
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao - 2º prazo de matrícula | 09/09/2013 | |
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 31/07/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de inicio no curso ponte | 17/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en cursos complementarios para obtención do grao | 02/09/2013 | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en cursos complementarios para a obtención do grao | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Traballo Social
Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro onde se imparte:
Escola Universitaria de Traballo Social
San Martiño Pinario. Praza da Inmaculada, 5, 2º
15704
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 16/09/2010
Data de publicación no BOE: 3/03/2011
Data da última acreditación: 30/06/2010
Responsable do título:
Coordinador do título:
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
Ao finalizar o período formativo, os estudantes de Traballo Social deberán:
1. Coñecer e comprender criticamente os fundamentos do Traballo Social como disciplina:historia, teorias, concepto, natureza, métodos e modelos.
2. Identificar e valorar os procesos de formación, desenvolvemento e evolución de persoas, familias,grupos, organizacións e comunidades, asi como as súas manifestacións actuais e tendencias de futuro.
3. Mostrar unha comprensión critica de como os desequilibrios socioestructurais, a discriminación, a opresión, as inxustizas sociais, politicas e económicas impactan nas relacións humanas e xeran situacións de malestar.
4. Mostrar coñecemento da conduta humana e a contorna social con especial enfase á relación persoa/contorna, desenvolvemento do curso da vida, interacción entre factores biolóxicos,psicolóxicos, socioestructurais e culturais na conformación do desenvolvemento humano e da conduta.
5. Analizar criticamente o concepto de necesidade de acordo aos contextos históricos, sociais e politicos nos que se desenvolve a súa acción profesional.
6. Coñecer e identificar as estratexias principais de intervencion dos traballadores/as sociais no desenvolvemento da súa acción profesional con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
7. Coñecer a estrutura xeral, organizacion, prestacións dos Servizos Sociais xenerais e especializados existentes nas diferentes Comunidades Autónomas e no ámbito europeo.
8. Sinalar as tendencias principais existentes nas politicas sociais, a nivel nacional e internacional, asi como a articulación das mesmas.
9. Mostrar dominio no coñecemento da formación de grupos, das técnicas e instrumentos de programación, as dinámicas de grupo e as técnicas de traballo en grupo.
10. Manexar con soltura os fundamentos teóricos e as aplicacións practicas dos principais soportes instrumentais do Traballo Social.
11. Coñecer de xeito adecuado as bases do ordenamento xurídico local, autonómico, estatal,comunitario e internacional.
12. Apropiarse dunha cultura cientifica no que se refire ao uso da epistemoloxía das Ciencias Sociais e á investigacion social: proceso de investigacion e técnicas de investigacion social de natureza cuantitativa e cualitativa.
13. Coñecer as estratexias principais para a resolución de conflitos a través da mediacion.
14. Coñecer os fundamentos básicos das tecnoloxías da información e comunicación na súa aplicación ao Traballo Social.
15. Incorporar e asumir o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, os principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade universal das persoas con discapacidade e os valores propios dunha cultura da paz e da democracia.
Posuír e comprender os coñecementos que definen o Traballo Social como disciplina científica
Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais
Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións
desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
1.- Ter a capacidade para traballar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e valorar de xeito conxunto as súas necesidades e circunstancias promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
2.- Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas.
3.- Ter capacidade para apoiar ás persoas para que sexan capaces de manifestar as necesidades, puntos de vista e circunstancias.
4.- Ter capacidade para actuar na resolución das situacións de risco coas persoas así como para as propias e as dos colegas de profesión.
5.- Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización.
6.- Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico de Traballo Social e demostrar competencia profesional no exercicio do Traballo Social mesmo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
Seguindo as orientacións do Proxecto Tuning en relación aos perfís académicos e profesionais constitúese unha comisión de estudo do perfil profesional dos traballadores sociais cuxo informe formou parte dos traballos do Libro Branco do título de grao en Traballo Social na que se propón competencias transversais. Así mesmo a USC conforme ás Liñas Xerais para a elaboración das novas titulacións oficiais reguladas polo R.D. 1393/2007 establece competencias transversais para todas as titulacións da Universidade.
A actividade profesional do Traballador/a Social e do Asistente Social, ten por obxecto a intervención e avaliación social ante as necesidades sociais para promover o cambio, a resolución dos problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión, mediante a utilización de teorías sobre o comportamento humano e os sistemas sociais e aplicando a metodoloxía específica na que se integra o Traballo Social de caso, grupo e comunidade. O Traballo Social intervén alí onde as persoas interactúan coa súa contorna.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos optativos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (1) linguas estranxeiras; (2) lingua galega, e (3) tecnoloxías da información e da comunicación.. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
A normativa da USC que regula estes recoñecementos é:
Acordo CG do 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0635.PDF
Resolución Reitoral do 5/5/2009 (procedemento): http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0677.PDF
Resolución reitoral 21/12/2009 que modifica o anexo I do acordo do CG de 4 de xullo de 2008: http://www.usc.es/sxa/normativa/ficheros/XA0700.PDF
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Traballo Social [pdf - 817 kb][Actualizado: 7/10/10]
Corrección 01 da resolución de adaptación ao Grao en Traballo Social [pdf - 386 kb][Actualizado: 20/10/10]
Corrección 02 da resolución de adaptación ao Grao en Traballo Social [pdf - 565 kb][Actualizado: 25/11/10]
Número de prazas de novo ingreso: 90
Demanda do ano anterior: 5.118 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Dado que non se esixe ningunha formación previa específica, os alumnos/as poden ser admitidos na titulación de Grao en Traballo Social si reúnen os requisitos de acceso que establece a lei.
O perfil de ingreso recomendado para os futuros estudantes é:
- Ter unha actitude activa de contribución ao desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e unha disposición de defensa da xustiza social.
- Sensibilidade cara ás cuestións de desenvolvemento e incremento do benestar social, a saúde e calidade de vida dos cidadáns.
- Habilidade para as relacións interpersonales, é dicir, capacidade empática, reflexiva, analítica e de adecuación aos cambios e dinámicas sociais.
- Interese por temas psicosociales tanto a nivel de opinión como de participación activa.
- Interese pola intervención social en contextos problemáticos en que viven algúns individuos, familias, grupos, organizacións e comunidades.
- Ter inquietude e compromiso social.
- Interese para o traballo cooperativo e o traballo en equipo.
- Capacidade creativa e de adaptación a novas oportunidades.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais.
Centro adscrito con condicións especiais de matrícula. O alumnado admitido debe poñerse en contacto coa Secretaría da Escola para formalizar a súa inscripción na mesma.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: CURSO PONTE
Modalidade de ensino na que será impartido o curso: Presencial
Número de prazas ofertadas para o curso: 40
Créditos totais do curso de adaptación: 50
Perfil de ingreso: Poderán acceder ao curso ponte ou de adaptación ao grao en Traballo Social, as persoas Diplomadas en Traballo Social. Así mesmo, para obter o título de Graduado/a en Traballo Social, deberá acreditarse o coñecemento de nivel B1 dunha lingua estranxeira, de acordo cos niveis de referencia establecidos polo Marco Común Europeo.
Admisión de estudantes: A selección do alumnado para este curso rexerase pola normativa xeral de xestión académica da USC.
Transferencia e Recoñecemento de créditos
O recoñecemento de créditos axustarase ao establecido polo Ministerio de Educación, quedando o Traballo de Fin de Grao fóra de calquera tipo de validación ou recoñecemento. Os diplomados aos que se oferta o título de adaptación ao Grado poderán ver recoñecidos ata 24 ECTS por experiencia profesional no campo do Traballo Social e títulos propios. O recoñecemento desta experiencia profesional ten tamén cabida no Grao. Igualmente, os traballadores e traballadoras sociais que haxan titorizado alumnos en prácticas da EUTS de Santiago do Plan da Diplomatura que se extingue, poderán solicitar o recoñecemento de devandita actividade ata un máximo de 12 créditos. Con anterioridade ao devandito Plan, a titorización de alumnado en prácticas só poderá ser valorada cando o interesado dispoña de documento que o acredite.
ANOS DE EXPERIENCIA PROFESIONAL: 2-5anos / 6-12 anos / 13 ou máis
CRÉDITOS ECTS: 6 /12/ 18
CRÉDITOS DO PRACTICUM TITORIZADOS: 54-81 / 82-135 / 136 e máis
CRÉDITOS ECTS: 6 / 12 / 18
1º Semestre
Teorías e modelos de intervención en traballo social OB 6
Xestión de organizacións OB 6
Traballo social, procesos migratorios e diversidade cultural OP 6
Mediación e xestión do conflicto en traballo social OP 6
2º Semestre
Historia dos sistemas de benestar social FB 6
Investigación e diagnóstico en traballo social OB 6
Política e traballo social OB 6
Traballo Fin de Grao OB 8
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O informe fin de grao poderá versar sobre o desenvolvemento e contido do Practicum ou sobre un contido relacionado con algunha temática ou colectivo no ámbito social, desde algunha das perspectivas das ciencias sociais.
Para matricularse é requisito indispensable superar 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación.
Prácticas en empresas: Prácticas Externas Obrigatorias
O presente título de grao de Traballo Social inclúe 28 créditos de prácticas externas de carácter obrigatorio, dos cales 6 créditos atribúense a Prácticas de Investigación en Traballo Social e 22 créditos ao Practicum.
Para matricularse do Practicum é requisito indispensable superar 150 créditos básicos e obrigatorios, entre eles todos os da primeira metade da titulación.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3171121 | Fundamentos de Traballo Social | 6.00 | OB | 1SG | OFERTA.1 | G3171122 | Historia do Traballo Social | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G3171123 | Ética e Traballo Social | 6.00 | OB | 2SG | OFERTA.1 | G3171104 | Fundamentos de Política Social | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3171105 | Historia dos Sistemas de Benestar Social | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3171101 | Socioloxía Xeral | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3171103 | Fundamentos de Psicoloxía | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3171106 | Antropoloxía Social e Cultural | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G3171102 | Fundamentos de Dereito | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G3171107 | Fundamentos de Economía | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3171221 | Teorías e Modelos de Intervención en Traballo Social | 6.00 | OB | 1SG | G3171222 | Traballo Social con Comunidades | 6.00 | OB | 1SG | G3171224 | Investigación e Diagnose en Traballo Social | 6.00 | OB | 2SG | G3171225 | Habilidades Sociais e de Comunicación en Traballo Social | 6.00 | OB | 2SG | G3171227 | Traballo Social con Grupos | 6.00 | OB | 2SG | G3171223 | Servizos Sociais Comunitarios | 6.00 | OB | 2SG | G3171201 | Estrutura e Cambio Social | 6.00 | FB | 1SG | G3171202 | Psicoloxía do Desenvolvemento no Ciclo Vital | 6.00 | FB | 1SG | G3171226 | Traballo Social e Saúde | 6.00 | OB | 2SG | G3171203 | Dereito y Administración Pública | 6.00 | FB | 1SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G3171441 | Mediación e Xestión do Conflito en Traballo Social | 6.00 | OP | 1SG | G3171421 | Medidas de Protección Social | 6.00 | OB | 1SG | G3171422 | Xestión e Planificación de Servizos Sociais | 6.00 | OB | 1SG | G3171442 | Servizos Sociais e Novas Tecnoloxías | 6.00 | OP | 1SG | G3171443 | Traballo Social, Procesos Migratorios e Diversidade Cultural | 6.00 | OP | NI/NM | G3171444 | Traballo Social e Sistema de Autonomía Persoal | 6.00 | OP | 1SG | G3171423 | Xestión de Organizacións | 6.00 | OB | 1SG | G3171445 | Traballo Social no Ámbito da Iniciativa Social | 6.00 | OP | 1SG | G3171424 | Practicum | 22.00 | OB | 1SG | G3171424 | Practicum | 22.00 | OB | 2SG | G3171425 | Traballo Fin de Grao | 8.00 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable