Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091105 - Ciencias Fundamentais (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 28.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada, Química Física, Química Orgánica, Botánica , Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Física Aplicada, Química Física, Química Orgánica, Botánica, Zooloxía
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA.NON
COELHO COTON, ALBERTO JOSE.NON
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA.SI
FRAGA LOPEZ, FRANCISCO JOSE.NON
GARCIA GONZALEZ, IGNACIO.NON
Lopez Barrera, Pablo.NON
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL.NON
ONDINA NAVARRET, MªPAZ.NON
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE.NON
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO.NON
RODRIGUEZ NUÑEZ, EUGENIO.NON
SANCHEZ PEDREGAL, VICTOR MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecemento básico da morfoloxía, bionomía e sistemática de animais e plantas de interese veterinario. Coñecemento dos procesos químicos básicos, así como das bases físicas dos procesos biolóxicos e as súas aplicacións nas ciencias veterinarias.
    Contidos
    ZOOLOXÍA
    Teoría
    1. – Conceptos xerais.
    Morfoloxía, bionomía e sistemática dos animais de interese veterinario. Filoxenia, sistemática e concepto de especie. Reino Animalia. Modelos de organización. Tipos de simetría e cavidades corporais. (Clase expositiva. Tempo estimado: 3:30 h).
    2. – Diversidade animal. Estudo dos taxons máis relevantes.
    Deseño corporal e funcións básicas de Esponxas, Cnidarios (augamares, anémonas e corais), Platelmintos (planarias, doelas e tenias), Nematodos, Anélidos (lombrigas de terra, samesugas e poliquetos), Artrópodos (crustáceos, arácnidos e insectos), Moluscos (caracois, bivalvos e cefalópodos), Cordados (peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos). (Clase expositiva. Tempo estimado: 4:30 h).

    Prácticas de laboratorio
    1. - Observación de Protozoos e pequenos animais de charcas de auga doce. (Sesión práctica de 1:30 h).
    2. - Disección do Mexillón (Mytilus galloprovincialis). (Sesión práctica de 1:30 h).
    3. - Disección da Miñoca (Eisenia andrei). (Sesión práctica de 1:30 h).
    4. - Disección da Cigala (Nephrops norvegicus). (Sesión práctica de 1:30 h).
    5. - Disección da Abella da mel (Apis mellifera). (Sesión práctica de 1:30 h).
    6. - Disección da Troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss). (Sesión práctica de 1:30 h).

    BOTÁNICA
    1. Conceptos xerais.
    Principais grupos de organismos. Dominios e Reinos: Protistas, Fungos e Plantas. Características xerais e clasificación. (Clase expositiva. Duración estimada: 3h).

    2. Diversidade das plantas.
    Morfoloxía externa e bioloxía reprodutiva das plantas: Plantas sen semente. Plantas con semente: Ximnospermas e Anxiospermas, características xerais e clasificación, estudo dos taxons de interese veterinario. (Clase expositiva. Duración estimada: 3h).

    Prácticas de laboratorio:
    1. Plantas: Estudo da morfoloxía externa. Organización e estruturas reprodutoras. (Clase interactiva, práctica de laboratorio de 2 h).
    2. Plantas. Anxiospermas Dicotiledóneas (Fabáceas e Asteráceas). (Clase interactiva, práctica de laboratorio de 2 h).
    3. Plantas. Anxiospermas Monocotiledóneas (Poáceas). (Clase interactiva, práctica de laboratorio de 2 h).

    QUÍMICA
    Clases expositivas:
    Tema 1. EQUILIBRIO ÁCIDO-BASE.
    Introdución. Ácidos e bases. Pares conxugados ácido-base. Equilibrio de autoionización e produto iónico da auga. Constantes de acidez e basicidad. Fortaleza dos ácidos e das bases. Concepto de pH. Cálculo do pH de disolucións de ácidos e bases. Grao de disociación. Propiedades ácido-base das sales. Desprazamentos do equilibrio. Disolucións reguladoras. Indicadores ácido-base. (Clase expositiva de 4 horas de duración).

    Tema 2. ESTRUCTURA E REACTIVIDADE DAS MOLÉCULAS ORGÁNICAS.
    Representación das moléculas orgánicas. Isomería. Grupos funcionais. Ácidos e bases orgánicos. Reaccións de substitución, eliminación, adición, oxidación e redución. (Clase expositiva de 4 horas de duración).

    Clases interactivas:
    Prácticas de laboratorio
    Práctica 1. Preparación de disolucións reguladoras e comprobación da sua capacidade de regulación do pH. (Clase interactiva no laboratorio de 3 horas).
    Práctica 2. Extracción líquido-líquido. (Clase interactiva no laboratorio de 1.5 horas)
    Práctica 3. Síntese dun éster: a aspirina. (Clase interactiva no laboratorio de 1.5 horas)

    FÍSICA
    Clases expositivas (Teoría):
    Nocións de Biomecánica (1.5 h).
    Bases físicas do funcionamento do sistema circulatorio dos mamíferos (1.5 h).
    Nocións de Termodinámica Biolóxica. Metabolismo animal (2 h) .
    Principios básicos da electricidade (1 h).
    Nocións da Física da vista e do oído (1 h).

    Clases interactivas (Prácticas):

    Centro de gravidade dun animal. Distribución de carga nas patas dianteiras e traseiras (1 h).
    Métodos de determinación de densidades (1 h).
    Uso de manómetros e efecto Venturi (1 h).
    Viscosidade dun alimento líquido e control de calidade (1 h).
    Calorimetría: calor de fusión do xeo e calor específico dun alimento líquido. Lei de Joule (1 h).
    Circuítos de corrente continua. Manexo de polímetro (1 h) .
    Óptica: formación de imaxes con lentes converxentes e diverxentes delgadas (1 h).
    (dependendo da dispoñibilidade de material poden producirse cambios destes contidos).

    Bibliografía básica e complementaria
    ZOOLOXÍA
    - BARNES, R.D. Zoología de los Invertebrados. Interamericana, 4ª ed., México, 1157 pp. 1996.
    - DE LA FUENTE, J.A. Zoología de Artrópodos. Interamericana McGraw Hill, México, 805 pp., 1994.
    - HICKMAN C.P., ROBERTS, L.S. & HICKMAN, F.M. Principios integrales de Zoología. Interamericana, Madrid, 14ª ed., 917 pp., 2009.
    - HILDEBRAND, M. Anatomía y embriología de los Vertebrados. Limusa, México, 844 pp., 1982.
    - MARGULIS, L. & SCHWARTZ, K.V. Cinco reinos. Guía ilustrada de los phyla de la vida en la Tierra. Labor, Barcelona, 355 pp., 1982.
    - McGAVIN, G.C. Entomología esencial. Ariel, Barcelona, 350 pp., 2002.
    - NIETO, J.M. & MIER, M.P. Tratado de entomología. Omega, Barcelona, 599 pp., 1985.
    - PLANAS, J. Elementos de Biología. Omega, Barcelona, 570 pp., 1985.
    - SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología de Villée. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
    - TELLERÍA, J.L., Zoología evolutiva de los Vertebrados. Síntesis, Madrid, 1988.
    - YOUNG, J.Z., La vida de los Vertebrados. Omega, Barcelona, 660 pp. 1985.
    Información en Internet:
    - The Tree of Life: http://tolweb.org/tree/
    - Life on the Earth: http://www.ucmp.berkeley.edu/alllife/threedomains.html

    BOTÁNICA
    - CURTIS, H., BARNES, N. S. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana. Buenos Aires. 1010 pp. 2008.
    - DÍAZ VIZCAÍNO, E.A. 2011. Morfoloxía e bioloxía reprodutiva das plantas. Unidade Didáctica 4. Universidade de Santiago de Compostela. Disponible en:
    http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/snl/dinamizacion/descargas/Morfoloxia_bioloxia_reprodutiva_plantas.pdf

    - IZCO , J., BARRENO, E., BRUGUÉS, M., COSTA, M., DEVESA, J.A., FERNÁNDEZ, F., GALLARDO, T., LLIMONA, X., PRADA, C., TALAVERA, S., VALDÉS, B. Botánica. McGraw Hill Interamericana, Madrid, 781 pp. 2004.
    - NABORS, M. W. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid. 712 pp. 2006.
    - PURVES, W.K., SADAVA, D., ORIANS, G.H., HELLER, C. H. Vida. La ciencia de la Biología, 6ª ed. Panamericana. Buenos Aires. 1133 pp. 2005.
    - RAVEN, P.H., EVERT, R.F. & EICHCHORN, E.E. Biología de las plantas, 2 tomos. Reverté, Barcelona, 1991.
    - SOLOMON, E.P., BERG, L.R., MARTIN, D.W. & VILLEE, C. Biología. Interamericana McGraw Hill, 8ª ed., México, 1193 pp., 2008.
    - STRASBURGER, E. e col. Tratado de Botánica. 9ª ed. Omega. Barcelona. 2004.
    Prácticas:
    - AIZPURU, I., ASEGINOLAZA, C., URIBE-ECHEBERRÍA, P.M., URRUTIA, P. , ZORRAKIN, I. Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco. Vitoria. 1999.

    QUÍMICA
    - HART, H.; HART, D.J.; CRAINE, L.E. Química orgánica (9ª ed.). México: McGraw-Hill, 1997.
    - R. CHANG: Química, México, McGraw-Hill, cop. 2007.
    - R H PETRUCCI, W. S. HARWOOD y G. F. HERRING: Química General, Madrid, Pearson Educación, 2007.

    FÍSICA
    - CROMER, A.H. Física para las Ciencias de la Vida. Ed Reverté, 2007.
    - GIANCOLI, D.C. Física. Principios y Aplicaciones. Ed Prentice Hall Mexico, 2007.
    - HEWITT, P.H. Física Conceptual. Pearson. Addison Wesley, 2004.
    - KANE, J.W.; STERNHEIM, M.M. Física. Ed Reverté, 2007.
    - McDONALD, S.C.G.; BURNS, D.M. Física para las Ciencias de la Vida y de la Salud. Fondo Educativo Iberoamericano, 1989.
    - STROTHER, G.K. Física Aplicada a las Ciencias de la Salud. Ed McGraw-Hill, 1981.
    - ORTUÑO ORTÍN, M. Física para Biología, Medicina, Veterinaria y Farmacia. Ed Crítica (Grijalbo Mondadori), 1996.
    - JOU, D.; LLEBOT, J.E.; PÉREZ GARCÍA, C. Física para Ciencias de la Vida. Ed McGraw-Hill, 1994.
    Problemas: (son de gran interés los propuestos y resueltos que están en los libros de teoría),
    - JOU, D.; LLEBOT, J.E.; PÉREZ GARCÍA, C. Problemas de Física para Ciencias de la Vida. Serie Schaum. Ed McGraw-Hill, 1986.
    - AGUILAR, J.; SENENT, F. Cuestiones de Física. Ed. Reverté, 2002.
    Prácticas:
    - FERNÁNDEZ-MORENO, F.; BAIXERAS DIVAR, C.; CASAS AMETLLER, M. Prácticas de Física (Biología, Veterinaria, Informática). Ed Alhambra, 1984.

    Competencias
    XERAIS PARA A MATERIA
    Competencias xerais:
    • GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    • GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
    • GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
    • GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    • GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    • GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    • GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    • GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    Competencias específicas disciplinares (saber):
    • CEDVUSC 01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación.
    • CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
    • CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.

    Competencias específicas profesionais (saber facer):
    • D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
    • D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
    Competencias específicas académicas (querer facer):
    • CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    • CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    • CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    • CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
    • CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    • CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    Competencias transversais:
    • CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    • CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    • CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    • CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    • CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
    • CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
    • CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.


    Metodoloxía da ensinanza
    XERAL PARA A MATERIA:
    As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico e axudándose do encerado e dos medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que poden ser impartidas polo persoal académico ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro.
    As prácticas de laboratorio, de campo e de computador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o/a estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
    Todas as tarefas do/a estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
    Utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para prover aos alumnos do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, etc.) e para establecer unha comunicación fluida cos profesores.


    Sistema de evaluación
    A materia divídese en catro disciplinas (Física, Química, Botánica e Zooloxía), cada unha das cales presenta contidos teóricos e prácticos. A nota final da materia será a media das obtidas nas catro disciplinas, sempre que en cada un delas se obteña como mínimo un 4.
    A avaliación de cada disciplina farase a partir dun exame (75% da nota) e avaliación continua (25% da nota). O exame consistirá nunha proba escrita con cuestións teóricas (en Zooloxía e Botánica) e teórico-prácticas (en Física e Química). A avaliación continua desglósase como segue: o 15% corresponderá ás Prácticas de Laboratorio. A asistencia a esas prácticas será obrigatoria. O 10% restante corresponderá á avaliación de traballos ou memorias, asistencia a clase, participación e aproveitamento das actividades lectivas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tratase dunha materia de 6 créditos, polo que o traballo máximo do alumno non lle debe ocupar mais de 150 horas totais.

    Traballo presencial na aula:
    - Clase Expositiva: 30 h (24 h clases maxistrais + 6 h seminarios)
    - Clase Interactiva: 28 h
    - Horas de Titorías: 2 h
    Total traballo presencial= 60 horas

    Traballo persoal do estudante:
    - Estudo individual: 65 h (46,5 h estudo teoría + 6 h revisión bibliográfica + 12,5 h resolución de problemas).
    - Elaboración de traballos: 16 h (2 h memoria prácticas + 12 h traballo + 2 h presentacións orais).
    - Realización de exames: 6 h
    - Asistencias a charlas e outras actividades recomendadas: 3 h
    Total horas traballo persoal do estudante= 90 h

    Total horas presenciais + non presenciais: 150 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase revisar e actualizar os coñecementos de Bioloxía, Matemáticas, Física e Química adquiridos nos estudios de E.S.O. e Bacharelato.