G2091325 - Propedéutica Clínica (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 35.00
- Clase Expositiva: 22.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Patoloxía Animal
- Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCo estudo da Propedéutica Clínica o alumno coñecerá as técnicas exploratorias nas diferentes especies animais e iniciarase na interpretación dos resultados das mesmas. A través do contacto co animal enfermo, e servíndose de diferentes métodos de exploración e técnicas de recollida de mostras, o alumno interpretará os signos de enfermidade e os agrupará en síndromes, para así poder realizar un diagnóstico certeiro da enfermidade que padece o animal.
ContidosContidos teóricos (22 horas): A materia estrutúrase nos seguintes bloques temáticos:
1. Manexo e exploración xeral do animal (4 horas): Métodos de exploración. Comportamento Plan xeral de exploración e historia clínica (2 horas) Termometría clínica e exploración do sistema linfático (1 hora). Exploración da capa e pel (1 hora)
2. Exploración da cabeza e pescozo (3 horas): Semioloxía e semiotecnia da exploración da cabeza (orellas, nariz, ollos, boca, glándulas salivares, seos paranasales) e métodos complementarios de explotación: recollida de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas (2 horas). Semioloxía e semiotecnia da exploración do pescozo: exploración da farinxe, larinxe, traquea, bolsas guturais, glándulas tiroides, esófago, veas xugulares e táboas de pescozo (1 hora).
3. Exploración do aparello respiratorio (2 horas): Semioloxía e semiotecnia do aparello respiratorio e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas
4. Exploración do aparello cardiovascular (2 horas): Semioloxía e semiotecnia do aparello cardiovascular e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas
5. Exploración do aparello dixestivo (4 horas): Semioloxía e semiotecnia do aparello dixestivo e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas
6. Exploración do aparello xenitourinario e glándula mamaria (2 horas): Semioloxía e semiotecnia do aparello urinario, xenital e mamario, e métodos complementarios: recollida de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas.
7. Exploración do aparello locomotor e nervioso (2 horas): Semioloxía e semiotecnia do aparello locomotor e sistema nervioso (ósos, músculos, articulacións, SNC e Neurona Motora): métodos complementarios; recollida de mostras; análise laboratoriales; diagnóstico por imaxe e probas funcionais. Aplicacións clínicas.
8. Biopatoloxía clínica (2 horas): estudo da hematoloxía e o urianálisis en veterinaria e electrocardiografía (1 hora). Total: 3 horas.
Contidos prácticos (35 h). Os contidos prácticos estrutúranse en 14 sesións de 2:30 h de duración, abordando os seguintes contidos:
1. Manexo e exploración xeral de grandes animais
2. Manexo e exploración xeral de pequenos animais
3. Exploración da cabeza en grandes animais
4. Exploración da cabeza en pequenos animais
5. Exploración do aparello respiratorio en grandes animais
6. Exploración do aparello respiratorio en pequenos animais
7. Exploración do aparello cardiovascular en grandes animais
8. Exploración do aparello cardiovascular en pequenos animais
9. Exploración do aparello dixestivo en grandes animais
10. Exploración do aparello dixestivo e xenitourinario en pequenos animais
11. Exploración do aparello xenitourinario, mamario, locomotor e nervioso en grandes animais
12. Exploración do aparello locomotor e nervioso en pequenos animais
13. Exame laboratorial
14. Estudo electrocardiográfico
Titorías (3 horas).
1. Introdución ao método de estudo da Propedéutica Clínica (1 hora)
2. Resolución de dúbidas e integración conxunta dos distintos contidos da materia (2 horas): valoración clínica de parámetros electrocardiográficos (1 hora). Resolución de casos relacionados coa biopatología clínica: hematoloxía, bioquímica e urianálisis (1 hora).
Bibliografía básica e complementariaBirchard, S.J., Sherding, R.G. (2002) Manual clínico de procedimientos en pequeños animales. Mcgraw.Hill-Interamericana, Madrid.
Burk, R., Ackerman, N. (1996) Small animal radiology and ultrasonography: A diagnostic atlas and text. 2nd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
Cebrián, LM.; Pastor, J.; Ramos, JJ., Ferrer, LM. (2005). La exploración clínica del ganado vacuno. Editorial Servet, Zaragoza.
García Partida, P., Prieto Montaña, F., Gutiérrez Panizo, C., Mayer Valor, R. (1999). Exploración clínica veterinaria. Ed. Universidad de León, León.
Goddard, P.J. (2000) Ecografía veterinaria. Acribia, Zaragoza.
Gómez Piquer, J., y col (1992) Manual Práctico de Análisis Clínicos en Veterinaria. Mira, Zaragoza.
Jaksch, W., Glawischnig, E. (1978) Propedéutica clínica de las enfermedades internas de la piel de los animales domésticos. Acribia, Zaragoza.
Kaneko, J.J., Harvey J, Bruss, M. (2008) Clinical biochemistry of domestic animals.6th ed. Academic Press, San Diego.
Kittleson, M.D., Kienle, R.D. (2000) Medicina cardiovascular de pequeños animales. Multimédica, Barcelona.
Locke, P.H., Harvey, R.G., Mason, I.S. (2001) Manual de dermatología en pequeños animales. Colección BSAVA. Ediciones S, Barcelona.
McCurnin, D.M., Bassert, J.M. (2001) Clinical textbook for veterinary technicians. 5th ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
McCurnin, D.M., Poffenbarger, E.M. (1991) Small animal physical diagnosis and clinical procedures. WB Saunders Co., Philadelphia.
Pastor Meseguer, J. (1999). Manual de Propedéutica y Biopatología Clínicas Veterinarias. 2ª ed. Mira Editores, Zaragoza.
Radostits, O.M., y col. (2002) Examen y diagnóstico clínico en veterinaria. Harcourt. Madrid.
Reagan, W.J., Sanders, T.G., De Nicola, D.B. (1999) Hematología Veterinaria. Ed., Barcelona.
Rijnberk, A., Vries, H.W. (1997) Anamnesis y exploración corporal de pequeños animales. Acribia, Zaragoza.
Rosenberger, G. (1994) Exploración clínica de los bovinos. 3ª ed. Hemisferio Sur, B. Aires.
Salvat (1992) Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. 13ª ed. Salvat, Barcelona.
Smith, BP (2009) Large animal internal medicine. 4th ed. Mosby, St. Louis.
Sodikoff, CH. (2002) Pruebas diagnósticas y de laboratorio en pequeños animales. Una guía para el diagnóstico de laboratorio. 3ª ed. Harcourt, Madrid.
Speirs, V.C., Wrigley, R.H., Mueller, G.E. (1997) Clinical examination of horses. WB Saunders Co., Philadelphia.
Tams, T.R. (1999) Small animal endoscopy. 2nd ed. Mosby, St. Louis.
Thrall, D.E. (1998) Textbook of veterinary diagnostic radiology. 3rd ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
Tilley, L. P. (1992) Essentials of canine and feline electrocardiography. 3rd ed. Lea & Febiger, Philadelphia.
ENLACES URL DE INTERESE
http://www.ivis.org
http://argos.portalveterinaria.com/
http://albeitar.portalveterinaria.com/
http://www.rvc.ac.uk/Review/ocular_reflexes/
http://www.rinderskript.de
http://en.wikivet.net/Veterinary_Education_Online
http://www.usc.es/es/servizos/pfid/gruinodoc/propevet/index.html
http://www.consultavet.org/
CompetenciasCompetencias xenéricas
o GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
o GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
o GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
o GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
o GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
o GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
o GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
o GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias disciplinares:
o CEDVUSC01. Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e das bases da súa identificación.
o CEDVUSC02. Estrutura e funcións dos animais sans.
o CEDVUSC03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
o CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
o CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
o CEDVUSC14. Coñecer as Normas e Leis del ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
o CEDVUSC15. Coñecer os dereitos e deberes do/da veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
o CEDVUSC16. Coñecer las técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias profesionais:
o D1VUSC01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
o D1VUSC02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondinte informe.
o D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
o D1VUSC04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
o D1VUSC06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
o D1VUSC08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
o D1VUSC17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias académicas:
o CEAVUSC01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
o CEAVUSC02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
o CEAVUSC03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral y escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
o CEAVUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
o CEAVUSC05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
o CEAVUSC06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
o CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
o CTVUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
o CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
o CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
o CTVUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e breve.
o CTVUSC05. Habilidade o manexo das TICs.
o CTVUSC06. Utilización de información en lingua estranxeira.
o CTVUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Contidos teóricos. Na primeira parte de cada sesión teórica (correspondente a cada bloque temático) presentarase a estrutura didáctica a seguir en cada bloque temático, analizando os contidos a desenvolver de forma práctica nas distintas especies domésticas (grandes e pequenos animais). Na segunda parte de cada sesión abordarase o estudo das técnicas complementarias que non se van a tratar de forma práctica co animal, mediante o emprego de material audiovisual.
Contidos prácticos. O alumno dispoñerá dunha guía con todos los contidos necesarios para iniciarse á exploración clínica dos distintos sistemas orgánicos en grandes e pequenos animais. O alumno deberá traballar de forma autónoma en dita guía con antelación á práctica, de forma que cada sesión práctica se centrará fundamentalmente na aprendizaxe da realización sobre o animal dos distintos procesos ou mecanismos exploratorios. Ao final de cada sesión clínica o alumno terá que demostrar o grado de aproveitamento da mesma mediante a realización práctica dos procedementos aprendidos, así como a estratexia ou protocolo de exploración a seguir en base a distintos supostos prácticos.
Titorías. Na primeira titoría farase unha presentación da materia, dos obxectivos e metodoloxía de traballo, dos mecanismos de avaliación e bibliografía. Na segunda titoría, unha vez rematados os contidos teóricos, prácticos e seminarios, procederase á resolución en grupo das dúbidas surxidas durante o curso; ademais presentaranse distintos supostos prácticos para que o alumno teña unha visión integral da materia.
O alumno disporá dun curso virtual dentro da Plataforma Virtual da Universidade, onde se expoñerán as guías teóricas e prácticas para cada bloque temático, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, biblioteca de imaxes e vídeos, enlaces web, etc. Ademáis, crearanse foros para la resolución de dúbidas e suxestións.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase en base a un sistema de avaliación continua (50%) e un exame final (50% dá cualificación final).
Na avaliación continua o alumno terá que demostrar as habilidades adquiridas na exploración física dos animais. Para iso en cada guía de cada práctica facilitarase unha listaxe das habilidades que o estudante debe adquirir na devandita práctica. Ao comezo da seguinte práctica da mesma especie, o estudante será avaliado mediante un Exame Clínico Obxectivamente Estruturado. Os resultados de cada unha desta proba daranse nunha escala de tipo Likert de 3 puntos; 0 = NON APTO; 1 = APTO; 2 = MOI BEN. Os resultados reflectiranse nunha ficha de prácticas que o alumno deberá custodiar durante todo o semestre e presentala en cada práctica para ser asinada polo profesor. Ao final das sesións prácticas os estudantes deberán entregar ao profesorado a devandita ficha e computaranse os resultados obtidos ao longo do semestre e calcularase a nota global da avaliación continua, a cal será facilitada de forma individualizada a cada estudante mediante o curso virtual antes da realización do exame final escrito. A aqueles estudantes que superen a avaliación continua nun curso académico gardaráselles a cualificación obtida para o curso académico seguinte.
A proba de exame final consistirá en 50 preguntas tipo test ou con imaxes/vídeos/sons onde se avaliarán os coñecementos teóricos adquiridos tanto nas sesións teóricas (na aula) como nas sesións prácticas (sala de exploración/cadra/laboratorio). De acordo co calendario de exames aprobado polo pleno da Xunta da Facultade de Veterinaria na súa sesión do 3 de abril de 2013, o exame final escrito da convocatoria de Xaneiro realizarase o día 21 de xaneiro de 2014 ás 09:00h nas aulas 1, 2 e 3 da Facultade de Veterinaria e a proba da convocatoria de Xullo terá lugar o día 1 de xullo de 2014 ás 12:00h nas aulas 2, 3 e 4 da Facultade de Veterinaria. Na convocatoria de Xullo só será posible presentarse ao exame final escrito, manténdose a nota da avaliación continua obtida.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA (60h)
Asistencia ás clases teóricas: 22h
Asistencias ás clases prácticas: 35h
Titorías: 3h
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE (90h)
Estudo individual: 22h
Elaboración das memorias de prácticas: 35h
Elaboración dos traballos: 7h
Revisión bibliográfica: 7h
Resolución de casos/problemas: 15h
Realización de exames: 4h
TOTAL: 150h
Recomendacións para o estudo da materiaCoñecementos básicos de disciplinas como Anatomía, Etnoloxía e Fisioloxía e outras disciplinas de primeiro ciclo, que axudarán ao alumno a acelerar a aprendizaxe e comprensión de esta materia. Recoméndase un coñecemento básico de inglés, posto que gran parte da bibliografía se atopa neste idioma.