Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091327 - Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria II (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 22.00
  • Clase Expositiva: 21.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BRAVO MORAL, ANA MARIA.SI
BRAVO MORAL, ANA MARIA.SI
FAILDE GARCIA, LUIS DANIEL.NON
LOPEZ PEÑA, MONICA.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.NON
Vázquez Rodríguez, Sonia.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
G2091327/CLI_EEES09HorariosClínicos EEESNONNON
G2091327/CLI_EEES10HorariosClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS DA MATERIA NO BLOQUE FORMATIVO

    A Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria encárgase do estudo das lesións nos distintos órganos, aparellos e sistemas, relacionándoas co axente etiolóxico e cadro clínico da enfermidade, e considerando as particularidades relativas ás distintas especies de animais de interese veterinario. O seu estudo familiariza ao/á estudante cos cambios que se producen nos tecidos e órganos como consecuencia da enfermidade. Deste xeito, o coñecemento da Anatomía Patolóxica Especial facilitará o estudo das materias clínicas xa que o/a estudante aprenderá a aplicar as ciencias básicas e terá unha mellor comprensión dos cambios que se teñen producido dentro do animal como resultado da enfermidade, permitíndolle entender o porqué dos signos clínicos que se observan.

    Dentro do bloque de Fundamentos do diagnóstico e a terapéutica, o/a estudante deberá potenciar e mellorar as competencias xenéricas (GVUSC01, 02, 03, 04 y 05), as competencias específicas académicas (CEAVUSC01, 02, 03, 04, 05, 06, 07 y 08) e as competencias transversais (CTVUSC01, 02, 03, 04, 05, 06 y 07) a adquirir co estudo da Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria II, mediante a súa participación activa nas prácticas clínicas, na resolución e presentación do caso clínico en grupo, na elaboración da memoria das necropsias e na resolución dos problemas e revisións planeados na materia virtual (blackboard).

    O/a estudante deberá adquirir as competencias específicas disciplinares da materia:
    • CEDVUSC 05. PRINCIPIOS BÁSICOS E APLICADOS DA RESPOSTA INMUNE. Deberá aprender as lesións características dos procesos inmunopatolóxicos recollidos no programa teórico da materia (miosites, artrites e dermatites inmunomediadas, entre outros) e deberá participar activamente na observación, descrición e resolución dos casos reais relacionados con estes procesos durante as prácticas, titorías en grupos reducidos e utilización da materia virtual.
    • CEDVUSC 07. COÑECEMENTO DAS ALTERACIÓNS DA ESTRUTURA E FUNCIÓN DO ORGANISMO ANIMAL. Deberá aprender, tanto desde un punto de vista teórico como na práctica, as lesións e patoxenia características das enfermidades máis frecuentes nos animais de interese veterinario que afectan ao sistema nervioso central e periférico, órganos dos sentidos, sistema xenital, locomotor e tegumentario.
    • CEDVUSC 08. COÑECEMENTO E DIAGNÓSTICO DAS DISTINTAS ENFERMIDADES ANIMAIS, INDIVIDUAIS E COLECTIVAS, E AS SÚAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN, CON ESPECIAL ÉNFASE NAS ZOONOSES E NAS ENFERMIDADES DE DECLARACIÓN OBRIGATORIA. Deberá aprender, na teoría e na práctica, a identificar, describir e diagnosticar, desde o punto de vista anatomopatolóxico, as enfermidades máis frecuentes nos animais de interese veterinario que afectan ao sistema nervioso central e periférico, órganos dos sentidos, sistema xenital, locomotor e tegumentario, empregando unha terminoloxía precisa e axeitada. Ademais, deberá aprender a identificar as lesións máis importantes nos animais sacrificados en matadoiro, con especial énfase nas zoonoses e enfermidades de declaración obrigatoria, recollidas no capítulo V do programa teórico.

    O/a estudante deberá adquirir as competencias específicas profesionais da materia:
    • D1VUSC 02. RECOLLER E REMITIR MOSTRAS CO SEU CORRESPONDENTE INFORME. Deberá aprender a tomar as mostras adecuadas nun animal vivo ou en un cadáver, e procesalas e informalas correctamente, para que resulten útiles no estudo histopatolóxico, bacteriolóxico, parasitolóxico, virolóxico, toxicolóxico e serolóxico.
    • D1VUSC 04. DIAGNOSTICAR AS ENFERMIDADES MÁIS COMÚNS, MEDIANTE A UTILIZACIÓN DOS PROTOCOLOS E TÉCNICAS COMPLEMENTARIAS DE DIAGNÓSTICO. Deberá aprender a diagnosticar, desde o punto de vista anatomopatolóxico, as enfermidades nos peixes, e no resto de animais de interese veterinario, aquelas enfermidades que afectan ao sistema nervioso central e periférico, órganos dos sentidos, sistema xenital, locomotor e tegumentario, mediante o emprego e interpretación das técnicas anatomopatolóxicas máis frecuentes (necropsia e toma de mostras, estudo histopatolóxico, histoquímico, inmunohistoquímico, etc.). Asemade, deberá aprender a identificar as posibles causas das lesións que afectan a eses sistemas, a súa patoxenia e a súa relación cos signos clínicos observados no animal vivo. Por elo, se espera que o/a estudante sexa capaz de aplicar de forma autónoma a técnica de necropsia nas diferentes especies de interese veterinario e de diferenciar as lesións antemortem das alteracións postmortem.
    • D1VUSC 12. REALIZAR A INSPECCIÓN DOS ANIMAIS ANTE E POSTMORTEM E DOS ALIMENTOS DESTINADOS AO CONSUMO HUMANO. Deberá aprender a identificar as lesións máis importantes nos animais sacrificados en matadoiro, con especial énfase nas zoonoses e enfermidades de declaración obrigatoria, mediante o estudo dos órganos comisados en matadoiro e a interpretación de imaxes patolóxicas nas principais especies animais de consumo humano.
    • D1VUSC 17. REALIZAR INFORMES TÉCNICOS PROPIOS DAS COMPETENCIAS VETERINARIAS. Deberá aprender a redactar informes de necropsia de forma correcta, describindo axeitadamente as lesións de interese observadas e utilizando unha terminoloxía anatomopatolóxica apropiada e concisa.

    Contidos
    CAPÍTULO I: SISTEMA NERVIOSO CENTRAL E PERIFÉRICO. ÓRGANOS DOS SENTIDOS.
    Tema 1. Malformacións: defectos de peche do tubo neural, hidrocefalia, hipoplasia cerebelar. Disciclias: hemorraxias, edema, isquemia, infarto do SNC. Traumatismos. Distrofias: pigmentacións, colesteatoma, arteriosclerose, encefalopatías tóxicas, encefalopatías por carencias.
    Tema 2. Encefalomielinopatías: leucodistrofias, encefalomiopatías esponxiformes. Inflamación del SNC: meningoencefalites non purulentas, purulentas, piogranulomatosa, trombótica infecciosa. Lesións parasitarias. Tumores nerviosos.
    Tema 3. LESIÓNS DO OLLO. Alteracións postmortem. Malformacións. Lesións da córnea e queratoconxuntivite. Lesións da úvea: uveíte e glaucoma. Desprendemento de retina e outras retinopatías. Lesións do nervio óptico. Tumores. LESIÓNS DO OÍDO: tipos de otite e tumores.

    CAPÍTULO II: SISTEMA XENITAL.
    Tema 4. APARELLO XENITAL FEMININO. Malformacións: aplasia, hipoplasia, dobre cérvix. Cambios de posición: torsión uterina, prolapso de útero e vaxina. Roturas. Quistes ováricos. Hiperplasia endometrial. Inflamacións: ooforite, salpinxite, metrite, piómetra, vulvovaxinite. Glándula mamaria. Malformacións. Disciclias. Mamite. Tumores mamarios.
    Tema 5. APARATO XENITAL MASCULINO. Malformacións: criptorquidia. Distrofias: dexeneración testicular, calcificación. Inflamacións: orquite, epididimite, balanopostite. Hiperplasia de próstata. Tumores.

    CAPÍTULO III: SISTEMA LOCOMOTOR.
    Tema 6. LESIÓNS DOS MÚSCULOS ESQUELÉTICOS. Lesións postmortem e trastornos do crecemento: atrofia muscular. Alteracións conxénitas e hereditarias: artrogripose, hiperplasia muscular conxénita, splayleg, hipertermia maligna. Miopatías dexenerativas: miopatías nutricionais, miopatías por exercicio. Miosites: inmunomediadas, bacterianas, parasitarias. Tumores musculares.
    Tema 7. LESIÓNS DOS ÓSOS. Displaxias: condrodisplaxias, osteopetrose. Distrofias óseas metabólicas: osteoporose, raquitismo, osteomalacía, osteodistrofia fibrosa. Osteítes. Osteopatía hipertrófica. Tumores.
    Tema 8. LESIONS DAS ARTICULACIÓNS. Trastornos conxénitos e hereditarios: displaxia de cadeira, osteocondrose. Osteoartrose. Artrites: artrite inmunomediada, artrite fibrinosa, artrite purulenta, gota articular.

    CAPÍTULO IV: SISTEMA TEGUMENTARIO.
    Tema 9. LESIÓNS DA PEL (I). Terminoloxía en Dermatopatoloxía. Lesións primarias da pel. Lesións que poden ser primarias ou secundarias. Lesións secundarias de pel. A biopsia de pel.
    Tema 10. LESIÓNS DA PEL (II). Malformacións: aplasia cutis, ictiose conxénita, astenia cutánea, epidermólise bullosa, albinismo. Distrofias: dermatoses hormonais, distrofias da queratinización. Disciclias. Dermatites por causas físicas: queimaduras, fotodermatite, lesións psicoxénicas. Dermatites por sustancias químicas irritantes.
    Tema 11. LESIÓNS DA PEL (III). Dermatites inmunomediadas. Reaccións de hipersensibilidade: atopía, alerxia a picaduras, alerxia por contacto, alerxia a medicamentos, alerxia alimentaria, dermatite eosinofílica do gato. Dermatites autoinmunes: pénfigos, penfigoide, lupus eritematoso.
    Tema 12. LESIÓNS DA PEL (IV). Dermatites bacterianas: piodermias superficiais e profundas. Dermatomicoses. Dermatites parasitarias. Tumores da pel.

    CAPÍTULO V: LESIÓNS EN ANIMAIS SACRIFICADOS EN MATADOIRO.
    Tema 13. LESIÓNS EN BOVINOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO (I): Accidentes. Lesións na inspección antemortem.
    Tema 14. LESIÓNS EN BOVINOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO (II). Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
    Tema 15. LESIÓNS EN OVINOS E CAPRINOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO. Lesións na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
    Tema 16. LESIÓNS EN PORCINO SACRIFICADO EN MATADOIRO. Lesións na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
    Tema 17. LESIÓNS EN COELLOS SACRIFICADOS EN MATADOIRO. Lesións na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.
    Tema 18. LESIÓNS EN AVES SACRIFICADAS EN MATADOIRO. Lesión na inspección antemortem. Lesións na inspección postmortem: enfermidades da OIE, outras patoloxías frecuentes.

    CAPÍTULO VI: ICTIOPATOLOXÍA.
    Tema 19. BASES DO DIAGNÓSTICO CLÍNICO E PATOLÓXICO EN PECES. Técnicas de diagnóstico, avaliación de datos e toma de mostras.
    Tema 20. PRINCIPIOS BÁSICOS DA RESPOSTA DOS PEIXES FRONTE Á AGRESIÓN. Principais diferenzas na resposta dos peixes ás enfermidades en comparación cos mamíferos.
    Tema 21. INTRODUCIÓN Á PATOLOXÍA SISTÉMICA DOS PEIXES. Lesións máis frecuentes nos sistemas orgánicos de importancia diagnóstica nos teleósteos.

    TEMPORALIDADE
    Cada un dos 21 temas do programa teórico impartirase nunha hora de clase na aula ata completar as 21 horas totais de clases expositivas.
    Bibliografía básica e complementaria
    TEXTOS
    • DAHME, E. & WEISS, E. (1989). Anatomía Patológica Especial Veterinaria. Ed. ACRIBIA, S.A. Zaragoza.
    • JONES, T.C., HUNT, R.D. KING, N.W. (1997). Veterinary Pathology. 6th Edition. Ed. WILLIAMS & WILKINS. Baltimore. USA.
    • JUBB, K.V.F.; KENNEDY, P.C. & PALMER, N. (2007). 3 tomos. Pathology of Domestic Animals. Ed. M Grant Maxie. 5th ed. Ed. Saunders Elsevier.
    • ZACHARY, J.F. & McGAVIN, M.D. (2012). Pathological basis of Veterinary Disease. 5th ed. Ed. Elsevier-Mosby, St. Louis. Missouri, USA.
    • MEUTEN, D. J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.

    ATLAS
    • MOUWEN, J.M.V.M. & GROOT, E.C.B.M. (1982). A color atlas of veterinary pathology. Wolfe Medical Publications LTD.
    • SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. INTERAMERICANA McGRAW-HILL. Madrid.
    • BLOWEY, R.W. & WEAVER D.A. (2003). 2nd edition. Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
    • HERENDA, D. C.; & FRANCO, D. A. (1999): Poultry Diseases and Meat Hygiene: A Color Atlas. Wiley-Blackwell
    • FERGUSON, HW (2006) Systemic pathology of fish: A text and atlas of normal tissues in teleosts and their responses in disease. 2nd Ed., Scotian Press, London, UK.
    • LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
    • NOGA, E.J. (2010). Fish Disease. Diagnosis and Treatment. Iowa State University Press.
    • RANDALL, C.J. (1989). Atlas en color de las enfermedades de las aves domésticas y de corral. INTERAMERICANA-McGRAW-HILL. Madrid.
    • RANDALL, C.J. (1996). 2nd edition. A Colour Atlas of Diseases and Disorders of Domestic Fowl and Turkey. Mosby, London.
    • RASKIN, R. E.; & MEYER, D. (2009): Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
    • ROBERTS R.J. (2012) Fish Pathology. Fourth Ed., W.B. Saunders, Edinburgh, UK.
    • VAN DIJK. J. E.; GRUYS, E.; & MOUWEN, J. (2007): Color Atlas of Veterinary Pathology: General Morphological Reactions of Organs and Tissues. Saunders.
    • WOO P.T.K. & BRUNO D.W. (eds.), 2011. Fish Diseases and Disorders, Volume 3: Viral, Bacterial and Fungal Infections, 2nd edition. Oxfordshire, U.K.

    RECURSOS EN INTERNET
    • http://seapv.org/index.asp
    • http://w3.vet.cornell.edu/nst/
    • http://www.uco.es/organiza/departamentos/anatomia-y-anat-patologica/atlas/indice.htm
    • http://www3.unileon.es/personal/wwdmavpp/Casos2002.htm
    • http://atlas.fmv.utl.pt/atlas/intro_geral.htm
    • http://people.upei.ca/lopez/
    • http://www.uch.ceu.es/anatomia_patologica/
    • http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology.cgi

    Competencias
    1. COMPETENCIAS XENÉRICAS
    • GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    • GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
    • GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
    • GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    • GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    • GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    • GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
    • GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    • GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES
    • CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
    • CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
    • CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.

    3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (SABER FACER, COMPETENCIAS A DÍA 1, DAY-ONE SKILLS)
    • D1VUSC 02. Recoller e remitir mostras co seu correspondente informe.
    • D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
    • D1VUSC 12. Realizar a inspección dos animais ante e postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humano.
    • D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.

    4. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (QUERER FACER), APLICABLES A TODOS OS PERFÍS
    • CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
    • CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    • CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    • CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
    • CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
    • CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    • CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    • CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    • CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    • CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    • CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    • CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e curta.
    • CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
    • CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
    • CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo presencial en Anatomía Patolóxica Especial II se desenvolverá en 21 horas de clases maxistrais, 2 horas de titorías en grupos reducidos e 22 horas de prácticas clínicas.

    As 21 horas de clases maxistrais impartiranse durante 2 horas semanais ao longo de todo o semestre e consistirán na exposición mediante medios audiovisuais de presentacións e/ou vídeos que mostren as lesións obxecto de estudo, procurando a participación do/a estudante para captar a súa atención. As 2 horas de titorías en grupos reducidos dedicaranse á discusión co/a profesor/a do caso clínico a resolver por os/as estudantes nas prácticas.

    As 22 horas de prácticas clínicas impartiranse en grupos reducidos, distribuídas en 2 semanas:

    • A primeira semana o/a estudante asistirá 3 horas diarias durante 5 días á sala de necropsias, durante as cales deberá realizar a necropsia e toma de mostras dos animais recibidos no Servizo de Anatomía Patolóxica de forma autónoma, baixo a supervisión do/a profesor/a. Ao finalizar cada día de prácticas deberá describir as lesións macroscópicas observadas. Tamén deberá presentar o informe anatomopatolóxico de cada unha das necropsias nas que participou durante esa semana.

    • A segunda semana o/a estudante asistirá a 7 horas distribuídas en 3 horas diarias durante 2 días nas cales se distribuirán casos clínicos semellantes aos observados por o grupo durante a primeira semana. Cada grupo de estudantes se dividirá en subgrupos que deberán resolver un dos casos clínicos asignados, incluíndo o estudo de lesións macroscópicas e microscópicas, de forma autónoma, baixo a supervisión do/a profesor/a e presentalo en PowerPoint. Para elo os/as estudantes disporán de preparacións histolóxicas de cada caso e de bibliografía e acceso a internet para consultar as fontes bibliográficas necesarias. A 7ª hora de prácticas dedicarase á presentación oral dos casos clínicos por os/as estudantes no aula, durante 1 hora, coa posibilidade de asistencia voluntaria do resto de estudantes do curso.

    O Campus Virtual da USC empregarase como unha plataforma importante de apoio á docencia, que servirá para propoñer distintos casos para traballar sobre eles, así como tests e autoavaliacións que facilitarán o estudo da materia.

    Sistema de evaluación
    A nota da parte teórica da materia suporá o 70% da nota final. A avaliación dos contidos teóricos levarase a cabo deste xeito:

    - Avaliación Continua do alumnado ao longo do curso que recollerá o traballo persoal do/a estudante no horario de clase teórica mediante diferentes probas (exercicios escritos –programados ou non-, participación activa en clase, traballos propostos a través da USC virtual de revisión de artigos científicos sinxelos, casos clínicos, etc.). Esta avaliación continua suporá o 20% da nota teórica total.

    - Exame Teórico: os exames teóricos consistirán na resposta a preguntas que sobre o temario e desenvolvemento das clases se realicen mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando os soportes gráficos axeitados. Para superar a materia será requisito necesario aprobar o exame teórico. O exame teórico suporá o 80% da nota da parte teórica.

    A avaliación dos contidos prácticos terá lugar de forma continuada tendo en conta factores como a atención, a dedicación, a participación, a aptitude e habilidades amosados por cada estudante. A avaliación das prácticas suporá o 30% da nota final da materia. Para superar a materia é imprescindible asistir a todas as prácticas e ser avaliado/a positivamente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
    Clases maxistrais: 21h
    Prácticas clínicas: 22h
    Titorías en grupos reducidos: 2h
    Total horas de traballo presencial (10x Nº ECTS): 45h


    TRABAJO PERSOAL DO/A ESTUDANTE
    Estudo individual: 31,5h
    Elaboración de memorias de prácticas: 12h
    Elaboración de traballos: 3h
    Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 4h
    Resolución de casos/problemas: 10h
    Presentacións orais: 4h
    Realización de exames: 3h
    Total horas de traballo persoal do/a estudante (15x Nº ECTS): 67,5h

    TOTAL HORAS DO/A ESTUDANTE: 112,5h

    Recomendacións para o estudo da materia
    É moi conveniente ter cursado previamente Anatomía Veterinaria I e II, Fisioloxía Veterinaria I e II e Citoloxía e Histoloxía Veterinaria para coñecer previamente a estrutura e a función normal dos tecidos e órganos, como paso previo para entender as lesións e as súas consecuencias funcionais no animal enfermo; así como a Anatomía Patolóxica Xeral Veterinaria, que aportará as bases dos mecanismos que interveñen no desenvolvemento dos distintos tipos de lesións, as causas que as producen e as consecuencias das mesmas. Asemade, dado que os/as estudantes deberán realizar as necropsias de forma autónoma e preparar e presentar un caso clínico práctico, é imprescindible ter cursado a materia Anatomía Patolóxica Especial I e ter un coñecemento informático básico para navegar en Internet e para manexar procesadores de texto (Microsoft Word,..) e de imaxes (Microsoft PowerPoint,…). Xa que algúns contidos teóricos e prácticos se impartirán en inglés, e moitos artigos de investigación e libros recomendados na bibliografía están en inglés, recoméndase un nivel aceptable nesta lingua.

    Para o mellor aproveitamento do estudo da Anatomía Patolóxica Especial II recomendamos:
    - Asistencia regular ás clases teóricas.
    - Utilización do material aportado por o profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntamentos, CD de imaxes, imaxes da materia virtual (Moodle).
    - Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web …
    - Uso regular das horas de titorías.
    - Estudo constante ao longo de todo o semestre.

    Observacións
    Na materia Anatomía Patolóxica Especial Veterinaria II empregamos de maneira regular a USC virtual (Moodle) polo que recomendamos que os/as estudantes matriculados/as estén pendentes das novas continuas que se produzan na mesma.