G2091226 - Farmacoloxía e Farmacia (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 5.00
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 15.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 63.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Farmacoloxía
- Áreas: Farmacoloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.-Observar detidamente os distintos procesos farmacolóxicos e biolóxicos en xeral.
2.-Comprender e adquirir os conceptos básicos de Farmacoloxía en relación coa formación como Veterinario.
3.-Integrar os coñecementos farmacolóxicos cos adquiridos no resto das materias do grao en Veterinaria.
4.-Coñecer as fontes principais de información, para poder orientarse na busca bibliográfica.
5.-Contrastar os datos obtidos para establecer e definir as correspondentes diferenzas co obxecto de desenvolver un espírito crítico.
6.-Asimilar os últimos avances en Farmacoloxía.
7.-Desenvolver as aptitudes necesarias para manexar os instrumentos básicos empregados nas técnicas farmacolóxicas habituais.
8.-Traballar en equipo e colaborar nas tarefas dun grupo de estudo ou de investigación.
ContidosPROGRAMA
CLASES TEÓRICAS
TEMA 1.-Farmacoloxía, concepto e divisións. (0.5 horas)
TEMA 2.-Farmacocinética. (5 horas)
TEMA 3.-Farmacodinamia. (3 horas)
TEMA 4.-Localización de receptores no organismo animal. (0.5 horas)
TEMA 5.-Fármacos que actúan sobre receptores adrenérxicos. (2 horas)
TEMA 6.-Fármacos que actúan sobre receptores colinérxicos. (2 horas)
TEMA 7.-Fármacos que actúan sobre receptores dopaminérxicos. (0.5 horas)
TEMA 8.-Fármacos que actúan sobre receptores serotoninérxicos. (0.5 horas)
TEMA 9.-Fármacos que actúan sobre receptores de histamina. (1 hora)
TEMA 10.-Fármacos que actúan sobre os receptores de GABA e glutamato. (1 hora)
TEMA 11.-Fármacos que actúan sobre receptores opioides. (1 hora)
TEMA 12.-Fármacos que actúan sobre canles iónicas (Na+, K+ y Ca2+). (1 hora)
TEMA 13.-Fármacos que modulan a función de transportadores. (1 hora)
TEMA 14.-Fármacos que actúan en receptores de péptidos. (0,5 hora)
TEMA 15.-Fármacos que modulan a función enzimática. (1 hora)
TEMA 16.-Fármacos que actúan sobre receptores intracelulares. (0.5 horas)
TEMA 17.-Fármacos de acción inespecífica. (0.5 horas)
TEMA 18.-Antibióticos inhibidores da síntese da parede bacteriana. (2 horas)
TEMA 19.-Antibióticos inhibidores da síntese de proteínas. (2 horas)
TEMA 20.-Antibióticos inhibidores do metabolismo intermediario e inhibidores da síntese de ácidos nucleicos. (0.5 horas)
TEMA 21.-Fármacos antimicóticos e antivíricos. (0.5 horas)
TEMA 22.-Fármacos antiparasitarios internos. (2 horas)
TEMA 23.-Fármacos antiparasitarios externos. (1 hora)
TEMA 24.-Fármacos antineoplásicos. (0.5 horas)
PRÁCTICAS DE ENCERADO
1.-Introdución ao programa da materia, normas xerais. (0.5 horas)
2.-Parámetros farmacocinéticos. (1 hora)
3.-Mapa de dianas farmacolóxicas. (0.5 horas)
4.-Farmacoloxía ganglionar. (0.5 horas)
5.-Farmacoloxía da unión neuromuscular. (0.5 horas)
6.-Modulación farmacolóxica das aminas. (1 hora)
7.-Farmacoloxía da canle de Cl-. (1 hora)
8.-Farmacoloxía dos intercambiadores. (2 horas)
9.-Implicacións farmacolóxicas dos péptidos. (1.5 hora)
10.-Enzimas con función farmacolóxica. (1 hora)
11.-Efectos da traslocación fármaco-receptor. (0.5 hora)
12.-Efectos da modulación hormonal. (1 hora)
13.-Solucións hidroelectrolíticas. (1 hora)
14.-Receptores orfos. (0.5 horas)
15.-Novos axentes antibacterianos. (0.5 horas)
16.-Farmacoloxía dermatolóxica. (0.5 horas)
17.-Fármacos endectocidas. (1 hora)
18.-Inmunomodulación. Farmacoxenómica. (0.5 horas)
CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO E CLÍNICAS
1.-Farmacocinética. (3 horas)
2.-Curvas dose-resposta (1,5 horas)
3.-Transmisión neuromuscular (1, 5 horas)
4.-Resposta cardiovascular (2 horas)
5.-Estudo do efecto antiespumante dos derivados da silicona. (0,5 horas)
6.-Fármacos mucolíticos. (0,5 horas)
7.-Músculo liso (1 hora)
8.-Formas Farmacéuticas (2,5 horas)
9.-Manexo de fontes de información sobre medicamentos (2,5 horas)
Bibliografía básica e complementariaBISHOP, Y., Ed. (2004) The veterinary formulary. Handbook of medicines used in veterinary practice. London, British Veterinary Association.
BOOTHE, D.M. (2001) Small Animal Clinical Pharmacology and Therapeutics. Philadelphia, Saunders.
ADAMS, H.R. (2001) Veterinary Pharmacology and Therapeutics. 8th Edition. Ames, Iowa State University Press.
KIRK, R.W.; BONAGURA, J.D. (2009) Terapéutica Veterinaria de Pequeños Animales. XIV Edición. Madrid, Interamericana McGraw-Hill.
BOTANA, L.M.; LANDONI, F.; MARTÍN, T. (2002) Farmacología Veterinaria. Madrid, MacGraw Hill.
MADDISON, J.; PAGE, S.; CHURCH, D. (2008) Small Animal Clinical Pharmacology. Second Ed. New York, Saunders.
PAGE, C.P.; CURTIS, M.J.; SUTTER, M.C.; WALKER, M.J.A.; HOFFMAN, B.B., Ed. (2006) Integrated pharmacology. Third Edition. London, Mosby.
BRUNTON, L.; CHABNER, L.; KNOÑÑMAN, B.. (2011) Goodman & Gilman Las bases farmacológicas de la Terapéutica. 12ª Edición. McGraw-Hill Interamericana.
PAPICH, M.G. (2011) Handbook of Veterinary Drugs. New York, Saunders.
REYNOLDS, J.E.F. (2009) Martindale. The Extra Pharmacopoeia. 36 Edition. London, Royal Pharmaceutical Society.
RIVIERE, J.E.; PAPICH, M.C. (2009) Veterinary Pharmacology and Therapeutics. 9th Edition. Ames, Iowa State University Press.
ADAMS, H.R. (2003) Farmacología y Terapéutica Veterinaria. Segunda edición. Ames, Iowa State University Press.
FLÓREZ, J.; ARMIJO, J.A.; MEDIAVILLA, A. (2008) Farmacología Humana. Quinta Edición. Barcelona, Masson.
LORENZO, P; MORENO, A., LIZASOAIN, I.; LEZA, J.C.; MORO, M.A., PORTOLÉS, A. (2008) Velázquez Farmacología Básica y Clínica. 18º Edición. Madrid. Médica Panamericana.
VELASCO, A.; SAN ROMÁN, L.; SERRANO, J.S.; MARTINEZ-SIERRA, R.; CADAVID, I. (2004) Farmacología Fundamental. Madrid, Interamericana. McGraw-Hill.
(2012) Guia de productos zoosanitarios. Veterindustria.
(2013) Catálogo de Especialidades Farmacéuticas. Consejo General de Colegios Oficiales de Farmacéuticos.
CompetenciasCompetencias Xenéricas do grao en Veterinaria (GVUSC):
Adquirir:
GVUSC01.-Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02.-Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03.-Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
GVUSC06.-Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Específicas disciplinares (CEDVUSC):
Saber:
CEDVUSC04.-Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC05.-Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC09.-Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
Competencias Específicas profesionais (D1VUSC):
D1VUSC07.-Realizar os tratamentos medico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC08.-Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
Competencias Específicas académicas (CEAVUSC):
CEAVUSC01.-Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC02.-Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC04.-Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC05.-Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo á medicina baseada na evidencia.
Competencias transversais (CTVUSC):
CTVUSC01.-Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC02.-Capacidade para obter a información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03.-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC04.-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC05.-Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC06.-Utilización da información en lingua estranxeira.
CTVUSC07.-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico, utilizando o encerado e os medios audiovisuais, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
As prácticas de encerado/seminarios son actividades complementarias que poden ser impartidas por persoal académico ou polo alumnado, baixo a supervisión do primeiro. Realizaranse na aula e intercalaranse co contido teórico do programa.
As prácticas de laboratorio servirán para ilustrar os contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
As prácticas clínicas teñen como obxectivo a adquisición polo estudante das habilidades inherentes á práctica clínica.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
Sistema de evaluaciónCualificación final:
30% participación activa na materia
70% exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos na materia.
Da cualificación final (sobre 10 puntos), polo menos 3.5 puntos deberán provir do exame e 0.6 puntos da avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula (clases maxistrais, prácticas, seminarios, titorías): 63 horas:
Clases maxistrais: 30 horas
Prácticas laboratorio: 10 horas
Prácticas clínicas non asistenciais: 5 horas
Prácticas encerado: 15 horas
Titorías: 3 horas
Traballo persoal do estudante (estudo individual, elaboración de traballos, revisión bibliográfica, resolución de problemas, exames..): 87 horas:
Estudo individual: 67 horas
Elaboración de traballos: 3 horas
Revisión bibliográfica: 3 horas
Resolución de casos/problemas: 10 horas
Presentacións orais: 2 horas
Realización de exames: 2 horas