G2091110 - Inmunoloxía Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia de Inmunoloxía Veterinaria ten como obxectivo principal proporcionar ao alumno coñecementos sobre os principios básicos e aplicacións técnicas da resposta inmune.
En concreto abórdase o estudo da resistencia inespecífica (innata) e a inmunidade específica (adquirida) do hóspede fronte ás infeccións e o desenvolvemento de células tumorais, das alteracións asociadas ao sistema inmunitario (alerxia, autoinmunidade, inmunosupresión, reaccións transfusionais e rexeitamento de tecidos transplantados), así como as aplicacións da inmunoloxía (vacinas, seroterapia e métodos inmunolóxicos).
ContidosA. PROGRAMA TEÓRICO
TEMA 1. INTRODUCIÓN AO SISTEMA INMUNITARIO. Inmunidade innata (inespecífica) e adquirida (adaptativa, específica). Breve historia da Inmunoloxía Veterinaria (1 hora)
TEMA 2. ANTÍXENOS. Antixenicidade e inmunoxenicidade. Determinantes antixénicos e reaccións cruzadas. Haptenos. Principais antíxenos microbianos e celulares (1 hora)
TEMA 3. ANTICORPOS. Formas solubles dos receptores dos linfocitos B (BCR). Estrutura e funcións. Clases de inmunoglobulinas. Obtención de antisoros policlonais convencionais (2 hora)
TEMA 4. ANTICORPOS MONOCLONAIS. Concepto, aplicacións e forma de obtención. Inmunotoxinas (0,5 horas)
TEMA 5. DIAGNÓSTICO INMUNOLÓXICO. Técnicas serolóxicas empregadas na detección, cuantificación e caracterización de antíxenos e anticorpos. Reaccións de aglutinación, precipitación, fixación de complemento, neutralización, inmunofluorescencia e enzima-inmunoensaio (EIA ou ELISA) (2 horas)
TEMA 6. ÓRGANOS DO SISTEMA INMUNITARIO. Órganos linfoides primarios (timo, medula ósea, placas de Peyer, bolsa de Fabricio) e secundarios (bazo e ganglios linfáticos) (1 hora)
TEMA 7. CÉLULAS QUE INTERVEÑEN NA RESPOSTA INMUNITARIA. Células presentadoras de antíxenos (macrófagos presentadores e células dendríticas) e tipos de linfocitos B e T (1 hora)
TEMA 8. RECEPTOR ANTIXÉNICO DOS LINFOCITOS T (TCR). Estrutura e funcións (1 hora)
TEMA 9. XERACIÓN DE DIVERSIDADE. Variabilidade das inmunoglobulinas e do receptor antixénico das células T. Bases xenéticas (1 hora)
TEMA 10. COMPLEXO MAIOR DE HISTOCOMPATIBILIDADE (CMH). Estrutura e funcións das moléculas MHC da clase I, II e III (1 hora)
TEMA 11. COLABORACIÓN CELULAR NA RESPOSTA INMUNE HUMORAL. Interaccións entre linfocitos B e T colaboradores. Células plasmáticas produtoras de anticorpos e linfocitos de memoria. Resposta inmunitaria primaria e secundaria. Teoría da selección clonal (1 hora)
TEMA 12. RESPOSTA INMUNITARIA CELULAR. Respostas mediadas por linfocitos T citotóxicos, células NK e células K (1 hora)
TEMA 13. INMUNIDADE NO FETO E O NEONATO. Desenvolvemento do sistema inmunitario. Resposta inmunitaria nos neonatos. Transferencia pasiva de inmunidade da nai á cría. Desenvolvemento de resposta inmunitaria nos neonatos. Inmunidade pasiva no polo (1 hora)
TEMA 14. INMUNIDADE DAS SUPERFICIES CORPORAIS. Tecidos linfoides nas mucosas. Tubo dixestivo, glándula mamaria, vías uroxenitais, vías respiratorias e pel (0,5 horas)
TEMA 15. VACINAS. Inmunoterapia: inmunización pasiva e activa. Métodos de inmunización e produción de vacinas. Administración de vacinas e adxuvantes. Vacinas fronte a axentes infecciosos e fronte ao cáncer (1 hora)
TEMA 16. INMUNIDADE FRONTE A AXENTES INFECCIOSOS: virus, bacterias, fungos e parasitos (1 hora)
TEMA 17. INMUNOLOXÍA TUMORAL. O tumor como un tecido enxertado. Antíxenos tumorais. Respostas inmunitarias fronte aos tumores e mecanismos de evasión. Inmunodiagnóstico e inmunoterapia (0,5 horas)
TEMA 18. INMUNIDADE INNATA. Neutrófilos, macrófagos e inflamación. Fagocitos (polimorfonucleares e macrófagos), vasodilatación, aumento da permeabilidade vascular, migración de fagocitos e reparación tisular (1 hora)
TEMA 19. O SISTEMA DO COMPLEMENTO. Compoñentes. Activación pola vía clásica e alternativa (Properdina). Funcións e importancia (0,5 horas)
TEMA 20. INTERFERÓNS VÍRICOS. Concepto, clases e funcións (0,5 horas)
TEMA 21. REACCIÓNS DE HIPERSENSIBILIDADE. Tipo I: reaccións alérxicas, IgE e mastocitos. Tipo II. Reaccións transfusionais, enfermidade do neonato e hipersensibilidade de tipo II aos fármacos e nas enfermidades infecciosas. Tipo III: enfermidades por inmunocomplexos (artrite reumatoide e glomerulonefrite). Tipo IV: hipersensibilidade retardada por contacto, de tipo tuberculínico e granulomatosa. Transplante de órganos e rexeitamento de enxertos (1 hora)
TEMA 22. AUTOINMUNIDADE E ENFERMIDADES AUTOINMUNITARIAS. Principios xerais e tipos de enfermidades autoinmunitarias. Factores xenéticos, patoxénese e etioloxía (0,5 horas)
TEMA 23. INMUNOSUPRESIÓN E INMUNODEFICIENCIAS. Principios xerais (0,5 horas)
TEMA 24. EVOLUCIÓN DA INMUNIDADE. Inmunidade nos invertebrados e vertebrados (0,5 horas)
B. PROGRAMA PRÁCTICO
-PRÁCTICA 1: Serotipado de E. coli: técnica de aglutinación. Determinación do antíxeno O.
-PRÁCTICA 2: Detección de E. coli O157:H7 mediante separación inmunomagnética
-PRÁCTICA 3: Proba rápida de aglutinación con partículas de látex para identificar cepas de Saphylococcus aureus
-PRÁCTICA 4: Determinación dos grupos sanguíneos por aglutinación con anticorpos monoclonais
-PRÁCTICA 5: Serodiagnóstico da brucelose por aglutinación empregando a proba do antíxeno tinguido con Rosa de Bengala
-PRÁCTICA 6: ELISA para a detección de antíxenos víricos en mostras clínicas
Bibliografía básica e complementaria-INMUNOLOGÍA VETERINARIA. IAN R. TIZARD. 8ª Edición (2009). Editorial ELSEVIER
-MANUAL DE INMUNOLOGÍA VETERINARIA. Esperanza Gómez-Lucía, María del Mar Blanco, Ana Doménech. Editorial: Pearson Educación SA, Madrid 2008
-MICROBIOLOGÍA. PARTE IX Respuesta inmunitaria y resistencia inespecífica del huésped. PRESCOTT-HARLEY-KLEIN. 5ª Edición (2004). Editorial: McGRAW-HILL INTERAMERICANA
-INTRODUCCIÓN A LA MICROBIOLOGÍA. Capítulos 16, 17 y 18: Inmunidad innata y adquirida. Aplicaciones prácticas de la Inmunología. TORTORA-FUNKE-CASE. 9ª Edición (2007). Editorial Medica Panamericana.
Competencias1. COMPETENCIAS XENÉRICAS
o GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
o GVUSC02. Capacidade de análise e sínteses.
o GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
2. COMPETENCIAS DISCIPLINAIS
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3. COMPETENCIAS PROFESIONAIS
o D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4. COMPETENCIAS ACADÉMICAS
o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
o CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
o CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diferentes medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
o CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Metodoloxía da ensinanza -Clases maxistrais con apoio TIC.
-Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor.
-Seminarios.
-Titorías programadas.
-Titorías individuais.
Os contidos do Programa Teórico impartiranse en clases maxistrais de aproximadamente 50 minutos e o alumnos poderán intervir nos debates que se susciten. O material didáctico orientativo exposto nas clases poñerase a disposición dos alumnos con antelación a través do Campus Virtual.
Os contidos prácticos impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbioloxía do Pavillón I da Facultade de Veterinaria. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria, e o estudante deberá levar bata branca para a realización destas. A través do Campus Virtual proporcionarase aos alumnos un manual de prácticas.
Os seminarios están orientados a desenvolver temas complementarios ao programa teórico de especial interese ou actualidade.
Ademais das titorías programadas, o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho en horario de titorías individuais (6 horas semanais). O obxectivo das titorías individuais é resolver os casos particulares do alumno relacionados coa materia.
Sistema de evaluaciónA. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á Avaliación Continua supón o 20% da nota final que se asignará do seguinte xeito:
-Clases maxistrais: valoración da asistencia e participación.
-Prácticas de laboratorio: valoración do traballo individual e colectivo sobre a base da resolución de problemas.
-Seminarios: valoración da asistencia e participación.
-Titorías programadas: valoración da asistencia.
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A proba escrita realizarase na data e hora acordadas en Xunta de Facultade, na aula reservada para o devandito propósito. O exame escrito incluirá preguntas tipo test, curtas e temas a desenvolver. A puntuación correspondente á Avaliación Escrita supón o 80% da nota final.
O cálculo da nota final será = Nota Avaliación Continua + Nota Avaliación Escrita
A nota para superar a materia será 5 en todos os casos.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 20 horas
- Prácticas de laboratorio: 6 horas
- Seminarios: 2 horas
- Titorías programadas: 2 horas
- Realización de exames: 3 horas
- Total horas de traballo presencial: 33
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 40 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 2 horas
- Resolución de casos /problemas: 2 horas
- Total horas de traballo persoal do estudante: 44
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 77
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe de asistir ás clases teóricas, seminarios e titorías programadas para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É aconsellable o estudo periódico da materia e a asistencia ás titorías programadas para resolver as dúbidas que vaian xurdindo.
ObservaciónsHorario de titorías:
Prof. Jorge Blanco Álvarez; Días: martes, mércores, xoves de 12:00-14:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria.
Prof.ª Azucena Mora Gutiérrez; Días: luns, mércores, venres de 09:00-11:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria.