G2091201 - Fisioloxía Veterinaria II (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 22.00
- Clase Interactiva Seminario: 11.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisiología teña descrito.
• Coñecer os elementos básicos e comúns nas distintas formas de realizar unha función, de maneira que se mostre a unidade de funcións e a rica diversidade de formas que apareceron na filoxenia animal.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e o posibilitan respecto do medio ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao medio ambiente con que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tendan a modificalas.
• Ser capaz de valorar críticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
ContidosAspectos básicos biofísicos e fisiolóxicos de funcionamento, regulación e coordinación das principais especies de interese veterinario a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e sistémico
CAPÍTULO I.- MEDIO INTERNO, SANGUE E HEMOSTASIA
T01 Compartimentos líquidos do organismo. Sede.
T02 Sangue e sistema linfático
T03 Hemostasia
S01 Seminario
CAPÍTULO II.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO:
T04 Electrofisioloxía cardíaca.
T05 O corazón como bomba. Ciclo cardíaco.
T06 Regulación da actividade cardíaca.
T07 Fisioloxía vascular. Hemodinámica.
T08 Presión arterial e a súa regulación.
T09 Fisiología da microcirculación. Intercambio transcapilar
S02 Seminario
CAPÍTULO III.- SISTEMA RESPIRATORIO.
T10 Mecánica respiratoria. Traballo respiratorio.
T11 Intercambio gasoso. Transporte de gases. Hemoglobina.
T12 Circulación pulmonar. Equilibrio ventilación/perfusión.
T13 Regulación da respiración.
S03 Seminario
CAPÍTULO IV.- SISTEMA EXCRETOR RENAL
T14 Organización do sistema excretor renal. Filtración glomerular.
T15 Manexo tubular do filtrado. Reabsorción. Transporte máximo. Secreción.
T16 Mecanismos de concentración de urina. Balance hidrosalino.
S04 Seminario
CAPÍTULO V.- EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO
T17 Equilibrio ácido básico (I).
T18 Equilibrio ácido básico (II).
S05 Seminario
CAPITULO VI.- FISIOLOXÍA ENDÓCRINA
T19 Principios xerais de acción endócrina.
T20 Hormonas hipotalámicas.
T21 Hormonas hipofisarias: adenohipófise e neurohipófise.
T22 Hormonas tiroideas.
T23 Homeostasis do calcio e o fósforo.
T24 Glándula adrenal
T25 Páncreas endócrino: homeostase da glicosa.
T26 Hormonas Gastrointestinais
S06 Seminario
CAPITULO VII.- SISTEMA REPRODUTOR
T27 Eixo hipotálamo-hipófiso-testicular.
T28 Eixo hipotálamo-hipófiso-ovárico.
T29 Ciclos reprodutivos.
T30 Xestación y parto.
T31 Fisioloxía da lactación.
S07 Seminario
PRÁCTICAS
1. Análise de sangue e probas serolóxicas
2. Fisioloxía e dinámica cardiovascular
3. Mecánica do sistema respiratorio
4. Fisioloxía renal
5. Equilibrio ácido-básico
6. Fisioloxía endócrina
Bibliografía básica e complementariaPhysioEx 9.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2012. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson
Fisiología Veterinaria (4ª edición), 2009. Cunningham-Klein. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Veterinaria (1ª edición) 1995. García Sacristán. Edit. McGraw-Hill-Interamericana
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne e Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Tratado de Fisiología Médica. (11ª edición). 2006. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (4ª edición), 2008, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Fisiología Animal (1ª edición), 2006. Hill-Wyse-Anderson. Edit. Méd. Panamericana
CompetenciasCompetencias xenéricas:
Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC01)
Capacidade de análise e síntese (GVUSC02)
Coñecementos xerais sobre a área de traballo (GVUSC03)
Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC06)
Competencias disciplinares:
Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación (CEDVUSC 01)
Estrutura e función dos animais sans (CEDVUSC 02)
Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Competencias profesionais:
Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos (D1VUSC 03)
Competencias académicas:
Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario (CEAVUSC 01)
Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade (CEAVUSC 02)
Competencias transversais:
Capacidade para o razoamento e a argumentación (CTVUSC 01)
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica (CTVUSC 02)
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC 03)
Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa (CTVUSC 04)
Habilidade no manexo de TICs (CTVUSC 05)
Utilización de información en lingua estranxeira (CTVUSC 06)
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos (CTVUSC 07)
Metodoloxía da ensinanza As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, utilizando o encerado, os medios audiovisuais que considere oportunos e os contidos da materia reflectidos na guía docente anual. As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que poden ser impartidas polo persoal académico ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro.
As prácticas de laboratorio, de campo e de ordenador servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
A temporalidade é de aproximadamente unha hora expositiva por cada tema do programa/seminario e 3,5 horas de traballo por cada práctica.
Sistema de evaluaciónA nota final da asignatura comprende dúas partes: calificación teórica (10 puntos), na que se inclúen exames escritos, e calificación práctica (10 puntos). A ponderación final farase cun coeficiente do 80% para a nota teórica e do 20% para a nota práctica. Para realizar a ponderación final é requisito indispensable que ámbalas dúas calificacións, teórica e práctica, superen 3,5 puntos. Contémplase a posibilidade de mellorar nota mediante a realización de traballos de grupo (seminarios) ou actividades de avaliación contínua, cuxa calificación (máximo 1 punto) complementará a nota de teoría, ata o máximo de 10 puntos.
Tempo de estudo e traballo persoalO número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno ocupan o 60%.
Traballo presencial:
Expositivas: 24 h
Interactivas laboratorio/ordenador: 22 h
Interactivas seminario: 11 h
Titorías: 03 h
Traballo individual
Estudo individual: 57 h
Elaboración de traballos: 18 h
Revisión bibliográfica, etc: 04 h
Asistencia a relatorios ou outras actividades recomendadas: 01 h
Resolución de casos/problemas: 03 h
Presentacións orais: 02 h
Realización de exames: 05 h
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos previos de Anatomía e Bioquímica. Coñecementos previos de Fisioloxía I.