G2091203 - Microbioloxía Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 7.50
- Total: 7.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 75.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA Memoria de Grao en Veterinaria da Facultade de Veterinaria de Lugo, aprobada en Consello de Universidades o 30/06/2010, recolle que o Título de Graduado en Veterinaria pola USC ten como obxectivos xerais dotar os estudantes dos coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes que os capacite profesionalmente para garantir a saúde dos animais e o home.
A materia de Microbioloxía Veterinaria ten como obxectivo principal proporcionar ao alumno elementos e ferramentas que lle permitan obter coñecementos sobre a bioloxía, mecanismos patoxénicos, diagnóstico e control dos principais microorganismos implicados en enfermidades que afectan aos animais de producción e de compañía, ademais doutros aspectos de interese veterinario en relación con saúde pública.
Como obxectivos específicos:
1.- Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía científica empregada en Microbioloxía.
2.- Coñecer a estrutura, fisioloxía, patoxenia, xenética e taxonomía dos microorganismos de importancia clínica en veterinaria e saúde pública.
3.- Coñecer as posibles interaccións entre o microorganismo e o hospedador.
4.- Coñecer as técnicas e métodos básicos do diagnóstico microbiolóxico.
5.- Coñecer os métodos de control de microorganismos.
ContidosA materia de Microbioloxía Veterinaria divídese en tres bloques: BLOQUE I. Microbioloxía Xeral; BLOQUE II. Microbioloxía Especial, que á súa vez inclúe tres seccións: Bacterioloxía especial, Micoloxía especial e Viroloxía especial; BLOQUE III. Microbioloxía Ambiental e Aplicada.
Ao longo do curso abórdanse os contidos destes tres bloques dende o punto de vista teórico e práctico.
A. PROGRAMA TEÓRICO (45 horas)
BLOQUE I. MICROBIOLOXÍA XERAL (27 horas)
TEMA 1. Introducción á microbioloxía.
-HISTORIA E ÁMBITO DA MICROBIOLOXÍA: O descubrimento dos microorganismos. Pasteur e Koch. O nacemento da farmacoterapia moderna. Presente e futuro da microbioloxía.
-ORIXE E DIVERSIFICACIÓN MICROBIANA: membros do mundo microbiano.
TEMA 2. Estructura e función da célula bacteriana.
-MICROSCOPÍA: Fundamento e tipos. Tincións
-TAMAÑO, FORMA E PRINCIPAIS AGRUPACIÓNS.
-PAREDE CELULAR: Bacterias Gram positivas, Gram negativas e ácido-alcohol resistentes.
-MEMBRANA PLASMÁTICA E MESOSOMAS.
-COMPOÑENTES INTERNOS: Nucleoide, ribosomas, inclusións citoplasmáticas, endosporas.
-ESTRUCTURAS EXTERNAS: Cápsula e capas mucosas. Flaxelos. Fimbrias e pili.
TEMA 3. Nutrición, cultivo, crecemento bacteriano e metabolismo.
-NUTRICIÓN E CULTIVO: Requirimentos e categorías nutricionais. Medios bacteriolóxicos e condicións fisico-químicas para o crecemento.
-CRECEMENTO: Reproducción. Curva de crecemento bacteriano. Determinación do crecemento. Cultivos continuos.
-METABOLISMO E PRODUCCIÓN DE ENERXÍA: Reaccións de oxidación-reducción, transportadores de electróns e compostos altamente enerxéticos. Bacterias quimioheterótrofas: respiración aerobia e anaerobia. Fermentación. Rendementos enerxéticos. Bacterias autótrofas: oxidación de compostos inorgánicos e fotosínteses.
TEMA 4. Xenética bacteriana.
-ESTRUCTURA E FUNCIÓN DO MATERIAL XENÉTICO: Revisión de conceptos: ácidos nucleicos. Replicación, transcrición e traducción.
-REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA: Represión e inducción. O modelo do operón: estructura e funcionamento.
-MUTACIÓNS: Tipos de mutacións.
-TRANSFERENCIA E RECOMBINACIÓN XENÉTICA: Plásmidos e transposones. Transformación, conxugación, e transducción.
TEMA 5. Micoloxía xeral.
-CONCEPTO E ÁMBITO DE ESTUDO DA MICOLOXÍA: Hábitat, papel ecolóxico e importancia dos fungos.
-CARACTERÍSTICAS DOS FUNGOS: Morfoloxía e estructura celular. Levaduras e mohos. Metabolismo. Reproducción. Tipos de esporas. Cultivo e identificación. Mecanismos de acción patóxena. Micotoxinas. Clasificación dos fungos.
TEMA 6. Viroloxía xeral.
-CARACTERÍSTICAS XENERAIS E ESTRUCTURA DOS VIRUS: Definición e propiedades dos virus. Natureza do virión. Clasificación dos virus. Illamento e identificación.
-REPLICACIÓN VÍRICA: Multiplicación de bacteriófagos. Multiplicación de virus animais.
-VIRUS E CÁNCER: Oncoxenes.
-AXENTES INFECCIOSOS NON CONVENCIONAIS: Viroides e Prións.
TEMA 7. Control de microorganismos.
-CONTROL FÍSICO ANTIMICROBIANO: Esterilización por calor. Esterilización por radiación. Esterilización por filtración.
-CONTROL QUÍMICO ANTIMICROBIANO: Axentes antimicrobianos químicos para uso externo: desinfectantes e antisépticos.
-AXENTES ANTIMICROBIANOS EMPREGADOS IN VIVO: Antibacterianos naturais (antibióticos) e sintéticos: tipos, espectro e mecanismos de acción. Mecanismos de resistencia aos antibacterianos. Antivíricos. Antifúnxicos.
TEMA 8. Patoxenicidade e infección.
-INTERACCIÓN MICROORGANISMO-HOSPEDADOR: Interaccións beneficiosas. Interaccións dañinas. Infección de animais susceptibles e factores que inflúen no resultado da interacción.
-ETAPAS DA INFECCIÓN BACTERIANA: adherencia, multiplicación, invasión e toxixénesis.
-PROPIEDADES PATÓXENAS DOS VIRUS: Mecanismos virais para evadir as defensas do hospedador. Efectos citopáticos.
TEMA 9. Sistemática bacteriana.
-CLASIFICACIÓN: Análise fenotípico e quimiotaxonómico. Análise xenotípico. Análise filoxenético. Rangos taxonómicos. Concepto de especie en microbioloxía.
-NOMENCLATURA: O Código Internacional de Nomenclatura Bacteriana.
-IDENTIFICACIÓN E COLECCIÓNS DE CULTIVOS MICROBIOLÓXICOS.
BLOQUE II. MICROBIOLOXÍA ESPECIAL (16 horas)
SECCIÓN A. BACTERIOLOXÍA ESPECIAL (8 horas)
TEMA 10. Bacterias Gram negativas alfa e beta-proteobacterias.
-ALFA-PROTEOBACTERIAS: Xéneros Rickettsia, Anaplasma, Ehrlichia, Aegyptianella, Bartonella, Brucella.
-BETA-PROTEOBACTERIAS: Xéneros Burkholderia, Bordetella, Taylorella.
TEMA 11. Bacterias Gram negativas gamma-proteobacterias: Enterobacteriaceae.
Xéneros Escherichia, Shigella, Salmonella, Yersinia, Klebsiella, Proteus, Enterobacter.
TEMA 12. Bacterias Gram negativas gamma-proteobacterias: non Enterobacteriaceae.
Xéneros Pseudomonas, Vibrio, Aeromonas, Pasteurella, Mannheimia, Haemophilus, Actinobacillus, Dichelobacter, Francisella, Coxiella.
TEMA 13. Bacterias Gram negativas delta e epsilon-proteobacterias.
-DELTA-PROTEOBACTERIAS: Xénero Lawsonia.
-EPSILON-PROTEOBACTERIAS: Xéneros Campylobacter, Helicobacter.
TEMA 14. Bacterias Gram negativas non proteobacterias.
Xéneros Chlamydia, Chlamydophila, Bacteroides, Borrelia, Treponema, Leptospira, Brachyspira.
TEMA 15. Bacterias Gram positivas con baixo contido en G + C.
Xéneros Bacillus, Listeria, Staphylococcus, Lactobacillus, Streptococcus, Lactococcus, Enterococcus, Erysipelothrix, Clostridium, Mycoplasma.
TEMA 16. Bacterias Gram positivas con alto contido en G + C.
Xéneros Actinomyces, Arcanobacterium, Actinobaculum, Nocardia, Rhodococcus, Streptomyces, Corynebacterium, Mycobacterium.
SECCIÓN B. MICOLOXÍA ESPECIAL (1 hora)
TEMA 17. Principais grupos de interese veterinario.
-DERMATOFITOS: Xéneros Microsporum e Trichopyton.
-LEVADURAS: Xéneros Cándida, Cryptococcus, Malassezia.
-FUNGOS DIMÓRFICOS: Xéneros Blastomyces, Coccidioides, Histoplasma, Sporothrix.
-MICOSIS OPORTUNISTAS: Xéneros Candida e Aspergillus.
SECCIÓN C. VIROLOXÍA ESPECIAL (7 horas)
TEMA 18. Virus con ADN bicatenario.
-FAMILIA POXVIRIDAE: Virus da viruela. Virus da mixomatose do coello.
-FAMILIA ASFARVIRIDAE: Virus da peste porcina africana.
-FAMILIA HERPESVIRIDAE: Virus da enfermidade de Aujeszky. Virus da enfermidade de Marek.
-FAMILIA ADENOVIRIDAE: Virus da hepatite infecciosa canina.
-FAMILIA PAPILLOMAVIRIDAE: Papilomavirus.
TEMA 19. Virus con ADN monocatenario.
-FAMILIA CIRCOVIRIDAE: Circovirus porcino. Virus da anemia infecciosa da galiña.
-FAMILIA PARVOVIRIDAE: Virus da panleucopenia felina. Parvovirus canino 2. Parvovirus porcino.
TEMA 20. Virus con ARN bicatenario.
-FAMILIA REOVIRIDAE: Virus da lingua azul. Virus da peste equina africana. Rotavirus.
-FAMILIA BIRNAVIRIDAE: Virus da bursitis infecciosa aviar (enfermidade de Gumboro).
TEMA 21. Virus con ARN monocatenario de polaridade negativa.
-FAMILIA PARAMYXOVIRIDAE: Virus da enfermidade de Newcastle. Virus da peste bovina. Virus do moquillo canino.
-FAMILIA RHABDOVIRIDAE: Virus da rabia. Virus da estomatite vesicular.
-FAMILIA ORTHOMYXOVIRIDAE: Influenzavirus (virus da gripe).
-FAMILIA BUNYAVIRIDAE: Virus da febre do Valle do Rift.
-FAMILIA BORNAVIRIDAE: Virus da enfermidade de Borna.
TEMA 22. Virus con ARN monocatenario de polaridade positiva.
-FAMILIA CORONAVIRIDAE: Virus da bronquite infecciosa aviar. Virus da gastroenterite transmisible porcina.
-FAMILIA ARTERIVIRIDAE: Virus da arterite equina. Virus do síndrome respiratorio e reproductivo porcino.
-FAMILIA PICORNAVIRIDAE: Virus da febre aftosa. Teschovirus porcino 1 (encefalomielite por Teschovirus).
-FAMILIA CALICIVIRIDAE: Virus do exantema vesicular porcino. Virus da enfermidade hemorráxica do coello.
-FA
ContidosMILIA TOGAVIRIDAE: Virus da encefalite equina (do Este e do Oeste).
-FAMILIA FLAVIVIRIDAE: Virus do Nilo do Oeste. Virus da diarrea vírica bovina.
TEMA 23. Virus ADN e ARN con transcriptasa inversa.
-FAMILIA RETROVIRIDAE (ARN monocatenario con polaridade positiva): Virus da leucose bovina. Virus da artrite-encefalite caprina e do Maedi-Visna. Virus da anemia infecciosa equina.
-FAMILIA HEPADNAVIRIDAE (ADN circular parcialmente bicatenario): Virus da hepatite B.
BLOQUE III. MICROBIOLOXÍA AMBIENTAL E APLICADA (2 horas)
TEMA 24. ECOLOXÍA MICROBIANA: Ecosistemas microbianos e papel de los microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos e na biodegradación.
Tema 25. MICROBIOLOXÍA INDUSTRIAL E BIOTECNOLOXÍA.
-Papel dos microorganismos na producción dos alimentos: Microorganismos de interese na industria alimentaria. Controis de calidade hixiénica dos alimentos. Sistemas de detección e control de puntos críticos na industria.
-Producción industrial de substancias químicas por fermentación. Producción de antibióticos. Aplicacións biotecnolóxicas na industria farmacéutica, de compuestos inmunolóxicos e de proteínas con fins terapéuticos. Clonación, recombinación e expresión de xenes en microorganismos procariotas e eucariotas.
B. PROGRAMA PRÁCTICO (20 horas)
O programa docente inclúe 20 horas de prácticas de laboratorio distribuídas en 5 sesións ao longo dunha semana (de luns a venres), cos seguintes contidos:
INTRODUCCIÓN. Normas de seguridade no laboratorio de bacterioloxía: organización e metodoloxía de traballo.
PRÁCTICA 1. Métodos de esterilización no laboratorio de bacterioloxía.
PRÁCTICA 2. Técnicas microscópicas de observación dos microorganismos:
-Observación en fresco de células eucariotas
-Tincións bacterianas: simples e diferenciais
PRÁCTICA 3. Medios de cultivo: preparación e tipos.
PRÁCTICA 4. Técnicas de siembra e illamento bacteriano.
PRÁCTICA 5. Crecemento bacteriano: métodos de cuantificación e curva de crecemento.
PRÁCTICA 6. Identificación bacteriana mediante probas bioquímicas.
PRÁCTICA 7. Mostras clínicas e ambientais: recollida, transporte e procesado.
PRÁCTICA 8. Antibiogramas: realización, interpretación e elección do antibiótico adecuado.
PRÁCTICA 9. Interpretación de resultados e elaboración de informes.
C. SEMINARIOS (5 horas)
Durante o curso os alumnos deberán asistir a 5 horas de seminarios nas que o profesor desenvolverá temas de especial interese o actualidade, complementarios ao programa teórico.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA DO PROGRAMA TEÓRICO:
-Carrasco L, Almendral Del Río JM. 2006. Virus Patógenos. Ed. Hélice.
-Carter GR. 1989. Fundamentos de Bacteriología y Micología Veterinarias. Ed. Acribia.
-Gyles CL, Prescott JF, Songer JG, Thoen CO. 2010. Pathogenesis of bacterial infections in animals. Fourth Edition. Ed. Wiley-Blackwell.
-Madigan MT, Martinko JM. 2009. Brock Biología de los Microorganismos. 10ª Edición. Ed. Prentice-Hall International Ltd.
-Maclachlan NJ, Dubovi EJ. 2011. Fenner´s Veterinary virology. Fourth Edition. Ed. Academic Press.
-Muntañola M. 1998. Guía de los hongos microscópicos. Ed. Omega.
-Murphy FA, Gibbs EPJ, Horzinek MC, Studdert MJ. 1999. Veterinary Virology. Ed. Elsevier.
-Murray PR, Rosenthal KS, Pfaller MA. 2009. Microbiología Médica. 3rd Edition. Ed. Elsevier Mosby.
-Prescott LM, Harley JP, Klein DA. 2009. Microbiología. 7ª Edición. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
-Quinn PJ. 2005. Elementos de Microbiología Veterinaria. Ed. Acribia.
-Quinn PJ, Markey BK, Carter ME, Donnelly WJ, Leonard FC. 2005. Microbiología y Enfermedades Infecciosas Veterinarias. Ed. Acribia.
-Songer JG, Post KW. 2005.Veterinary Microbiology. Bacterial and fungal agents of animal disease. Elsevier Saunders.
-Tortora GJ, Funke BR, Case CL. 2007. Introducción a la Microbiología. 9ª Edición. Ed. Panamericana.
-Vadillo S, Píriz S, Mateos E. 2002. Manual de Microbiología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
BIBLIOGRAFÍA DO PROGRAMA PRÁCTICO:
-Gamazo C, López-Goñi I, Díaz R. 2005. Manual Práctico de Microbiología. Ed. Masson.
PÁXINAS WEB DE INTERESE:
-Bergey´s Manual Trust: http://www.bergeys.org/outlines.html
-International Committee on Taxonomy of Viruses: http://ictvonline.org/virusTaxonomy.asp?version=2009&bhcp=1
-Organización Mundial de Sanidad Animal: http://www.oie.int/
-ViralZone: http://viralzone.expasy.org/
Competencias1.-COMPETENCIAS XERAIS:
-GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
-GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
-GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
-GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
-GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
-GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
2.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (saber):
-CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (saber facer):
-D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
-D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4.-COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (querer facer):
-CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
-CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
-CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
-CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5.-COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
-CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
-CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxeira.
-CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza -Clases maxistrais con apoio TIC.
-Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor.
-Seminarios.
-Titorías programadas.
-Titorías individuais.
Os contidos do Programa Teórico impartiranse en clases maxistrais de aproximadamente 50 minutos e o alumnos poderán intervir nos debates que se susciten. O material didáctico orientativo exposto nas clases estará a disposición dos alumnos con antelación a través do Campus Virtual. En días non programados, o profesor poderá plantexar pequenas probas de tipo test o supostos que serán tomados en conta para a avaliación continua.
Os contidos prácticos impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbioloxía do Pavillón I da Facultade de Veterinaria. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria, e o estudante deberá levar bata branca para a realización das mesmas. Proporcionaranse aos alumnos manuais de prácticas para o seguimento dos contidos prácticos.
Os seminarios están orientados a desenvolver temas complementarios ao programa teórico de especial interese ou actualidade. O profesor realizará unha exposición oral do tema con apoio TIC. Estimularase o debate dos alumnos.
Ademais das titorías programadas, o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho en horario de titorías individuais (6 horas semanais). O obxectivo das titorías individuais é resolver os casos particulares do alumno relacionados coa materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación realizarase sobre a base dos seguintes apartados:
A. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á Avaliación Continua supón o 20% da nota final que se asignará do seguinte xeito:
-Clases maxistrais: valoración da asistencia e participación nos supostos formulados en clase ou / e probas tipo test.
-Prácticas de laboratorio: valoración do traballo individual e colectivo sobre a base da resolución de problemas. Elaboración de memoria de prácticas.
-Seminarios: valoración da asistencia e participación.
-Titorías programadas: valoración da asistencia.
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A proba escrita realizarase na data e hora acordadas en Xunta de Facultade, na aula reservada para o devandito propósito. O exame escrito incluirá preguntas do programa teórico. A puntuación correspondente á Avaliación Escrita supón o 80% da nota final.
O cálculo da nota final será = Nota Avaliación Continua + Nota Avaliación Escrita
A nota para superar a materia será mayor o igual a 5 en todos os casos.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 45 horas
- Prácticas de laboratorio: 20 horas
- Seminarios: 5 horas
- Titorías programadas: 5 horas
- Realización de exámenes: 3 horas
- Total horas de traballo presencial: 78
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 90 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 10 horas
- Resolución de casos /problemas: 3 horas
- Elaboración de memoria de prácticas e outras tarefas: 5 horas
- Total horas de traballo persoal do estudante: 108
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 186
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe de asistir ás clases teóricas, seminarios e titorías programadas para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É moi importante que o alumno posúa unha boa base das materias previas de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, polo que se recomenda unha revisión dos conceptos estudados nas mesmas.
É recomendable que previamente á asistencia ás clases teóricas e seminarios, os alumnos realicen unha lectura comprensiva do material docente dispoñible na aula virtual. Recoméndase que o alumno complete o devandito material docente orientativo coas oportunas anotacións tomadas en clase e coa bibliografía salientada. Anímase os alumnos a que realicen unha busca complementaria de información sobre os supostos formulados en clase e os temas tratados nos seminarios, para poder participar nos debates.
É aconsellable o estudo periódico da materia e a asistencia ás titorías programadas para resolver as dúbidas que vaian xurdindo.
ObservaciónsHorario de titorías:
-Prof. Jorge Blanco Álvarez; Días: martes, mércores, xoves de 12:00-14:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria.
-Prof. Buenaventura Cabezas del Toro; Días: martes, mércores, xoves de 11:00-13:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria.
-Prof.ª Azucena Mora Gutiérrez; Días: luns, mércores, venres de 09:00-11:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria.
-Prof.ª Mª Concepción Sainz Rivadulla; Días: luns, mércores, venres de 11:00-13:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria.