Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091221 - Produción Animal I (Produción Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 16.00
  • Clase Expositiva: 17.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal
  • Áreas: Produción Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER.SI
DIEGUEZ CASALTA, FRANCISCO JAVIER.SI
RICO GOMEZ, MARGARITA.NON
Rueda Nuñez, Vicenta.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES09OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES10OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES11OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecementos teóricos:

    1. Dar a coñecer a terminoloxía básica que se utiliza na disciplina e na área de Produción Animal en remoentes.
    2. Transmitirlle ao alumno a coordinación e a aplicación dos coñecementos fisiolóxicos e as necesidades dos animais remoentes e, xa que logo, as instalacións, condicións ambientais e manexo máis idóneos para que a cría e a explotación dos animais útiles para o home fagan posible a viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.

    Habilidades:
    3. Ofrecer a infraestrutura informativa suficiente para que o futuro veterinario poida responder as demandas actuais dos gandeiros, encamiñadas a mellorar a calidade dos produtos pecuarios obtidos.

    Actitudes:
    4. Proporcionarlle ao alumno un concepto integrador das distintas disciplinas da Produción Animal, para potenciar a formación dunha mentalidade na que o coñecemento do medio rural e a súa proteción guíen a súa conduta profesional.
    5. Desenvolver unha actitude crítica e non dogmática da capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares.

    Contidos
    Contidos

    REMOENTES: Comprende o estudo de cada un dos subsectores máis relevantes das especies de remoentes: vacún de leite, vacún de carne, ovino e caprino. En cada un destes subsectores contémplanse as razas explotadas e aptitudes; censos e producións; características xerais dos aloxamentos, material e útiles; manexo da alimentación, reprodución, etc; hixiene das instalacións e dos animais. Ademais, analízanse os índices reprodutivos e produtivos máis relevantes

    TEMA 1.- Produción de vacún de leite: censos e producións. OCM do sector vacún de leite. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Lactación e rutina de muxidura. Control leiteiro. Manexo e Código de boas prácticas agrarias. Índices reprodutivos e produtivos

    TEMA 2.- Produción de vacún de carne: censos e producións. OCM do sector vacún de carne. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo da vaca de crianza. Tipos de bovinos de abasto. A canal bovina. Rendementos produtivos. O vacún de lide

    TEMA 3.- Produción de ovino: censos e producións. OCM do sector ovino. Base animal. Sistemas de explotación. Tipos de produción: leite, carne, la, esterco. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo. Índices reprodutivos e produtivos

    TEMA 4.- Produción de caprino: censos e producións. OCM do sector caprino. Base animal. Sistemas de explotación. Tipos de produción: leite, carne, pel. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución e manexo. Índices reprodutivos e produtivos

    TEMA 5.- Produción doutros remoentes de interese zootécnico: produción doutros bóvidos (bisontes, búfalos, cebús, etc.), cérvidos (alces, cervos, corzos, gamos, etc.) e camélidos (camelos, llamas, etc.): área de situación, sistema de produción e índices produtivos máis destacables




    Bibliografía básica e complementaria
    Xeral
    Caravaca, FP.- 2003.- Bases de la produción animal. SP. Universidad de Sevilla.
    Squires , E.R.J. 2006. Endocrinología animal aplicada. Ed, Acribia, Zaragoza.

    Bovinos de leite
    Bovis: monografía bimestral
    Álvarez, P.J. -.2008.- Gestión técnica de granjas de vacuno lechero. P. Univ. León
    Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
    Vandenberghe, N. et al. 2004. Manual para a análise técnica-económico de xestión de explotacións de gando vacún de leite en Galicia. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. USC.

    Bovinos de carne
    Philips, C.J.C.- 2003.- Principios de produción bovina. Acribia. Zaragoza.
    Dodsworth, L-2000 – Sistemas de explotación de ganado vacuno de carne. Ed. Academia SL. León.
    ASOPROVAC, MARM – 2007 – Guía de prácticas correctas de higiene: vacuno de cebo. MARM,

    Ovinos
    Daza, A.- 2002.- Mejora de la productividad y planificación de las explotaciones ovinas. Ed. Agrícola Española. Madrid.
    Sañudo, C. – 2009- Ovinotecnia:producción y economía en la especia ovina. Univ. Zaragoza.
    Ovis: monografía bimestral

    Caprinos
    Daza, A.- 2004.- Ganado caprino: produción, alimentación y sanidad. Ed. Agrícola Española. Madrid.
    CA, MARM – 2007 - Guía de prácticas correctas de higiene: caprino de leche y carne. MARM,

    Competencias
    Competencias
    Ao finalizar o curso, o alumno debe:
    - Ser capaz de identificar as necesidades dos animais nos distintos sistemas produtivos e as instalacións, condicións ambientais e de manexo máis axeitadas para a cría e explotación do gando de renda en condicións óptimas, tanto desde o punto de vista animal como no da viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
    - Ter capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares para un melloramento do manexo e un incremento da calidade dos produtos pecuarios.
    - Estar habituado á adquisición e á utilización crítica das fontes bibliográficas (libros, revistas especializadas, bancos de datos, enderezos de internet, etc.)

    Competencias de acordo á Memoria do Grao en Veterinaria da USC

    Xenéricas
    (GVUSC)
    GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
    GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
    GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo
    GVUSC04 Planificación e xestión do traballo
    GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
    GVUSC06 Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo
    GVUSC07 Habilidade para traballar nun contexto internacional
    GVUSC08 Liderazgo, iniciativa e espíritu emprendedor
    GVUSC09 Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos
    GVUSC10 Compromiso ético e asunción de responsabilidades

    Disciplinares
    (CEDVUSC)
    CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animaiss
    CEDVUSC10 Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saude animal e humana
    CEDVUSC11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as suas repercusións sobre o medio ambiente
    CEDVUSC13 Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria
    CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio


    Profesionais
    (D1VUSC)
    D1VUSC02 Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe
    D1VUSC03 Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos
    D1VUSC09 Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reproductiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos
    D1VUSC10 Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal
    D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros productivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización
    D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas do ámbito veterinario nun contexto de sostenibilidade
    D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias

    Académicas
    (CEAVUSC)
    CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a
    CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das suas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
    CEAVUSC03 Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
    CEAVUSC04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a
    CEAVUSC05 Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina basada na evidencia
    CEAVUSC06 Saber buscar asesoramento e ayuda profesionais
    CEAVUSC07 Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias
    CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente

    Transversais
    (CTVUSC)
    CTVUSC01 Capacidade para o razonamento e a argumentación
    CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analiza-la dunha forma crítica
    CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
    CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta
    CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs
    CTVUSC06 Utilización de información en lingua extranxeira
    CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
    Metodoloxía da ensinanza
    Programa teórico:

    Impártense 17 sesións de 50 minutos de duración cada unha. Desenrólase no primeiro cuatrimestre de acordo os horarios aprobados en Xunta de Facultade para cada curso académico. Os últimos 10 minutos de cada sesión dedícanse a sintetizar o tema tratado, a fixar os conceptos expostos e a resolver as posibles dúbidas suscitadas, así como a comprobar de maneira sucinta con preguntas orais aleatorias, o grao de comprensión por parte dos alumnos do tema explicado.

    Poderase invitar a colaboradores externos para impartir algunha conferencia.

    Programa práctico:

    o Visita activa 1: Visita explotación de vacún de leite: Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; estudo de parideras.
    o Visita activa 2: Visita explotación de vacún de carne: Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; estudo de parideras.
    o Visita activa 3: Visita explotación de ovino/caprino: Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; determinación cuantitativa e cualitativa da curva de lactación; estudo de parideiras

    En cada explotación visitada, o alumno poderá observar as características construtivas e dimensionado das instalacións; o control medio ambiental; a hixiene, limpeza e bioseguridad das instalacións; o manexo xeral dos animais levado a cabo polos operarios da explotación, incluído o manexo da alimentación; os programas sanitarios e de profilaxis, etc. En todas as explotacións, e especialmente as de porcino e as avícolas, dadas as medidas de bioseguridad das mesmas e en cumprimento das normativas de benestar animal vixentes, as visitas faranse baixo un estrito control e sen perturbar o hábitat do animal, procurando ocasionar a menor incidencia posible sobre o animal e a súa contorna.
    En cada visita os alumnos deberán completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia, no que se analizará as características máis relevantes da explotación visitada, determinando os parámetros produtivos da mesma. Estes traballos prácticos permiten ao alumno un contacto directo coa explotación e a observación da situación real da mesma, analizando a súa problemática e iniciándolles nunha das posibles saídas profesionais da licenciatura como é o asesoramento técnico e económico das explotacións gandeiras. Así mesmo, a elaboración destes traballos desenvolverá no alumno a técnica de pensamento crítico e fomentará o traballo e a dinámica de grupos.

    Práctica laboratorio 1, 2 y 3: Análise técnico económico dunha explotación de gando vacún. Ensinarase o alumno a obter información dos datos de control de rendementos, sistemas de pago e análise económico, datos reproductivos e de alimentación utilizando datos reais, que permitan identificar e solucionar os puntos débiles das explotacións estudiadas.

    Estas prácticas complementarase cunha memoria elaborada polo alumno co realizado na mesma
    Titorías:
    Adicaranse duas horas a titorías individulaizadas.



    Sistema de evaluación
    Na avaliación final do alumno valoraranse os traballos presentados, tanto a información recollida e as conclusións obtidas como a súa presentación formal. Asemade, tanto os traballos realizados como as prácticas e, por suposto, as clases teóricas formarán parte da materia susceptible do exame escrito.
    Efectuarase un so exame final en xuño. A proba será escrita, de tipo test, con preguntas de resposta breve ou de verdadeiro ou falso. As preguntas incorrectamente respondidas valoraranse con puntuación negativa.
    Todo elo será puntuado na valoración final da asignatura (30% actividades de avaliación continua/70% exame).

    É requisito imprescindible obter un 50 % do exame teórico supera para aprobar a materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL AULA
    (10x Nº ECTS)
    TRABALLO PERSONAL DO ESTUDIANTE
    (15x Nº ECTS)

    Clases maxistrais 17 Estudo individual 42.5
    Prácticas de laboratorio 10 Resolución de casos/problemas-Presentacións orais 8-6
    Visitas activas 16 Elaboración de traballos 8
    Tutorías en grupos reducidos ou individualizadas 2 Realización de exames 3
    Total horas de traballo presencial 45 Total horas de traballo persoal do estudiante (15xNº ECTS) 67.5

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir ás clases con regularidade
    - Intentar comprender e razoar a estrutura e o funcionamento dunha explotación gandeira e non só memorizar uns datos para repetir nun exame.
    - Facer uso continuado e apropiado das titorías, non recorrendo a elas unicamente nos momentos previos ao exame.
    - Ter disposición para recoller e absorber toda a información que van recibir nas súas visitas ás explotacións gandeiras, para o que se require unha gran capacidade de observación e grandes doses de curiosidade.
    - Realizar os traballos encargados ao longo do curso, sen atafegos para o final.