. (coord.) (2005). La adopción: situación y desafíos de futuro. Madrid: editorial CCS.
García Dieguéz, N., Noguerol, V. (2007). Infancia maltratada. Manual de intervención. Madrid: Eos.
Hayman, S. (2010) Mis hijos y tus hijos. Crear una nueva familia y convivir con éxito, Madrid, Ed. Ediciones Pirámide.
Hernádez, A. (2010) Cando o semáforo está em âmbar. A escola, axente de promoción do bo trato á infância. A Coruña: Fundación Meniños.
Isa, F. A. (2009). Acogimiento familiar y adopción. Un aporte interdisciplinario en materia de infancia. Buenos Aires: Espacio Editorial.
Lázaro, I. E. e Molinero, E. (Coords.) (2009). Adolescencia violencia escolar y bandas juveniles ¿Qué aporta el derecho?. Madrid: Tecnos.
Mondragón, J. e Trigueros, I. (2004). Intervención con menores. Acción socioeducativa, Madrid: Narcea.
Musito, G., Estévez, E e Jiménez, T. I (2010). Funcionamiento familiar, convivencia y ajuste en hijos adolescentes. Madrid: Ediciones Cinca.
Palacios, J. (1997). Menores marginados. Perspectiva histórica de su educación e integración social. Madrid: CCS.
Picornell, A (2006). La infancia en desamparo. Valencia: Nau Llibres.
Poussin, G. e Lamy, A. (2004). Custodia compartida. Como aprovechar sus ventajas y evitar tropiezos. Madrid: Espasa Calpe.
Segura, M. (2007). Jóvenes y adultos con problemas de conducta. Desarrollo de competencias sociales. Madrid: Narcea.
Serrano, M. (Coord.) (2007). Los menores en protección. Madrid: Grupo Difusión.
CompetenciasNo Plan de Estudios do Título de Grao en Traballo Social indícase que as competencias as que contribúe esta asignatura son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Poseer e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións más avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas y el fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
- Establecer relacións profesionais co obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
.- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fudamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando y desenvolvendo acciones para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvendo dos miemos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise y síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersoais
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de compromiso ético
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía utilizada combina a docencia presencial de clases expositivas e interactivas e o traballo persoal do/a alumno/a. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma y que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da asignatura realizase mediante unha avaliación continua e a realización dunha proba parcial e exame final.
Realizarase unha proba escrita eliminatoria da materia sobre os tres primeiros temas, no caso de non superala ou non presentarse a ela se avaliará esta parte co resto da materia nas convocatorias finais de exames. Por otra parte, se se supera a proba parcial gárdase o aprobado para as convocatorias finais do curso, pero non para cursos posteriores.
A proba escrita e exame final teñen un peso do 65% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 35%.
É necesariao acadar a puntuación mímina de Apto nos exames para poder sumarlle a puntuación pola evaluación contínua.
PUNTUACIÓN MÁXIMA DA AVALIACIÓN CONTINUA: 3,5 ptos.:
- Asistencia ás clases: 1,3 pto (Clases expositivas: 0,7 e clases interactivas: 0,6)
- Tarefas prácticas: 2,2
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa práctica e por días de asistencia ás clases.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar esta coa realización de exercios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coa profesora.
Tempo de estudo e traballo persoal- Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Exercicios: 15 horas
- Lectura de textos: 10 horas
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
- Preparacións de exposicións e debates: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia as clases é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese para o/a alumno/a.