Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171346 - Traballo Social con Maiores (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS SOUTO, PATRICIA MARIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer o marco normativo de referencia da atención scial ás persoas maiores.
    - Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con persoas maiores para promover cambios e mellorar as súas oportunidades vitais.
    - Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para intervir con maiores.
    - Ser capaz de identificar situacións sociais de risco.
    - Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención dende o traballo social.
    - Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte a necesidades das persoas maiores.
    - Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo acción para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
    - Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no ámbito dos maiores.
    - Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención dende o Traballo Social con persoas maiores.




    Contidos
    I. As persoas maiores: perspectiva histórica e delimitación conceptual.
    II. Aspectos básicos da intervención con persoas maiores.
    III. A valoración das necesidades das persoas maiores.
    IV. Persoas en situación de dependencia.
    V. Alzheimer e outras demencias.
    VI. Envellecemento activo.
    VII. Persoas maiores vítimas de malos tratos.
    VIII. O fin da vida: morte e dó.
    Bibliografía básica e complementaria
    BÁSICA:

    - Castañeda, P.J. (2009). Vejez, dependencia y salud. Madrid: Pirámide.
    - Decalmer, P. e Glendenning, F. (2000). El maltrato a las personas mayores. Barcelona: Paidós.
    - Delicado, M.V. (Coord.). (2011). Sin respiro. Cuidadores familiares: calidad de vida, repercusión de los cuidados y apoyos recibidos. Madrid: Talasa.
    - Fernández-Ballesteros, R. (Dir.) (2001). Gerontología Social. Madrid: Pirámide.
    - Leturia, M. e Uriarte, A. (1998). Intervención psicosocial en gerontología. Manual práctico. Madrid: Cáritas.
    - Letura, F.J., Yanguas, J.J., Arriola, E. e Uriarte, A. (2001). La valoración de las personas mayores: evaluar para conocer, conocer para intervenir. Madrid: Cáritas.
    - Martín, M. (Ed.). (2003). Trabajo Social en Gerontología. Madrid: Síntesis.
    - Moya, A. e Barbero, J. (2005). Malos tratos a personas mayores: Guía de actuación. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    - Organización Mundial de la Salud. (2002). Envejecimiento activo: un marco político. Revista Española de Geriatría y Gerontoogía, 37(S2), 74-105.
    - Pérez, V., Musitu, G. e Moreno, D. (2011). Familiares cuidadores de mayores. Una ardua y silenciosa labor. Madrid: Dykinson, SL.
    - Pinazo, S. e Sánchez, M. (Dirs.). (2005). Gerontología. Actualización, innovación y propuestas. Madrid: Pearson.
    - Xunta de Galicia. (2003). Preguntas arredor do Alzheimer. Santiago de Compostela: Autor.

    COMPLEMENTARIA:

    - Belsky, J.K. (2001). Psicología del envejecimiento. Madrid: Paraninfo.
    - Carretero, S., Garcés, J., Ródena, F. e Sanjosé, V. (2006). La sobrecarga de las personas dependientes. Análisis y propuestas de intervención psicosocial. Valencia: Tirant lo Blanch.
    - Delgado, A.M., Oliver, R. e De Heredia, I.B. (2010). Vejez, discapacidad y dependencia. Barcelona: Bosch.
    - Gálvez, J. (Coord.). (2009). Mayores activos. Propuestas para una actividad física saludable. Madrid: MAD SL.
    - García Sánchez, E. (2009). La dependencia y los mayores. Albacete: Altaban.
    - Giró, J. (Coord.). (2009). Envejecimiento, tiempo libre y gestión del ocio. Logroño: Universidad de la Rioja.
    - Imserso (2005). Cuiados a las personas mayores en los hogares españoles. El entorno familiar. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
    - Kane, R.A. e Kane, R.L. (1993). Evaluación de las necesidades en los ancianos. Barcelona: Fundación Caja Madrid.
    - Rogero-García, J. (2009). Distribución en España del cuidado formal e informal a las personas de 65 y más años en situación de dependencia. Revista Española de Salud Pública, 83, 393-405.
    - Touza, C. (Dir.). (2009). Personas mayores en riesgo. Detección del maltrato y la autonegligencia. Madrid: Pirámide.
    - Triadó, C. e Villar, F. (Coords). (2006). Psicología de la vejez. Madrid: Alianza Editorial.
    - Xunta de Galicia. (2010). Plan galego das persoas maiores. Plan actuación social Galicia 2010-2013. Horizonte 2015. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
    Competencias
    Según o Plan de Estudios do Grao en Traballo Social, as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:

    Competencias xerais:

    - Posuir ee comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclue algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.

    - Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    Competencias específicas:

    - Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis axeitada de intervención.
    - Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circusntancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
    - Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.

    Competencias transversais:

    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    - Capacidade de traballo en equipo.
    - Capacidade para as relacións interpersoais.
    - Capacidade de razoamento crítico.
    - Capacidade de compromiso ético.
    - Capacidade de aprendizaxe autónoma.
    - Capacidade de motivación pola calidade.
    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica pretende combinar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.

    As actividades presenciais expositivas co grupo clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos distintos temas da materia, clarificar conceptos básicos, orientar a realización de traballo e estudio por parte do alumnado, relacionar os contidos e facilitar a aprendizaxe significativa.

    As clases interactivas irán encamiñadas a profundizar en aspectos concretos das clases teóricas e consistirán na realización de diferentes actividades a través das cales se pretende que o alumnado aprenda, entre outras cousas, a manexar diferentes forntes de información, a transferir coñecementos teóricos á práctica, e a elaborar e presentar informes.

    A concreción das tarefas que se requerirán, así como do material necesario serán persentados ao alumnado nas correspondentes interactivas.




    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia inclúe:

    a) Unha avaliación continua a través da asistencia, a participación e a realización de traballos nas sesións interactivas. A avaliación continua terá un peso do 30% sobre o total.

    b) A realización dun exame sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos, ao que corresponderá o 70% do peso da calificación final.

    Observacións:

    1. Para poder realizar o exame teórico na convocatoria ordinaria, o alumando deberá ter acreditada a asistencia a un mínmo do 80% das clases interactivas.

    2. Para poder superar a materia será imprescindible ter superado o exame teórico.

    O alumando que teña concedida a dispensa de asistencia seguirá un sistema de avaliación alternativo ao anterior. Dito sisetma constará dunha proba escrita sobre os contidos teóricos (90%) e a realización dun traballo titorizado sobre algún/s dos temas estudiados (10%).







    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
    Exercicios: 15 horas
    Lectura de textos: 10 horas
    Elaboración de traballos, visualización de material: 24 horas
    Total: 99 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado o carácter optativo da asignatura e a súa ubicación no plan de estudos, non se indican requisitos previos para a súa superación. Non obstante, é importante que o alumnado se implique activamente desde o comezo na dinámica e funcionamento da materia para
    poder superarla con éxito. Igualmente, recoméndase unha abordaxe comprensiva y significativa da mesma para o que resulta aconsellable a asistencia regular ás clases expositivas.