Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091223 - Economía Agraria (Produción Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 11.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal
  • Áreas: Produción Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VANDENBERGHE , NATHALIE C..SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_07HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O futuro veterinario debe integrar a perspectiva económica nas súas formulacións profesionais, dentro do marco dun desenvolvemento sostible e verde, e ser consciente do significado da utilización polo home de recursos escasos en todas as actividades de produción, entre elas as gandeiras, sometidas ás leis da economía de mercado. Os animais de renda explótanse con fines exclusivamente económicos, e a rendibilidade das empresas gandeiras é condición sine qua non para a súa supervivencia.

    O futuro veterinario debe, polo tanto coñecer los principais conceptos económicos e empregar adecuadamente a terminoloxía correspondente. Debe ser capaz de entender os comportamentos dos axentes económicos da demanda e da oferta no mercado, grazas á axuda dos modelos micro económicos.

    Así mesmo debe coñecer os principais aspectos da comercialización dos produtos agrarios, manexar os conceptos básicos de contabilidade da empresa gandeira e de contabilidade sectorial mediante o análise das principais macro magnitudes agrarias, e familiarizarse cos obxectivos xerais e mecanismos principais da Política Agrícola Común.


    Contidos
    Economía e desenvolvemento sostible. A produción e a formación da oferta. A adaptación da oferta á demanda no mercado. O proceso produtivo na empresa agraria e a contabilidade. Comercialización dos produtos agrarios. Análise da Produción da Rama Agraria e macro magnitudes sectoriais. Sectores produtivos e política agraria.


    Programa de clases teóricas:

    -Desenvolvemento sostible: definición e evolución conceptual. Desenvolvemento verde. Desenvolvemento sostible, política e economía de mercado.
    - A Economía de Mercado: introdución. Actividades económicas, intercambio, produción e consumo. Bens, factores de produción, produto e renda. Organización da economía.
    - O consumo. A función de utilidade. A preferencia do consumidor. As relacións entre os bens e o consumo.
    - A demanda. O equilibrio xeral do consumidor. As variacións da demanda segundo a renda e os prezos. Elasticidades da demanda. A lei da demanda. O excedente do consumidor. Variacións da demanda e a cantidade demandada
    - A produción. Produción e eficiencia técnica. A función da produción dun factor variable. Produtividade total, media e marxinal.
    - A oferta. O equilibrio da produción. Custos fixos e variables, medios e marxinais. A función da oferta. A lei da oferta. A elasticidade oferta - prezo. Análise do beneficio. Variacións da oferta e da cantidade ofrecida. O equilibrio a longo prazo.
    - O mercado. A formación do prezo e o equilibrio do cambio. A lei da oferta e a demanda. As variacións dos prezos. O retraso na adaptación e o teorema da tela de araña. A clasificación dos mercados.
    - A distribución. A demanda e a oferta dos factores da produción. A formación do prezo dos factores da produción. O reparto do produto e a distribución funcional da renda. As rendas da terra, do traballo e do capital. O beneficio.
    - As contas do sector agrario. Macro magnitudes Agrarias. Metodoloxía. A Produción da Rama Agraria. Subvencións e Impostos. Consumos Intermedios. Amortizacións. O Valor Engadido da Rama Agraria. Renda Agraria. Análise estrutural e evolución. Indicadores Económicos. A distribución funcional da Renda Agraria. O comercio exterior agrario: balanza comercial, saldo e taxa de cobertura.
    - Xestión da empresa agraria, contabilidade agraria. O patrimonio empresarial. Activo e Pasivo. O equilibrio patrimonial. Inventario e Balance. O método intermedio de contabilidade agraria. As Contas e o seu funcionamento. Desenvolvemento do exercicio contable. A análise por ratios.
    - Política agraria. A Unión Europea. Construción. Institucións. O diálogo institucional e a toma de decisións na UE. A Política Agrícola Común. Reformas. A Organización Mundial de Comercio, a Ronda de Doha e o capítulo agrario.
    - Comercialización dos produtos agrarios. Axentes e canles de comercialización. Marxes de comercialización. Marketing agrario.

    Programa de clases prácticas:

    - Exercicio de Contabilidade Agraria. Análise dos elementos patrimoniais e elaboración do balance de apertura do exercicio económico. Manexo das Contas de diñeiro e de gastos de ingresos durante o exercicio. Determinación dos resultados do exercicio contable. Elaboración do balance final do exercicio e da conta de gastos e ingresos. Peche do exercicio. Beneficio, perdas e ganancias, marxe bruta e neta e outros conceptos. Cálculo de diversos ratios para a análise da empresa.
    - Macro magnitudes Agrarias: manexo de datos. Análise estrutural das contas do sector agrario español e de Galicia. Elaboración do cadro de composición e distribución da Produción da Rama Agraria. Análise dos indicadores económicos. Análise dos datos do comercio exterior agrario.
    - Documentación Europea e Análise Eurostat. Construción e ampliación da Unión Europea, institucións comunitarias, Política Agrícola Común e organizacións comúns do mercado de produtos gandeiros. Análise da problemática agraria nas negociacións da Organización Mundial do Comercio.


    Bibliografía básica e complementaria
    - BALLESTERO E. 1996. Contabilidad Agraria. Editorial Mundi-Prensa, Madrid
    - Boletines anuales de prácticas de Economía Agraria
    - CALDENTEY A. y de HARO GIMÉNEZ T. 2004. Comercialización de productos agrarios. Editorial Agrícola Española, S.A. - Ediciones Mundi-Prensa. Madrid
    - Portal de la División de Desarrollo Sostenible del Departamento de Asuntos Económicos y Sociales de Naciones Unidas (ONU)
    - Portal del Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino (MARM)
    - Portal de la Organización Mundial de Comercio (OMC)
    - Portal de la Unión Europea (UE)
    - VANDENBERGHE N. 1995. Breve Teoría del Mercado para la Economía Agraria. Editorial Acribia, Zaragoza
    - VANDENBERGHE N. y CEULAR VILLACÉ A. 2006. Elementos de Contabilidades para Veterinaria. Unicopia Artes Gráficas, Lugo

    Competencias
    Competencias sinaladas na Memoria de Grado de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela:
    *(GVUSC) Competencias Xerais:
    - GVUSC02. Capacidade de análise y síntese
    - GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo
    *(CEDVUSC) Competencias Disciplinares:
    - CEDVUSC 11. Coñecemento das bases del funcionamento e optimización
    dos sistemas de produción animal y vexetal ea s súas repercusións sobre el
    medio ambiente
    - CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión
    en todos aqueles campos da profesión veterinaria
    *(D1VUSC) Competencias Profesionais:
    - D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medio ambientais
    e de benestar, buscando a súa optimización
    - D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de
    ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade
    *(CEAVUSC) Competencias Académicas:
    - CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos
    ámbitos profesionais do veterinario
    - CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os
    coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais
    mediante un proceso de formación permanente
    *(CTVUSC) Competencias Transversais:
    - CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación
    - CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos

    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia expositiva da materia de Economía Agraria representa 11 horas de clases maxistrais interactivas nas que se solicita a atención dos estudantes e a súa participación para lograr unha perfecta comprensión da disciplina (os estudantes poden interromper as explicacións en calquera momento para expor preguntas e solicitar aclaracións). Espérase de cada estudante nestas clases unha participación activa e a recollida directa de información para a elaboración de apuntamentos persoais.
    As explicacións correspondentes á docencia expositiva apóianse na proxección de gráficos, cadros e táboas exclusivamente, indicando a súa procedencia en cada caso para facilitar a súa localización e utilización polos alumnos para o estudo da materia, complementando as notas tomadas en clase para a elaboración de apuntamentos persoais e a consulta da bibliografía indicada para cada tema. Desta maneira os alumnos poden atender mellor en clase sen ter que preocuparse por copiar os gráficos, cadros ou táboas que se proxectan, xa que coñecen perfectamente a fonte de onde proceden.
    Descártase completamente o uso na aula de programas informáticos expositivos para o temario da disciplina (powerpoint e análogos) así como a posta a disposición dos estudantes deste tipo de material para o estudo da materia, xa que diversas investigacións demostraron os seus efectos perniciosos no ámbito académico ao dispersar a atención dos alumnos, dificultar a recollida de información para a elaboración de apuntamentos persoais, e substituír ou eliminar a consulta directa das fontes bibliográficas sinaladas. A lectura de textos de powerpoint en clase pode entorpecer gravemente a boa marcha da docencia e impedir alcanzar os resultados desexados para a aprendizaxe dos alumnos e o logro dos coñecementos adecuados.
    O horario de clases teóricas distribúese de maneira homoxénea entre os diversos temas do programa.
    A docencia práctica representa 18 horas repartidas en 4 sesións de 4 horas e unha sesión de 2 horas, dedicadas á aproximación interactiva a elementos de contabilidade empresarial, diversas macromagnitudes agrarias e elementos de contabilidade nacional, e principais instrumentos da PAC.
    Este horario de docencia expositiva e práctica compleméntase cunha hora adicional de tutoría en grupo na que os estudantes poden expor todo tipo de dúbidas ou preguntas acerca da materia e a súa impartición, exames, etc.

    Sistema de evaluación
    Exame: 80% da nota final
    Avaliación continuada (asistencia e traballos): 20% da nota final

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sinálase por imperativos normativos e de maneira xeneral un tempo de estudio individual de 30 horas e un total de 45 horas de traballo persoal do estudante. Agora ben, estas cifras deben tomarse con gran reserva xa que en realidade estes conceptos resultan dificilmente cuantificables, e ademais cabe sinalar que as necesidades de estudio e traballo dos estudantes presentan unha gran variabilidade de acordo coas circunstancias persoais de cada uno deles, polo que calquera cifra media pode resultar de escasa utilidade e inducir a confusión.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase asistir a clase de maneira activa e continuada, atendendo a todas as explicacións dos profesores, estudar de maneira complementaria o tempo necesario hasta a perfecta comprensión dos conceptos da materia, e elaborar os diversos traballos solicitados.