Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091224 - Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 18.00
  • Clase Expositiva: 35.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FAILDE GARCIA, LUIS DANIEL.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.NON
Vázquez Rodríguez, Sonia.SI
Vázquez Rodríguez, Sonia.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES09OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES10OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES11OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Co estudo da materia Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria pretendemos que o/a estudante acade os seguintes obxectivos:
    - Coñecer o concepto de lesión e diferencialo de alteración postmortem.
    - Adquirir un coñecemento claro dos grandes grupos lesionais (distrofias, disciclias, inflamacións, alteracións do crecemento e tumores) e dos caracteres morfolóxicos (macroscópicos e microscópicos) que serven para a súa identificación e diferenciación.
    - Coñecer as causas e consecuencias dos distintos tipos de lesións.
    - Comprender os mecanismos polos que se xeran as distintas lesións.
    - Conseguir coñecementos básicos do método anatomopatolóxico e da terminoloxía histopatolóxica, permitíndolle describir con precisión os achádegos patolóxicos.
    - Aprender a realizar un diagnóstico morfopatolóxico correcto.

    Contidos
    CONTIDOS TEÓRICOS:

    CAPÍTULO 1: XENERALIDADES
    A este capítulo está previsto adicarlle 2 horas de clase.
    Tema 1. Anatomía Patolóxica. Concepto e división. Evolución histórica. Obxectivos. Métodos de estudo: a necropsia, a biopsia e a citoloxía. Planificación do curso. Bibliografía.

    CAPÍTULO 2: PATOLOXÍA CELULAR E ALTERACIÓNS DO METABOLISMO
    A este capítulo está previsto adicarlle 11 horas de clase.
    Tema 2. Terminoloxía da Anatomía Patolóxica. Concepto de lesión e tipos de lesións.
    Tema 3. Lesión celular: causas, mecanismos xerais e manifestacións morfolóxicas.
    Tema 4. A célula adaptada. Autofaxia, atrofia, hipertrofia, hiperplasia, metaplasia, outros conceptos.
    Tema 5. Necrose: manifestacións morfolóxicas e evolución. Morte individual: Alteracións postmortem.
    Tema 6. Apoptose: manifestacións morfolóxicas, mecanismos e importancia en Patoloxía.
    Tema 7. Trastornos do metabolismo dos glúcidos e lípidos. Lipose (por alteración dos depósitos graxos e esteatose) e lipoidose.
    Tema 8. Trastorno do metabolismo das proteínas: hialinose intracelular e extracelular, dexeneración fibrinoide, amiloidose, patoloxía do metabolismo dos proteidos (gota úrica) e trastornos da queratinización.
    Tema 9. Depósitos de pigmentos. Depósito de pigmentos endóxenos: pigmentos hemoglobinóxenos (porfirinas, hemosiderina e bilirrubina -ictericias-), pigmentos non hemoglobinóxenos (melanina e lipofuscina). Depósito de pigmentos esóxenos.
    Tema 10. Trastornos do metabolismo do calcio. Calcificacións patolóxicas: calcificación distrófica e metastática. Litiase: concepto, tipos, formación, morfoloxía. Pseudoconcrecións.

    CAPÍTULO 3: TRASTORNOS DA CIRCULACIÓN
    A este capítulo está previsto adicarlle 7 horas de clase.
    Tema 11. Conxestión e hiperemia: causas, mecanismo patoxénico, características morfolóxicas e consecuencias.
    Tema 12. Hemorraxia. Concepto. Etiopatoxenia. Características morfolóxicas. Clasificación e terminoloxía. Evolución dos focos hemorráxicos. Consecuencias.
    Tema 13. Trombose. Concepto e xeneralidades do mecanismo da coagulación sanguínea. Etioloxía. Patoxenia. Morfoloxía. Evolución. Consecuencias.
    Tema 14. Coagulación intravascular diseminada (C.I.D.). Shock ou colapso: Patoxenia, lesións e evolución.
    Tema 15. Embolia. Concepto. Tipos e vías de embolización. Consecuencias da embolia.
    Tema 16. Isquemia e infarto. Concepto. Causas e mecanismos. Morfoloxía. Consecuencias. Evolución. Significado clínico do infarto.
    Tema 17. Edema. Concepto xeral. Intercambio de líquidos nos tecidos. Causas e patoxenia do edema. Localizacións. Características anatomopatolóxicas.

    CAPÍTULO 4: INFLAMACIÓN E REPARACIÓN
    A este capítulo está previsto adicarlle 9 horas de clase.
    Tema 18. Inflamación. Concepto e xeneralidades. Causas. Clasificación
    Tema 19. Inflamación. Patoxenia (1). Cambios vasculares: alteración do fluxo sanguíneo e alteracións da permeabilidade vascular. Fenómenos leucocitarios: marxinación, migración, quimiotacse, fagocitose
    Tema 20. Inflamación. Patoxenia (2). Mediadores da inflamación. Participación das células inflamatorias.
    Tema 21. Inflamación aguda. Patróns morfolóxicos: inflamación serosa, inflamación catarral, inflamación fibrinosa, inflamación hemorráxica, inflamación purulenta, inflamación pútrida ou icorosa. Evolución da inflamación aguda.
    Tema 22. Inflamación. Patróns morfolóxicos da inflamación crónica: inflamacións granulomatosas. Peculiaridades do tecido inflamatorio segundo a localización.
    Tema 23. Reparación. Rexeneración. Patoloxía da cicatrización: fibrose e cirrose.

    CAPÍTULO 5: INMUNOPATOLOXÍA
    A este capítulo está previsto adicarlle 2 horas de clase.
    Tema 24. Reaccións de hipersensibilidade. Concepto e tipos. Manifestacións morfolóxicas e Patoxenia nos procesos de hipersensibilidade máis frecuentes nos animais domésticos.
    Tema 25. Enfermidades autoinmunes. Manifestacións morfolóxicas das enfermidades autoinmunes máis comúns nos animais domésticos. Inmunodeficiencias.

    CAPÍTULO 6: TRASTORNOS DO CRECEMENTO E ONCOLOXÍA
    A este capítulo está previsto adicarlle 4 horas de clase.
    Tema 26. Alteracións xerais do desenrolo. Axenesia, aplasia, hipoplasia, hamartoma, coristoma.
    Tema 27. Neoplasia (I). Concepto. Clasificación e terminoloxía. A célula cancerosa.
    Tema 28. Neoplasia (II). Benignidade e malignidade tumoral. Características macroscópicas e microscópicas dos tumores benignos e malignos.
    Tema 29. Neoplasia (III). O estroma tumoral. A vascularización. Crecemento e metástase.
    Tema 30. Neoplasia (IV). Carcinoxénese. Carcinoxénese química. Virus oncóxenos. Causas intrínsecas. Carcinoxénese física.

    CONTIDOS PRÁCTICOS:
    . 1ª: Distrofias (3 horas)
    . 2ª: Disciclias (3 horas)
    . 3ª: Inflamacións I (3 horas)
    . 4ª: Inflamacións II (3 horas)
    . 5ª: Neoplasias (3 horas)
    . 6ª Pezas de matadoiro (3 horas)

    Bibliografía básica e complementaria
    CHEVILLE, N.F. (2006). Introduction to Veterinary Pathology. 3rd Edition. Blackwell Publishing. Ames. Iowa. USA.
    DAY, M.J. & SCHULTZ, R.D. (2011). Veterinary Immunology. Principles and Practice. Manson Publishing Ltd. London. UK.
    KITT, T.H. & SCHULTZ, L.C. (1985). Tratado de Anatomía Patológica General para Veterinarios y Estudiantes de Veterinaria. Ed. Labor, Barcelona.
    KUMAR, V., ABBAS, A. K., FAUSTO, N., ASTER J. (2010). Robbins and Cotran Pathologic basis of disease, 8th Edition. Saunders, Elsevier. Philadelphia.
    MEUTEN, D. J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th Ed. Iowa State Press.
    ROBBINS S.L. (1999). Manual de Patología Estructural y Funcional. 6ª Edición. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
    SLAUSON D.O., COOPER B.J. (2002). Mechanisms of Disease. A Textbook of Comparative General Pathology 3rd edition. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
    THOMSON, R.G. (2001). Anatomía Patológica General Veterinaria. Acribia. Zaragoza.
    TIZARD, I.R. (2009). Introducción a la Inmunología Veterinaria. 8ª edición. Saunders Elsevier. Barcelona.
    ZACHARY, J.F. & McGAVIN, M.D. (2012). Pathologic basis of Veterinary Disease. 5th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.

    ATLAS
    BLOWEY, R.W., WEAVER D.A., BLOOD, D.C. (2006). Atlas a color de enfermedades y trastornos del ganado vacuno. 2nd edition. Madrid. Elsevier.
    FERGUSON, H.W. (2006) Systemic pathology of fish: A text and atlas of normal tissues in teleosts and their responses in disease. 2nd Ed., Scotian Press, London, UK.
    HERENDA, D.C.; & FRANCO, D.A. (1999): Poultry Diseases and Meat Hygiene: A Color Atlas. Wiley-Blackwell
    KLATT, E.C. (2007). Robbins y Cotran. Atlas de anatomía Patológica. 1ª edición. Elsevier España. Madrid.
    LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
    RANDALL, C.J. & REECE, R.L. (1996). Color atlas of avian histopathology. London. Mosby-Wolfe.
    SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. Interamericana-McGraw-Hill. Madrid.
    VAN DIJK, J.E., GRUYS, E., MOUWEN, J.M.V.M. (2007). Color atlas of veterinary pathology: general morphological reactions of organs and tissues. 2nd Edition. Saunders-Elsevier, Edinburgh.
    RECURSOS EN INTERNET
    • http://seapv.org/index.asp
    • http://w3.vet.cornell.edu/nst/
    • http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atlas/indice.htm
    • http://atlas.fmv.utl.pt/atlas/intro_geral.htm
    • http://people.upei.ca/lopez/
    • http://people.upei.ca/hanna/
    • http://people.upei.ca/smartinson/
    • http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology.cgi
    • http://video.vet.cornell.edu/virtualvet/bovine/7.html
    • http://partnersah.vet.cornell.edu/avian-atlas/
    • http://fmstream.uab.es/cr-vet/necropsiaaus.html
    • http://www.cfsph.iastate.edu/Enfermedades/
    • http://www.cldavis.org/syllabi/archive/downloads.html?id=104
    • http://cal.vet.upenn.edu/projects/pathterm2/menu.htm
    • http://vetpath.wordpress.com/

    Competencias
    Competencias Xerales
    o GVUSC01. Capacidadee de aprendizaxe e adaptación.
    o GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
    o GVUSC03. Coñecementos xerales sobre a área de traballo.
    o GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    o GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    o GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    o GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
    Competencias específicas disciplinares (saber):
    o CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
    o CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estructura e función do organismo animal.
    Competencias Específicas Profesionales (saber facer, competencias a día 1):
    o D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
    o D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
    o D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e post mortem e dos alimentos destinados ó consumo humán.
    o D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
    Competencias Específicas Académicas (querer facer):
    o CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    o CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    o CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    o CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    o CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a mediciña baseada na evidencia.
    o CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionales.
    o CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.
    Competencias transversales
    o CTVUSC 01 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
    o CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    o CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    o CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    o CTVUSC 05 Habilidade no manexo de TICs.
    o CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
    o CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Os/as estudantes recibirán 3 clases teóricas semanais de Anatomía Patolóxica Xeral ó longo do segundo semestre de acordo cos horarios aprobados en Xunta de Facultade para o curso académico 2013/2014. Ademais, realizaranse 4 seminarios sobre casos relacionados coa materia impartida hasta ese intre.
    As prácticas terán lugar en horario de 12 a 15 horas na Sala de Microscopía Óptica e de 15 a 18 horas na Sala de Necropsias (Pavillón 3). Impartiranse prácticas de Histopatoloxía clínica programadas e de observación de lesións macroscópicas de pezas de matadoiro.
    Cada estudante debe apuntarse, segundo a súa conveniencia, nos cuadrantes que se colocarán no departamento (Pavillón 3).
    A asistencia ás prácticas é OBRIGATORIA e a avaliación será continuada.
    Cada estudante debe realizar 6 grupos de prácticas diferentes dunha sesión cada unha (Horario: de 12 a 15 ou de 15 a 18 horas)
    . 1ª: Distrofias (1 sesión)
    . 2ª: Disciclias (1 sesión)
    . 3ª: Inflamacións I (1 sesión)
    . 4ª: Inflamacións II (1 sesión)
    . 5ª: Neoplasias (1 sesión)
    Estes 5 grupos de prácticas de Histopatoloxía clínica terán lugar na Sala de Microscopía Óptica (Pavillón 3). É aconsellable levar os apuntamentos correspondentes aínda que se facilitará a bibliografía. Nestas 5 sesións ilustraranse e completaranse os contidos teóricos da materia. Para iso utilizaranse casos clínicos reais, a través dos cales, poderedes adquirir un coñecemento claro dos grandes grupos de lesións e dos caracteres morfolóxicos que serven para a súa identificación e diferenciación, utilizando a terminoloxía adecuada para describir e a linguaxe propia da histopatoloxía.
    . 6ª Pezas de matadoiro (1 sesión): Realizaranse na Sala de Necropsias (Pavillón 3) e os/as estudantes deberán ir provistos obrigatoriamente de luvas fortes de látex. Nesta sesión traballaremos con pezas frescas de matadoiro decomisadas. Poñerase especial énfase en que melloredes as vosas destrezas na descrición das lesións macroscópicas observadas e na elaboración do correspondente informe anatomopatolóxico. Trataremos de que sexades capaces de establecer o diagnóstico morfopatolóxico, o diagnóstico diferencial, e de ser posible, o diagnóstico definitivo (facilitarase bibliografía adecuada e acceso a internet). Os informes presentarédelos oralmente durante dita sesión e discutiranse co/a profesor/a, facilitando a intervención do resto dos/as estudantes.
    Titorías: Tódalas tarefas dos/as estudantes (estudo, traballos, lecturas…) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría virtual e presencial.

    Sistema de evaluación
    Avaliación dos coñecementos teórico-prácticos:
    Exame Final primeira convocatoria en maio.
    Exame Final segunda convocatoria en xullo.

    -Realizarase avaliación continua do estudantado (que suporá o 20% da cualificación final) e que recollerá o traballo persoal do/a estudante no horario de clase teórica mediante diferentes probas: control de asistencia, realización de exercicios escritos –programados ou non-, participación activa na aula, traballos a través da USC virtual…
    - Avaliación dos coñecementos teórico-prácticos (suporá un 80% da cualificación final): Os exames teórico-prácticos consistirán en 2 partes:
    1.- Exame teórico convencional (60% da cualificación final): consistirá na resposta a preguntas que se realicen sobre o temario e o desenvolvememto das clases mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando (cando así estea indicado) os adecuados soportes gráficos. Mínimo obrigatorio 5/10 (ou 3/6).
    2.- Exame práctico (20% da cualificación final): consistirá na realización dunha proba escrita acerca dos casos de prácticas (15% da cualificación final). Ademais avaliarase de forma continuada (5% da cualificación final) a actitude, aptitude e a aprendizaxe do/a estudante ó longo das 6 sesións de prácticas programadas de Anatomía Patolóxica Xeral. Importante: Se a avaliación continuada das prácticas é negativa, a nota de toda a parte práctica será de cero. Mínimo obrigatorio 5/10 (ou 1/2).

    NOTA DOS COÑECEMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS (máx 8 puntos) = EXAME TEÓRICO CONVENCIONAL (máx 6 puntos) + EXAME PRÁCTICO (máx 2 puntos: 1,5 exame escrito + 0,5 avaliación contInua prácticas)

    NOTA FINAL= (Nota de avaliación de coñecementos teórico-prácticos x 0,8) + (Nota de avaliación continua x 0,2)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL:
    35 horas de clases maxistrais
    4 horas de seminarios
    18 horas de prácticas clínicas
    3 horas de titorías.
    TRABALLO PERSOAL:
    63 horas de estudo individual
    8 horas de elaboración de traballos
    2 horas de revisión bibliográfica
    15 horas de resolución de casos.
    REALIZACIÓN DE EXAMES: 2 horas/exame.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a clases teóricas e prácticas.
    - Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudo.
    - Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web, artigos científicos…
    - Uso regular da USC virtual e das titorías.

    Observacións
    Na materia Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria empregamos de maneira regular a USC virtual polo que recomendamos que os/as estudantes matriculados estén pendentes das novas que se produzan na mesma.