G2091227 - Nutrición e Alimentación Animal (Produción Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.50
- Clase Interactiva Laboratorio: 35.00
- Horas de Titorías: 2.50
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Produción Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaComo disciplina formativa debe fomentar no alumno unha nova forma de observar e comprender os fenómenos relacionados co seu ámbito. Isto terá que ser abordado cunha actitude aberta, analítica e crítica..
Como disciplina informativa debe ofrecer ao alumno a infraestrutura suficiente co fin de comprender e realizar as accións necesarias para producir alimentos de orixe animal para o home, transformando subprodutos e materias primas de diferente valor biolóxico e tendo presente que a súa actividade profesional desenvólvese dentro da cadea trófica e nun sistema que debe protexer.
O manexo de fontes bibliográficas nacionais e internacionais, así como programas informáticos de formulación e racionamento permítenlle estar ao día na evolución que está experimentando o sector gandeiro e sérvenlle de apoio para ir creándose a habilidade de tomar decisións, a veces innovadoras, que a sociedade lle demandará durante o seu exercicio profesional
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA (22,5 horas)
Bloque temático I: Introdución á Nutrición e Alimentación Animal. (3 horas)
Tema 1.- Conceptos, evolución e perspectivas da nutrición animal
Tema 2.- Composición e dixestibilidade do alimento
Tema 3.- Valoración enerxética e proteica dos alimentos
Bloque temático II: Bromatoloxía zootécnica. (9 horas)
Tema 4.- A auga de bebida
Tema 5.- Valor nutritivo dos forraxes
Tema 6.- Valor nutritivo dos cereais gran e os seus subprodutos
Tema 7.- Valor nutritivo das fontes proteicas vexetais e de orixe animal
Tema 8.- Valor nutritivo de outros alimentos fibrosos
Tema 9.- Valor nutritivo de raíces, tubérculos, froitos e os seus subprodutos
Tema 10.- Valor nutritivo de graxas, aceites e glicerol
Tema 11.- Valor nutritivo das pre-mesturas e aditivos
Tema 12.- Valor nutritivo do penso segundo o seu procesamento e forma de presentación
Bloque temático III: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en monogástricos. (6 horas)
Tema 13.- Alimentación do gando porcino
Tema 14.- Alimentación do polo de carne
Tema 15.- Alimentación de poliñas e poñedoras comerciais
Tema 16.- Alimentación de coellos
Tema 17.- Alimentación do cabalo
Tema 18.- Alimentación do can e do gato
Bloque temático IV: Necesidades nutritivas, normas de racionamento e manexo da alimentación en ruminantes. (4,5 horas)
Tema 19.- Alimentación do vacún leiteiro
Tema 20.- Alimentación do vacún de carne
Tema 21.- Alimentación do gando ovino
Tema 22.- Alimentación do gando cabrún
DOCENCIA PRÁCTICA INTERACTIVA. (35 horas)
Práctica 1.- Taller de alimentación de cans. Problemas de obesidade. (3 horas)
Práctica 2.- Taller de alimentación do cabalo (3 horas)
Práctica 3.- Formulación de pensos para porcino. (9 horas)
Práctica 4.- Taller de etiquetado de pensos. (2 horas)
Práctica 5.- Formulación de racións para vacún de leite (10 horas)
Práctica 6.- Avaliación de dietas para vacún de carne, ovino e caprino (8 horas)
Bibliografía básica e complementariaGuías didácticas:
Rueda, V. y Roldán, C. (2013). Guía didáctica de Nutrición Animal: Bromatología y Monogástricos Ed. Unicopia A.G.S.L., Lugo.
Bibliografía básica e complementaria:
BACH, A. y CALSAMIGLIA, S. (2002). Manual de racionamiento para el vacuno lechero. Ed. Servet, S.L
CHURCH, D.C., et al. (2002). Fundamentos de nutrición y alimentación de animales. Ed. Limusa, México.
CASE, L. (2001). Nutrición canina y felina. Ed. Harcourt, Madrid.
DE BLAS, C., GONZÁLEZ, G., ARGAMENTERIA, A. (1987). Nutrición y alimentación del ganado. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
F.E.D.N.A. (2006). Necesidades nutricionales para ganado porcino. Ed. FEDNA-Ediciones Peninsular, Madrid.
FEDNA (2008). Necesidades nutricionales para avicultura: pollos de carne y aves de puesta
FEDNA (2008). Necesidades nutricionales para rumiantes de cebo
FEDNA (2009). Necesidades nutricionales para rumiantes de leche
I.N.R.A. (1990). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
I.N.R.A. (2010). Alimentación de bovinos, ovinos y caprinos: necesidades de los animales, valores de los alimentos. Tablas INRA 2007. Ed. Quae, Versailles Cedex; Ed. Acribia, Zaragoza.
JARRIGE, R. et al. (1995). Nutrition des ruminants domestiques. Ed. I.N.R.A., París.
McDONALD, P., EDWARDS, R.A., GREENHALGH, J.F.D., MORGAN, C.A. (2006). Nutrición animal. Ed. Acribia, Zaragoza.
Mc L. Dryden (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI. Cambridge, Massachussets
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (1996). Nutrient requirements of beef cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2001). Nutrient requirements of dairy cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
NATIONAL RESEARCH COUNCIL. (2006). Nutrient requirements of dog and cats. Ed. National Academy Press, Washington.
SAUVANT, D., PEREZ, J.-M. y TRAN, G. (2004). Tablas de composición y de valor nutritivo de las materias primas destinadas a los animales de interés ganadero : cerdos, aves, bovinos, ovinos, caprinos, conejos, caballos y peces. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
ZEA, J., DÍAZ, M.D. (1990). Producción de carne con pastos y forrajes. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
CompetenciasComo competencias xenéricas do grado en Veterinaria, o alumno debe adquirir:
- Capacidade de análise e síntese. (GVUSC02)
- Compromiso ético e asunción de responsabilidades. (GVUSC10)
Como competencias específicas disciplinares, o alumno debe adquirir coñecementos sobre:
- A cría, mellora, manexo e benestar dos animais. (CEDVUSC 03)
- As bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente. (CEDVUSC 11)
- As Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio. (CEDVUSC 14)
- Os dereitos e deberes do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos. (CEDVUSC 15)
- As técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Como competencias específicas profesionales, o alumno debe ser capaz de:
- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos. (D1VUSC 03)
- Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal. (D1VUSC 10)
- Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización. (D1VUSC 11)
- Realizar traballos de asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sustentabilidade. (D1VUSC 15)
- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias. (D1VUSC 17)
Como competencias específicas académicas, o alumno debe:
- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente. (CEAVUSC 08)
Por último, dentro das competencias transversais, o alumno debe adquirir:
- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos. (CTVUSC 07)
Metodoloxía da ensinanza As 60 horas de traballo presencial de esta materia repártense en:
22,5 horas de clases maxistrais (docencia expositiva) onde se desenvolvera a parte teórica da materia
35 horas de actividades prácticas (docencia interactiva) sobre formulación de racións e pensos e etiquetado que se realizan no Laboratorio de Análise de Nutrientes, na Mostroteca e na Aula-taller da materia, así como na Aula de Informática
2,5 horas de titorías en grupo.
Na clase maxistral, de 50 minutos de duración, o alumno dispón de guías didácticas, esquemas ou resumes, máis ou menos extensos dependendo dos datos, taboleiros, experiencias, conceptos, etc. cós que vai a traballar na aula, facilitando así unha actitude máis participativa. O profesor utiliza a pizarra para realizar gráficos ou esquemas e resolver algún cálculo, o ordenador con canón de proxección para presentar algúns datos, gráficos e/ou fotos en PowerPoint.
As actividades prácticas de laboratorio estimulan a actividade do alumno, a aplicación dos coñecementos proporcionados pola clase e o traballo e a discusión no grupo. Para algunhas destas actividades prácticas disponse de guías didácticas.
As actividades prácticas na aula-taller e aula de informática son imprescindibles para poder formular racións e pensos, tal como se programou nos bloques temáticos III e IV. O alumno dispón de ordenador e guía didáctica para desenvolver o traballo. O profesor empeza fixando os obxectivos da práctica e seguidamente da paso ao traballo que deben realizar os alumnos, resolvendo dúbidas e propoñendo retos. Ocasionalmente utilizamos algún vídeo técnico para que a información audiovisual reforce os coñecementos traballados na aula e para que o alumno reciba o punto de vista de outros profesionais do sector.
A titoría é unha técnica docente que representa un gran beneficio para a ensinanza. O profesor durante la titoría resolve as dúbidas que o alumno ten sobre a materia, estimula as súas capacidades e motívao. Tamén orienta ao alumno sobre a elaboración dos traballos propostos nas sesións prácticas.
Sistema de evaluaciónSon avaliables os coñecementos adquiridos tanto nas clases teóricas como nas clases prácticas. Os exames constarán de preguntas tipo test de resposta múltiple e/ou cuestións de contestación curta, así como a resolución de casos prácticos e/ou redacción de informes ou opinións técnicas. Para algunhas das cuestións propostas, o alumno pode dispor de calculadora e de todo o material bibliográfico que desexe, incluído o utilizado nas prácticas. Os problemas propostos nas probas de avaliación non serán necesariamente similares aos realizados na clase, senón que poden presentar situacións novas ás que aplicar os conceptos e as habilidades adquiridas, para poder avaliar incluso as opinións persoais e o linguaxe técnico empregado.
Para a resolución das cuestións correspondentes aos bloques I (Introdución), II (Bromatoloxía) e III (Monogástricos), o alumno poderá levar ao exame toda a documentación que considere necesaria (Guías Didácticas, apuntes, traballos de prácticas, libros, etc.) como material de consulta.
Na cualificación final da materia:
- A nota dos exames terá un peso do 80 %.
- A realización de traballos/presentacións propostos e a asistencia ás actividades prácticas con actitude positiva e participativa un 20%
Tempo de estudo e traballo persoalA pesar de que existe unha gran variabilidade na capacidade de aprendizaxe dos alumnos, o cal determina o tempo de estudo e de traballo persoal do estudante, tendo en conta a metodoloxía e o temario da materia, estimamos que un estudante “medio” precisa dedicar:
- 57,5 horas de estudo individual
- 10 horas para a elaboración de traballos
- 10 horas para resolución de casos/problemas
- 2,5 horas para presentacións orais
- 10 horas para a realización de exames
Por tanto:
Horas no presenciais: 90 + Horas presenciais: 60
Total horas: 150
Recomendacións para o estudo da materiaPara obter os mellores rendementos persoais, o alumno debería:
1- Facer un seguimento constante da materia.
2.- Ordenar, analizar e pensar semanalmente sobre a materia impartida.
3.- Beneficiarse das titorías para resolver e/ou propor cuestións ou temas más amplos.
4.- Acudir sempre á revisión de exames, incluso cando o teñan superado.
5.- Ter presente que o profesor mantén una actitude positiva fronte ao alumno e as súas propostas.
Ao inicio de cada exame comunicáselle por escrito ao alumno que “Unha parte importante de este exame consiste na comprensión e interpretación dos enunciados e preguntas propostas, así como na selección dos datos que debes utilizar. Por tanto o profesor non contesta preguntas durante a realización do exame. Calquera dato que falte ou consideres dubidoso podes supoñelo ou contrastalo a partir da documentación da que dispós. Non se permite desgrapar o exame, nin se recollen follas adicionais”. O tipo de preguntas ou cuestións propostas no exame non se presta nunca á divagación, pero aínda así recoméndase que o alumno sexa conciso, concreto y ordenado.