Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Escola Universitaria de Traballo Social  »  Información da Materia

G3171441 - Mediación e Xestión do Conflito en Traballo Social (O Traballo Social: Conceptos, Métodos, Teorías e Aplicación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Campus Norte
  • Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Besada Agra, Lourdes.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con individuos, familias, grupos e comunidades para promover cambios, desenvolvementos e mellorar as súas oportunidades vitales.
    - Ser capaz de aplicar as estratexias de resolución de conflitos por medio da negociación e a mediación.
    - Coñecer e ter entrenamento nas habilidades e técnicas que permiten a xestión de conflitos a nivel interpersoal, grupal e intergrupal.
    - Ser capaz de utilizar claves verbales e non verbales para guiar a mediación.
    - Ser capaz de establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención e de aclarar e negociar a finalidade de tales contactos e os límites da súa implicación.
    - Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para a xestión e resolución de conflitos.

    Contidos
    TEMA I: O traballo social na mediación e resolución de conflitos. A mediación como ferramenta de intervención en traballo social.
    TEMA II: O conflito e o seu abordaxe.
    TEMA III: O proceso de mediación: obxectivos, fases e técnicas.
    TEMA IV: A figura do mediador.
    TEMA V: Marco normativo da mediación.
    TEMA VI: A mediación en diferentes contextos.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Ariño, M. e Uranga, C. (coords.). V Jornada de Trabajo Social: ¿Mediamos o sustituimos?. Bilbao: Servicio editorial de la Universidad del País Vasco.
    Bouché, J.H. e Hidalgo, F. (2009). Mediación Familiar. (Vol. I). Madrid: Dykinson, S.L.
    Bouché, J.H. e Hidalgo, F. (2010). Mediación Familiar. (Vol. III). Madrid: Dykinson, S.L.
    Cárita Española (2008, enero-marzo). Revista de documentación social, 148.
    Colegio Oficial de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales de Madrid (2005, Primer semestre). Revista Trabajo Social Hoy: El Trabajo Social y la Mediación.
    Colegio Oficial de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales de Madrid (2006, Primer semestre). Revista Trabajo Social Hoy: El Trabajo Social y la Mediación.
    Consejo General de Colegios Oficiales de Trabajo Social (2001, primer trimestre). Revista de Servicios Sociales y Política Social: Trabajo Social y Mediación, 53.
    Cornelius, H. e Faire S. (1998). Tú ganas yo gano. Cómo resolver conflictos creativamente. Madrid: Gaia ediciones.
    Diego, de R. e Guillén, C. (2008). Mediación. Procesos, tácticas y técnicas. Madrid: Pirámide.
    Diez, F. e Tapia, G. (1999). Herramientas para Trabajar en Mediación. Barcelona: Paidós.
    Fernández, S. (2009). Teoría y práctica de la Mediacón. La gestión alternativa de los conflictos sociales. Murcia: Edit.um.
    García, F. J. e Vaquer, A. V.; Gomis, C. (2010). Intervención y mediación familiar. Castellón de la Plana: Universitat Jaume I.
    Poyatos, A.(Coord.) (2003). Mediación familiar y social en diferentes contextos. Valencia: Nau Llibres.
    Redorta, J. (2004). Cómo analizar los conflictos: La tipología de conflictos como herramienta de mediación. Barcelona: Paidós.
    Rondón, L.M. (2012). Bases para la mediación familiar. Valencia: Tirant lo Blanch.
    Six, J.F. (1997). Dinámica de la Mediación. Barcelona: Paidós;
    Soleto, H. (dir.) (2011). Mediación y resolución de conflictos: Técnicas y ámbitos. Madrid: Tecnos.
    Suares, M. (1999). La mediación. Conducción de disputas. Comunicación y técnicas. Barcelona: Paidós.
    Suares, M. (2003). Mediando en sistemas familiares. Barcelona: Paidós.
    Tapia, G. e Diez, F. (1999). Herramientas para trabajar en mediación. Barcelona: Paidós.
    Tommaso, A. de (1997). Mediación y Trabajo Social. Buenos Aires: Espacio.

    Bibliografía complementaria
    Bernal, T (1988). La mediación familiar. Una solución a los conflictos de ruptura de pareja. Madrid: Colex.
    Bolaños, I. (2000). La construcción de un espacio cooperativo en mediación familiar. Barcelona: Paidós..
    Escabajal, A. (2010). Interculturalidad, mediación y trabajo colaborativo. Madrid: Nancea.
    Haynes, J. M. (1995). Fundamentos de la Mediación Familiar. Madrid: Gaia ediciones.
    Ripol-Millet, A. (2001). Familias, trabajo social y mediación. Barcelona: Paidós.
    Sastre, G. e Moreno, M. (2002). Resolución de conflictos y aprendizaje emocional. Barcelona: Gedisa.
    Vinyamata, E. (1999). Manual de prevención y resolución de conflictos: Conciliación, mediación, negociación. Barcelona: Ariel

    Competencias
    Competencias Xenéricas:
    - Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento nese campo.

    Competencias Específicas:
    - Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
    - Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
    - Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
    - Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os seus resultados.
    - Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
    -Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para ol sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
    - Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
    - Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza deste.
    - Identificar, minimizar e xestionar o risco cara a un mesmo e os colegas a través da planificación, revisión e seguimento de accións para limitar o estrés e o risco.
    - Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración destes contribuíndo igualmente a abordar de xeito construtivo os posibles desacordos existentes.
    - Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando estes, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.

    Competencias Transversais:
    - Capacidade de análise e síntese.
    - Capacidade de comunicación oral e escrita.
    -Capacidade de resolución de problemas
    -Capacidade de traballo en equipo.
    - Capacidade para as relacións interpersonais.
    - Capacidade de razoamento crítico.
    - Capacidade de compromiso ético.
    - Capacidade de aprendizaxe autónomo.
    -Capacidade de adaptación a novas situacións.
    - Capacidade de motivación pola calidade.

    Metodoloxía da ensinanza
    27 horas docencia expositiva e 18 interactiva
    A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
    A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
    A través das tutorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.


    Sistema de evaluación
    A proba escrita e/ou exame terán un valor do 70% sobre a cualificación global e o peso da avaliación contínua será do 30%. A avaliación contínua teráse en conta sempre que os/as alumnos/as alcancen unha puntuación do exame ou proba escrita igual ou superior a 2,8 sobre 7.
    O 30% da avaliación contínua terá en conta o desenvolvemento de actividades do alumnado, individual ou grupalmente, en relación aos aspectos que a continuación se relacionan:
    - Asistencia a clases interactivas nas que se traballará a discusión, reflexión e análise de casos ou supostos prácticos, de documentos ou textos bibliográficos e a exposición, cando proceda, dos traballos na aula: 1.5 puntos
    - Elaboración dun traballo, de temática determinada pola profesora, exposición do traballo na aula e defensa do mesmo: 1.5 puntos. É requisito indispensable ter realizado este traballo para poder ser avaliado da materia.

    O sistema de control de asistencia a clases é o establecido polo centro a tales efectos.

    O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia á clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).

    O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistencia, realizará un traballo, a determinar entre o/a alumno/a e a profesora, que entregará por escrito e procederá a súa defensa.
    Poderán producirse cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para o aprendizaxe.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo persoal do/a alumno/a (total 99 Horas)
    -Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 Horas.
    -Exercicios: 15 Horas.
    -Lectura de textos: 10 Horas.
    -Elaboración e exposición de traballos bibliográficos: 20 Horas.
    -Outras tarefas propostas a determinar pola profesora: 4 Horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación nas clases interactivas e expositivas.
    - Colaboración e posicionamento activo nas tarefas a realizar en grupo.