Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091222 - Parasitoloxía Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Patoloxía Animal
  • Áreas: Sanidade Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Arias Vázquez, María Sol.NON
MORRONDO PELAYO, MARIA PATROCINIO.SI
Sánchez-Andrade Fernández, Rita.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da asignatura
    Os OBXECTIVOS DE PARASITOLOXÍA deben incluir unha serie de coñecementos de base para outras disciplinas que se impartirán en cursos posteriores, fundamentalmente coas da Área de Sanidade Animal (Enfermidades parasitarias, Zoonoses e Medicina preventiva das mesmas).

    - O alumno debe adquiri-los conceptos básicos que conforman a Parasitoloxía e coñecer-los principios biolóxicos que gobernan las complexas relacións que se establecen entre os parasitos, os seus hospedeiros e o medio ambiente.

    - Coñece-los termos científicos que se empreñan en Parasitoloxía Veterinaria.

    - Valora-la importancia da presenza e acción dos parasitos sobor das especies hospedeiras, incluido o home.

    - Recoñecer e diferencia-las características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas dos axentes parasitarios, que afecten ós animais; así como, coñecer a qué grupos taxonómicos pertencen os diversos parasitos obxeto de estudio.

    - Estudia-los principais ciclos biolóxicos dos parasitos que afectan ós animais e ó home (zoonoses).

    - Determina-las posibilidades do laboratorio na identificación dos axentes parasitarios e as limitacións que ten na diagnose integral das infeccións parasitarias.

    - Manexa-las principais fontes bibliográficas para que o alumno poida complementa-lo estudio da Parasitoloxía Veterinaria.

    Contidos
    .PARTE XERAL
    - HISTORIA DA PARASITOLOXÍA: A Parasitoloxía na formación do Licenciado en Veterinaria.
    - O PARASITISMO NO CONTEXTO DAS ASOCIACIÓNS BIOLÓXICAS.
    - RELACIÓNS PARÁSITO/HOSPEDADOR.
    - PROPAGACIÓN DOS PARASITOS.
    - ECOLOXÍA PARASITARIA.
    - SISTEMÁTICA, TAXONOMÍA E NOMENCLATURA NA PARASITOLOXÍA.

    - PARASITOLOXÍA ESPECIAL

    - PROTOZOOS: Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos SARCOMASTIGÓFOROS, APICOMPLEXA. CILIÓFOROS, MICROSPORIDIOS E MIXOSPORIDIOS de interés veterinario.

    - TREMATODOS: Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biológicos e características especiais dos MONOGENEA. DIGENEA de interés veterinario. ARTRÓPODOS: Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Aspectos nutricionais e reproductores. Respostas de base inmunitaria frente ós artrópodos parasitos. Papel vectorial dos artrópodos. Clasificación dos artrópodos de interese veterinario. Ciclos biolóxicos e características especiais dos artrópodos de interese na Parasitoloxía Veterinaria.

    - CESTODOS: características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímicas. Ciclos biolóxicos e características especiais dos PSEUDOFILIDEOS. CYCLOPHYLLIDEOS de interés veterinario.

    - NEMATODOS: Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Ciclos biolóxicos e características especiais dos principais nematodos de interese veterinario. CLASE ADENOPHOREA: ORDEN ENOPLIDA. CLASE SECERNENTEA: ORDENES SPIRURIDA, FILARIIDA, RHABDITIDA, STRONGYLIDA, ASCARIDIA, OXYURIDA.

    - ACANTOCÉFALOS, PENTASTÓMIDOS : características morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas. Ciclos biolóxicos e características especiais dos acantocéfalos e pentastómidos de enterese veterinario. Formas de transmisión.

    - ARTRÓPODOS: Características xerais: morfoloxía, fisioloxía e bioquímica. Aspectos nutricionais e reprodutores. Respostas de base inmunitaria fronte aos artrópodos parasitos. Papel vectorial dos artrópodos. Clasificación dos artrópodos de interese veterinario. Ciclos biolóxicos e características especiais dos artrópodos de interese en Parasitoloxía Veterinaria.


    - A programación das clases prácticas inclúe a identificación dos principais protozooa, trematodos, cestodos, nematodos e artrópodosde interese veterinario.

    TEMPORALIZACIÓN: a cada un dos bloques temáticos adicaránselle as seguintes horas de clases expositivas:

    - PARASITOLOXÍA ESPECIAL: 6 horas

    - PROTOZOOS: 8 horas

    - TREMATODOS: 3 horas

    - CESTODOS: 2 horas.

    -NEMATODOS: 8 horas

    - ACANTOCÉFALOS, PENTASTÓMIDOS: 1 hora.

    - ARTRÓPODOS: 7 horas.

    A TEMPORALIZACIÓN das CLASES EXPOSITIVAS PRÁCTICAS é a seguinte: Impártense 20 horas de prácticas, que se distribúen en 6 sesións reguladas:

    1.- PROTOZOOS: 4 horas

    2.- CESTODOS e TREMATODOS: 4 horas.

    3.- NEMATODOS I: 3 horas.

    4.- NEMATODOS II: 3 horas.

    5.- ACANTOCÉFALOS, PENTASTÓMIDOS e ARTRÓPODOS I: 3 horas.

    6.- ARTRÓPODOS II: 3 horas


    Bibliografía básica e complementaria
    - BOWMAN, D. D. (2011). Georgis Parasitología para veterinarios. (9ª edición). Editorial Elsevier España. Madrid.

    - TAYLOR, M.A.; COOP, R.L.; WALL. R.L. (2007). Veterinary Parasitology. Third Edition. Blackwel. Australia.

    - GÁLLEGO BERENGUER, J. (2003). Manual de Parasitología. Morfología y biología de los parásitos de interés sanitario. Ed. Universidad de Barcelona. 2ª Edición.

    - TAIRA, N; ANDO, Y.; WILLIAMS, J.C. (2003). A Color Atlas of Clinical Helminthology of Dometic Animals. Edit. Elsevier

    - KASSAI, T. (2002). Helmintología veterinaria. Ed. Acribia.S.A. Barcelona.

    - URQUHART.G.M., ARMOUR.J., DUNCAN.J.L., DUNN.A.M., JENNINGS.F.W.. (2001). Parasitología veterinaria. Ed. Acribia. Zaragoza.


    - CORDERO, M. y ROJO, F.A. (1999). Parasitología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill-Interamericana de España, S.A.U, Madrid.

    - HENDRIX, CH.M. (1999). Diagnóstico parasitológico veterinario. 2ª edición. Ed. Harcourt Brace. Madrid.

    - KAUFMANN, J. (1996). Parasitic Infections of Domestic Animals. Ed. Birkhäuser Verlag. Basel.

    - THIENPONT, D; ROCHETTE, F; VANPARIJS, O.F.J. (1979). Diagnostic de verminose par examen coprologique Ed. Janssen Research Foundation. Belgique.
    -
    - Principales páginas en internet
    - URL: http://www.parasitol.or.kr/
    - URL: http://www.links2go.com/topic/Parasitology
    - URL: http://parasitology.hallym.ac.kr/
    - URL: http://paraserver.unibe.ch/
    - URL: http://www.parasitology.org/homebase.htm
    - URL: http://www.parasite.org.au/
    - URL: http://www.bwfund.org/infectious_parasitology.htm
    - URL: http://www.parasitologyindia.org/
    - URL: http://www.cal.vet.upenn.edu/merial/
    - URL: http://www.ivis.org

    Competencias
    - A identificación das distintas fases de evolución dos parasitos que afectan ós animais útiles e de compañía é competencia do licenciado en Veterinaria, polo que as habilidades necesarias para a súa obtención e/ou illamento e cultivo é unha das destrezas que deben adquirir nesta disciplina. Ademáis, nas prácticas desenvoltas no laboratorio o alumno adquirirá as habilidades específicas no manexo de equipos.

    - Os alumnos deben adquirir as seguintes COMPETENCIAS:

    - XERAIS: Das competencias xerais sinaladas no Libro Branco para o Título de Grado en Veterinaria e, en concreto, as sinaladas para ser desenvolvidas nesta materia, é preciso adquiri-las seguintes competencias:

    - GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.

    - GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.

    - GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.

    - GVUSC05. Capacidade de aplica-los coñecementos na práctica.

    - GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.

    - DISCIPLINARES
    - CEDVUSC01. Coñece-los aspectos básicos dos distintos axentes biolóxicos de interese veterinario.

    - PROFESIONAIS
    - D1VUSC 02. Saber recoller e remitir axeitadamente exemplares de parásitos de interese veterinario.
    - D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas.

    - ACADÉMICAS:
    - CEAVUSC 04. Buscar e xestiona-la información relacionada coa actividade veterinaria.

    - CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.

    - CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    - TRANSVERSAIS:
    - CTVUSC 02. Capacidade para obtener información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.

    - CTVUSC 03. Elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.

    - CTVUSC 04. Realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta.


    Metodoloxía da ensinanza
    - As clases expositivas desenvolveranse cunha duración aproximada de 50 minutos, segundo o horario aprobado en Xunta de Facultade para cada curso académico.

    - Terase en conta a asistencia como un baremo que nos indique o grao de interese do alumno.
    - O programa está ordenado por temas, pero isto non significa que cada un deles se corresponda exactamente no tempo á duración dunha clase.
    - A programación de prácticas de laboratorio, inclúe 20 horas de prácticas de laboratorio, distribuídas en 6 sesións reguladas da seguinte forma: 1 interactiva de protozoos de 4 horas. 1 interactiva de cestodos e trematodos de 4 horas. 1 interactiva de Nematodos I de 3 horas. 1 interactiva de Nematodos II de 3 horas. 1 interactiva de Acantocéfalos, Pentastómidos e Artrópodos I de 3 horas e 1 interactiva de Artrópodos II de 3 horas.
    - O alumno deberá elaborar unha memoria de prácticas que entregará ao profesor cando realice o exame práctico da materia.
    - As prácticas levaranse a cabo durante todo o primeiro semestre segundo o horario aprobado en Xunta de Facultade para cada curso académico. no laboratorio da Cátedra de Parasitoloxía e Enfermidades parasitarias.
    Sistema de evaluación
    Para a valoración final dos alumnos, realizarase o seguinte:

    - Realización de preguntas escritas e orais durante as clases expositivas teóricas e prácticas. A puntuación obtida supoñerá un 10% da cualificación final.

    - Valoración teórica parcial e final: Os alumnos terán a posibilidade de realizar un exame parcial, cuxa data se indicará oportunamente, dos contidos teóricos da materia explicados ata ese momento. Este exame parcial consistirá no desenvolvemento de 4 preguntas. Os alumnos que superen esta proba quedarán liberados desta parte da materia no exame final que se realizará en xaneiro, pero non no de xullo.final: Os contidos teóricos da materia avaliaranse ao final desta mediante a formulación de 8 preguntas de desenvolvemento, que corresponderán:

    - 1 ao bloque temático I (xeneralidades)
    - 1 ao bloque temático II (protozoos)
    - 1 ao bloque temático III (trematodos)
    - 1 ao bloque temático IV (cestodos)
    - 2 ao bloque temático V (nematodos)
    - 2 aos bloques temáticos VI e VII (acantocéfalos / pentastómidos e artrópodos).

    Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar esta proba a nota mínima media debe ser de 5 sobre 10. Nas preguntas correspondentes a cada un dos bloques é necesario obter unha puntuación mínima de 3 puntos para que compense co resto das puntuacións obtidas nesta proba. A puntuación obtida supoñerá o 80% da cualificación final.

    - Avaliación das clases prácticas. Valorarase a participación activa do alumno nas sesións prácticas; así como a presentación e elaboración persoal do caderno de prácticas que deben realizar.
    Efectuarase un exame práctico no que os estudantes deben recoñecer as diferentes formas parasitarias que viron durante o desenvolvemento das sesións prácticas. A puntuación obtida supoñerá un 10% da cualificación final.

    - A nota final que obteña o estudante será a suma das diferentes cualificacións obtidas nos apartados antes citados.

    - Segundo ten establecido a USC, as cualificacións enviaranse aos alumnos como mensaxes SMS aos teléfonos móbiles e expoñeranse os listados das persoas que superaron a parte teórica e práctica no taboleiro de anuncio. Xunto coas cualificacións enviarase as datas e horas en que os alumnos poidan revisar os seus exames.

    - A nota obtida no exame de prácticas será gardada aos alumnos que non superaron o conxunto da materia. Esto non os exime de asistir ás clases teóricas e á avaliación continua.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Horas presenciais: 60 h (35 h expositivas; 20 h de laboratoriales, 4 h de seminarios e 1 h de titoría).

    Horas non presenciais: 90 h (Estudo individual, elaboración de memoria de prácticas, consultas bibliográficas, asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas, realización de examéns)

    - Volume total de traballo: 150 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    - A experiencia acumulada nos anos que dedicamos á docencia desta asignatura lévannos a recomendar ós alumnos o estudio continuado da materia, así como realizar esquemas e resumes que lles axuden a compara-las características dos distintos grupos parasitarios e os diferentes ciclos biolóxicos posibles. Deste xeito conseguirán afianzar coñecementos e evitarán as confusións que surxen cando se intenta a memorización da asignatura co único fin de supera-lo exame final.
    - É imprescindible o seguimiento das sesiones prácticas e a elaboración dun caderno de notas, para poder ter un coñecemento directo sobre os diferentes grupos e especies de parasitos, así como das súas respectivas fases de desenvolvemento. Esta enseñanza representa a participación directa do alumno e supón o afianzamento das nocións teóricas.
    - Recoméndase a visita das diferentes páxinas Web indicadas na bibliografía, con obxeto de completa-los coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos personais.
    -
    - Recoméndase, asimesmo, que o alumno plantee as dudas que lle surxan e empregue con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.