G2091101 - Anatomía Veterinaria I (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 37.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 37.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 75.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA. | NON |
| ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA. | NON |
| BERMUDEZ POSE, ROBERTO. | NON |
| BERMUDEZ POSE, ROBERTO. | NON |
| Cifuentes Martinez, Jose Manuel. | SI |
| Fernández Trocóniz Revuelta, Patricia. | NON |
| LOMBARDERO FERNANDEZ, MATILDE. | NON |
| SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO. | NON |
| SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO. | NON |
| YLLERA FERNANDEZ, MARIA DEL MAR. | NON |
| YLLERA FERNANDEZ, MARIA DEL MAR. | NON |
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquirir un coñecemento adecuado sobre a organización anatómica dos mamíferos domésticos utilizando unha abordaxe sistemática, comparada e topográfica. Aprender os fundamentos da Anatomía Animal orientada ás aplicacións clínicas, de produción e de hixiene e industrialización alimentaria.
Ao final do curso o alumno debe ser capaz de identificar os sistemas corporais e os seus constituíntes, localiza-los no animal vivo e realizar unha disección.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO (1 hora cada tema)
TEMA 1.-Historia e concepto da Anatomía. Terminoloxía anatómica. Planos anatómicos. Rexións corporais.
TEMA 2.-Aparato locomotor: partes das que consta. OSTEOLOXÍA. Introdución e xeneralidades. Constitución e tipos de ósos. Detalles que se estudan nas superficies óseas.
TEMA 3.-ARTROLOXÍA. Introdución e xeneralidades. Clasificación das articulacións e características fundamentais de cada variedade (cinemática articular).
TEMA 4.-Esqueleto e partes de que consta. Columna vertebral. Vértebra tipo. Vértebras consideradas polos carácteres rexionais: cervicais, torácicas, lumbares, sacras e caudais.
TEMA 5.-Tórax. Costelas, cartilaxes costais e esterno. Caixa torácica. Articulacións da columna vertebral e do tórax.
TEMA 6.- Esqueleto da cabeza. Ósos do cranio e ósos da cara.
TEMA 7.-Cavidades cranial e nasal. Senos paranasais. Articulacións da cabeza.
TEMA 8.- Ósos do membro torácico. Articulacións do membro torácico.
TEMA 9.-Ósos do membro pelviano. Articulacións do membro pelviano.
TEMA 10.-MIOLOXÍA. Introdución e xeneralidades. Constitución, formas e tipos de músculos. Órganos auxiliares do aparato locomotor activo: fascias musculares, bolsas e vainas sinoviais.
TEMA 11.-Músculos cutáneos. Músculos da cabeza: sistema facial; sistema auricular; sistema da mastigación; sistema recto e oblicuo. Vasos e nervios.
TEMA 12.- Músculos do pescozo: sistema hioideo; sistema superficial e profundo. Vasos e nervios.
TEMA 13.-Músculos do dorso: sistema lateral ou superficial; sistema medial ou profundo. Músculos da cola. Vasos e nervios.
TEMA 14.-Músculos do tórax: pectorais e da rexión costal. Diafragma. Músculos abdominais. Vasos e nervios.
TEMA 15.-Músculos do membro torácico. Cinto escapular e brazo. Antebrazo e man.
TEMA 16.-Músculos do membro pelviano. Cinto do membro pelviano. Coxa e perna. Pé.
TEMA 17.- Vasos e nervios destinados ao membro torácico e pelviano
TEMA 18.-SISTEMA NERVIOSO. Introdución e xeneralidades. Constitución e organización do mesmo.
TEMA 19.-Sistema nervioso central. Medula espinal: configuración macroscópica externa e interna.
TEMA 20.-Nervios espinais. Vascularización da medula espinal.
TEMA 21.-Encéfalo. Mielencéfalo, metencéfalo y mesencéfalo. Cuarto ventrículo. Cerebelo.
TEMA 22. Nervios craniais.
TEMA 23. Sistema nervioso autónomo. Partes simpática e parasimpática.
TEMA 24.-Diencéfalo. Terceiro ventrículo.
TEMA 25.-Telencéfalo. Ventrículos laterais. Hemisferios cerebrais. Corpo estriado. Neopalio.
TEMA 26. Paleopalio y arquipalio. Rinencéfalo. Vascularización do encéfalo.
TEMA 27. Medios de protección do sistema nervioso central. Meninxes. Líquido cefalorraquídeo ou cerebroespinal.
TEMA 28.-ÓRGANOS DOS SENTIDOS. Introdución e xeneralidades. Receptores sensorias.
TEMA 29.-Sentido da vista. Partes de que consta. Globo ocular: túnicas e contido.
TEMA 30.-Órganos accesorios do ollo. Músculos do ollo e fascias orbitais. Pálpebras. Túnica conxuntiva. Aparato lacrimal.
TEMA 31.-Órgano vestíbulo-coclear . Partes de que consta. Oído externo. Oído medio. Tuba auditiva.
TEMA 32.-Oído interno. Labirintos óseo e membranoso.
TEMA 33.- Órgano do olfacto. Órgano vomeronasal. Órgano do gusto. Sentido do tacto.
TEMA 34.-Integumentum commune (cuberta protectora do corpo). Cutes (pel): epidermes, dermes e tela subcutánea. Pelos. Glándulas cutáneas. Estudio da Mama (glándula mamaria).
TEMA 35.-Formacións cornificadas da pel. Almofadas carpianas, tarsianas, metacarpianas, metatarsianas y dixitais. Cornos.
TEMA 36.- Formacións cornificadas da pel (continuación). Uña, pezuño e casco.
PROGRAMA PRÁCTICO
Osteoloxía:
Vértebras, costelas e esterno ....2.5 h.
Cabeza ..................................2.5 h.
Extermidade torácica ................2.5 h.
Extremidade pelviana ...............2.5 h.
Articulacións...............................2.5 h.
Disección..................................24.5 h.
TOTAL-------------------------------37 horas
Bibliografía básica e complementariaBARONE, R. (1986). Anatomie Comparée des Mammifères Domestiques. Tomo 1: Ostéologie. (3ª ed.) Vigot, Paris.
BARONE, R. (1980). Anatomie Comparée des Mammifères Domestiques. Tomo 2: Arthrologie et miologie. (2ª ed.) Vigot, Paris.
BOYD, J.S. (2008) Atlas en color de Anatomía clínica del perro y el gato. 2ª edición. Ed. Elsevier Mosby, Barcelona.
BUDRAS, K., W. FRICKE e I. SALAZAR (1989). Atlas de anatomía del Perro. Ed. Interamericana, Madrid.
CLAYTON, H.M., FLOOD, P.F., ROSENSTEIN, D.S. (2007) Anatomía clínica del caballo. Ed. Elsevier Mosby, Barcelona.
DE LAHUNTA, A. and E.N. GLASS (2008) Veterinary Anatomy and Clinical Neurology. 3rd. ed. Saunders, Philadelphia.
DYCE, K.M., W.O. SACK and C.J.G. WENSING. (2009). Textbook of Veterinary Anatomy. 4rd ed. Saunders, Philadelphia.
DONE, S.H., P.C. GOODY, S.A. EVANS & N.C. STICKLAND(2010) Atlas en color de anatomía veterinaria. El Perro y el Gato. Ed. Elsevier Mosby, Barcelona.
EVANS, H.E. y G.C. CHRISTENSEN (1993). Miller's Anatomy of the Dog. 3rd ed. Saunders, Philadelphia.
GETTY, R. (Sisson & Grossman) (1982). Anatomía de los animales domésticos. Salvat, Barcelona.
KÖNIG, H.E. & H.G. LIEBICH. (2004). Anatomía de los animales domésticos. Tomo 1. Aparato locomotor. Ed. Médica Panamericana
KÖNIG, H.E. & H.G. LIEBICH. (2004). Anatomía de los animales domésticos. Tomo 2. Órganos, sistema circulatorio y sistema nervioso. Ed. Médica Panamericana
NICKEL, R., A. SCHUMMER & E. SEIFERLE (1986). The Anatomy of the Domestic Mammals. vol.1: The Locomotor System of the Domestic Mammals. Paul Parey, Berlín.
NICKEL, R., A. SCHUMMER & E. SEIFERLE (1981). The Anatomy of the Domestic Mammals. vol.3: The Circulatory System, the Skin and the Cutaneous Organs of the Domestic Mammals. Paul Parey, Berlín.
NICKEL, R., A. SCHUMMER und E. SEIFERLE (1992). Lehrbuch der Anatomie der Haustiere. Band IV: Nervensystem. Sinnesorgane. Endokrine Drüsen. 3ª ed .Paul Parey, Berlín.
NOMINA ANATOMICA VETERINARIA 5ª ed. (2005). W.A.V.A. Zürich & Ithaca, N.Y.
POPESKO, P. (1998). Atlas de anatomía topográfica de los animales domésticos. 2ª edición. Tomos 1, 2 y 3. Ed. Masson, Barcelona.
SALAZAR, I. (1994) Anatomía práctica del Ganado vacuno. Grass-Iatros ediciones. Barcelona.
SCHALLER, O. (editor) (1992). Illustrated Veterinary Anatomical Nomenclature. Ferdinand Enke Verlag, Stuttgart.
SCHEBITZ, H. & H. WILKENS (1986). Atlas of Radiographic Anatomy of the Dog and Cat. Paul Parey, Berlín.
CompetenciasCompetencias Xenéricas do grao en veterinaria.-
GVUSC 01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC 02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC 05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC 06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Específicas disciplinares:
CEDVUSC 02. Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas académicas
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analiza-la dun xeito crítico.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
Metodoloxía da ensinanza • Clases maxistrais con apoio TIC.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor.
• Estudio independente de cada alumno.
• Titorías
Os alumnos asistirán ás clases maxistrais e poderán intervir nos debates que se susciten.
O traballo práctico realizarase en grupos reducidos (10 alumnos), utilizando o material biolóxico e/os modelos anatómicos correspondentes a cada bloque temático e servíndose das guías ou manuais que se lles proporcionara, así como canta bibliografía se considere oportuna.
Para o estudo independente o alumno pode recorrer á bibliografía recomendada e calquera outro material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
Sistema de evaluaciónCriterios..................................................Instrumento...............................................Peso
_________________________________________________________________________________________
Aparello Locomotor
_________________________________________________________________________________________
Asistencia regular as sesións teóricas ......Para poder realizar oexamen é necesario
e obrigatoria as actividades prácticas ......asistir ao 100% das sesiones prácticas.............0%
programadas
Dominio dos coñecementos GLOBAIS .........Examen final da materia completa................50%
Dominio dos coñecementos teórico- ...........Avaliación contínua durante o
prácticos ...........................................desenvolvemento das prácticas................... 50%
__________________________________________________________________________________________
Sistema Nervioso e Órganos dos Sentidos
__________________________________________________________________________________________
Asistencia regular as sesions teóricas...........................................................................0%
Dominio dos coñecementos globais.............Exámen final da asignatura completa.........100%
___________________________________________________________________________________________
EVALUACIÓN GLOBAL:
O aparello locomotor suporá as 2/3 partes e o SN e Órganos dos Sentidos 1/3 da nota final.
En cada unha das tres partes (Teoría Locomotor, Prácticas Locomotor, SN e Organos dos Sentidos) é preciso alcanzar un mínimo de 4 puntos para poder facer a nota media.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas TRABALLO PERSONAL DE O/A ESTUDANTE Horas
- Clases maxistrais.......................37 - Estudo individual....................................60
- Prácticas de laboratorio...............37 - Elaboración de memorias de prácticas.......10
- Titoria.........................................1 - Revisión bibliográfica, biblioteca, etc..........2
- Realización de exames............................3
- Total horas de traballo presencial..75 - Total horas de traballo persoal de
o/a estudante .........75
.....
TOTAL HORAS DE O/A ESTUDANTE...................................................150
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia ás clases teóricas e prácticas resulta moi valioso para superar a materia.
Resolver as dúbidas mediante las titorías é de gran valor para preparar os exames e os posibles traballos.
ObservaciónsTITORIAS.
Todos os profesores da materia están dispoñibles de luns a venres en horario de maña previa cita