G2091324 - Medicina e Cirurxía Clínica Veterinaria I (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 20.00
- Clase Expositiva: 30.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 52.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia• Coñecementos sobre as distintas patoloxías susceptibles de tratamentos cirúrxicos ou medico-cirúrxicos incluíndo etioloxía, sintomatoloxía, diagnose, prognose e tratamento.
• Saber os procedementos manuais e analíticos dos cales dispoñemos para interpretar os síntomas de forma axeitada.
• Realizar manobras cirúrxicas básicas como suturas, control de hemorraxias, drenaxes, vendaxes e inmobilizacións, e intervencións de cirurxía menor.
• Desenrolar unha mentalidade clínica, que comprenda os pasos xerais da actuación cirúrxica dun xeito coherente e sistemático.
ContidosPROGRAMA TEORICO
Tema 1.- PATOLOXÍA CIRÚRXICA E CIRURXÍA . Concepto. Historia. Contido actual. Relación con outras materias. (1 hora)
SECCION l: PATOLOXÍA CIRÚRXICA XERAL (6 horas)
Tema 2.- TRAUMATISMOS MECÁNICOS. Concepto. Biofísica. Patoxénese xeral dos traumatismos mecánicos. CONTUSIÓNS: Grado, evolución e tratamento. FERIDAS: Concepto e clasificación. Tratamento xeral das feridas.
Tema 3.- TRAUMATISMOS POR AXENTES FÍSICOS E QUÍMICOS. Lesións producidas pola calor. Lesións producidas polo frío. Lesións producidas pola electricidade. Lesións producidas pola radioactividade. Lesións producidas por productos cáusticos.
Tema 4.- COMPLICACIÓNS DOS TRAUMATISMOS. Síndrome postraumático. Shock traumático. Embolia graxa. Embolia gaseosa. Enfisema traumático. Corpos estraños. Gangrena. Politraumatizados. Resposta do organismo ante o estres cirúrxico. Hemorraxia.
Tema 5.- CICATRIZACIÓN. Bioloxía do proceso de reparación das feridas. Resposta inflamatoria. Cicatrización. Evolución clínica do proceso de reparación. Factores que inflúen no proceso de reparación das feridas.
Tema 6.- COMPLICACIÓNS DA CICATRIZACIÓN. Úlceras. Fístulas. Cicatrices hipertróficas. Cicatrices dolorosas. Queloides.
Tema 7.- INFECCIÓN CIRÚRXICA. Concepto. Clasificación. Infección local. Abscesos. Flemóns. Infección xeral. Infeccións cirúrxicas por anaerobios.
Tema 8.- PATOLOXÍA CIRÚRXICA NEOPLÁSICA. Nomenclatura e clasificación. Diagnose. Biopsia. Tratamento.
SECCION ll: CIRURXIA XERAL (8 horas)
Tema 9.- QUIRÓFANO. Instalacións. Estudio do bloque operatorio e anexos. Equipamentos cirúrxicos.
Tema 10.- INSTRUMENTAL. ESTERILIZACIÓN. PREPARACIÓN DO PERSOAL CIRÚRXICO.
Tema 11.- PREPARACIÓN E MANEXO DO PACIENTE CIRÚRXICO. Equipamento e técnicas de urxencia.
Tema 12.- PRINCIPIOS XERAIS DA CIRURXÍA ATRAUMÁTICA. DIÉRESE E EXÉRESE. Técnicas e procedementos. SÍNTESE. Instrumental. Materiais de sutura. Técnicas de sutura. Patróns de sutura. Outros procedementos de síntese.
Tema 13.- HEMOSTASIA. Preventiva e definitiva. Transfusión sanguínea. FLUIDOTERAPIA. Solucións para infusión.
Tema 14.- DRENAXES. Tipos. CURAS e APÓSITOS. Desinfectantes e antisépticos. VENDAXES E INMOBILIZACIONES. Modalidades e indicacións.
Tema 15.- TERAPIAS FÍSICAS. Cauterización. Diatermia. Hidroterapia. Laserterapia.
Tema 16.- MICROCIRURXÍA. Material e equipamento de microcirurxía. Técnicas microcirúrxicas.
Tema 17.- ENXERTOS E TRANSPLANTES. Definición. Tipos. Técnicas. Indicacións e problemas.
Tema 18.- TÉCNICAS CIRÚRXICAS MINIMAMENTE INVASIVAS. Endoscopia. Laparoscopia.
SECCIÓN III: PATOLOXÍA CIRÚRXICA E CIRURXÍA DA PEL, TECIDO CELULAR SUBCUTÁNEO E GLÁNDULA MAMARIA (3 horas)
Tema 19.- PATOLOGÍA CIRÚRXICA DA PIEL E TECIDO CELULAR SUBCUTÁNEO. Excoriacións. Feridas. Foliculite. Acne. Furúnculo. Abscesos. Ulceras. Quistes. Neoplasias cutáneas. Bursite.
Tema 20.- CIRURXÍA CUTÁNEA. Manexo dos traumatismos cutáneos. Autoplastias. Colgallos e enxertos de pel. Enxerto libre e pediculado.
Tema 21.- GLÁNDULA MAMARIA. Anomalías conxénitas. Lesións traumáticas. Retención e incontinencia láctea. Tumores. Cirurxía da glándula mamaria. Mastectomías.
SECCIÓN IV: OFTALMOLOXÍA (6 horas)
Tema 22.- OLLO. Estructura e función do ollo normal.
Tema 23.- TÉCNICAS DIAGNÓSTICAS EN OFTALMOLOXÍA. Material e instrumental.
Tema 24.- ENFERMIDADES E CIRURXÍA DOS ANEXOS OCULARES. Órbita. Pálpebras. Conxuntiva. Aparello lacrimal.
Tema 25.- ENFERMIDADES E CIRURXÍA DO GLOBO OCULAR. Córnea. Esclerótica. Alteracións da presión intraocular. Úvea. Cristalino. Segmento posterior
SECCIÓN V: OTORRINOLARINGOLOXÍA E ESTOMATOLOXÍA (6 horas)
Tema 26.- OIDO. Pavillón auricular: Hematoma auricular e feridas. Otoplastia estética. Conducto auditivo externo, oído medio e interno. Otite. Miringotomía e osteotomía da bulla.
Tema 27.- FOSAS NASAIS, SEOS E CORNOS. Recordo anatómico. Anomalías conxénitas. Traumatismos. Epistaxe. Rinite. Sinusite. Necrose dos cornetes. Tumores. Trepanación dos seos frontais e maxilares. Descornado.
Tema 28.- FARINXE. AMÍGDALAS. BOLSAS GUTURAIS. Corpos estraños en farinxe. Amigdalectomía. Empiema, timpanismo e micoses das bolsas guturais. Abordaxe cirúrxica das bolsas guturais.
Tema 29.- LARINXE. Traumatismos: colapsos e estenose larínxeas. Larinxite. Edema de glote. Parálises do nervio recorrente. Ventriculocordectomía. Cricoaritenopexia. TIROIDE. Neoplasias tiroideas. Tiroidectomía.
Tema 30.- LABIOS. MEIXELA. PADAL. Labio leporino. Fendidura do padal. Queilopalatosquese. Traumatismos. Corpos estraños. Tumores. Queiloplastias. LINGUA. Anomalías conxénitas. Traumatismos. Glosite. Parálises do nervio hipogloso. GLÁNDULAS SALIVAIS. Corpos estraños. Sialolitos. Fístulas salivais. Ránulas. Neoplasias. Cirurxía dos conductos e glándulas salivais.
Tema 31.- ODONTOLOXÍA. Recordo anatómico e histolóxico. Anomalías conxénitas: poli e oligodontia, odontoquistes, braquignatismo e prognatismo, hipoplasia do esmalte. Material odontolóxico. Caries. Fracturas dentarias. Tratamento endodóncico. Extraccións dentais. Fístulas dentais.
Programa de Prácticas
Antes de que un alumno este en condicións de entender as actividades desenroladas dentro do bloque cirúrxico (preparación do paciente, anestesia e cirurxías) debe adquirir uns coñecementos prácticos e habilidades que lle permitan obter o maior rendemento da súa estancia no Servicio de Cirurxía do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. Deste xeito desenrolamos un módulo de prácticas, que se imparten ao longo de cada día, que inclúen:
Bloque cirúrxico. Recorreremos tódalas salas que forman parte das instalacións de cirurxía (esterilización, quirófanos, vestiarios, preparación e recuperación do paciente, etc.) detallando as actividades que en elas se levan a cabo, o xeito correcto de comportarse e ir vestido, e la dinámica de funcionamento en cada zona. Veremos os sucesivos pasos de preparación do material e instrumental cirúrxico ata a súa esterilización.
Suturas. Realizaremos sesións prácticas en modelos sintéticos para aprender a realizar con certa soltura os distintos patróns de sutura, el coñecemento dos principais materiais de sutura habitualmente empregados en cirurxía veterinaria, o correcto manexo do instrumental básico (portaagullas, pinzas de man, tesoiras, etc.), así como a elixir o patrón de sutura que mellor se adapte ás circunstancias da intervención cirúrxica.
Preparación do paciente e instrumental. Dentro do quirófano prepararemos axeitadamente o campo operatorio do paciente mediante o posicionamento máis cómodo para practicar a cirúrxia, aplicación de antisépticos e colocación de los panos cirúrxicos estériles. Practicaremos o xeito de prepararse e vestirse o persoal de quirófanos (lavado de las mans, colocación de bata estéril e guantes, etc.). Veremos con detalle todo o relacionado co instrumental cirúrxico e los equipos auxiliares habituais en el quirófano: o xeito ergonómico de utilizalos, funcións e distribución.
Intervencións cirúrxicas programadas. Unha vez que se adquiren os coñecementos prácticos e desenrolan suficientes habilidades cirúrxicas, é hora de que comecen a realizar elle mesmos as primeiras cirurxías. Durante dúas sesións semanais os propios alumnos realizarán a anestesia e intervención cirúrxica de esterilización de femias caninas ou felinas (ovariohisterectomía), sempre guiados por dous profesores da materia (Cirurxan e anestesista).
Bibliografía básica e complementariaAnderson DE. Field surgery of cattle: An issue of veterinary clinics I: Food animal practice. 2008.
Auer JA. Equine Surgery. 2012.
Beale BS. Small animal arthroscopy. 2003.
Bertone J. Equine Geriatric Medicine and Surgery. 2005.
Brockman D. BSAVA Manual of canine and feline head, neck and thoracic surgery. 2005.
Bojrab MJ. Mechanisms of disease in small animal surgery. 2010.
Cartagena JC. Oncología veterinaria. Manuales clínicos por especialidades. 2011.
Del Pueyo C. Fisioterapia y rehabilitación veterinaria. 2011.
Dirksen G. Medicina interna y cirugía del bovino. 2005.
Fossum TW. Small animal surgery. 2007.
Fubini SL. Farm animal surgery. 2004.
Fowler D. Manual de tratamiento y reconstrucción de heridas en pequeños animales. 2001.
Gelat, KN. Fundamentos de oftalmología veterinaria. 2003
Gonzalo JM. Cirugía veterinaria. 1994.
Harari J. Small animal surgery secrets. 2000.
Kirk y Bistner. Urgencias en veterinaria. 2012.
Knecht CD. Técnicas fundamentales en cirugía veterinaria. 1990.
Kirpensteijn J. Reconstructive surgery and wound management of the dog and cat. 2013.
Mauring A. Fisioterapia: Masaje del perro. Mejora de la movilidad y del dolor. 2008.
Slatter DH. Texbook of small animal surgery. 2003.
Slatter. Fundamentos de oftalmología veterinaria. 2009.
Stashak TS. Equine wound management. 2008.
Tams TR. Small animal endoscopy. 2011.
Tobias K. Veterinary surgery: small animal. 2012.
Turner SM. Oftalmología de pequeños animals. 2010.
Venker van Haagen A. Ear, nose, throat and tracheobronchial diseases in dogs and cats. 2005.
Withrow and MacEwen's. Small Animal Clinical Oncology. 2007.
PÁXINAS WEB:
European College of Veterinary Surgeons (http://www.ecvs.org)
American College of Veterinary Surgeons (http://www.acvs.org)
Martindale´s veterinary center (http://www.martindalecenter.com/Vet.html)
CompetenciasCompetencias Xerales
o GVUSC01. Capacidadee de aprendizaxe e adaptación.
o GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
o GVUSC03. Coñecementos xerales sobre a área de traballo.
o GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
o GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
o CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
o GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
o GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber):
o CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das disitintas enfermidades animais.
o CEDVUSC 09. Bases xerais do tratamento médico e cirúrxico
Competencias Específicas Profesionales (saber facer, competencias a día 1):
o D1VUSC 01. Facer a historia e o exame clínico dos animais.
o D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
o D1VUSC 03. Executar técnicas básicas de análise e interpretación dos resultados de clínica, ecolóxica e química.
o D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
o D1VUSC 06. Desenvolverse en situacións de emerxencia e realizar primeiros auxilios en Ciencias Veterinarias.
o D1VUSC 07. Executar tratamentos básicos médicos e cirúrxicos en animais.
o D1VUSC 08. Prescribir, administrar e xestionar adecuadamente os medicamentos veterinarios.
o D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer):
o CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
o CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
o CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
o CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
o CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a mediciña baseada na evidencia.
o CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionales.
o CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua extranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
o CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversales
o CTVUSC 01 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
o CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
o CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
o CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta.
o CTVUSC 05 Habilidade no manexo de TICs.
o CTVUSC 06 Utilización de información en lingua extranxeira.
o CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Os/as estudiantes recibirán 2 clases teóricas semanais de Medicina e Cirurxía Clínica Veterinaria I no primeiro semestre de acordo cos horarios aprobados en Xunta de Facultade para o curso académico 2013/2014. Impartíranse 30 clases maxistrais de 50 minutos (ver contido da materia). Os alumnos disporán dun recurso en rede "Aula virtual" de apoio a esta docencia.
As prácticas terán lugar en horario de 11 a 15 horas no HVU Rof Codina. Realizaranse 20 horas de prácticas clínicas, nas que se desenrolará o programa práctico da materia.
Sistema de evaluaciónEvaluación dos coñecementos teórico-prácticos (80% da cualificacion final):
Exame Final primeira convocatoria en Xaneiro.
Exame Final segunda convocatoria en Xullo.
O exame constará de preguntas tipo test de verdadeiro e falso, preguntas curtas e un tema a desenrolar.
-Se realizará evaluación continua do alumnado (que suporá o 20% da calificación final) e que recollerá o traballo persoal do estudiante no horario de clase teórica e práctica mediante diferentes probas: control de asistencia, realización de exercicios escritos –programados ou non, participación activa en clase.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais 52: 30 horas de clases maxistrais; 20 horas de prácticas clínicas; y 2 horas de titorías.
Horas non presenciais 60,5: 45 horas de estudio individual; 2 horas de revisión bibliográfica; 1,5 de presentacións orais e 10 horas de resolución de casos. Realización de examens: 2 horas/exame.
Total 112,5 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clases teóricas e prácticas.
- Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudio
- Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web, artigos científicos…
- Uso regular de la USC virtual y de las titorías.
• Coñecementos esenciais: Anatomía, Fisioloxía
• Coñecementos recomendables: Farmacoloxía, Anestesia, Radioloxía, Medicina Interna