G2091106 - Anatomía Veterinaria II (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 37.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 37.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 75.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoPortuguésInglésObxectivos da materiaAdquirir un coñecemento adecuado sobre a organización anatómica dos mamíferos domésticos utilizando unha abordaxe sistemática, comparada e topográfica. Aprender os fundamentos da Anatomía Animal orientada ás aplicacións clínicas, de produción e de hixiene e industrialización alimentaria.
Ao final do curso o alumno debe ser capaz de identificar os sistemas corporais e os seus constituíntes, localiza-los no animal vivo e realizar unha disección.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO (1 hora cada tema)
TEMA 1.- ANXIOLOXÍA. Introducción e xeneralidades. Pericardio. Corazón: situación, forma e relacións.
TEMA 2.- Corazón: constitución. Vasos e nervios do corazón.
TEMA 3.- Sistema sanguíneo. Constitución e tipos de vasos. Principais troncos arteriais e venosos.
TEMA 4.- Sistema linfático. Principais vasos linfáticos. Órganos del sistema linfático: linfonodos.
TEMA 5.- Localización e topografía dos principais linfonodos.
TEMA 6.- Órganos do sistema linfático (continuación): bazo, timo, medula ósea e tecido linfático difuso.
TEMA 7.- ESPLACNOLOXÍA. Introducción e xeneralidades. Constitución e organización dos sistemas viscerais.
TEMA 8.- APARATO DIXESTIVO. Introducción e xeneralidades. Constituíntes. Cavidade oral: meixelas, beizos e padal. Glándulas orais. Túnica mucosa.
TEMA 9.- Dentes: tipos, morfoloxía e constitución. Fórmula dentaria.
TEMA 10.- Lingua: morfoloxía e constitución. Músculos linguais. Vasos e nervios da cavidade oral.
TEMA 11.- Farinxe: situación, forma e relacións. Musculatura e mucosa farínxea. Vasos e nervios da farinxe.
TEMA 12.- Canal alimentario. Constituíntes. Esófago e estómago simple.
TEMA 13.- Estómago composto.
TEMA 14.- Intestino delgado.
TEMA 15.- Intestino groso. Constitución do canal alimentario.
TEMA 16.- Páncreas e fígado. Situación, forma e relacións. Constitución.
TEMA 17.- Vasos e nervios do canal alimentario.
TEMA 18.- Cavidades abdominal e pelviana. Peritoneo.
TEMA 19.- APARATO RESPIRATORIO. Introducción e xeneralidades. Constituíntes. Nariz e cavidade nasal. Seos paranasais.
TEMA 20.- Larinxe: músculos larínxeos e cavidade larínxea. Tráquea e bronquios.
TEMA 21.- Pulmóns. Morfoloxía e constitución. Vasos e nervios do aparato respiratorio.
TEMA 22.- Cavidade torácica e pleura.
TEMA 23.- APARATO URINARIO. Introducción e xeneralidades. Riles: situación, forma e relacións. Constitución.
TEMA 24.- Pelve renal, uréter e vexiga dos ouriños.
TEMA 25.- Consideracións xerais da uretra. Uretra feminina. Vasos e nervios do aparato urinario.
TEMA 26.- APARATO XENITAL. Introducción e xeneralidades. Órganos xenitais masculinos. Testículo.
TEMA 27. Órganos xenitais masculinos (continuación). Epidídimo, conduto deferente e cordón espermático. Escroto.
TEMA 28.- Pene e uretra masculina. Prepucio.
TEMA 29.- Glándulas xenitais accesorias. Vasos e nervios dos órganos xenitais masculinos.
TEMA 30.- Órganos xenitais femininos. Ovario, oviducto, útero e vaxina.
TEMA 31.- Órganos xenitais femininos (continuación). Vestíbulo vaxinal, vulva e clítoris. Vasos e nervios dos órganos xenitais femininos. Periné.
TEMA 32.- GLÁNDULAS SEN CONDUTO. Introducción e xeneralidades. Tiroides, paratiroides, illotes pancreáticos, adrenais, hipófise e epífise.
TEMA 33.- Anatomía topográfica de cabeza e pescozo.
TEMA 34.- Anatomía topográfica da cavidade torácica.
TEMA 35.- Anatomía topográfica da cavidade abdominal.
TEMA 36.- Anatomía topográfica da cavidade pelviana.
PROGRAMA PRÁCTICO
Disección da cabeza, pescozo e cavidade torácica. Estudio das vísceras e órganos correspondentes: 15 horas.
Disección das cavidades abdominal e pelviana. Estudio das vísceras e órganos correspondentes: 22 horas.
TOTAL: 37 horas
Bibliografía básica e complementariaASHDOWN R.R. & DONE S.H. (2011). Atlas en Color de Anatomía Veterinaria. Rumiantes. Ed. Elsevier.
ASHDOWN R.R. & DONE S.H. (2011). Atlas en Color de Anatomía Veterinaria. El Caballo Ed. Elsevier.
BARONE R. (2004). Anatomie Comparée des Mammifères Domestiques. Tome 3: Splanchnologie 1: Appareil Digestif et Appareil Respiratoire. 3e ed. Ed. Vigot Frères.
BARONE R. (2004). Anatomie Comparée des Mammifères Domestiques. Tome 3: Splanchnologie 2: Appareil uro-génital. Foetus et ses Annexes. Péritoine et Topographie Abdominale. 2e ed. rev. Ed. Vigot Frères.
BARONE R. (2004). Anatomie Comparée des Mammifères Domestiques. Tome 5: Angiologie. 2e ed. rev. Ed. Vigot Frères.
BUDRAS K., FRICKE W. & SALAZAR I. (1989). Atlas de Anatomía del Perro. Ed. Interamericana.
CLAYTON H.M. & FLOOD P.F. (1996). Color Atlas of Large Animal Applied Anatomy. Ed. Mosby-Wolfe.
CLAYTON H.M., FLOOD P.F. & ROSENSTEIN D.S. (2007). Anatomía Clínica del Caballo. Ed. Elsevier-Mosby.
DONE S.H., GOODY P.C., EVANS S.A. & STICKLAND N.C. (2010). Atlas en Color de Anatomía Veterinaria. El Perro y el Gato. Ed. Elsevier-Mosby.
DYCE K. M., SACK W.O. & WENSING C.J.G. (2010). Textbook of Veterinary Anatomy. 4th ed. Ed. Saunders/Elsevier.
EVANS H.E. (1993). Miller's Anatomy of the Dog. 3ª ed. Ed. Saunders.
GIL J., GIMENO M., LABORDA J. & NUVIALA J. (2012). Anatomía del perro. Protocolos de disección, 3ª ed. Ed. Servet.
KÖNIG H.E. & LIEBICH H.G. (2009). Veterinary Anatomy of Domestic Mammals: Textbook and Colour Atlas. 4th ed. Ed. Schattauer.
KÖNIG H.E. & LIEBICH H.G. (2004). Anatomía de los Animales domésticos. Aparato Locomotor, 2ª ed. Ed. Médica Panamericana.
KÖNIG H.E. & LIEBICH H.G. (2005). Anatomía de los Animales Domésticos. Tomo 2. Órganos, Sistema Circulatorio y Sistema Nervioso. Ed. Médica Panamericana.
McCRAKEN T.O., KAINER R.A. & SPURGEON T.L. (1999). Spurgeon's Color Atlas of Large Animal Anatomy: the Essentials. Ed. Lippincott Williams & Wilkins.
NICKEL R., SCHUMMER A. & SEIFERLE E. (1986). The Viscera of the Domestic Mammals. 2ª ed. Ed. Paul Parey.
NICKEL R., SCHUMMER A. & SEIFERLE E. (1986). The Anatomy of the Domestic Mammals. Vol. 3: The Circulatory System, the Skin and the Cutaneous Organs of the Domestic Mammals. Ed. Paul Parey.
NÓMINA ANATÓMICA VETERINARIA 5ª ed. (2005). The World Association of Veterinary Anatomist (W.A.V.A.).
PASQUINI C., SPURGEON T.& PASQUINI S. (2007). Anatomy of Domestic Animals. Systemic & Regional Approach, 11 th ed. Ed. Sudz Publishing.
POPESKO P. (1998). Atlas de Anatomía Topográfica de los Animales Domésticos. 2ª ed. Tomos 1, 2 & 3. Ed. Masson.
RUBERTE J. & SAULET J. (1995). Atlas de Anatomía del Perro y del Gato. Tomo 1: Cabeza y Cuello. Ed. Multimédica.
RUBERTE J. & SAULET, J.(1996). Atlas de Anatomía del Perro y del Gato. Tomo 2: Tórax y Miembro Torácico. Ed. Multimédica.
RUBERTE J. &. SAULET, J. (1998). Atlas de Anatomía del Perro y del Gato. Tomo 3: Abdomen, Pelvis y Miembro Pelviano. Ed. Multimédica.
SALAZAR I. (1994). Anatomía Práctica del Ganado Vacuno. Ed. Grass-Iatros.
SCHALLER O. (Ed.) (2007). Illustrated Veterinary Anatomical Nomenclature. 2ª ed. Ed. Enke Verlag.
CompetenciasCompetencias xenéricas do Grado en Veterinaria:
Adquirir:
GVUSC01- Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02- Capacidade de análise e síntese.
GVUSC05- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias específicas disciplinares:
CEDVUSC 02- Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans.
Competencias específicas profesionais:
D1VUSC 17- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC 08- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 02- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por distintas canles, como información bibliográfica e internet, e analiza-la dun xeito crítico.
CTVUSC 03- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Metodoloxía da ensinanza • Clases maxistrais con apoio TIC.
• Traballo práctico autónomo en grupos reducidos e supervisado polo profesor.
• Estudo independente de cada alumno.
• Titorías.
Os alumnos asistirán ás clases maxistrais e poderán intervir nos debates que se susciten.
O traballo práctico realizarase en grupos reducidos (10 alumnos), utilizando o material biolóxico e/ou os modelos anatómicos correspondentes a cada bloque temático e servíndose das guías ou manuais que se les proporcionase, así como de canta bibliografía se considere oportuna.
Para o estudo independente, o alumno pode recorrer á bibliografía recomendada e calquera outro material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
Sistema de evaluaciónCRITERIOS / INSTRUMENTO / PESO
- Asistencia regular ás sesións teóricas e obrigatoria ás actividades prácticas programadas / Para poder realizar o exame é necesario asistir ao 100% das sesións prácticas / 0%
- Dominio dos coñecementos globales / Exame final escrito / 50%
- Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos / Avaliación continua durante o desenvolvemento das prácticas / 50%
É preciso acadar un mínimo de 5 puntos (sobre 10) en cada parte (teoría e prácticas), para proceder a calcular a nota media final.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 37 horas
- Prácticas de laboratorio: 37 horas
- Titorías: 1 hora
Total horas de traballo presencial: 75 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 60 horas
- Preparación das sesións prácticas: 10 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 2 horas
- Realización de exames: 3 horas
Total horas de traballo persoal do alumno: 75 horas
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 150
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia a clases teóricas e prácticas resulta imprescindible para superar a materia.
Resolver as dúbidas mediante as titorías é de gran valor para preparar os exames e os posibles traballos.