G2091323 - Diagnostico por Imaxe en Veterinaria (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 30.00
- Clase Expositiva: 35.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 70.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Coñecer a natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes. Coñecer os riscos asociados á utilización de radiacións ionizantes e as normas de protección.
-Acadar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para realizar radiodiagnóstico en medicina veterinaria.
-Proporcionar ó alumno os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a aplicación da ecografía na clínica veterinaria.
-Coñecer os principios e as técnicas avanzadas de diagnóstico por imaxe (Tomografía computerizada, Resonancia Magnética, Gammagrafía).
-Coñecer a aplicación das radiacións ionizantes para a realización de certos tratamentos en medicina veterinaria (Radioterapia, Medicina Nuclear).
-Coñecer os protocolos e a utilidade de combinar diferentes técnicas de diagnóstico por imaxe.
ContidosA.- DOCENCIA TEÓRICA
PARTE I: RADIOLOXÍA.
SECCIÓN 1: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS, TÉCNICAS XERAIS. RADIOPROTECCIÓN. - 5 horas -
- RADIACIÓNS IONIZANTES. Natureza, produción e propiedades das radiacións ionizantes.
- INSTALACIÓNS E EQUIPOS. Sala de raios X. Sala de revelado. Equipos de raios X. Material complementario.
- OBTENCIÓN E INTERPRETACIÓN DA IMAXE RADIOLÓXICA. Factores de exposición. Calidade radiográfica. Revelado. Medios de contraste.
- RADIOBIOLOXÍA E RADIOPROTECCIÓN. Efectos biolóxicos das radiacións ionizantes. Radioprotección. Lexislación.
SECCIÓN 2: TÓRAX EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- TÉCNICA RADIOGRÁFICA PARA O ESTUDO DO TÓRAX. PAREDE TORÁCICA E DIAFRAGMA.
- MEDIASTINO E ESPAZO PLEURAL. Presenza de gas, fluídos e masas no mediastino e no espazo pleural. ESÓFAGO. Dilatacións, corpos estraños e perforacións. TRÁQUEA. Colapsos, hipoplasias.
- PULMÓN. Patróns pulmonares. CORAZÓN E GRANDES VASOS. Lesións conxénitas e adquiridas.
SECCIÓN 3: ABDOME EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- CAVIDADE ABDOMINAL. Técnica radiográfica. Anatomía radiográfica. TRACTO GASTROINTESTINAL. Tránsito gastrointestinal. Radiodiagnóstico.
- FÍGADO. BAZO. PÁNCREAS. GANGLIOS LINFÁTICOS. CAVIDADE PERITONEAL.
- APARATO URINARIO E REPRODUTOR. Técnicas de contraste. Radiodiagnóstico do aparato urinario. Radiodiagnóstico do aparato reprodutor.
SECCIÓN 4: SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS. - 4 horas -
- ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Lesións óseas. Alteracións do esqueleto inmaturo. Radioloxía articular.
- CABEZA E COLUMNA VERTEBRAL. Técnicas radiográficas. Cranio, cavidade nasal e seos. Columna vertebral. Técnicas de contraste.
SECCIÓN 5: SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN GRANDES ANIMAIS. - 1 hora -
- ESQUELETO APENDICULAR. Técnicas radiográficas. Extremidade anterior. Extremidade posterior. CABEZA E COLUMNA.
PARTE II: ECOGRAFÍA.
SECCIÓN 1: PRINCIPIOS FÍSICOS, EQUIPOS E TÉCNICAS XERAIS. - 2 horas -
- Principios físicos, equipos e material utilizado en ecografía. Modos de imaxe.
- Interpretación e control da imaxe ecográfica. Terminoloxía utilizada. Artefactos.
- Protocolo xeral de exploración.
SECCIÓN 2: ECOGRAFÍA ABDOMINAL. - 10 horas -
- FÍGADO. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións do parénquima hepático. Vesícula biliar e sistema biliar. Lesións vasculares.
- BAZO. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións esplénicas.
- TRACTO GASTROINTESTINAL. Técnica de exploración ecográfica e preparación do paciente. ESTÓMAGO. Imaxe ecográfica normal. Lesións gástricas. INTESTINO DELGADO E GROSO. Imaxe ecográfica normal. Lesións.
- PÁNCREAS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións pancreáticas.
- APARATO URINARIO: RILES E URÉTERES. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO URINARIO: VEXIGA E URETRA. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- GLÁNDULAS ADRENAIS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO REPRODUCTOR DO MACHO: PRÓSTATA E TESTÍCULOS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- APARATO REPRODUCTOR DA FEMIA: ÚTERO E OVARIOS. Técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións. DIAGNÓSTICO DE XESTACIÓN.
- CAVIDADE PERITONEAL. Técnica de exploración ecográfica. Lesións.
SECCIÓN 3: ECOCARDIOGRAFÍA. - 1 hora -
- TÉCNICA DE EXPLORACIÓN ECOCARDIOGRÁFICA. Anatomía ecográfica. Ventás ecocardiográficas.
- ECOCARDIOGRAFÍA BIDIMENSIONAL E MODO M. Principios xerais.
- ECOCARDIOGRAFÍA DOPPLER. Doppler color. Doppler espectral: pulsado e continuo.
SECCIÓN 4: EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO. - 2 horas -
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN PEQUENOS ANIMAIS. Equipo e técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
- EXPLORACIÓN ECOGRÁFICA DO SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO EN GRANDES ANIMAIS. Equipo e técnica de exploración ecográfica. Anatomía ecográfica. Lesións.
PARTE III: OUTROS MEDIOS FÍSICOS DE DIAGNÓSTICO POR IMAXE. - 1 hora -
- TOMOGRAFÍA COMPUTERIZADA (TC).
- RESONANCIA MAGNÉTICA (RM).
- DIAGNÓSTICO MEDIANTE RADIONUCLEIDOS (GAMMAGRAFÍA).
PARTE IV: RADIOTERAPIA. - 1 hora -
- RADIOTERAPIA. Principios físicos e técnicos. Equipos. Radioterapia en pequenos e grandes animais.
B.- DOCENCIA PRÁCTICA
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. - 15 horas -
- Interpretación radiográfica (Valoración de placas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético). - 11 horas -
- Exploración ecográfica (Realización dun protocolo de exploración no can) - 4 horas -
Bibliografía básica e complementariaBARR, F. J.; KIRBERGEN, R.M. BSAVA Manual of Canine and Feline Musculoskeletal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester. 2006.
BURK, R. L.; FEENEY, D. H. Small Animal Radiology and Ultrasonography. A Diagnostic Atlas and Text, W. B. Saunders Company. Philadelphia. 2003.
BUTLER, J. A.; COLLES, Ch. M.; DYSON, S. J.; KOLD, S. E.; POULOS, P. W.; Clinical Radiology of the Horse, 3ª edition, Blackwell Science. Oxford. 2008.
KÖNIG, H.E.; LIEBICH, H.G. Anatomía de los animales domésticos. Tomo I y II. 2ª edición. Editorial Médica Panamericana. Madrid. 2005.
NYLAND, T.G.; MATTOON, J.S. Diagnóstico Ecográfico en Pequeños Animales. 2ª Ed. Multimédica. Barcelona. 2004.
O`BRIEN, R.; BARR, F. J. BSAVA Manual of Canine and Feline Abdominal Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester. 2009.
PENNINCK, D.; D'ANJOU, M. A. Atlas de ecografía en pequeños animales. Multimédica. Sant Cugat del Vallés. Barcelona. 2010.
SCHWARZ, T.; JOHNSON, V. BSAVA Manual of Canine and Feline Thoracic Imaging. British Small Animal Veterinary Association. Gloucester. 2008.
SCHWARZ, T.; SAUNDERS, J. Veterinary Computed Tomography. Wiley-Blackwell Publishing. Oxford. 2011.
THRALL, D. E. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 6th Ed. W. B. Saunders Company. Philadelphia. 2013.
WEAVER, M.; BARAKZAI, S. Handbook of Equine Radiography. Saunders Elsevier. 2010.
PÁXINAS WEB:
- American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/).
- European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org/).
- Veterinary Radiology (http://www.veterinaryradiology.net/).
CompetenciasCompetencias xenéricas do grao en veterinaria:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares:
CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC17. Coñecemento dos efectos biolóxicos das radiacións ionizantes e dos medios de radioprotección.
Competencias específicas profesionais:
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
D1VUSC 18. Aplicar os coñecementos de radioprotección en aqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
Competencias específicas académicas:
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
o
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais:
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Impartiranse 35 clases maxistrais de 50 minutos (ver Docencia teórica en “Contidos” da materia e calendario oficial do Centro).
Realizaranse 30 horas de prácticas clínicas (ver calendario oficial do Centro), que inclúen as seguintes actividades:
- Participación na actividade asistencial do Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. - 15 horas -
No Servizo de Diagnóstico por Imaxe do HVU-RC os alumnos familiarízanse coa instalación, cos equipos e co material necesario para a exploración radiolóxica (radiografía e Tomografía Computarizada) e ecográfica. Aprenden a manexar os pacientes que chegan ao Servizo e tamén o trato cos seus donos. Nas exploracións radiográficas, aplican as medidas de radioprotección necesarias e realizan o posicionamento, o cálculo dos parámetros de exposición e a interpretación das imaxes obtidas. Os alumnos seguen as exploracións ecográficas que diariamente se levan a cabo no Servizo, e baixo a supervisión do profesor valoran tamén outros casos explorados previamente que podan resultar de interese. A cada alumno se lle asignará un tema asociado a un caso clínico remitido ao Servizo durante o seu período de prácticas, que deberá expoñer aos compañeiros.
- Interpretación radiográfica. - 11 horas -
Realízase unha selección de placas radiográficas de tórax, abdome e do sistema musculoesquelético, para que os alumnos coñezan a anatomía radiográfica e nos casos patolóxicos, valoren os signos radiográficos e cheguen a establecer os posibles diagnósticos diferenciais.
- Exploración ecográfica. - 4 horas -
Para que os alumnos adquiran habilidades no manexo do ecógrafo, establecerase un protocolo de exploración ecográfica no can, que de forma individualizada realizará cada alumno baixo a supervisión do profesor.
Contémplanse 5 horas de titorías por alumno (ver calendario oficial do Centro). Nestas sesions efectuarase un seguimento da materia, os alumnos resolverán as súas dúbidas e os profesores valorarán a evolución de cada alumno mediante probas curtas, resolución de casos, presentacións orais, etc.
Os alumnos disporán dun recurso na USC virtual "Aula virtual" de apoio á docencia desta materia.
Sistema de evaluaciónA valoración do proceso de aprendizaxe do estudante realizarase mediante avaliación continua (preguntas en clase, exames curtos durante as prácticas e sesións de titoría, resolución de casos clínicos, presentacións orais...). Tamén se efectuará unha proba final que consistirá nun exame escrito con unha parte de preguntas de tipo test e outra de interpretación de imaxes. Para a CUALIFICACIÓN FINAL valorarase a avaliación continua con un total de 3/10 puntos, e a proba final con un total de 7/10 puntos, dos cales corresponderán 2 á proba de tipo test e 5 á interpretación de imaxes. É obrigatorio superar cada unha das partes.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 70 horas - clases teóricas (35 h), prácticas (30 h), titorías (5 h) -
Horas non presenciais: 80 horas - estudo individual (45 h), revisión bibliográfica (15 h), preparación de casos clínicos e presentacións orais (17 h), exame final (3 h) -
Volume de traballo total: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberán asistir e participar nas clases teóricas, nas clases prácticas e nas titorías. Recoméndase consultar regularmente os textos recomendados e as páxinas web de interese, así como facer uso da “Aula virtual”.