Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091328 - Enfermidades Infecciosas I (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 16.00
  • Clase Expositiva: 38.00
  • Clase Interactiva Seminario: 5.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Patoloxía Animal
  • Áreas: Sanidade Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Rodriguez, Gonzalo.NON
Fernandez Rodriguez, Gonzalo.NON
SANJUAN HERNAN-PEREZ, Mª LUISA.SI
Yus Respaldiza, Eduardo Alfonso.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os principais feitos históricos que contribuíron ao desenvolvemento científico das enfermidades infecciosas.
    • Coñecer os conceptos básicos e a terminoloxía utilizada no estudo das enfermidades infecciosas.
    • Comprender o papel que os axentes infecciosos, o hospedeiro e o medio ambiente xogan como factores determinantes da enfermidade infecciosa.
    • Comprender a importancia económica e sanitaria das enfermidades infecciosas.
    • Coñecemento e aplicación dos estudos epidemiolóxicos no estudo das enfermidades infecciosas.
    • Realizar unha historia clínica axeitada (obtención de información sobre unha enfermidade), recollida de mostras convenientes e envío correcto ao centro de diagnóstico correspondente, coa finalidade de lograr o diagnóstico dunha enfermidade infecciosa concreta.
    • Poder determinar a orixe dunha enfermidade con causa coñecida e investigar e controlar unha enfermidade con causa descoñecida inicialmente.
    • Coñecer as técnicas de laboratorio máis habitualmente empregadas no diagnóstico das enfermidades infecciosas, poder empregalas, saber interpretalas e poder valoralas na súa utilidade práctica.
    • Recoñecer as enfermidades infecciosas máis importantes nas diversas especies de animais domésticos dende o punto de vista diferencial e baseándose en datos epidemiolóxicos, síntomas e lesións.
    • Establecer os tratamentos e as medidas máis correctas de profilaxe médica, vacinal, de bioseguridade e de manexo, acordes co sistema de explotacións, para evitar a chegada de enfermidades infecciosas do exterior, ou impedir a diseminación das xa existentes e diminuír os seus efectos cando sexa posible. Seguimento e avaliación dos programas de control dunha enfermidade.

    O obxectivo final será que o alumno se encontre en perfectas condicións para exercer profesionalmente a partir dos seus coñecementos específicos da materia, tendo en conta, sobre todo, o criterio e xeito aplicativo da disciplina
    Contidos
    O programa consta dos seguintes apartados: Xeneralidades (2 tema), enfermidades infecciosas dos óvidos e cabrúns (7 temas), enfermidades infecciosas dos équidos (5 temas), enfermidades infecciosas de cans e gatos (9 temas), enfermidades infecciosas dos peixes (3 temas) e enfermidades infecciosas dos coellos e animais peleteiros (6 temas).

    Xeneralidades: desenvolvemento histórico. Concepto de infección e enfermidade infecciosa. Importancia actual e interese futuro das enfermidades infecciosas. Aspectos epidemiolóxicos das enfermidades infecciosas e a súa relación coa Medicina Preventiva e Policía Sanitaria. Aspectos básicos que se van desenvolver en cada enfermidade infecciosa.

    O estudo das principais enfermidades infecciosas dos animais domésticos distribuirase por especies animais e cada enfermidade desenvolverase seguindo o esquema seguinte:
    - Definición e sinonimias
    - Aspectos históricos, se é pertinente
    - Importancia económica e sanitaria
    - Etioloxía: resaltaranse as características do axente infeccioso que teñen influencia na patoxenia ou nos mecanismos inmunitarios, así como na epidemioloxía, diagnóstico e profilaxe da enfermidade
    - Epidemioloxía: estudaranse a distribución xeográfica da enfermidade, as interaccións axente-hospedeiro-contorno, a transmisión e mantemento da infección, morbilidade e letalidade, etc.
    - Patoxenia
    - Sintomatoloxía e lesións. Estes datos, xunto coa epizootioloxía da enfermidade, permitiranlle ao futuro veterinario establecer un diagnóstico clínico
    - Diagnóstico: establecerase o diagnóstico clínico a partir dos datos epidemiolóxicos, dos síntomas e das lesións da enfermidade. Así mesmo, estudarase o diagnóstico de laboratorio, que comprende os métodos directos e indirectos para comprobar a intervención ou a presenza do axente patóxeno
    - Tratamento: mencionaranse todos os posibles e a súa eficacia
    - Profilaxe: profilaxe vacinal, medidas de bioseguridade e de manexo e profilaxe médica

    Bibliografía básica e complementaria
    CONTRERAS, A.; SANCHÉZ, A.; CORRALES, J. C. (2001). Epidemiología veterinaria. Universidad de Murcia. Murcia.

    - GREENE, C. (2008). Enfermedades infecciosas en perros y gatos. Mc Graw-Hill Interamericana. México.2 volúmenes.

    - Manual Merck para la salud de las mascotas. 2012. Ed. Paidotribo- MARTIN, W.; AITKEN, I. D. (2002). Enfermedades de la oveja. Ed. Acribia. Zaragoza

    - OIE. Manual of standars for diagnostic test and vaccines: list A and B diseases of mammals, birds and bees. OIE. Paris. http://www.oie.int/es/normas-internacionales/manual-terrestre/acceso-en-linea/

    -OIE. Código sanitario para los animales acuáticos. http://www.oie.int/es/normas-internacionales/codigo-terrestre/acceso-en-linea/

    -OIE. Manual de pruebas de diagnóstico para los animales acuáticos.http://www.oie.int/es/normas-internacionales/codigo-acuatico/acceso-en-linea/

    - QUINN, P. J.; MARKEY, B. K.; CARTER, M.; DONNELLY, W. J.; LEONARD, F. (2001). Veterinary microbiology and microbial disease. Ed. Blackwell Science. Oxford


    - RADOSTIS O. M. (2000). Examen y diagóstico clínico en veterinaria. Mc Graw-Hill. México

    -Roberts, R.J. (2001). Fish pathology (3º ed.). Saunder. London

    - ROSELL PUJOL. (2000). Enfermedades del conejo. Vol II. Ed. Mundi-Prensa.

    - VAN DER KOLK, J.H. ET AL. (2013)- Infectious diseases og the Horse. Ed. Manson Publishing
    Competencias
    1. Obxectivos xenéricos (GVUSC):
    - Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC-01).
    - Capacidade de análise e síntese (GVUSC-02).
    - Coñecementos xerais sobre a área de traballo (GVUSC-03).
    - Planificación e xestión do traballo (GVUSC-04).
    - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (GVUSC-05).
    - Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC-06).
    - Habilidade para traballar nun contexto internacional (GVUSC-07)
    - Liderado, iniciativa e espírito emprendedor (GVUSC-08).
    - Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos (GVUSC-09).
    - Compromiso ético e asunción de responsabilidades (GVUSC-10)

    2. Obxectivos disciplinares (CEDVUSC)
    - Cría, mellora, manexo e benestar dos animais (CEDVUSC-03).
    - Principios básicos e aplicados da resposta inmune (CEDVUSC-05).
    - Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal (CEDVUSC-07).
    - Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonses e nas enfermidades de declaración obrigatoria (CEDVUSC-08).
    - Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos (CEDVUSC-09).
    - Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio (CEDVUSC-11).
    - Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio (CEDVUSC-14).
    - Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos (CEDVUSC-15).

    3. Obxectivos profesionais (D1VUSC):
    - Realizar a historia e a exploración clínica dos animais (D1VUSC-01).
    - Recoller e remitir especimenes co seu correspondente informeD1VUSC-02) (.
    - Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos (D1VUSC-03).
    - Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico (D1VUSC--04).
    - Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonse (D1VUSC-05).
    - Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais (D1VUSC-07).
    - Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario (D1VUSC-08)
    - Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambientais e de benestar, buscando a súa optimización (D1VUSC--11)..
    - Realizar a inspección dos animais ante e postmortem e dos alimentos destinados ao consumo humano (D1VUSC-12)

    4 Obxectivos académicos (CEAVUSC):
    - Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a (CEAVUSC-01).
    - Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade (CEAVUSC-02).
    - Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral (CEAVUSC-03).
    - Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a (CEAVUSC-04).
    - Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia (CEAVUSC-05).
    - Saber buscar asesoramento e axuda profesionais(CEAVUSC-06).
    - Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente (CEAVUSC-08).

    5. Obxectivos transversais
    - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    - Habilidade no manexo das TICs.
    - Utilización de información en lingua estranxeira.
    - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas: 38 horas teóricas. 3 horas á semana

    -Titorías (8 grupos unha hora por grupo)

    -Seminarios (5 grupos unha hora por grupo)
    1.- Prevención e control das enfermidades infecciosas en piscicultura
    2.- Prevención e control das enfermidades infecciosas en colectivos caninos
    3.- Supostos prácticos de cans e gatos
    4- Supostos prácticos dos equidos
    5.- Supostos prácticos en coellos.

    -Prácticas clínicas: 16 horas:
    1. -Prácticas en colectivos caninos. Diagnóstico de diversas enfermidades infecciosas. Valoración de factores de risco. Medidas de prevención e control de diversas enfermidades infecciosas
    2.- Prácticas sobre enfermidades infecciosas en coellos. Factores de risco, valoración de situación sanitaria dunha explotación, tratamento e control de enfermidades infecciosas.


    - USC Virtual:
    No curso de "Enfermidades Infecciosas I" DO CAMPUS VIRTUAL da USC o alumno encontrará diversas ferramentas de contidos e de comunicación. A finalidade deste curso é integrar as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na docencia da materia
    Sistema de evaluación
    Para a cualificación final de cada alumno valoraranse os seguintes aspectos:
    - Asistencia con participación activa (preguntas de interese, intervención voluntaria en cuestións formuladas, achegas de interese, etc.) ás clases teóricas.

    - Asistencia obrigatoria aos seminarios.

    - Participación activa aos seminarios

    - Asistencia obrigatoria ás clases prácticas.

    - Participación activa e aproveitamento das clases prácticas (comentarios, achegas de ideas, intervencións de interese, etc.).

    - Valoración das ACTIVIDADES a realizar sobre determinadas especies animais, así como dos casos prácticos desenvolvidos.

    - Exames escritos: Valoraranse os coñecementos do programa teórico-práctico mediante:
    - 50 preguntas tipo test de contestación única con 4 posibilidades.


    Aspectos a avaliar, criterios de avaliación e peso de cada aspecto avaliado

    1.- Participación activa en clases teóricas, seminarios, prácticas e uso de USC virtual. Peso 5%

    2.- Traballos. Peso 40%

    3.- Examen escrito. Peso 55%

    Os repetidores dotra convocatoria, mantendrase as notas das actividades e prácticas en o porcentaxe do seo curso, pudendo unicamente repetir o examen escrito.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    PRESENCIAIS:

    Clases maxistrais 38 h
    Prácticas clínicas 16 h
    Seminarios 5 h
    Titorías 1 h

    Total horas presenciais (10x n.º ECTS) 60

    NON PRESENCIAL (15x n.º ECTS)

    Estudo individual 49 h
    Elaboración de memorias de prácticas 2 h
    Elaboración de traballos 9 h
    Revisión bibliográfica, biblioteca, etc 4 h
    Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas 1 h
    Resolución de casos/problemas 20 h
    Presentacións orais 2 h
    Realización de exames 3 h

    Total horas de traballo (15x n.º ECTS) 90
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o estudo do contido da disciplina teranse en conta as seguintes consideracións:
    - O diagnóstico diferencial entre as diferentes enfermidades infecciosas que afectan a unha determinada especie animal é fundamental. Para o seu estudo e comprensión aconséllase elaborar cadros sinópticos que inclúan os principais datos epidemiolóxicos, signos clínicos e lesións características de cada unha das enfermidades obxecto de estudo e realizar un estudo comparativo a partir dos datos similares e excluíntes de cada unha delas
    - Para a aprendizaxe das técnicas de diagnóstico de laboratorio de cada enfermidade é conveniente clasificar as diferentes enfermidades infecciosas polo axente etiolóxico, independentemente da especie animal afectada e o sistema orgánico afectado. Posteriormente, anotaranse as principais técnicas de laboratorio aplicadas para cada enfermidade e poderase comprobar a súa analoxía segundo as etioloxías de cada enfermidade:
    - Técnicas analíticas para bacterias e segundo o tipo de bacterias, algunhas máis específicas
    - Técnicas analíticas para virus e segundo o tipo de virus, algunhas máis específicas
    etc.
    - Para o estudo das medidas de prevención, control e erradicación de diversas enfermidades é conveniente realizalo en bloques de enfermidades que teñan en común as medidas xerais (ex.: enfermidades respiratorias do gando cabrúns, etc.) e, posteriormente, estudar as medidas específicas dalgunhas das enfermidades.
    - Para o coñecemento das diferentes pautas de vacinación fronte a cada enfermidade infecciosa sempre é de gran utilidade ter en conta en que época do ano, idade dos animais afectados ou fase de produción onde con maior frecuencia aparece a enfermidade e, polo tanto, interesa utilizar a vacinación no período de tempo previo a ese

    En conclusión, é esencial a aprendizaxe da disciplina desde un punto de vista diferencial e comparativo entre as diferentes enfermidades infecciosas obxecto de estudo e non o estudo independente de cada unha delas

    Por último, para a aprendizaxe, estudo e comprensión dos supostos prácticos, é esencial que o alumno non perda en ningún momento o sentido práctico que lle hai que dar no seu desenvolvemento, aplicando os coñecementos teóricos aprendidos, pero cunha visión lóxica, económica, factible, segundo a mentalidade do gandeiro, etc.

    Observacións
    Mais información GUIA DOCENTE DE ENFERMEDADES INFECCIOSAS I en la Web da Facultade de Veterinaria. http://www.facveterinarialugo.org/contenidos.asp?sec=106&mat=106