Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091321 - Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria I (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 15.00
  • Clase Expositiva: 28.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BRAVO MORAL, ANA MARIA.NON
BRAVO MORAL, ANA MARIA.NON
FAILDE GARCIA, LUIS DANIEL.NON
LOPEZ PEÑA, MONICA.SI
LOPEZ PEÑA, MONICA.SI
NIETO MARTINEZ, JOSE MARIA.NON
Vázquez Rodríguez, Sonia.NON
Vázquez Rodríguez, Sonia.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G2091321/CLI_EEES09HorariosClínicos EEESNONNON
G2091321/CLI_EEES10HorariosClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos específicos da Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria I son os seguintes:
    1) Coñecer o significado e a aplicación da Anatomía Patolóxica en Veterinaria e o método anatomopatolóxico.
    2) Saber identificar e describir as lesións que afectan ao aparello circulatorio e aos sistemas linfoide, respiratorio, dixestivo e urinario, empregando unha terminoloxía precisa e axeitada.
    3) Comprender a causa das lesións que afectan a eses aparatos e sistemas, a súa patoxenia e a súa relación cos síntomas observados no animal.
    4) Coñecer a técnica da necropsia nas diferentes especies domésticas, ser capaz de diferenciar lesións antemortem de alteracións postmortem, e tomar as mostras axeitadas tanto para estudos histopatolóxicos coma bacteriolóxicos, parasitolóxicos, virolóxicos, toxicolóxicos e serolóxicos.
    5) Ser capaz de relacionar as lesións observadas na necropsia coas enfermidades máis comúns nos animais.
    6) Redactar informes de necropsia, nos que debe figurar unha descrición axeitada das lesións de interese observadas e realizar un diagnóstico anatomopatolóxico.
    7) Relacionar e aplicar os coñecementos a outras materias, valorando a importancia que ten a materia dentro do Grao en Veterinaria.
    8) Coñecer e usar as fontes bibliográficas.

    Xunto cos obxectivos específicos da materia, os alumnos deben aprender unha serie de valores e adquirir unha serie de capacidades xerais:
    1) Capacidade de aprendizaxe, adaptación, análise, síntese e de planificación do traballo.
    2) Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica e á resolución de problemas.
    3) Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipos multidisciplinares fomentando o uso das fontes de información actuais.
    4) Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes mediante un proceso de formación permanente.
    5) Achegamento á realidade profesional potenciando as visións interdisciplinarias dos problemas aos que haberán de enfrontarse.
    6)Compromiso ético e de asunción de responsabilidades.

    Contidos
    CAPÍTULO 1: SISTEMA RESPIRATORIO
    A este capítulo está previsto adicarlle 7 horas de clase
    Tema 1. Introdución á morfopatoloxía, mecanismos de resposta aos axentes patóxenos. Cavidade nasal e senos nasais. Exploración macroscópica. Alteracións conxénitas. Alteracións circulatorias: conxestión, hiperemia e hemorraxias. Rinite e sinusite: tipos, principais lesións por especie animal. Lesións por presenza de parasitos. Neoplasias.
    Tema 2. Farinxe, bolsas guturais, larinxe, traquea. Anomalías do desenrolo. Parálise larínxea. Hemorraxias. Edema. Inflamación. Lesións causadas por parasitos. Neoplasias.
    Tema 3. Pulmón (I). Particularidades por especie. Lesións dos bronquios: bronquite, bronquiolite e bronquiectasias. Anomalías conxénitas. Alteracións distróficas: pigmentacións e calcificación pulmonar (calcinose).
    Tema 4. Pulmón (II). Alteracións do enchido de aire: atelectasias e enfisemas. Alteracións circulatorias: conxestión, hemorraxias, edema pulmonar, embolias e infartos.
    Tema 5. Pneumonías: clasificación. Patoxenia, fases, evolución. Broncopneumonía. Pneumonía intersticial. Pneumonía embólica. Pneumonía granulomatosa. Lesións parasitarias.
    Tema 6. Consideracións e principais pneumonías das especies domésticas. Neoplasias.
    Tema 7. Principais lesións da pleura e cavidade torácica: calcificación pleural, contidos anormais, pleurite. Neoplasias.

    CAPÍTULO 2: SISTEMA DIXESTIVO, FÍGADO, PÁNCREAS EXOCRINO, PERITONEO
    A este capítulo está previsto adicarlle 9 horas de clase
    Tema 8. Mecanismos de defensa do aparello dixestivo e a súa relación coa lesión. Boca e farinxe. Exame da cavidade oral. Malformacións. Disciclias. Estomatites e xinxivites superficiais e profundas. Hiperplasias e neoplasias.
    Tema 9. Glándulas salivares. Cálculos. Ránula. Sialoadenites. Neoplasias. Dentes e alvéolos dentarios. Mal oclusións. Anomalías do desenrolo. Pigmentacións. Enfermidade periodontal. Neoplasias. Tonsilas. Inflamacións. Lesións hiperplásicas e tumorais. Esófago. Megaesófago. Parasitoses. Hipertrofia muscular idiopática. Dilatación das glándulas esofáxicas. Obstrucións. Esofaxites. Neoplasias. Boche. Ingluvites.
    Tema 10. Preestómagos dos ruminantes. Exame e alteracións post-mortem. Timpanismo ruminal. Lactoacidose. Paraqueratose. Corpos estraños. Parasitismos. Neoplasias. Estómago e abomaso. Exame e alteracións cadavéricas. Desprazamentos. Dilatacións. Roturas. Corpos estraños. Úlceras. Disciclias. Gastrites inespecíficas e específicas. Neoplasias. Proventrículo das aves. Moega.
    Tema 11. Intestino. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Fallas do tránsito intestinal: obstrución, oclusión e íleo paralítico. Enfisema intestinal. Enterites inespecíficas: catarral, fibrinosa, hemorráxica e granulomatosa.
    Tema 12. Principais enterites das distintas especies. Neoplasias.
    Tema 13. Fígado I. Estrutura e función. Portas de entrada e mecanismos de defensa. Modelos de dexeneración e necrose hepatocelular. Clasificación morfolóxica dos danos hepáticos. Resposta hepática ao dano. Fallo hepático. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Pigmentacións. Disciclias.
    Tema 14. Fígado II. Alteracións metabólicas. Hepatose dietética. Hepatites víricas, bacterianas e parasitarias. Lesións proliferativas: hiperplasia e neoplasias.
    Tema 15. Vesícula e vías biliares. Colelitiases. Colecistites. Páncreas exocrino. Alteracións cadavéricas. Malformacións. Necrose pancreática. Pancreatites. Neoplasias. Peritoneo. Contidos anormais. Peritonites. Neoplasias.

    CAPÍTULO 3: SISTEMA CARDIOVASCULAR
    A este capítulo está previsto adicarlle 4 horas de clase
    Tema 16. Mecanismos de defensa do sistema cardiovascular, vías de entrada e mecanismos de resposta aos axentes patóxenos. Corazón. Alteracións postmortem. Malformacións. Pericardio. Alteracións do contido. Distrofias. Disciclias. Inflamacións.
    Tema 17. Miocardio. Cardiomiopatías. Distrofias. Disciclias. Inflamacións.
    Tema 18. Endocardio. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias cardiacas. Lesións parasitarias cardiacas.
    Tema 19. Vasos sanguíneos e linfáticos. Aneurismas e rupturas. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias. Lesións parasitarias do sistema vascular.


    CAPÍTULO 4: SISTEMA URINARIO
    A este capítulo está previsto adicarlle 3 horas de clase
    Tema 20. Ril (I). Alteracións cadavéricas. Malformacións. Disciclias: Hiperemia, hemorraxias e infartos. Distrofias: glomerulonefroses e tubulonefroses.
    Tema 21. Ril (II). Nefrites: Glomerulonefrites. Nefrite intersticial: clasificación e consecuencias. Nefrites granulomatosas. Ril terminal. Fallo renal e uremia.
    Tema 22. Vías urinarias. Hidronefrose. Urolitiase. Inflamacións. Tumores do sistema urinario. Lesións parasitarias.

    CAPÍTULO 5: ÓRGANOS LINFOHEMATOPOIÉTICOS
    A este capítulo está previsto adicarlle 5 horas de clase
    Tema 23. Alteracións da medula ósea. Toma de mostras e indicacións para o seu exame. Trastornos cuantitativos. Leucemias. Alteracións visibles macroscópicamente.
    Tema 24. Timo. Lesións asociadas ao desenrolo tímico. Resposta inflamatoria. Neoplasias. Principais lesións da bolsa de Fabricio. Bazo. Atrofia e lesións do desenrolo. Esplenomegalia e rotura. Distrofias. Disciclias. Inflamacións. Neoplasias.
    Tema 25. Nódulos linfoides e formacións linfoides asociadas a mucosas. Distrofias. Disciclias. Hiperplasias. Linfadenites. Lesións parasitarias.
    Tema 26.Linfomas. Aspecto macroscópico. Citoloxía e Histoloxía. Comportamento biolóxico e histopatoloxía. Linfomas nas distintas especies de animais domésticos.


    Bibliografía básica e complementaria
    TEXTOS
    - DAHME, E. & WEISS, E. (1989). Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria. Ed. ACRIBIA, S.A. Zaragoza.
    - JONES, T.C., HUNT, R.D. KING, N.W. (1997). Veterinary Pathology. 6th Edition. Ed. WILLIAMS & WILKINS. Baltimore. USA.
    - JUBB, K.V.F.; KENNEDY, P.C. & PALMER,N. (2007). 3 tomos. Pathology of Domestic Animals. Ed. M Grant Maxie. 5th ed. Ed. Saunders Elsevier.
    - MEUTEN, D. J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.
    - ZACHARY, J.F. & McGAVIN, M.D. (2012). Pathological basis of Veterinary Disease. 5th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.

    ATLAS
    - MOUWEN, J.M.V.M. & GROOT, E.C.B.M. (1982). A color atlas of veterinary pathology. Wolfe Medical Publications LTD.
    - SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patoloxía porcina. INTERAMERICANA McGRAW-HILL. Madrid.
    - BLOWEY, R.W. & WEAVER D.A. (2003). 2nd edition. Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
    - HERENDA, D. C.; & FRANCO, D. A. (1999): Poultry Diseases and Meat Hygiene: A Color Atlas. Wiley-Blackwell
    - LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
    - RANDALL, C.J. (1989). Atlas en color das enfermidades das aves domésticas e de corral. INTERAMERICANA-McGRAW-HILL. Madrid.
    - RANDALL, C.J. (1996). 2nd edition. A Colour Atlas of Diseases and Disorders of Domestic Fowl and Turkey. Mosby, London.
    - RASKIN, R. E.; & MEYER, D. (2009): Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
    - VAN DIJK. J. E.; GRUYS, E.; & MOUWEN, J. (2007): Color Atlas of Veterinary Pathology: General Morphological Reactions of Organs and Tissues. Saunders.

    RECURSOS EN INTERNET
    - http://seapv.org/index.asp
    - http://w3.vet.cornell.edu/nst/
    - http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atlas/indice.htm
    - http://www3.unileon.es/personal/wwdmavpp/Casos2002.htm
    - http://atlas.fmv.utl.pt/atlas/intro_geral.htm
    - http://people.upei.ca/lopez/
    - http://www.uch.ceu.es/anatomia_patologica/
    - http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology.cgi

    Competencias
    COMPETENCIAS XENÉRICAS
    • GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    • GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
    • GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
    • GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    • GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    • GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    • GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    • GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    COMPETENCIAS DISCIPLINARES:
    • CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
    • CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estructura e función do organismo animal.
    • CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as suas medidas de prevención, con especial énfasis nas zoonosis e nas enfermidades de declaración obligatoria.

    COMPETENCIAS PROFESIONALES:
    • D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
    • D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
    • D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante y postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humán.
    • D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.

    COMPETENCIAS ACADÉMICAS:
    • CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    • CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    • CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de xeito fluido, oral e escrito, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    • CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    • CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a mediciña baseada na evidencia.
    • CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    • CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    • CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
    • CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    • CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico.
    • CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    • CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, coherente e escueto.
    • CTVUSC 05 Habilidade no manexo de las TICs.
    • CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
    • CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante la aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia, como se pode ver, abrangue os sistemas e aparellos de maior peso na Anatomía Patolóxica Especial. E por elo que as “clases maxistrais” comprenden a maior parte das horas presenciais do/a estudante, con 28 horas na aula. Estas horas repartiranse en 2 horas á semana ao longo de todo o semestre. Non obstante, estas clases no serán puramente teóricas, xa que sempre basearanse na proxección de imaxes das lesións. Ao finalizar cada bloque temático, realizarase unha sesión de “recompilación, repaso e avaliación”, que se baseará principalmente na proposta e resolución de casos prácticos, o que facilitará a aprendizaxe e ademais permitirá que o/a estudante comprenda que moitos procesos patolóxicos non son unicamente unha lesión nun órgano, senón un conxunto de lesións e signos.
    As clases prácticas abranguerán 3 horas diarias durante 5 días na sala de necropsias, que permitirá aos/ás estudantes coñecer a técnica de necropsia, aprender a distinguir o san do patolóxico e das alteracións post-mortem, aprender a describir e a elaborar informes anatomopatolóxicos, así como a realizar unha correcta toma de mostras. Xunto á realización das necropsias, levaranse a cabo prácticas de pezas comisadas de matadoiros, que facilitará aos/ás estudantes o achegamento ás principais lesións que mostran os animais de renda. Ao finalizaren as clases prácticas, os/as estudantes deberán entregar un informe anatomopatolóxico da necropsia que realizaron, o que lles axudará a aprender non so a elaborar eses informes, recompilando toda a información obtida da historia clínica e a necropsia, senón que tamén lles axudará a aprender a describir o que ven. Ademais, nalgúns casos deberán resolver os casos que se lles formulen, acudindo ás fontes bibliográficas.
    Impartiranse así mesmo 2 horas de titorías en grupos reducidos, unha delas ao principio e a outra ao final do semestre. Na primeira delas darase aos alumnos unhas nocions xerais do desenrolo da materia ao longo do semestre e se lles explicará pormenorizadamente a técnica de necropsia. A última tutoría servirá de repaso e para solventar as dúbidas que puideran xurdir.
    Por último, o Campus Virtual da USC é unha plataforma importante de apoio á docencia, que servirá para propor distintos casos para traballar sobre eles, así como tests e autoavaliacións que facilitarán o estudio da materia.

    Sistema de evaluación
    A nota da parte teórica da materia suporá o 80% da nota final. A avaliación dos contidos teóricos terá lugar do seguinte xeito:
    Avaliación Continua do/a estudante ao longo do curso, que recollerá o seu traballo persoal no horario de clases teóricas mediante diferentes probas (exercicios escritos –programados ou non-, participación activa en clase, traballos propostos a través da USC virtual de revisión de artigos científicos sinxelos, casos clínicos, etc). Esta avaliación continua suporá o 20% da nota teórica total.
    Exame Teórico: Os exames teóricos consistirán na resposta a preguntas que sobre o temario e desenrolo das clases se realicen mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando os axeitados soportes gráficos. Para superar a materia será necesario aprobar o exame teórico.O exame teórico suporá o 80% da nota teórica total.

    A avaliación dos contidos prácticos terá lugar de xeito continuado, tendo en conta factores como a atención, a dedicación, a participación, a aptitude e a aprendizaxe do/a estudante. A avaliación das prácticas suporá o 20% da nota total da materia. Para superar a materia é imprescindible realizar as prácticas e ser avaliado positivamente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:

    Clases maxistrais: 28 horas
    Prácticas clínicas: 15 horas
    Titorías en grupos reducidos: 2 horas

    TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE:

    Estudio individual: 40 horas
    Elaboración de traballos: 12,5 horas
    Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 2 horas
    Resolución de casos/problemas: 6 horas
    Realización de exames: 2 horas


    Total horas de traballo presencial (10x Nº ECTS):45

    Total horas de traballo persoal do estudante (15x Nº ECTS): 67,5

    TOTAL HORAS DO ESTUDANTE: 112,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    É moi conveniente ter cursado previamente Anatomía Veterinaria I e II, Fisioloxía Veterinaria I e II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria para coñecer previamente a estrutura e a función normal dos tecidos e órganos, como paso previo para entender as lesións e as súas consecuencias funcionais no animal doente; así como a Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria, que aportará as bases dos mecanismos que interveñen no desenrolo dos distintos tipos de lesións, as causas que as producen e as consecuencias das mesmas. Moitos artigos de investigación e libros recomendados na bibliografía están en inglés, polo que se recomenda un nivel aceptable neste idioma.
    Ademáis, podemos facer unha serie de recomendacions que servirán para superar a materia:
    • Asistencia ás clases teóricas.
    • Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntes, Cds de imaxes, imaxes da páxina Web da asignatura…
    • Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web …
    • Uso regular das horas de titorías.
    • Estudo constante ao longo de todo o curso.