Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091322 - Anestesia e Reanimación en Veterinaria (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 20.00
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 52.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO.SI
LOPEZ GARCIA, MARIANO.NON
MIÑO FARIÑA, NATALIA.NON
VARELA LOPEZ, OSCAR.NON
VILLANUEVA SANTAMARINA, BLANCA LIDIA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES09OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES10OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES11OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES12OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é instruir aos estudantes de pregrado nas bases e técnicas fundamentais da anestesia veterinaria, así como servir de iniciación ao desenvolvemento dunha mentalidade clínica dada a relación da anestesia con outras disciplinas. Nesta liña tamén se consolidarán conceptos fisiolóxicos e farmacolóxicos básicos que permitan a realización racional e segura da técnica anestésica máis axeitada ás condicións do paciente, así como o tratamento daquelas alteracións derivadas do estado anestésico. Dende un punto de vista práctico, as actividades centraranse na rotación clínica no Servizo de Anestesia do Hospital Clínico Veterinario. Nesta rotación permitirase que os alumnos non só adquiran as bases prácticas fundamentais da técnica anestésica nas diversas especies, senón que servirá para que se familiaricen coas pautas de organización dunha clínica veterinaria, co manexo de animais e ca realización de maniobras clínicas rutinarias que lles serán útiles no desenvolvemento práctico doutras materias relacionadas que se impartirán en anos posteriores. Para facilitar as destrezas prácticas e o aproveitamento da rotación confeccionouse a videoteca de anestesia veterinaria.
    • Adquisición dos coñecementos fundamentais dos temas listados no programa de Anestesia Veterinaria.
    • Adquisición dun vocabulario científico e clínico axeitado aos coñecementos aprendidos.
    • Desenvolvemento da personalidade na toma de decisións e no autoaprendizaxe de novos coñecementos.
    • Fomento dun coñecemento significativo, racional e integrado dos temas propostos, interconectado con materias afines.
    • Aprender a executar evaluacións preoperatorias do paciente.
    • Realización de técnicas de sedación e preanestesia.
    • Ver e realizar diferentes técnicas de anestesia no animal san e enfermo (diferentes técnicas e equipos).
    • Perder o medo ao acto anestésico e realizar técnicas básicas de manexo de pacientes (inxeccións, venoclisis, intubación orotraqueal, etc).
    • Aprender a deseñar distintos protocolos de anestesia e analxesia según especies e patoloxías.
    • Coñecer as pautas de actuación durante emerxencias anestésicas.
    • Entrar en contacto mediante rotacións clínicas coa realidade da clínica de grandes e pequenos animais.
    • Aprender como circular por unha área cirúrxica.
    • Realizar unha correcta avaliación preoperatoria dos pacientes, para unha vez coñecido o estado fisiolóxico ou patolóxico do paciente, decidir se resulta necesaria a estabilización do paciente ou se este se atopa en condicións de someterse a unha anestesia xeral.
    • Elexir e desenvolver de forma axeitada un protocolo de sedación, neuroleptoanalxesia ou anestesia xeral, e complementalos con técnicas de anestesia local ou rexional.

    Contidos
    PROGRAMA TEORICO

    TEMA 1. INTRODUCCION A ANESTESIA VETERINARIA. (1 hora)
    Bases históricas da anestesia. Concepto e definición de anestesia. Relación con outras disciplinas. Clases de Anestesia. Concepto da anestesia balanceada. Etapas da anestesia xeral: signos de anestesia. Fases da anestesia xeral: Preanestesia, inducción, mantemento, recuperación. Preparación do paciente.

    TEMA 2. EQUIPAMENTO ANESTESICO. (1 hora)
    Técnicas intravenosas: Catéteres intravasculares. Perfusores e bombas de infusión. Técnicas inhalatorias: Compoñentes da máquina de anestesia. Botellas de gases. Manómetros e reguladores. Rotámetros. Vaporizadores. Dispositivos de seguridade. Circuitos respiratorios de anestesia. Sistemas de evacuación de gases residuais. Cámaras de inducción. Mascarillas. Tubos endotraqueais.

    TEMA 3. MONITORIZACION DA ANESTESIA. (3 horas)
    Introducción. Folla de rexistro anestésico. Tipos de monitorización cruenta e incruenta. Estetoscopio esofáxico. Electrocardiografía. Pulsioximetria. Monitorización de gases respiratorios. Presión arterial. Presión venosa central. Gasometrías. Monitorización da función renal. Monitorización da temperatura corporal. Monitorización do bloqueo neuromuscular. Valoración da profundidade anestésica.

    TEMA 4. FLUIDOTERAPIA PERIANESTÉSICA. (1 hora)
    Introducción. Presión osmótica e presión oncótica. Solucións electrolíticas (cristaloides): Características. Tipos. Indicacións. Solucións coloidais: Características. Tipos. Indicacións. Monitorización da fluidoterapia. Transfusións de sangue.

    TEMA 5. EVALUACION PREANESTESICA DO PACIENTE. (1 hora)
    Introducción. Historia Clínica do paciente. Exploración física. Importancia na anestesia de diversas alteracións. Clasificación ASA. Risco anestésico. Consideracións legais na anestesia: Consentemento anestésico.

    TEMA 6. PREANESTESIA E NEUROLEPTOANALXESIA. (2 horas)
    Obxectivos da preanestesia. Fármacos utilizados na preanestesia. Tranquilizantes/sedantes: Consideracións xerais. Fenotiacinas. Benzodiacepinas. Butirofenonas. Agonistas alfa-2-adrenérgicos. Anticolinérxicos: Acciones xerais. Usos en anestesia veterinaria. Neuroleptoanalxesia: Obxectivos e indicacións. Asociacións máis frecuentes en anestesia veterinaria.
    TEMA 7. ANALXESIA E DOR PERIOPERATORIO. (1 hora)
    Introducción: Implicacións clínicas da dor. Concepto e tipos de dor. Respostas locais e sistémicas frente a dor: Fenómenos de sensibilización. Analxesia preventiva. Medición e valoración da dor. Axentes analxésicos: Opiáceos. AINE´s. Analxésicos locais. Outros fármacos analxésicos. Control non farmacolóxico da dor.

    TEMA 8. ANESTESIA INXECTABLE. (2 horas)
    Introducción. Indicacións da anestesia inxectable. Vantaxes e inconvintes. Bases farmacocinéticas. Mecanismos de acción. Barbitúricos. Propofol. Alfaxolona Alfadolona. Hidrato de cloral. Etomidato. Anestesia opiácea combinada. Anestésicos disociativos: Características. Ketamina. Tiletamina. Anestesia total intravenosa: ritmo de infusión mínima (RIM).

    TEMA 9. ANESTESIA INHALATORIA. (2 horas)
    Introducción. Vantaxes e inconvintes. Concentración alveolar mínima. Bases fisicoquímicas dos anestésicos xerais. Bases farmacocinéticas. Gases anestésicos: Oxido nitroso. Anestésicos volátiles: Halotano. Isofluorano. Sevofluorano. Desfluorano. Toxicidad dos anestésicos inhalatorios.

    TEMA 10. BLOQUEO NEUROMUSCULAR E RESPIRACIÓN ASISTIDA (2 horas)
    Introducción. Indicacións e contraindicacións. Bloqueantes neuromusculares despolarizantes e non despolarizantes: Mecanismos de acción. Relaxantes musculares de uso actual na anestesia veterinaria. Factores que modifican a acción dos bloqueantes neuromusculares. Monitorización do bloqueo. Reversión do bloqueo.
    Respiración asistida (Ventilación a presión positiva intermitente): Conceptos xerais. Indicacións. Técnicas de respiración asistida. Tipos de ventiladores. Efectos adversos da ventilación asistida.

    TEMA 11. ANESTESIA LOCAL E REXIONAL (2 horas)
    Introducción. Mecanismos de acción. Indicacións. Vantaxes e inconvintes. Anestésicos locais: Clasificación. Características. Toxicidad. Coadxuvantes. Clases e técnicas fundamentais de anestesia local e rexional en veterinaria.

    TEMA 12. ACCIDENTES ANESTESICOS. (2 horas)
    Introducción: Sistema ABC. Sistema respiratorio: Hipoxia. Insuficiencias respiratorias. Apnea. Emerxencias cardiovasculares: Hemorraxia. Hipotensión. Shock. Arritmias. Parada cardiaca. Reanimación cardiopulmonar básica e avanzada. Hipotermia. Hipertermia. Outros accidentes: Rabdomiolisis. Accidentes producto de anestésicos locais.

    ANESTESIA VETERINARIA SEGÚN A ESPECIE


    TEMA 13. ANESTESIA EN CANIDOS (2 horas)
    Introducción. Selección do protocolo anestésico. Preparación do paciente. Particularidades da especie canina: preanestesia, inducción, técnica de intubación, mantemento e recuperación. Planificación anestésica nos neonatos. Manexo anestésico nos pacientes genitourinarios. Manexo anestésico na traumatoloxía. Anestesia e oftalmoloxía. Planificación anestésica na cirurxía torácica.

    TEMA 14. ANESTESIA EN FELIDOS (2 horas)
    Introducción. Particularidades da especie felina: Temperamento, metabolismo, tamaño, intubación. Anestesia Xeral: Preparación do paciente, preanestesia, inducción e mantemento (axentes inxectables e inhalatorios), recuperación.

    TEMA 15. ANESTESIA EN EQUIDOS (2 horas)
    Introducción. Preparación do paciente. Sedación e inmovilización química. Efectos adversos da anestesia xeral. Técnicas de inducción anestésica. Intubación orotraqueal. Técnicas de mantemento anestésico e monitorización. Recuperación do paciente.

    TEMA 16. ANESTESIA EN RUMIANTES (2 horas)
    Introducción. Preparación do paciente. Preanestesia e inmovilización química. Técnicas de anestesia locorexional. Técnicas de anestesia xeral. Recuperación do paciente.

    TEMA 17. ANESTESIA EN PORCOS E ANIMAIS DE LABORATORIO. (2 horas)
    Anestesia en suidos: Introducción. Preparación do paciente. Preanestesia. Técnicas de anestesia xeral. Recuperación do paciente. Hipertermia maligna. Técnicas de anestesia e analxesia en animais de laboratorio: Roedores. Lagomorfos.

    Programa de Prácticas
    As actividades prácticas prográmanse mediante unha rotación semanal no Servizo de Anestesia do Hospital Veterinario. A asistencia as prácticas será OBRIGATORIA. A duración da práctica será de 4 horas diarias. A actual casuística do Hospital, así como a observación do material audiovisual da videoteca de anestesia veterinaria, aseguran a aprendizaxe das seguintes destrezas/técnicas prácticas:
    EQUIPAMENTO TÉCNICO E MONITORIZACIÓN
    • Cateterización de venas e arterias.
    • Compoñentes das máquinas anestésicas.
    • Circuitos respiratorios.
    • Monitores anestésicos.
    • Folla anestésica.
    • Uso de diversas solucións de fluidoterapia.
    SEDACION E ANESTESIA INJECTABEL
    • Preanestesia no can.
    • Inducción con barbitúricos.
    • Inducción con propofol.
    • Inducción con etomidato.
    • Inducción con alfaxolona.
    • Sedacións con agonistas alfa-2 adrenérxicos e anestésicos disociativos.
    ANESTESIA INHALATORIA
    • Inducción anestésica inhalatoria.
    • Intubación endotraqueal nas diversas especies.
    • Mantemento da anestesia inhalatoria.
    ANESTESIA LOCOREXIONAL
    • Realización de técnicas epidurales nos pequenos animais.
    ANESTESIA NO CABALO
    • Sedación no cabalo.
    • Técnicas de inducción anestésica e intubación.
    • Mantemento e recuperación da anestesia inhalatoria.
    ANESTESIA EN VACUNO
    • Sedación.
    • Técnicas de inducción anestésica e intubación.
    • Mantemento e recuperación da anestesia inhalatoria.

    Bibliografía básica e complementaria
    HALL, L.W., CLARKE, K.W. 1991. Veterinare anaesthesia. 9ª Edición. Bailliere Tindall. Eastbourne.

    HALL, L.W., CLARKE, K.W., TRIM, C.M. 2001. Veterinare anaesthesia. 10th Edition. W.B. Saunders. London.

    HALL, L.W; TAELOR, P.M. 1994. Anaesthesia of the cat. Bailliere Tindall. Londres.

    McKELVEE, D., WAENE HOLLINGSHEAD, K. 2003. Manual de Anestesia e analgesia Veterinaria. Multimédica.

    MUIR, W.W, HUBBELL, J.A.E., BEDNARSKI, R.M. 2008. Manual de Anestesia Veterinaria. Ed. Elsevier Mosbe.

    PADDEFORD, R.R. 1999. Manual of small animal anaesthesia. W.B. Saunders Co. Philaldelphia.

    CAMPOE, L, KORICH, J, BEZUIDENHOUT A. 2009. Peripheral Nerve blocks in the dog. Partners in Animal Health. Ithaca, New Eork.

    MUIR, W.W., HUBBELL, J.A.E. 2009. Equine Anesthesia: Monitoring and emergence therape. Saunders Elsevier.

    THURMON, J.C., TRANQUILLI, W.J., GRIMM, K.A. 2007. Lumb & Jones's Veterinare Anesthesia and Analgesia. Blackwell Publishing. Oxford.

    SEEMOUR, C; DUKE-NOVAKOVSKI, T. 2007. BSAVA Manual of Canine and Feline Anaesthesia and Analgesia. B.S.A.V.A. Gloucester.

    WEST, G, HEARD, D, CAULKETT, N. 2007. Zoo Animal & Wildlife Immobilization and Anesthesia. Blackwell Publishing. Iowa.

    PÁGINAS WEB:

    - American College of Veterinare Anesthesia and Analgesia (http://www.acva.org/).

    - European College of Veterinare Anaesthesia and Analgesia (http://www.ecva.eu.com/).

    Competencias
    Competencias Xerales
    o GVUSC01. Capacidadee de aprendizaxe e adaptación.
    o GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
    o GVUSC03. Coñecementos xerales sobre a área de traballo.
    o GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    o GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    o CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
    o GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    o GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
    Competencias específicas disciplinares (saber):
    o CEDVUSC 09. Bases xerais do tratamento médico e cirúrxico
    Competencias Específicas Profesionales (saber facer, competencias a día 1):
    o D1VUSC 01. Facer a historia e o exame clínico dos animais.
    o D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
    o D1VUSC 03. Executar técnicas básicas de análise e interpretación dos resultados de clínica, ecolóxica e química.
    o D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
    o D1VUSC 06. Desenvolverse en situacións de emerxencia e realizar primeiros auxilios en Ciencias Veterinarias.
    o D1VUSC 07. Executar tratamentos básicos médicos e cirúrxicos en animais.
    o D1VUSC 08. Prescribir, administrar e xestionar adecuadamente os medicamentos veterinarios.
    o D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
    Competencias Específicas Académicas (querer facer):
    o CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    o CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    o CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    o CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    o CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a mediciña baseada na evidencia.
    o CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionales.
    o CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.
    Competencias transversales
    o CTVUSC 01 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
    o CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    o CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    o CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta.
    o CTVUSC 05 Habilidade no manexo de TICs.
    o CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
    o CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Os/as estudantes recibirán 2 clases teóricas semanais de Anestesia no primeiro semestre dacordo cos horarios aprobados na Xunta de Facultade para o curso académico 2013/2014. Impartiranse 30 clases maxistrais de 50 minutos (ver contido da materia). Os alumnos disporán dun recurso na rede "Aula virtual" de apoio a docencia.
    As prácticas serán en horario de 11 a 15 horas no HVU Rof Codina. Realizaránse 20 horas de prácticas clínicas, nas que se desenvolverá o programa práctico da materia.

    Sistema de evaluación
    Avaliación dos coñecementos teórico-prácticos (80% da calificación final):
    Examen Final primeira convocatoria en Xaneiro.
    Examen Final segunda convocatoria en Xullo.
    O examen constará de preguntas tipo test de verdadeiro e falso, preguntas cortas e un tema a desenvolver.
    -Realizarase avaliación continua do alumnado (que suporá o 20% da calificación final) e que recollerá o traballo persoal do estudante no horario de clase teórica e práctica mediante diferentes probas: control de asistencia, realización de exercicios escritos –programados ou non-, participación activa na clase.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais 52: 30 horas de clases maxistrales; 20 horas de prácticas clínicas; e 2 horas de titorías.
    Horas non presenciais 60,5: 45 horas de estudo individual; 2 horas de revisión bibliográfica; 1,5 de presentacións orais e 10 horas de resolución de casos. Realización de exámenes: 2 horas/examen.
    Total 112,5 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clases teóricas e prácticas.
    - Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudo.
    - Empleo das fontes bibliográficas recomendada: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web, artículos científicos…
    - Uso regular da USC virtual e das titorías.
    • Coñecementos esenciais: Anatomía, Fisioloxía
    • Coñecementos aconsellables: Farmacoloxía, Cirurxía, Radioloxía, Medicina Interna

    Observacións
    A anestesioloxía basease na administración de fármacos que alteran a fisioloxía dos animais sometidos a procedementos cirúrxicos ou diagnósticos. Estos animais presentan alterada as suas funcións biolóxicas, en maior ou menor grado, consecuencia de diversas patoloxías. O correcto entendemento dos procesos fisiolóxicos e patolóxicos, así como da técnica cirúrxica e/ou diagnóstica a realizar, facilita o desenvolvemento dun protocolo anestésicos de mellor calidade e acorde ás necesidades do paciente.