G3171445 - Traballo Social no Ámbito da Iniciativa Social (Ferramentas Legais e Organizativas para o Traballo Social) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 27.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer os elementos do funcionamento das organizacións de iniciativa social e os diferentes enfoques de xestión, liderado e calidade nas mesmas.
- Adquirir destrezas de xestión do traballo en equipo, de programación do traballo e colaboración interprofesional e interinstitucional.
- Adquirir capacidades de participación e xestión de entidades de iniciativa social.
- Coñecer e ser capaz de xestionar as formas de participación cidadá.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención dende o traballo social no ámbito da iniciativa social.
- Proporcionar ao alumnado coñecementos teórico-prácticos sobre o funcionamento da iniciativa social en relación aos servizos sociais.
- Profundar no coñecemento sobre a organización do voluntariado.
- Promover no futuro traballador social as capacidades necesarias para contribuír ao desenvolvemento dunha organización de iniciativa social.
Contidos1. Evolución e situación actual da Iniciativa Social
As orixes históricas das organizacións non lucrativas
Xénese e desenvolvemento do concepto de Terceiro Sector
Teorías que xustifican o desenvolvemento do Terceiro Sector
Principios reitores das organizacións de iniciativa social
Sociedade civil e Terceiro Sector
Concepto de ONG
Cara ao fututo: os retos do Terceiro Sector
2. As asociacións
Rousseau e a lei Le Chapelier: as sombras da ilustración.
De la Constitución de Cádiz á lei franquista de 1964.
Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
Como crear unha asociación?
3. As fundacións.
Regulación xurídica estatal e autonómica.
Como crear unha fundación?
4. O voluntariado
As irrupción do voluntariado a finais do século XX. O caso español.
Os módelos ideolóxicos e o voluntariado.
O asociacionismo voluntario español en cifras
Lei estatal 6/1996, do 15 de xaneiro, do voluntariado
Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia.
Os códigos de conduta das organizacións de voluntariado
A xestión do voluntariado dentro das organizacións de iniciativa social
O voluntariado no sector gobernamental. O servizo civil do artigo 30.3 da constitución española.
5. O/a traballador/a social e a Iniciativa Social.
Funcións do/a traballador/a social.
As relacións do ts coas entidades de iniciativa social.
Bibliografía básica e complementariaAlemán, Carmen y García, Mercedes (1999). Fundamentos de Bienestar Social. Valencia: Tirant lo Blanch.
Álberich, Tomás (2002). Guía Fácil De Asociaciones. Manual De Gestión. Madrid: Dykinsón, S.L.
Álvarez De Mon, Santiago y Martínez Sánchez, Juan Luis (1998). El Tercer Sector: Retos Y Propuestas Para El Próximo Milenio. Madrid: Ministerio De Trabajo Y Asuntos Sociales.
Casado, Demetrio (1989). Las Organizaciones Voluntarias Y La Intervención Social. Madrid: Acebo.
Casado, Demetrio (1991). Coordinación De La Acción Voluntaria. Madrid: Acebo.
Chacón, Fernando y Vecina, María Luísa (2002). Gestión Del Voluntariado. Madrid: Síntesis.
Fundación La Caixa (2007). Buenas Prácticas En La Gestión Del Voluntariado. Barcelona: Autor.
García Fajardo, José Carlos (2001). Manual Del Voluntario. Madrid: Solidarios Para El Desarrollo.
García Roca, Joaquín (1996). El Tercer Sector. Documentación Social, 103.
Gutiérrez Resa, Antonio (1997). Estado, Mercado Y Sociedad Civil. Boletín De Estudios Y Documentación, 6.
Herrera Gómez, Manuel (1997). Tercer Sector Y Sociedad Compleja. Debate Teórico. Revista Del Ministerio De Trabajo Y Asuntos Sociales. 5.
Izquieta, Jose Luis (2011). Voluntariado Y Tercer Sector: Cultura, Participación Cívica Y Organizaciones Solidarias. Madrid: Tecnos.
López-Cabanas, Miguel y Chacón, Fernando (1997). Intervención Psicosocial Y Servicios Sociales: Un Enfoque Participativo. Madrid: Síntesis.
Lorenzo, Rafael (1996). Las Fundaciones Y El Sector No Lucrativo. Documentación Social. 103.
Madrid, Antonio (2001). La Institución Del Voluntariado. Madrid: Trota.
Martínez Martín, Mª Isabel (2000). Empleo Y Trabajo Voluntario En Las ONG De Acción Social. Madrid: Ministerio De Trabajo y Asuntos Sociales y Fundación Tomillo.
Montagut, Teresa (2003). Voluntariado, La Lógica De La Ciudadanía. Barcelona: Ariel.
Pérez-Díaz, Víctor y López Novo, Joaquín (2003). El Tercer Sector De Acción Social En España. Madrid: Ministerio De Trabajo Y Asuntos Sociales.
Reichman, Jorge y Fernández Buey, Fernando (1994). Redes Que Dan Libertad. Barcelona: Paidós.
Ruíz Olabuénaga, José Ignacio (2001). El Voluntariado En España. Documentación Social. 122.
Subirat, Joan (2001). Sociedad Civil Y Voluntariado: Responsabilidades Colectivas Y Valores Públicos En España. Documentación Social. 122.
Tavazza, Luciano (1995). El Nuevo Rol Del Voluntariado Social. Madrid: Lumen.
Zurdo, Ángel (2003). Voluntariado y estructura social: funciones sociales y límites. Las entidades voluntarias de acción social en España: Informe General. Madrid: Fundación FOESSA.
CompetenciasCompetencias xenéricas
Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como
disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel
que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos
máis relevantes que están na vanguardia do coñecemento neste campo.
Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e
defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso
dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos
científicos propios.
Competencias específicas
Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis
adecuada de intervención.
Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos,
organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben
fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións
preferentes e recursos.
Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia
de intervención.
Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das
situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás
mesmas e revisando os seus resultados.
Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos,
organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento
dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da
utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un
seguimiento con regularidad dos cambios que se producen ao obxecto de preparar
a finalización da intervención.
Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos,
organizacións e comunidades e actuar no seu nome si a situación requíreo.
Saber preparar e participar nas reunións de toma de decisións ao
obxecto de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos,
organizacións e comunidades.
Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas,
redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionales co propósito de colaborar
no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos
mesmos contribuíndo igualmente a abordar de xeito constructiva os posibles
desacuerdos existentes.
Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades
de benestar social.
Competencias transversales
Capacidade de análise e síntese
Capacidade de comunicación oral e escrita
Capacidade de razonamiento crítico
Capacidade de compromiso ético
Capacidade de aprendizaxe autónoma
Capacidade de liderado
Capacidade de Iniciativa e espírito emprendedor
Capacidade de motivación pola calidade
Metodoloxía da ensinanza O profesor encargado da materia deseñará un itinerario formativo que permita ó alumno coñecer a evolución histórica da iniciativa social, os seus fundamentos lexislativos, os principios e valores que a rexen así como as mais relevantes realizacións neste eido.
Igualmente o profesor orientará ó alumnado nas referencias documentais a empregar para realizar os diversos traballos propios da asignatura. En sesións monográficas o alumnado exporá ante os compañeiros, o contido de tódalas tarefas encomendadas; as intervencións serán avaliadas continuamente.
Ademais das tarefas encomendadas polo profesor, cada grupo de alumnos creará e organizará, desde unha realidade ficticia, unha entidade de Iniciativa Social prestadora de Servizos Sociais que será presentada a través de un traballo por escrito e exposta ante tódolos compañeiros.
Realizaranse visitas pedagóxicas a diversas entidades de iniciativa social da zona, preferentemente a aquelas máis emblemáticas nas diversas areas de intervención.
A participación presencial activa do/a alumno/a na aula considérase obrigatoria para o axeitado desenvolvemento da materia.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación, sobre 50 ptos, terá tres eixos:
1º) Unha proba teórico práctica ó remate do cuadrimestre sobre os aspectos máis relevantes da evolución histórica da iniciativa social, os seus fundamentos lexislativos, os principios e valores que a rexen así como as mais relevantes realizacións neste eido. Constará de 10 preguntas cortas (10 ptos.), un caso práctico (10 ptos.) e un tema a desenvolver a elixir entre dous (10 ptos.). Total 30 ptos.
2º) Cada grupo de alumnos creará e organizará, desde unha realidade ficticia, unha entidade de Iniciativa Social prestadora de Servizos Sociais que será presentada a través de un traballo por escrito e exposta ante tódolos compañeiros (10 ptos.)
3º) Valoración continua do traballo realizado polo/a alumno/a (10 ptos.); a intervención do/a alumno/a é avaliada en cada sesión atendendo a parámetros tales como:
Calidade na realización da tarefa asumida: 7 ptos. máximo
Calidade na exposición da tarefa asumida: 3 ptos. máximo
Ao alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo. De igual modo, o alumnado que teña xustificada a súa ausencia a unha aula interactiva deberá falar co profesor para poder desenvolver unha tarefa substitutiva á realizada durante a mesma.
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15
Lectura de textos: 10
Elaboración de traballos, visualización de material: 24 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia e a participación nas sesións temáticas presenciais constitúen un dos referentes para que o alumnado de maneira autónoma poida asimilar corpo teórico da materia que en todo momento orientará a aprendizaxe práctica.