G3171105 - Historia dos Sistemas de Benestar Social (O Contexto Institucional do Traballo Social ) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 36.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Campus Norte
- Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
- Centro: Escola Universitaria de Traballo Social
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación e xeitos de provisión dos Servizos Sociais no ámbito español e europeo, así como a estrutura xeral e a organización.
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación e xeitos de provisión dos subsistemas de benestar social (saúde, educación, garantía de ingresos, vivenda, etc.) no ámbito español e europeo, así como a súa estrutura xeral e a súa organización.
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación da cooperación ao desenvolvemento
ContidosI.- Política social e sistemas de benestar no marco do desenvolvemento da actividade profesional de Traballo Social. O obxecto e os mecanismos de actuación e formas de provisión desde unha perspectiva histórica.
II.- Estrutura xeral e organización estatal en relación aos sistemas de benestar
III.- Política social e Educación
IV.- Política social e Sanidade
V.- Política social e Vivenda
VI.- Política social e Emprego
VII.- Política social e Seguridade Social
VIII.- Política social e Servizos Sociais
IX.- Estrutura dos sistemas de benestar nunha perspectiva europea
X.- A cooperación ao desenvolvemento e as Administracións Públicas
Bibliografía básica e complementaria.- Alemán, C. e Garcés, J.(coord.).(1996). Administración Social: servicios de bienestar social. Madrid: Ed. Siglo XXI.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (coord.).(1998). Política Social. Madrid: McGraw-Hill.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (1999). Fundamentos de bienestar social. Valencia: Ed.Tirant lo Blanch.
.- Alemán, C. e Fernández, T. (2008). Introducción a los Servicios Sociales. Madrid: Uned.
.- Alemán, C. e Fernández, T. (2008). Introducción al Trabajo Social. Madrid: Alianza editorial.
.- Alonso, J.M. e Gonzalo, B.(2000). La Asistencia social y los servicios sociales en España. Madrid: Ed. Boletín Oficial del Estado.
.- Borrajo, E. (2011). Introducción al derecho del trabajo. Madrid: Tecnos.
.- Casado, D. e Guilleón, E. (1997). Introducción a los servicios sociales. Madrid:
Popular.
.- Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales. (1986). De la Beneficencia al Bienestar: Cuatro Siglos de Acción Social. Madrid: Ed. Siglo XXI.
.- Colom, D. e Miranda, M.(coord.).(1998). Organizaciones de bienestar. Mira editores. Zaragoza.
.- Colom, D. e Miranda, M.(coord.)(1999) Poblaciones y bienestar. Zaragoza: Ed. Mira editores.
.- Colom, D. (2008). El trabajo social sanitario. Madrid: Siglo XXI.
.- De la Red, N. (1993). Aproximaciones al trabajo social. Madrid: Siglo XXI.
.- Díez, JR.(1994). El bienestar social: concepto y medida. Madrid: Ed. Edita Popular S.A.
.-Fernández, T. e Garcés, J. (coord.) (1999). Crítica y futuro del Estado de Bienestar. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
.- Fernández, T. e De la Fuente, Y.Mª. (coords.). (2009). Política social y Trabajo Social. Madrid: Alianza Editorial.
.- Garcés, J.(coord.). (1996). Sistema político y administrativo de los servicios sociales. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
.- Giner, S. e Sarasa, S. (coord.). (1997). Buen gobierno y política social. Barcelona: Ed. Ariel.
.- Gutiérrez, A. e Garcés, J. (coord.) (1999). Los servicios sociales en las Comunidades y Ciudades Autónomas. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
.- Herrera, M. (1998) El tercer sector en los sistemas de bienestar. Valencia: Ed. Tirant lo Blanch.
.- Martín, C. (2004). El empleo en España. Su evolución desde 1996 a 2003 y los efectos de las reformas laborales. Madrid: Confederación Sindical de Comisiones Obreras.
.- Mira-Perceval, M.T., De Alfonseti, N. e Giménez, V. (2007). Servicios Sociales: estructura dinámica, políticas y estrategias en España y la Comunidad Valenciana. Alicante: Ed. Universidad de Alicante.
.- Montagut, T. (2000). Política Social. Madrid: Editorial Ariel.
.- Navarro, V. (Coord.).(2004). El Estado de Bienestar en España. Madrid: Tecnos.
.- Navarro, V. (2002). Bienestar insuficiente, democracia incompleta. Barcelona: Anagrama.
CompetenciasNa Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribúe a acadar as seguintes competencias, vinculadas cos obxectivos propostos para a titulación:
Competencias xenéricas:
.-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión:
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
.- Capacidade de análise e síntese.
.- Capacidade de comunicación oral e escrita.
.- Capacidade de razoamento crítico.
.- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
.- Capacidade de motivación pola calidade.
Metodoloxía da ensinanza A docencia está organizada en 36 horas distribuídas en sesións na aula e impartidas ao grupo grande. Outras 9 horas a cada grupo en que se subdivida o grupo grande, distribuídas ao longo do período lectivo en 6 sesións na aula de 1 hora e 30 minutos de duración cada unha. Nas sesións na aula a docencia será de tipo expositivo, con menor participación activa do alumnado, e de tipo interactivo en que si o alumnado terá unha participación máis activa.
Docencia expositiva: A través de exposicións na aula e dando lugar á participación, o profesor explicará aspectos básicos e centrais de cada tema establecido no programa, achegando información esencial e delimitando conceptos, resaltando os aspectos relevantes e as relacións entre eles.
Docencia interactiva: O alumnado individualmente ou organizado en equipos de traballo desenvolverá actividades que requirirán unha participación activa na construción do seu propio coñecemento. Realizarase a lectura/visionado e análise de textos ou material audiovisual con debate titorizado e / ou preguntas na aula. Utilización de bibliografía, fontes estatísticas ou outros materiais vinculados ao programa académico e complementario á teoría impartida na asignatura, ben proporcionado pola profesora ou buscados e achegados polo alumnado, con exposicións por parte de este dos traballos a realizar na aula.
Titorías académicas: dirixidas a orientar e asesorar as actividades e tarefas propostas ao alumnado, realizadas de forma autónoma tanto individualmente como en grupo. Así mesmo resolveranse dúbidas que se lle poidan presentar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónHaberá un exame final será tipo test, correspondente á convocatoria oficial, que é necesario superar para aprobar a materia. Contará con corenta preguntas, con tres opcións de resposta cada unha delas. Para cada pregunta, só unha única opción será válida e verdadeira. Cada pregunta respondida correctamente terá un valor de 0,25 puntos. Será obrigatorio responder como mínimo vinte e cinco preguntas. Admítese un máximo de cinco fallos sen penalización algunha. A partir do sexto erro, cada fallo será sancionado cun desconto de 0,25 puntos.
O exame final liberará o 75% da nota final.
O 25% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.
No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e a ausencia estea xustificada, poden compensarse as tarefas coa elaboración de traballos ou exercicios que lle sexan encomendados polo profesor.
O alumnado ao que a dirección do centro lle conceda a dispensa de asistencia deberá acordar co profesor un traballo substitutivo dos exercicios interactivos, que deberá entregar por escrito e defenderá nunha titoría previamente sinalada.
Poderán producirse cambios no sistema de avaliación cando así sexa acordado entre o profesor e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribiudas como segue:
.-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
.-Exercicios: 15 horas
.-Lectura de textos: 15 horas
.-Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
.-Preparación de exposicións orais: 4 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da asignatura necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada da docencia para aclarar e orientar sobre bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese para o/a alumno/a.
ObservaciónsA asignatura pertence á "Materia: Servizos Sociais” dentro do "Módulo: O contexto Institucional do Traballo Social”.