G2091228 - Produción Animal II (Produción Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 16.00
- Clase Expositiva: 17.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Produción Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecementos teóricos:
1. Dar a coñecer a terminoloxía básica que se utiliza na disciplina e na área de Produción Animal respecto as espécies pecuárias non remoentes.
2. Transmitirlle ao alumno a coordinación e a aplicación dos coñecementos fisiolóxicos e as necesidades dos animais a estudar e, xa que logo, as instalacións, condicións ambientais e manexo máis idóneos para que a cría e a explotación dos animais útiles para o home fagan posible a viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
Habilidades:
3. Ofrecer a infraestrutura informativa suficiente para que o futuro veterinario poida responder as demandas actuais dos gandeiros, encamiñadas a mellorar a calidade dos produtos pecuarios obtidos.
Actitudes:
4. Proporcionarlle ao alumno un concepto integrador das distintas disciplinas da Produción Animal, para potenciar a formación dunha mentalidade na que o coñecemento do medio rural e a súa protección guíen a súa conduta profesional.
5. Desenvolver unha actitude crítica e non dogmática da capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares.
ContidosMONOGÁSTRICOS: Comprende o estudo de cada un dos subsectores máis relevantes das especies de monogástricos: porcino, aves de posta, aves de carne, coellos e cabalos. En cada un destes subsectores contémplanse as razas explotadas e aptitudes; censos e producións; características xerais dos aloxamentos, material e útiles; manexo da alimentación, reprodución, etc; hixiene das instalacións e dos animais. Ademais, analízanse os índices reprodutivos e produtivos máis relevantes
TEMA 1.- 4 sesións teóricas- Produción de porcino: censos e producións. OCM do sector porcino. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Crecemento e desenvolvemento do leitón. Manexo de femias reprodutoras como unidade básica de produción. Manexo do porco de ceba. Índices produtivos e rendementos á canal. O porco ibérico
TEMA 2.- 3 sesións teóricas- Produción avícola: avicultura de posta. Censos e producións. Reprodución. Formación do ovo. Oviposición. Cría e recría de reprodutores. Base animal. Sistemas de explotación de galiñas poñedoras. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Manexo. Índices produtivos. Comercialización e calidade do ovo
TEMA 3.- 3 sesións teóricas- Produción avícola: avicultura de carne. Censos e producións. Base animal. Sistemas de explotación de polos de carne. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. A incubación e a incubabilidade. Manexo. Índices produtivos. Tipos comerciais. Calidade da canal e da carne
TEMA 4.- 1 sesión teórica- Produción avícola: producións avícolas alternativas: polos e ovos ecolóxicos. Avestruces. Cría e explotación de pavos, patos e gansos. Cría e produción de perdices, paspallás, pombas e pintadas
TEMA 5.- 3 sesións teóricas- Produción cunícola. Censos e producións. Base animal. Sistemas de explotación. Instalacións e equipos. Hixiene das instalacións. Reprodución. Manexo. Ceba e rendementos cárnicos. Calidade da carne de coello
TEMA 6.- 1 sesión teórica- Produción equina. Estado actual e futuro do gando equino. Censos. Sistemas de explotación. Tipos, condicións ambientais e hixiene de aloxamentos. Reprodución. Manexo. O cabalo de traballo, o cabalo de carne e o cabalo de deporte. O gando asnal e mular
OUTRAS ESPECIES DE INTERESE VETERINARIO.
TEMA 7.- 2 sesións teóricas- Produción piscícola e acuícola: cultivo de peixes. Cultivo de crustáceos. Cultivo de moluscos
Bibliografía básica e complementariaXeral
Caravaca, FP.- 2003.- Bases de la produción animal. SP. Universidad de Sevilla.
Squires , E.R.J. 2006. Endocrinología animal aplicada. Ed, Acribia, Zaragoza.
Porcinos
Porci: monografía bimestral
Quiles, A., Hevia, ML.- 2004.- Produción porcina intensiva. Ed. Agrícola Española. Madrid.
Gadd, J. 2006. Soluciones en producción porcina. Ed. Servet. Zaragoza.
Avicultura
Castelló, J.A.- 2010.- Produción de huevos. Real Escuela de Avicultura. Barcelona.
Castelló, J.A.- 2002.- Produción de carne de pollo. Real Escuela de Avicultura. Barcelona.
Abab, j. - 2003.- Reproducción e incubación en avicultura. Real Escuela de Avicultura. Barcelona.
Deeming, DC.- 2001.- El avestruz: biología, produción y sanidad. Ed. Acribia. Zaragoza.
Cunicultura
Bennet, B. - 2011. Guia de la cría de conejos. Ediciones Omega. Barcelona.
Zago, LG- 2004.- 1996.- El conejo: cría rentable. Ed. De Vechi Barcelona.
Crespo JC. 2006. Prácticas de cunicultura industrial. Junta de Castilla y León.
Equinos
Berner, E., Gallego, J.- 2000.- El caballo: cría y manejo. Mundi-Prensa. Madrid.
Acero, P – 2009- Planificación y manejo de la explotación equina. Junta de Castilla y León.
Acuicultura
González, F. - 2004- Acuicultura: Producción, comercio y trazabilidad. Ed. Netbiblo. A Coruña.
Brown, L.- 2000.- Acuicultura para veterinarios: produción y clínica de peces. Acribia. Zaragoza.
CompetenciasAo finalizar o curso, o alumno debe:
- Ser capaz de identificar as necesidades dos animais nos distintos sistemas produtivos e as instalacións, condicións ambientais e de manexo máis axeitadas para a cría e explotación do gando de renda en condicións óptimas, tanto desde o punto de vista animal como no da viabilidade, rendibilidade e crecemento da empresa gandeira.
- Ter capacidade de diagnóstico e proposta de solucións ante situacións concretas das explotacións gandeiras e o asesoramento aos seus titulares para un melloramento do manexo e un incremento da calidade dos produtos pecuarios.
- Estar habituado á adquisición e á utilización crítica das fontes bibliográficas (libros, revistas especializadas, bancos de datos, enderezos de internet, etc.)
Competencias de acordo á Memoria do Grao en Veterinaria da USC
Xenéricas
(GVUSC)
GVUSC01 Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02 Capacidade de análise e síntese
GVUSC03 Coñecementos xerais sobre a área de traballo
GVUSC04 Planificación e xestión do traballo
GVUSC05 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
GVUSC06 Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo
GVUSC07 Habilidade para traballar nun contexto internacional
GVUSC08 Liderazgo, iniciativa e espíritu emprendedor
GVUSC09 Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos
GVUSC10 Compromiso ético e asunción de responsabilidades
Disciplinares
(CEDVUSC)
CEDVUSC03 Cría, mellora, manexo e benestar dos animaiss
CEDVUSC10 Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saude animal e humana
CEDVUSC11 Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as suas repercusións sobre o medio ambiente
CEDVUSC13 Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria
CEDVUSC14 Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio
Profesionais
(D1VUSC)
D1VUSC02 Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe
D1VUSC03 Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos
D1VUSC09 Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reproductiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos
D1VUSC10 Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal
D1VUSC11 Valorar e interpretar os parámetros productivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientais e de benestar, buscando a súa optimización
D1VUSC15 Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas do ámbito veterinario nun contexto de sostenibilidade
D1VUSC17 Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias
Académicas
(CEAVUSC)
CEAVUSC01 Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a
CEAVUSC02 Manter un comportamento ético no exercicio das suas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade
CEAVUSC03 Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC04 Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a
CEAVUSC05 Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina basada na evidencia
CEAVUSC06 Saber buscar asesoramento e ayuda profesionais
CEAVUSC07 Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias
CEAVUSC08 Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Transversais
(CTVUSC)
CTVUSC01 Capacidade para o razonamento e a argumentación
CTVUSC02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analiza-la dunha forma crítica
CTVUSC03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CTVUSC04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta
CTVUSC05 Habilidade no manexo das TICs
CTVUSC06 Utilización de información en lingua extranxeira
CTVUSC07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza Programa teórico:
17 sesións de 50 minutos de duración cada una. Desenrolase no segundo cuatrimestre segundo os horarios aprbados en Xunta de Facultade para cada curso académico. Os últimos 10 minutos de cada sesión dedícanse a sintetizar o tema tratado, a fixar os conceptos expostos e a resolver as posibles dúbidas suscitadas, así como a comprobar de maneira sucinta con preguntas orais aleatorias, o grao de comprensión por parte dos alumnos do tema explicado.
Poderase invitar a colaboradores externos para impartir algunha conferencia.
Programa práctico:
o Visita activa 1: 5h:20m. Visita explotación porcina: Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; planificación xeral e organización do sistema produtivo: manexo en bandas
o Visita activa 2: 5h:20m. Visita explotación aviaria: Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos; determinación da calidade do ovo. b) Recollida e valoración de datos de interese zootécnico: Calidade do ovo.
o Visita activa 3: 5h:20m. Visita a granxas doutras especies pecuarias: Recoñecemento e utilización do material e utillaje gandeiro; planimetría e dimensionado da explotación; índices produtivos
En cada explotación visitada, o alumno poderá observar as características construtivas e dimensionado das instalacións; o control medio ambiental; a hixiene, limpeza e bioseguridad das instalacións; o manexo xeral dos animais levado a cabo polos operarios da explotación, incluído o manexo da alimentación; os programas sanitarios e de profilaxis, etc. En todas as explotacións, e especialmente as de porcino e as avícolas, dadas as medidas de bioseguridad das mesmas e en cumprimento das normativas de benestar animal vixentes, as visitas faranse baixo un estrito control e sen perturbar o hábitat do animal, procurando ocasionar a menor incidencia posible sobre o animal e a súa contorna.
En cada visita os alumnos deberán completar un guión previamente elaborado polos profesores responsables da materia, no que se analizará as características máis relevantes da explotación visitada, determinando os parámetros produtivos da mesma. Estes traballos prácticos permiten ao alumno un contacto directo coa explotación e a observación da situación real da mesma, analizando a súa problemática e iniciándolles nunha das posibles saídas profesionais da licenciatura como é o asesoramento técnico e económico das explotacións gandeiras. Así mesmo, a elaboración destes traballos desenvolverá no alumno a técnica de pensamento crítico e fomentará o traballo e a dinámica de grupos.
Práctica de laboratorio 1: 3h:30m. Manexo de datos reais dunha explotación porcina para estudiar o seu dimensionado e melloras para optimizar o manexo. Adaptación o manexo en bandas.
Práctica de laboratorio 2: 3h:30m. Manexo de datos reais dunha explotación de producción de carne de coello para estudiar o seu dimensionado e melloras para optimizar o manexo. Adaptación o manexo en bandas.
Práctica de laboratorio 3: 3h:00m. Parámetros de incubación. Estudio da incubabilidade
Estas prácticas complementaranse cunha memoria elaborada polo alumno co realizado na mesma.
Titorías:
Adicaranse duas horas a titorías individualizadas
Sistema de evaluaciónNa avaliación final do alumno valoraranse os traballos presentados, tanto a información recollida e as conclusións obtidas como a súa presentación formal. Asemade, tanto os traballos realizados como as prácticas e, por suposto, as clases teóricas formarán parte da materia susceptible do exame escrito.
Efectuarase un so exame final en xuño. A proba será escrita, de tipo test, con preguntas de resposta breve ou de verdadeiro ou falso. As preguntas incorrectamente respondidas valoraranse con puntuación negativa. Todo elo será puntuado na valoración final da asignatura (30% actividades de avaliación continua/70% exame).
É requisito imprescindible obter un 50 % do exame teórico supera para aprobar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL AULA
(10x Nº ECTS)
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDIANTE
(15x Nº ECTS)
Clases maxistrais 17 Estudo individual 42.5
Prácticas de laboratorio 10 Resolución de casos/problemas-Presentacións orais 8-6
Visitas activas 16 Elaboración de traballos 8
Tutorías en grupos reducidos ou individualizadas 2 Realización de exames 3
Total horas de traballo presencial 45 Total horas de traballo persoal do estudiante (15x Nº ECTS) 67.5
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir ás clases con regularidade
- Intentar comprender e razoar a estrutura e o funcionamento dunha explotación gandeira e non só memorizar uns datos para repetir nun exame.
- Facer uso continuado e apropiado das titorías, non recorrendo a elas unicamente nos momentos previos ao exame.
- Ter disposición para recoller e absorber toda a información que van recibir nas súas visitas ás explotacións gandeiras, para o que se require unha gran capacidade de observación e grandes doses de curiosidade.
- Realizar os traballos encargados ao longo do curso, sen atafegos para o final.