G2091225 - Cría e Saúde Animal (Produción Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 6.00
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Produción Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA Mellora Xenética é a aplicación da ciencia xenética aos rendementos dos animais domésticos. O estudante de Veterinaria debe adquirir coñecementos sobre:
- A natureza xenética dos caracteres de importancia económica, ademais da definición dun obxectivo de selección que tenderá a maximizar a rendibilidade económica mediante a contribución ao incremento da eficiencia produtiva. Un dos primeiros pasos dentro da organización dun programa de mellora xenética debe ser a toma de datos necesarios para alcanzar os obxectivos programados e coñecer os parámetros xenéticos de interese da poboación que se deben mellorar.
- A predición do valor xenético dun individuo a partir dos seus datos ou dos seus parentes. A finalidade da valoración xenética será a de identificar os mellores animais, portadores dunha combinación de xenes apropiada que se espera que transmitirán aos seus descendentes.
- A definición do esquema de selección que pretenderá a difusión dos mellores animais en toda a poboación mediante o uso de novas tecnoloxías reprodutivas.
- A base xenética da resistencia en hospedes e nos parasitos e patóxenos e utilización desa variación para seleccionar artificialmente animais para unha menor propensión a calquera enfermidade.
- A conservación de recursos xenéticos animais coñecendo as motivacións xenético-produtivas, científicas e culturais que a xustifican.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO:
TEMA 1.- INTRODUCIÓN.
TEMA 2.- ESTIMACIÓN DE PARÁMETROS XENÉTICOS.
TEMA 3.- FARMACOXENÉTICA.
TEMA 4.- RESISTENCIA A ENFERMIDADES.
TEMA 5.- CONTROL XENÉTICO E AMBIENTAL DAS ENFERMIDADES HEREDITARIAS.
TEMA 6 e 7.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO VACÚN DE LEITE.
TEMA 8 e 9.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO VACÚN DE CARNE.
TEMA 10.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO OVINO E CAPRINO.
TEMA 11.- MELLORA XENÉTICA EN GANDO PORCINO.
TEMA 12.- MELLORA XENÉTICA DE AVES.
TEMA 13.- MELLORA XENÉTICA DE COELLOS.
TEMA 14.- MARCADORES XENÉTICOS MOLECULARES
TEMA 15.- APLICACIÓNS DE XENÓMICA EN MELLORA XENÉTICA ANIMAL
TEMA 16.- A CONSERVACIÓN DE RECURSOS XENÉTICOS
TEMA 17.- BIOTECNOLOXÍA E MELLORA XENÉTICA ANIMAL: SELECCIÓN XENÓMICA. NOVAS TECNOLOXÍAS REPRODUTIVAS
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
Cálculo de matrices de parentesco.
Cálculo de consanguinidade
Normalización de lactacións.
Introdución ao BLUP modelo animal. Utilización do programa MTDFREML para predicir valores xenéticos.
Probas de testaxe de sementais bovinos de aptitude láctea e cárnica..
Bibliografía básica e complementariaBASELGA, M. y A. BLASCO. 1989. "Mejora Genética del Conejo de Producción de Carne". Ed. Mundi-Prensa.
DALTON, C. 1980. "Introducción a la Genética Animal Práctica". Ed. Acribia.
FALCONER, D.S. y T.F.C. MACKAY. 2001. “Introducción a la Genética Cuantitativa”. Ed. Acribia.
FONTDEVILA, A.; MOYA, A. 1999. Introducción a la Genética de poblaciones. Síntesis.
FRIES, R. y A. RUBINSKY. 1999. The genetics of cattle. CABI Publising.
GALL, C. 1981. "Goat Production". Academic Press.
GJIEDREM, T. (Editor). 2005. Selection and Breeding Programs in Aquaculture. Springer.
OWEN, J.B. y R.E.F. AXFORD. 1991. Breeding for disease resistance in farm animals. CAB International.
LASLEY, J.F. 1991. "Genética del Mejoramiento del Ganado". Ed. Limusa.
LEGATES, J.E. y E.J. WARWICK. 1992. "Cría y Mejora del Ganado". Ed. Interamericana.
LOPEZ-FANJUL, C. y M.A. TORO. 1990. "Mejora Genética de Peces y Moluscos". Ed. Mundi-Prensa.
MINVIELLE, F. 1990. "Principes d'Amélioration Génétique des Animaux Domestiques". INRA, París.
NICHOLAS, F.W. 1998. Introducción a la Genética Veterinaria. Ed. Acribia.
OROZCO, F. 1991. "Mejora Genética Avícola". Ed. Mundi-Prensa.
PIPER, L. y A. RUBINSKY. 1997. "The genetics of Sheep". CAB International.
RICO, M. 1999. "Los modelos lineales en la mejora genética animal”. Ed. Marcos Rico Gutiérrez.
ROTHSCHILD, M.F. y A. RUBINSKY. 1998. "The genetics of pig". CAB International
CompetenciasXENÉRICAS (GVUSC):
GVUSC01. - Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. - Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. - Coñocementos xerales sobre a área de traballo.
DISCIPLINARES (CEDVUSC):
CEDVUSC01. - Coño cementoto xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación.
CEDVUSC03. - Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC04. - Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC10. - Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
CEDVUSC11. - Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio.
PROFESIONAIS (D1VUSC):
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade.
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
TRANSVERSAIS (CTVUSC):
CTVUSC01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC06 Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza A.- O programa teórico impártese en 17 sesións de clases expositivas de 50 minutos de duración.
B.- As prácticas de laboratorio realizaranse en 5 sesións de 4 horas cada unha e 2 visitas activas de 3 horas cada unha
C.- Titorías en grupos reducidos ou individualizadas (2 horas)
Sistema de evaluaciónNo sistema de avaliación terá un peso final do 80% a proba final escrita baseada nunha serie de preguntas de resposta breve en combinación con preguntas con respostas opcionais a elixir unha e, o 20% restante a partir de traballos prácticos realizados polo alumno
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno requirirá 50 horas de estudo individual para superar a materia, 10 horas para resolución de supostos e 3,5 horas para a realización de exame
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir tanto ás clases teóricas coma ás prácticas para familiarizarse cunha terminoloxía propia.
- Razoamento sobre os diferentes conceptos explicados e non só memorizar uns datos para poder repetilos nun exame