Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091111 - Xenética Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Clase Interactiva Seminario: 14.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xenética
  • Áreas: Xenética
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
AMARO GONZALEZ, RAFAELA MARIA.NON
Bouza Fernandez, M Carmen.NON
CASTRO ALBERTO, JAIME.SI
MARTINEZ PORTELA, PAULINO.NON
SAN MIGUEL SALAN, EDUARDO.NON
SANCHEZ PIÑON, LAURA ELENA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_08OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Que o alumno adquira coñecementos acerca dos principios do material hereditario (natureza, expresión, transmisión, variación, manipulación e evolución) e poida aplicalos na produción animal e na conservación.
    Contidos
    Clases expositivas

    Tema 1: Base cromosómica da herdanza
    Cromosoma bacteriano. Empaquetamento do ADN nos eucariotas. Cariotipo. Haploidía e diploidía. Mitose. Meiose. (2h)

    Tema 2: Xenética Mendeliana
    Estudo da herdanza dun carácter. Cruzamento proba. Herdanza de varios caracteres. Teoría cromosómica da herdanza. Análise de xenealoxías. (4h)

    Tema 3: Extensións do mendelismo
    Variacións na dominancia: escala fenotípica. Alelismo múltiple. Alelos letais. Enfermidades debidas a un xen. Pleiotropía. Interacción xénica. Penentrancia e expresividade. (5h)

    Tema 4: Herdanza e sexo
    Determinación do sexo. Herdanza de xenes localizados en cromosomas sexuais. Herdanza influída po lo sexo. Herdanza limitada po lo sexo. (3h)

    Tema 5: Ligamento e mapas xenéticos
    Herdanza de xenes localizados no mesmo cromosoma. Grupo de ligamento. Entrecruzamento xenético. Frecuencia de recombinación. Mapa xenético. Coeficiente de coincidencia e interferencia xenética. (5h)

    Tema 6: Mutación
    Tipos de mutacións. Taxa de mutación. A importancia da mutación. Mutáxenos. O test de Ames. Mutacións cromosómicas: Variacións no número de cromosomas e variacións na estrutura cromosómica. Aplicacións da mutación na produción animal. (6h)

    Tema 7: Xenética Cuantitativa
    Variación continua. Varianza fenotípica. Herdanza polixénica. Partición da varianza xenética. Herdabilidade ampla e estrita. Métodos de estimación da herdabilidade. Resposta á selección. (5h)

    Tema 8: Xenética de Poboacións
    Poboación mendeliana. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Estimadores da diversidade xenética poboacional. A lei de Hardy-Weinberg. Frecuencia de portadores. Apareamento clasificado. Apareamento consanguíneo. Axentes evolutivos. (5h)

    Prácticas de laboratorio
    Son tres as prácticas a realizar na materia (Transmisión de caracteres cualitativos, herdanza de caracteres cuantitativos, análise citoxenética), cada unha delas conta cun guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes. Tras a finalización da práctica éstes contestarán un cuestionario que entregarán a dito profesor para a súa avaliación.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria

    Aldridge, S. 1999. “El hilo de la vida”. Cambrigge University Press.

    Benito Jiménez, C. 2002. “360 problemas de Genética: resueltos paso a paso”. Síntesis.

    Brooker, RJ. 2009. “Genetics. Analysis and Principles”. McGraw-Hill.

    Griffiths, AJF; Wessler, SR; Lewontin, RC; Carroll, SB. 2008. “Genética”. McGraw-Hill Interamericana.

    Falconer, DS. 1996. “Introduction to Quantitative Genetics”. Longmans Green, Harlow.

    Klug, WS; Cummings, MR; Spencer, CA. 2008. “Conceptos de Genética”. Pearson-Prentice Hall, D.L.

    Hartl DL; Jones EW. 2009. “Genetics. Analysis of genes and genomes”. Jones and Bartlett Publishers.

    Hood, L; Goldberg, ML; Reynolds, AE; Silver, LM; Veres LC; Hartwell, LH. 2008. “Genetics: from genes to genomes” McGraw-Hill.

    Mensua Fernández JL. 2003. “Genética: problemas y ejercicios resueltos”. Síntesis.

    Nicholas, FW. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Wiley-Blackwell.

    Pierce, BA. 2009. “Genética. Un enfoque conceptual”. Médica Panamericana.

    Tamarin, RH. 1996. “Principios de Genética”. Reverté.

    Watson, JD. (2003) “ADN El secreto de la vida”. Editorial Taurus.


    Recursos en internet

    Animacións e vídeos de Xenética: whfreeman.com/iga9e

    Recursos para o estudante da editorial Pearson Educación: http://librosite.net/klug

    The Cytogenetics Gallery (Cromosomas e mutacións estruturais):
    http://www.pathology.washington.edu:80/Cytogallery

    Animación sobre o descubrimento da estrutura do DNA (Universidade Autónoma de Barcelona): http://bioinformatica.uab.es/genomica/swf/dna.htm

    Recursos da revista Nature do 50 aniversario do artigo de Watson e Crick sobre a estrutura do DNA: http://www.nature.com/nature/dna50/index.html

    MendelWeb: Introdución á Xenética Mendeliana: http://www.mendelweb.org/

    Versión comentada do artigo orixinal de Mendel: http://www.esp.org/graphics/main3.html

    Problemas de mendelismo: http://www.biologia.arizona.edu/mendel/mendel.html

    Pea Soup (Cruce virtual entre variedades de chícharo e análise das descendencias):
    http://www.sonic.net/~nbs/projects/anthro201/exper/

    DNA Learning Center: biology animation library (Animación de técnicas de Bioloxía Molecular): http://vector.cshl.org/resources/BiologyAnimationLibrary.htm

    Biotecnology and Genetic Engineering News (Noticias de divulgación relacionadas coa biotecnoloxía e a Enxeñaría Xenética): http://www.genengnews.com


    Competencias
    Competencias Xenéricas
    GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
    GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
    GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
    GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
    GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    Competencias Disciplinares
    CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
    CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
    CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonosis e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
    CEDVUSC 10. Coñecer os procesos tecnolóxicos aplicables aos animais domésticos, incluíndo aqueles con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
    CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimación dos sistemas de produción animal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
    CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.

    Competencias Profesionais
    D1VUSC 02. Recoller e remitir especimenes co seu correspondente informe.
    D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
    D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
    D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.

    Competencias Académicas
    CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
    CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo o medicamento baseado na evidencia.
    CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    Competencias Transversais
    CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    CTVUSC 05. Habilidade no manexo de Tics.
    CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
    CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas e interactivas de lousa
    Van a ser o soporte fundamental da metodoloxía docente da materia. Se darán ao grupo completo. Nas clases expositivas trataranse os contidos específicos do programa e a aplicación de ditos contidos farase nas clases interactivas mediante problemas ou casos prácticos. O desenrolo dos contidos farase coa axuda de cal queira material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentacións PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións lousa, …)

    Prácticas de laboratorio
    Son tres as prácticas a realizar na materia (Transmisión de caracteres cualitativos, herdanza de caracteres cuantitativos, análise citoxenética), cada unha delas conta cun guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes. Tras a finalización da práctica éstes contestarán un cuestionario que entregarán a dito profesor para a súa avaliación.

    Boletíns de problemas
    Os estudantes disporán de boletíns de problemas de complexidade crecente relacionados cos conceptos tratados ao longo do semestre, algúns dos cales resolveranse na aula.

    Sistema de evaluación
    Para a avaliación do estudante consideraranse distintos aspectos cada un deles ten un peso específico na súa avaliación final:

    O coñecemento dos contidos da materia avaliarase mediante un exame final que suporá o 80% da cualificación.

    A asistencia a prácticas e o seu aproveitamento suporá otro 10% da nota final da asignatura.

    O 10% restante da cualificación global terá que ver coas aportacións do alumno, incluíndo a asistencia a clase e a súa participación, e calquera outras probas o controis que se poidan realizar ó longo do curso.

    Aqueles alumnos que teñan superadas as prácticas en cursos anteriores quedarán exentos da asistencia ás mesmas e serán evaluados no exame final asi como nas súas aportacións personais (asistencia, participación en clase...).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia Xenética Veterinaria está programada considerando un total de 150 horas de traballo do estudante (6 créditos ECTS) repartidas en:

    Clases expositivas e interactivas de lousa: 49h presenciais e 73,5h de traballo do alumno (estimando un factor de traballo de 1,5 h por cada hora de clase) supoñen un total de 122,5h (4,9 créditos ECTS).

    Prácticas de laboratorio: 10 horas presenciais e un factor de traballo do alumno estimado en media hora supoñen un total de 10,5 h (0,42 créditos ECTS).

    O resto dás horas de dedicación á materia: revisión bibliográfica, repaso, titorías e realización de exames suporán 17h (0,68 créditos ECTS).

    Recomendacións para o estudo da materia
    • Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenrolo das clases expositivas ou interactivas.

    • As prácticas de laboratorio son un bo momento para refrescar ideas ou conceptos, así como para expor as dúbidas que aínda puideran quedar.

    • Facer os boletíns de problemas a vez que avanzase no desenrolo dos conceptos.

    • Empregar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións.

    • Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web,…) que enriquecerán a súa perspectiva xa que abrangan moita mais casuística que a tratada durante o desenrolo das clases.