G2091121 - Agricultura Veterinaria (Produción Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 20.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 22.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Produción Vexetal
- Áreas: Produción Vexetal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia ofrece información suficiente e útil sobre as materias primas de orixe vexetal usadas na alimentación dos animais, de maneira que se poidan entender os procesos e coñecer as épocas de produción destes alimentos. Estudaranse as características da produción, manexo e conservación da herba das pradeiras e doutras forraxes (principalmente millo forraxeiro e raigrás italiano anual) utilizadas para a produción animal, especialmente en Galicia, así como de concentrados e subprodutos de orixe vexetal incluídos nos pensos.
Tamén se pretende proporcionar ó alumno/a os criterios precisos para decidir tanto os millores sistemas de uso dos produtos vexetais nas explotacións de gando, coma os mellores sistemas de conservación, valorando as consecuencias na produción animal.
ContidosPROGRAMA DE DOCENCIA EXPOSITIVA
1. Concepto de agricultura. Características e valoración da actividade agraria. Agricultura e medio ambiente. Sistemas agrícolas. Relacións e importancia da agricultura nos estudos de Veterinaria. (0,5 h).
TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN AGRÍCOLA (2 h)
2. O laboreo do solo. Corrección e emenda do solo. O encalado. A fertilización do solo. Abonos minerais. A adición ao solo de produtos orgánicos procedentes da explotación. Esterco, compost e xurro.
3. Métodos e época de sementeira. Control das malas herbas, enfermidades e pragas. O crecemento das plantas cultivadas. A curva xeral do crecemento. Valoración da produción dos cultivos. Rotacións e alternativas de cultivos.
MATERIAS PRIMAS DE ORIXE VEXETAL UTILIZADAS PARA A ALIMENTACIÓN DO GANDO (1 h)
4. Clasificación e características dos alimentos de orixe vexetal para o gando. Composición químico-nutritiva. Métodos de valoración. Características tóxicas.
FORRAXES (12,5 h)
5. Distribución e importancia das superficies de prados, pradeiras e cultivos forraxeiros en España. Importancia na alimentación do gando. Nomenclátor básico de pastos.
6. Pradeiras. Mesturas de especies recomendadas. Labra. Encalado. Fertilización de fondo. Fraccionamento da fertilización nitroxenada: relación ca réxime de aproveitamentos da forraxe. Código de Boas Prácticas Agrarias. Sistemas de aproveitamento de forraxe.
7. Produción da forraxe en pradeiras. Crecemento e desenvolvemento de gramíneas e leguminosas pratenses: relación coa cantidade e calidade da forraxe producida e co sistema de aproveitamento. Potencial produtivo e patrón estacional da produción de forraxe.
8. Aproveitamento de forraxes en pastoreo. Efectos do pastoreo nas plantas. Sistemas de pastoreo: continuo, rotacional. Vantaxes e inconvenientes do pastoreo continuo e rotacional. Concepto de carga gandeira.
9. O millo forraxeiro: produción e aproveitamentos. Ciclo de desenvolvemento do millo. Estadíos de maduración do gran: relación co momento óptimo de sega. Clasificación dos híbridos de millo polo seu ciclo. Técnicas de cultivo: labra, sementeira, encalado, fertilización, fitosanitarios. Rendementos. Calidade da forraxe.
10. Outros cultivos forraxeiros. Raigrás italiano anual. Alfalfa. Vezas. O cultivo veza-avea. Técnicas de cultivo. Rendementos. Aproveitamentos e calidade da forraxe.
11. Técnicas de conservación de forraxes. A herba seca. Cultivos utilizados. Momento óptimo de sega. Formas de presentación e almacenamento da herba seca. A ventilación forzada. A estimación da calidade da herba seca. Perdas durante o proceso e o almacenamento da herba seca. A deshidratación artificial da herba. A presentación e conservación das forraxes deshidratadas. Valor nutritivo.
12. Técnicas de conservación de forraxes. A ensilaxe: fundamentos. Efectos da exclusión do aire e da composición da forraxe. Fases aerobia e anaerobia do ensilado. As fermentacións homoláctica e heteroláctica dos carbohidratos solubles. A fermentación butírica. A degradación da proteína.
13. A práctica da ensilaxe. Aptitude para ensilar das principais especies forraxeiras. Ensilado de raigrás italiano, pradeiras e millo forraxeiro en Galicia. Momento óptimo de sega. A sega e preparación da forraxe (sega directa, presecado). O troceado da forraxe. Tipos de silos. Perdas no ensilado. Estimación da calidade da forraxe ensilada. A ensilaxe con aditivos. Indicacións. Clases de aditivos.
CONCENTRADOS (3 h)
14. Cereais de inverno. Trigo, cebada, avea, centeo e triticale. Superficie cultivada e produción en España. Ciclo de cultivo. Escalas fenolóxicas. Técnicas de cultivo. Rendimentos. Importancia na alimentación animal. Os cereais de inverno como plantas forraxeiras.
15. Cereais de verán. Millo e sorgo. Superficie cultivada e produción en España. Ciclo de cultivo do millo. Técnicas de cultivo. Rendementos. Importancia na alimentación animal.
16. Leguminosas productoras de gran. Factores antinutritivos asociados aos grans. Superficie e produción de leguminosas gran na España. Técnicas de cultivo. Rendementos. A soia: ciclo de desenvolvimento, grupos de madurez, aproveitamentos. Chícharo proteaxinoso, vezas e altramuces. Importancia na alimentación animal.
SUBPRODUTOS E RESIDUOS AGRÍCOLAS (1 h)
17. Residuos agrícolas e subprodutos das industrias agroalimentarias. A palla dos cereais de inverno. Subprodutos de industrias oleícolas. Subprodutos dos cereais. Subprodutos da industria azucareira.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
1. Forraxes verdes. Reconocemento dos estados fenolóxicos en relación co aproveitamento en pastoreo ou sega. Recoñecemento das gramíneas e leguminosas forraxeiras usadas en Galicia. Laboratorio: 3 horas.
2. Estima da produción dunha pradeira. Determinación de peso seco. Análise da composición botánica. Preparación de mostras de forraxe para análisis mineral. Laboratorio: 1 hora.
3. Forraxes conservados. Recoñecemento e inspección de herba seca e forraxes deshidratados. Estima visual da súa calidade. Laboratorio: 2 horas.
4. Forraxes conservados. Recoñecemento e inspeción de ensilados de pradeira, raigrás italiano, millo forraxeiro e pastone. Estima visual da súa calidade. Determinación do pH e da materia seca do ensilado. Interpretación das análises do ensilado: factores relacionados coa calidade da conservación e coa calidade da forraxe. Laboratorio: 3 horas.
5. Determinación do contido en cinzas de forraxes. Análise mediante colorimetría do contido de fósforo nas forraxes. Relacións cosas necesidades de nutrintes no gando vacún. Laboratorio: 3 horas.
6. Recoñecemento e identificación de sementes pratenses, grans de cereais e de leguminosas de interés gandeiro, palla de cereais e subproductos usados na alimentación do gando. REcoñecemento dos estados fenolóxicos da planta e grao de cereais. Laboratorio: 3 horas.
7. Visita a unha explotación gandeira: recoñecemento in situ dos cultivos establecidos para a alimentación do gando, estudo dos seus aproveitamentos (gran, forraxe verde, herba seca e ensilado). Recoñecemento doutras materias primas de orixe vexetal utilizadas na explotación(concentrados e subproductos). Campo: 3 horas.
Bibliografía básica e complementariaBIBILIOGRAFÍA BÁSICA
Argamentería A., Roza B. de la, Martínez A., Sánchez L. 1997. El ensilado en Asturias. Servicio de Publicaciones del Principado de Asturias, Oviedo.
Barnes R.F., Nelson C.J., Moore, K.J., Collins M. (Eds.) 2007. Forages. Vol. II: The science of grassland agriculture (6ª edición). Blackwell Publishing, Ames (Iowa, USA).
Cañeque V., Sancha J.L., 1998. El ensilado de forrajes y su empleo en la alimentación de rumiantes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
De Blas C. 1987. Nutrición y alimentación del ganado. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Horrocks R.D., Vallentine J.F. 1999. Harvested forages. Academic Press, San Diego.
Lemaire G., Hodgson J., de Moraes A., de F. Carvalho P.C., Nabinger C. (Eds.) 2000. Grassland ecophysiology and grazing ecology. CAB International, Wallingford (UK).
López Bellido L. 1991. Cereales. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Madrid A. 1995. Piensos y alimentos para animales. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Piñeiro J., Pérez Fernández M. 1993. Mezclas pratenses para la España húmeda. Hoja Divulgadora nº 8/1992. MAPA, Madrid.
Reynolds S.G., Frame J. (Eds.) 2005. Grasslands: developments, opportunities, perspectives. Science Publishers, Enfield (New Hampshire).
Nadal S., Moreno T., Cubero J.I. 2004. Las leguminosas grano en la agricultura moderna. Ed. Consejería de Agricultura y Pesca de la Junta de Andalucía, Sevilla, y Mundi-Prensa, Madrid.
San Miguel Ayanz A. 2001. Pastos naturales españoles: caracterización, aprovechamiento y posibilidades de mejora. Ed. Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid.
Vallentine J.F. 1990. Grazing management. Academic Press, San Diego.
Vallentine J.F. 1990. Grazing management: science into practice. Longman, New York.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
REVISTAS
Grass and Forage Science
Pastos
Albéitar
Alimentación animal
Bovis
Frisona Española
Mundo ganadero
Afriga
Vida Rural
OUTRA
Actas das Reunións Científicas da Sociedad Española para el Estudio de los Pastos.
CompetenciasCOMPETENCIAS QUE DEBEN ADQUIRIRSE (ORDE ECI/333/2008)
Materias primas para a alimentación animal: características, produción e conservación.
COMPETENCIAS XERAIS
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06 Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipa.
GVUSC09 Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10 Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (SABER)
CEDVUSC 11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (SABER FACER, COMPETENCIAS A DÍA 1, DAY-ONE SKILLS)
D1VUSC 03 Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados biolóxicos e químicos.
D1VUSC 10 Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS
CEAVUSC 01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisiones nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a.
CEAVUSC 02 Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03 Divulgar a información obtida no exercicio profesional do/a veterinario/a de maneira fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e coa sociedade en xeral.
CEAVUSC 04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
CEAVUSC 05 Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluindo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06 Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha maneira crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto orgaizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de maneira clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza As actividades formativas referidas ao traballo presencial na aula consistirán en 20 horas de docencia expositiva e 22 horas de docencia interactiva, repartidas en 15 horas de prácticas de laboratorio, 3 horas de prácticas de campo, 3 horas en titorías de grupos reducidos e 4 horas de asistencia a exposicións orais dos/as compañeiros/as.
A docencia expositiva consistirá na explicación dos contidos da materia por parte do profesorado, axudándose do encerado e dos medios audiovisuais que se consideren oportunos.
As prácticas de laboratorio e de campo servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o/a estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
Nas prácticas de laboratorio, os alumnos traballarán con diferentes forraxes verdes e conservadas: determinarán a composición botánica e estimarán a produción dunha pradeira, procesarán mostras de forraxe para a estimación da produción de materia seca e a análise de P, inspeccionarán as características organolépticas e de calidade da herba seca e de ensilados, e procesarán mostras de forraxes ensiladas para a determinación do seu pH e materia seca. Aprenderán tamén a recoñecer as materias primas utilizadas na alimentación do gando.
Para levar a cabo a práctica de campo, farase unha viaxe en autobús para visitar unha explotación de vacún na provincia de Lugo. A práctica de campo será unha visita activa na que o alumno terá que inspeccionar e recoñecer, na explotación gandeira visitada, as especies forraxeiras utilizadas nas pradeiras, as características das forraxes conservadas (herba seca e ensilados), as materias primas e subprodutos utilizados na alimentación do gando, a situación e características da foxa de zurro, a xestión dos zurros e estercos, as características do manexo do gando (estabulación, pastoreo), a utilización de fertilizantes minerais e pesticidas, etc.
Todas as tarefas do/a estudante (traballos, estudo, lecturas.) serán orientadas polo profesorado nas sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónA calificación de cada estudante farase mediante evaluación continua e a realización dun exame final.
Na evaluación da materia teranse en conta os seguintes aspectos, que contribuirán á nota final:
1. Avaliación continua: 35 %
a) Traballo presencial na aula e en prácticas. Valorarase se hai asistencia a un 80% do total da docencia expositiva e 90% da interactiva. Contribuirá un 5% á nota final.
b) Realización dun traballo práctico nunha explotación agropecuaria e a súa posterior exposición oral. A nota mínima para superalo será de 5 puntos sobre 10. Contribuirá un 25% á nota final.
c) Realización dunha proba de recoñecemento de materias primas de orixe vexetal utilizadas na alimentación do gando. Como mínimo o/a alumno/a deberá recoñecer o 90% das mostras. Contribuirá un 5% á nota final.
2. Exame escrito teórico-práctico: 65%
O exame constará de preguntas tipo test e curtas. A nota mínima para superalo será de 5 puntos sobre 10.
Se o alumno non alcanza os mínimos esixidos en:
- Asistencia ao 90% da docencia interactiva.
- Traballo práctico nunha explotación agropecuaria (5/10).
- Recoñecemento de materias primas utilizadas en alimentación animal (90%).
- Exame escrito teórico-práctico (5/10).
Iso implicará a non superación da materia na correspondente convocatoria.
Superados estes mínimos, contribuirá positivamente á nota final:
- O traballo presencial na aula por enriba do mínimo do 80% e en prácticas por enriba do 90%.
- O recoñecemento de máis do 90% das materias primas utilizadas en alimentación animal propostas na proba.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESNCIAL NA AULA Horas
Clases maxistrais 20
Prácticas de laboratorio 15
Prácticas de campo 3
Títorías en grupos reducidos
ou individualizadas 3
Asistencia a exposicións orais
de traballos dos/as compañeiros/as 4
Total horas de traballo presencial 45
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE Horas
Estudo individual 35
Elaboración de memorias de prácticas 1
Elaboración de traballos 20
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. 3
Asistencia a charlas e outras actividades
recomendadas 3
Resolución de casos/problemas 2
Presentacións orais 0,5
Realización de exames 3
Total horas de traballo persoal do/a
estudante 67,5
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ao alumno centrarse na comprensión dos conceptos impartidos en lugar de simplemente memorizalos, así como un maior grao de participación nas clases teóricas e sobre todo prácticas, procurando resolver sempre as dúbidas que se lle xeren. Considérase tamén moi importante o uso continuado das titorías, non recorrendo a elas unicamente nos momentos previos ao exame.