Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

131405 - Radioloxía (4º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
    • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
    • Centro: Facultade de Veterinaria
    • Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    Barreiro Lois, Andrés.SI
    BARREIRO VAZQUEZ, JOSE DANIEL.NON
    VILA PASTOR, MONICA.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo CL01OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL02OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL03OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL04OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL05OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL06OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL07OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL08OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL09OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL10OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL11OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL12OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL13OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL14OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL15OrdinarioClínicosSINON
    Grupo CL16OrdinarioClínicosSINON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer a natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
    - Acadar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a súa aplicación no diagnóstico e terapéutica en medicina veterinaria.
    - Coñecer os riscos asociados á utilización de radiacións ionizantes e as normas de protección.

    Contidos
    SECCIÓN I: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS, TÉCNICAS XERAIS. RADIOPROTECCIÓN

    - RADIACIÓNS IONIZANTES. Natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes
    - RADIOBIOLOXÍA E RADIOPROTECCIÓN. Efectos biolóxicos das radiacións ionizantes. Radioprotección. Lexislación
    - INSTALACIÓNS E EQUIPOS. Sala de raios X. Sala de revelado. Equipos de raios X. Material complementario
    - OBTENCIÓN E INTERPRETACIÓN DA IMAXE RADIOLÓXICA. Factores de exposición. Calidade radiográfica. Revelado. Medios de contraste


    SECCIÓN II: SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS

    - ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Lesións óseas. Alteracións do esqueleto inmaturo. Radioloxía articular
    - CABEZA E COLUMNA VERTEBRAL. Técnicas radiográficas. Cranio, cavidade nasal e seos. Columna vertebral. Técnicas de contraste


    SECCIÓN III: TÓRAX EN PEQUENOS ANIMAIS

    - TÉCNICA RADIOGRÁFICA PARA O ESTUDO DO TÓRAX. PAREDE TORÁCICA E DIAFRAGMA
    - MEDIASTINO E ESPAZO PLEURAL. Presenza de gas, fluídos e masas no mediastino e no espazo pleural. ESÓFAGO. Dilatacións, corpos estraños e perforacións. TRÁQUEA. Colapsos, hipoplasias
    - PULMÓN. Patróns pulmonares. CORAZÓN E GRANDES VASOS. Lesións conxénitas e adquiridas


    SECCIÓN IV: ABDOME EN PEQUENOS ANIMAIS

    - CAVIDADE ABDOMINAL. Técnica radiográfica. Anatomía radiográfica. TRACTO GASTROINTESTINAL. Tránsito gastrointestinal. Radiodiagnóstico
    - FÍGADO. BAZO. PÁNCREAS. GANGLIOS LINFÁTICOS. CAVIDADE PERITONEAL
    - APARATO URINARIO E REPRODUTOR. Técnicas de contraste. Radiodiagnóstico do aparato urinario. Radiodiagnóstico do aparato reprodutor


    SECCIÓN V: SISTEMA MÚSCULO-ESQUELÉTICO EN GRANDES ANIMAIS

    - ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Extremidade anterior. Extremidade posterior. CABEZA E COLUMNA


    SECCIÓN VI: OUTROS MEDIOS FÍSICOS DE DIAGNÓSTICO POLA IMAXE

    - TOMOGRAFÍA AXIAL COMPUTARIZADA. RESONANCIA MAGNÉTICA. DIAGNÓSTICO MEDIANTE RADIONUCLEIDOS


    SECCIÓN VII: RADIOTERAPIA

    - RADIOTERAPIA. Principios físicos e técnicos. Equipos. Radioterapia en pequenos e grandes animais

    Bibliografía básica e complementaria
    LIBROS DE CONSULTA:

    BARR, F. J.; KIRBERGEN, R.M. BSAVA Manual of Canine and Feline Musculoskeletal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester. 2006.

    BURK, R. L. e FEENEY, D. H.; Small Animal Radiology and Ultrasonography. A Diagnostic Atlas and Text, W. B. Saunders Company, Philadelphia, 2003.

    BUTLER, J. A.; COLLES, Ch. M.; DYSON, S. J.; KOLD, S. E. e POULOS, P. W.; Clinical Radiology of the Horse, 3ª edición, Blackwell Science, Oxford, U.K., 2008.

    FARROW, Ch. S.; Veterinary Diagnostic Imaging: The Horse. Mosby Elsevier, 2006.

    KEALY, J. K. e McALLISTER, H., Diagnostic Radiology and Ultrasonography of the Dog and Cat, 4ª edición, W. B. Saunders Company, Philadelphia, 2004.

    O`BRIEN, R.; BARR, F. J. BSAVA Manual of Canine and Feline Abdominal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester. 2009.

    SCHWARZ, T.; JOHNSON, V. BSAVA Manual of Canine and Feline Thoracic Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester. 2008.

    THRALL, D. E., Manual de Diagnóstico Radiológico Veterinario, 4ª. ed., W. B. Saunders Company, Philadelphia, 2003.

    WEAVER, M.; BARAKZAI, S. Handbook of equine radiography. Saunders Elsevier. 2010.

    PÁXINAS WEB DE INTERESE:

    - American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/).

    - European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org/).

    - Veterinary Radiology (http://www.veterinaryradiology.net/).




    Competencias
    - Coñecer o funcionamento da instalación de radiodiagnóstico e as medidas de protección radiolóxica aplicables.
    - Coñecer os equipos de radiodiagnóstico e empregar o material necesario para a exploración radiográfica.
    - Manexar os pacientes que acoden ao Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Clínico Veterinario Rof Codina, posicionar e estimar os parámetros de exposición en cada caso.
    - Valorar e interpretar as placas/imaxes obtidas durante o seu período de práctica.
    - Coñecer os signos radiolóxicos e os diagnósticos diferenciais das patoloxías máis frecuentes en clínica de pequenos e grandes animais.
    - Saber o protocolo de actuación na exploración radiolóxica e a utilidade doutros medios de diagnóstico por imaxe.

    Metodoloxía da ensinanza
    Teoría: 1 hora semanal durante o primeiro cuadrimestre.
    Prácticas: 20 horas por alumno durante unha semana no Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.
    "Aula virtual" de apoio á docencia.

    Sistema de evaluación
    Realizaremos avaliación continua da materia con probas curtas en clase e con controis de asistencia e aproveitamento das prácticas. Tamén se efectuará unha proba final que consistirá nun exame escrito cunha parte de preguntas de tipo test e outra de interpretación radiográfica. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua cun total de 3/10 puntos, e a proba final cun total de 7/10 puntos, dos cales corresponderán 2 á proba de tipo test e 5 ao diagnóstico radiográfico. Será obrigatorio superar cada unha das partes.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    - Teóricas: 15
    - Prácticas: 20
    - Titorías: 1

    Horas non presenciais: 1,5 horas por cada hora de teoría + 15 horas de preparación do exame final.

    Horas de avaliación: 1,5 horas.

    Total volume de traballo: 75 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia ás clase teóricas e ás prácticas e a consolidación dos coñecementos adquiridos mediante consulta de textos e páxinas web de interese, así como facer uso da aula virtual e do apoio titorial.