G2091108 - Citoloxía e Histoloxía Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 35.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 75.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDESCRIPTORES DA MATERIA NO PLAN DE ESTUDOS
A célula eucariota, estrutura, descrición dos tecidos, órganos e sistemas dos animais domésticos e útiles.
Coñecemento da estrutura da célula eucariota e a súa organización en tecidos e órganos.
1. OBXECTIVOS DA MATERIA
Obxectivos da materia
1. Coñecemento da morfoloxía celular
2. Estudo das asociacións celulares para constituír tecidos
3. Análise da arquitectura tisular na constitución de órganos
4. Estudo da asociación de órganos para constituír aparellos e sistemas
5. Estudo comparativo da constitución histolóxica dos órganos dos animais domésticos
6. Interpretación da relación entre a estrutura e a función
7. Adquisición de coñecementos morfolóxicos básicos e manexo dun vocabulario histolóxico fundamental
Contidos2. CONTIDOS
Programa Expositivo
Citoloxía
1º.- Concepto da materia. Consideracións históricas e teoría celular. Estrutura xeral da célula eucariota.
2º.- Membrana plasmática. Diferenciacións da membrana. Unións intercelulares
3º.- Citoplasma. Compoñentes. Orgánulos citoplasmáticos.
Sistema Membranoso: Retículo endoplásmico. Ribosomas. Complexo de Golgi.
4º.- Lisosomas. Peroxisomas. Centrosoma (centro celular). Mitocondrias.
5º.- Núcleo. Nucleolo. Envoltura nuclear. Ciclo celular.
6º.- Diferenciación Celular. Poboacións celulares. Morte celular.
Histoloxía
7º.- Tecidos animais. Tecido epitelial de revestimento. Tecido epitelial glandular.
8º.- Tecidos conectivos.
9º.- Tipos de tecidos conxuntivos. Tecido Adiposo. Tecido cartilaxinoso.
10º.- Tecido óseo.
11º.- Tecido muscular. Fibra esquelética.
12º.- Tecido muscular cardíaco. Tecido muscular liso.
13º.- Tecido nervioso. Neurona. Fibra nerviosa. Sinapse. Neuroglía
14º.- Sangue. Hematopoiese.
Organografía
15º.- Concepto de órgano, aparello e sistema. Tipos de órganos: parenquimatoso e membranoso.
Sistema circulatorio. Sistema vascular sanguíneo (I).
Estrutura xeral dos vasos sanguíneos. Arterias. Veas e capilares.
16º.- Sistema vascular sanguíneo (II).
Corazón: endocardio, miocardio e pericardio. Sistemas porta e anastomose.
Sistema vascular linfático.
17º.- Sistema endocrino. Hipófise. Pineal
18º.- Sistema endocrino. Tiroide. Paratiroide. Adrenais. Sistema endocrino difuso
19º.- Sistema linfoide. Xeneralidades. Tipos de tecido linfoide. Tecido linfoide asociado ás mucosas.
20º.-. Órganos linfoides primarios ou linfoepiteliais.
21º.- Órganos linfoides secundarios ou linforreticulares.
22º. - Aparello dixestivo (I)
Cavidade oral. Estrutura xeral do conduto alimentario.
23º.- Aparello dixestivo (II).
Esófago. Estómago: Xeneralidades. Preestómagos de rumiantes.
24º.- Aparello dixestivo (III).
Estómago glandular. Intestino.
25º.- Aparello dixestivo (IV).
Fígado: Xeneralidades e estrutura. Vesícula biliar.
26º.- Aparello dixestivo (V)
Glándulas salivales. Páncreas.
Aparello dixestivo das aves.
27º.- Aparello respiratorio.
28º.- Aparello excretor.
29º.- Aparello reprodutor masculino. Testículo. Túbulos seminíferos. Espermatozoide.
30º.- Espermioxénese. Células intersticiais. Condutos. Glándulas anexas.
31º.- Aparello reprodutor feminino. Ovario
332º.- Aparello reprodutor feminino. Oviducto. Útero. Vaxina
33º.- Pel. Glándulas cutáneas e formacións córneas
34º.- Órganos nerviosos centrais. Terminacións nerviosas periféricas.
35º.- Órganos dos sentidos.
Programa Interactivo
1º.- Estudo do microscopio óptico e electrónico
2º.- Estudo da célula eucariota (I)
3º.- Estudo da célula eucariota (II)
4º.- Tecido epitelial de revestimento. Tecido epitelial glandular.
5º.- Tecido conxuntivo.
6º.- Tecido muscular. Tecido nervioso.
7º.- Sangue. Sistema circulatorio.
8º.- Sistema endocrino.
9º.- Aparello dixestivo (I)
10º.- Aparello dixestivo (II)
11º.- Aparello dixestivo (III)
12º.- Sistema linfoide. Aparello respiratorio.
13º.- Aparello excretor. Aparello xenital masculino. Aparello xenital feminino.
14º.- Pel. Sistema nervioso. Órganos dos sentidos.
15º.- Repaso Citoloxía e Histoloxía
16º.- Repaso Organografía
17º.- Repaso xeral.
18º.- Exame práctico.
Titorías
1º.- Benvida e Introdución
2º.- Citoloxía
3º.- Tecidos
4º.- Organografía I
5º.- Organografía II
Bibliografía básica e complementaria3. BIBLIOGRAFÍA
Bibliografía básica e complementaria
Tratado de Histología Veterinaria. A. Gázquez, A. Blanco y col., Masson 1ª Edición 2004
Atlas color de Histología Veterinaria. Willian Bacha, Intermédica, 1ª edición 1991 (2ª ed., 2001).
Texto Atlas de Histología. Leslie P. Gartner, James L. Hiatt. Mc-Graw Hill. 3ª Edición 2008
Histología Básica: Texto y Atlas. Luiz C. Junqueira, José Carneiro, 6º edición. Masson. 2008
Histología. Finn Geneser, Panamericana, 3ª edición, 2000.
Histología humana. Alan Stevens, James Lowe. Elservier Mosby 3º edición. 2008
Atlas de Histología y Organografía microscópica. Jesús Boya, Panamericana, 1996.
Wheater’s, Histología funcional. B. Young y J. W.Heath, Harcourt Churchill Livingstone, 4ª ed. 2000.
Tratado de Histología. D. W. Fawcett, McGraw-Hill Interamerica, 11ª edición, 1987.
Histología Veterinaria. H.-Dieter Dellman, Editorial Acribia, 1993.
Histología Veterinaria aplicada. William J. Bank, Editorial Manual Moderno, 1986.
Enlaces a páxinas de internet
Histology-World!
Molecular Expressions Microscopy Primer_ Introduction to Microscopy
Nikon MicroscopyU
Scanning Electron Microscopy
The Biology Project
What are Electron Microscopes
Internet Atlas of Histology, College of Medicine, University of Illinois at Urbana-Champaign
Histology Methods Page. University of Bristol, School of Clinical Veterinary Science.
atlas histologico interactivo
Martindale’s "The Reference Desk"
Microscopía
CompetenciasXENÉRICAS (GVUSC)
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
DISCIPLINARES (CEDVUSC)
CEDVUSC 02. Estrutura e función dos animais sans.
PROFESIONAIS(D1VUSC)
D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
ACADÉMICAS(CEAVUSC)
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
TRANSVERSAIS(CTVUSC)
CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Metodoloxía da ensinanza 5. METODOLOXÍA DO ENSINO
Clases Expositivas: impartiranse 35 clases expositivas segundo o calendario aprobado en Xunta de Facultade, cunha duración de 50 minutos e nelas explicaranse os conceptos básicos do tema tratado, intentando a súa comprensión por parte do alumno. As clases de teoría impartiranse na aula con apoio de medios audiovisuais.
O profesor potenciará a participación e intervención dos alumnos na clase. Ademais, responderase ás dúbidas e preguntas do alumno da forma máis aclaratoria posible.
Clases Interactivas: 28 horas nas que os alumnos se dividirán en grupos de 20. Ao comezo, o profesor impartirá unha breve introdución da sesión práctica. A continuación os alumnos, que dispoñen dun microscopio cada ún, estudarán as preparacións histolóxicas representativas dese tecido, aparello ou sistema, onde se identificarán os diferentes tipos celulares e tecidos. Durante o transcurso das prácticas, os alumnos confeccionarán un caderno con debuxos e esquemas propios que será avaliado. Cada grupo realizará 5 horas de repaso dos contidos interactivos e finalizarán a confección dun caderno onde reflectirán as actividades realizadas. Efectuarán un exame de prácticas de 2 horas de duración.
Titorías: os alumnos dividiranse en grupos reducidos e o profesor axudará ao alumno á comprensión da materia e determinará cómo evoluciona na adquisición dos coñecementos da materia.
Sistema de evaluación6. SISTEMA DE AVALIACIÓN
Será avaliación continuada
ASISTENCIA
É obrigatorio asistir a todas as actividades presenciais.
EXAME TEÓRICO supón o 50% da nota total da materia.
Criterios de avaliación:
Avaliarase o grao de coñecemento dos contidos impartidos nas clases expositivas. Os exames poden incluír varias modalidades de preguntas: preguntas curtas, preguntas de resposta múltiple ou ben preguntas de verdadeiro/falso, onde se debe elixir a resposta correcta entre varios enunciados.
EXAME PRÁCTICO supón o 30% da nota total da materia.
Criterios de avaliación:
Avaliarase a identificación correcta co microscopio óptico de preparacións histolóxicas e de preparacións (diapositivas) de microscopía electrónica previamente traballadas nas sesións prácticas. Ademais incluirase unha ou varias preguntas sobre o microscopio.
En cada una das 3 partes (Teoría citoloxía e texidos, Teoría organografía, Prácticas) es preciso acadar, de forma independiente, o 50% da nota para aprobar
TITORÍAS E ASISTENCIA A ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Valorarase a asistencia e a participación activa do alumno
EVALUACION CONTINUADA supon o 20% da nota total da materia
O 20% restante obtendráse pola evaluación contínua que os profesores fagan dos l alumnos relacionada co diversas aptitudes e actitudes destes en relación coa asignatura e será tida en conta na nota final doalumno, una vez que haya superado os exámes teórico e práctico
Tempo de estudo e traballo persoal7. TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL
Os alumnos teñen que cursar 150 horas, das cales 75 son presenciais e 75 de traballo persoal do alumno. Destas últimas, consideramos que cada hora de teoría necesitaría 1 hora de traballo persoal (52.5) e que cada hora de prácticas outra media hora de traballo por parte do alumno (18). O resto (4.5), o alumno dedicaráas á búsqueda bibliográfica e á cualquier outra actividade que considere necesaria.
Recomendacións para o estudo da materia8. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
O alumno deberá asistir a clases teóricas e prácticas cunha actitude positiva e unha participación activa. Inmediatamente despois deberá efectuar un resumo persoal do visto na mesma. Para o estudo posterior en profundidade desta materia, o alumno debe consultar libros de texto e atlas histolóxicos que lle axudarán a clarificar os conceptos e abstraccións impartidos polo profesor en clase. Ademáis, na actualidade, é de gran utilidade a consulta de páxinas web de contidos histolóxicos. Así ampliará o resumo efectuado e tratará despois de memorizar aqueles apartados que así o requiran.
A utilización das horas de titorías é unha arma poderosa para o estudo da materia, o ensino máis personalizado rompe barreiras que distancian ao alumno do profesor e permite establecer o ritmo máis adecuado para o alumno na explicación da temática a tratar.
Todo iso axudaralle a rendibilizar máis o estudo que realice da materia