Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171347 - A Investigación Cualitativa en Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Facal Fondo, Teresa.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Comprender a relación entre investigación, diagnóstico, avaliación e práctica do Traballo Social desde a perspectiva cualitativa.

    - Coñecer e ser capaz de aplicar os diferentes métodos de investigación cualitativa.

    - Coñecer e ser capaz de xestionar a información cualitativa a partir dunha diversidade de fontes.

    - Ser capaz de empregar os métodos e técnicas cualitativas para a avaliación de necesidades, capacidades, oportunidades e riscos das persoas usuarias, de grupos e comunidades, incorporando no proceso a participación de persoas ou grupos interesados.

    Contidos
    I. Perspectiva histórica de la investigación cualitativa. La investigación cualitativa en Trabajo Social. Proceso y fases de la investigación cualitativa.
    II. La observación participante.
    III. La entrevista en profundidad.
    IV. El grupo de discusión.
    V. El método biográfico.
    VI. El análisis de contenido cualitativo.
    VII. El estudio de casos.
    VIII. Investigación-acción.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Baez, J. (2007). Investigación cualitativa. Madrid: ESIC.
    Ruiz, J.I. (2007). Metodología de la investigación cualitativa. Bilbao: Universidad de Deusto.
    Rodríguez, G., Gil, J. e García, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Málaga: Aljibe.
    Vallés, M. S. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Madrid: Síntesis
    Vasilachis, I. (Dir.). (2006). Estrategias de investigación cualitativa. Barcelona: Gedisa.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Guasch, O. (2002). La observación participante. Madrid: CIS.
    Olaz, A. (2008). La entrevista en profundidad. Oviedo: Septem.
    Suárez, M. (2005). El grupo de discusión: una herramienta para la investigación cualitativa. Barcelona: Laertes.
    Pujadas, J.J. (2002). El método biográfico: el uso de las historias de vida en ciencias sociales. Madrid: CIS.

    Competencias
    No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:

    Competencias xenéricas:
    - Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
    - Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.

    Competencias específicas:
    - Valorar as necesidades e opcións posíbeis para orientar unha estratexia de intervención.
    - Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.

    Competencias transversais:
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    - Capacidade de razoamento crítico.
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo.
    - Capacidade de creatividade.
    - Capacidade de motivación pola calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado .

    As actividades presenciais expositivas co grupo clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos distintos temas da materia, clarificar os conceptos básicos, orientar a realización de traballo e estudo por parte do alumnado, relacionar os distintos contidos e facilitar a aprendizaxe significativa.

    As clases interactivas irán encamiñadas a profundizar en aspectos concretos das clases teóricas e consistirán na realización de diferentes actividades a través das cales se pretende que o alumnado aprenda, entre outras cousas, a manexar diferentes fontes de información, a trasferir coñecementos teóricos á práctica e a elaborar e presentar informes. A concreción das tarefas que se requerirán así como o material necesario serán presentados ao alumnado nas correpondentes sesións interactivas.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da asignatura levarase a cabo mediante avaliación continua e proba escrita. Esta última terá un peso do 65% sobre a cualificación global e poderá superarse mediante a proba liberatoria que terá lugar antes de finalizar o periodo de docencia ou ben na convocatoria oficial de exame. Para poder presentarse á proba liberatoria é necesario contar cunha asistencia a clase igual ou superior ao 50%, tanto das clases expositivas como das clases interactivas. Si se supera a proba escrita pero non se teñen entregado ou non resultan aptos outros traballos e/ou exercicios obrigatorios, gardarase a nota obtida ata a derradeira convocatoria dese curso, pero non para cursos posteriores.
    A evaluación continua, pola súa parte, ten un peso do 35% e sumarase á nota obtida na proba presencial, sempre que esta proba se teña superada cunha cualificación mínima de apto.

    CONTIDO DA EVALUACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA:
    - Asistencia a clases expositivas: 0,75 puntos.
    - Lectura de textos e resolución de exercicios: 1 punto.
    - Elaboración do proxecto de investigació: 0,5 puntos.
    - Exposición do proxecto: 0,5 puntos.
    - Puntuación por asistencia a clases interactivas: 0,75 puntos.
    Total: 3,5 puntos

    No de non asistir ás sesións presenciais nas que se realicen tarefas puntuables, si estas faltas se xustifican debidamente, poderán compensarse nas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora, entregándose estas tarefas na convocatoria ordinaria ou posteriormente, si así o autoriza a profesora, en cuxo caso serán avaliadas na convocatoria extraordinaria.

    SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA:
    O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. o prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nas Ensinanzas Adapatadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir a clases e teña concedida a dispensa de asistencia poderá compensar as faltas coa realización de exercicios de análisis de textos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente acordada coa profesora.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten un total de 51 horas de clase presenciais distribuídas en clases expositivas co grupo clase, actividades interactivas, guía de orientación do traballo e titorías e probas de avaliación (exame). Estímase que o alumno deberá realizar unhas 99 horas de traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 50 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de material, busca de información e análise de documentos; 15 na elaboración de exercicios, outras 10 deberán dedicarse á lectura de textos e contidos recomendados; as 24 restantes son para a elaboración de traballos, visualización de material, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos, etc.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ter cursada a materia de Metodoloxía da Investigación Social.

    É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito. Asemade, recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma para o que resulta aconsellable a asistencia regular ás clases expositivas.