G2091329 - Enfermidades Parasitarias I (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 15.00
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Patoloxía Animal
- Áreas: Sanidade Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina de Enfermidades parasitarias achega ao profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control dos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente, neste último caso, posto que as enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controla-las afeccións que se transmiten dos animais ó home (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establece-los correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana.
Obxectivos xerais da materia
• Obxectivo 1. Coñece-los conceptos básicos e a terminoloxía científica que se utiliza nas enfermedades parasitarias.
• Obxectivo 2. Identifica-los signos clínicos e as lesións das principias enfermidades parasitarias producidas por helmintos (trematodos, cestodos e nematodos) dos animais; establece-las diagnoses diferenciais baseándose nos datos recollidos na anamnese, na exploración física regrada do animal e nos factores epidemiolóxicos que inflúen na enfermidade e nos resultados de laboratorio.
• Obxectivo 3. Identifica-los factores de risco asociados á aparición de parasitoses no animal ou no colectivo, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade.
• Obxectivo 4. Decidir en función do cadro clínico qué tipo de mostras teñen que tomarse e como debe facerse. Remitir de forma adecuada as mostras ó laboratorio e os seus correspondentes informes.
• Obxectivo 5. Aplica-las normas de bioseguridade básicas na toma de mostras sospeitosas e a súa manipulación, tanto en condicións de campo como na sala de necropsias, matadoiros e no laboratorio.
• Obxectivo 6. Coñecer, seleccionar e prescribir tratamentos e, no seu caso, vacinas necesarias para a loita antiparasitaria, tendo en conta as interaccións, contraindicacións e efectos secundarios dos diferentes protocolos terapéuticos, así como o problema das resistencias ós fármacos.
• Obxectivo 7. Deseñar estudos epidemiolóxicos e programas sanitarios fronte as principais enfermidades parasitarias
ContidosO programa desta disciplina divídese nunha parte xeral na que se tratan aspectos básicos da enfermidade parasitaria e unha parte adicada ó estudio dos aspectos patoxénicos, clínicos, diagnósticos e terapéuticos das distintas enfermidades producidas por helmintos (trematodos, cestodos e nematodos) dos animais, facendo especial fincapé nos máis frecuentes no noso entorno
MATERIA: Enfermidades parasitarias I
TITULACIÓN: Grao en Veterinaria
PROGRAMA XERAL DA MATERIA
BLOQUE TEMATICO I. XERALIDADES (6 horas)
A enfermidade parasitaria: nomenclatura, manifestacións clínicas e diagnóstico
Importancia económica e sanitaria
Loita, control e erradicación
Control químico, biolóxico e xenético. Métodos de inmunización
Tratamentos etiolóxicos e sintomáticos
BLOQUE TEMÁTICO II. HELMINTOSES (19 horas)
TREMATODOSES (3 horas)
Fasciolose
Paranfistomose
Dicroceliose
CESTODOSES (3 horas)
Cestodoses intestinais
Cisticercose
Cenurose
Hidatidose
NEMATODOSES (13 horas)
Estrongilidoses gastrointestinais de ruminantes e porcos
Estrongiloses equinas
Bronconeumonías verminosas
Ancilostomatidose dos carnívoros
Ascaridiose de mamíferos e aves
Dirofilariose canina e felina
Oxiurose, habronemose e outras filarioses
Trichurose, capillariose e trichinellose
Bibliografía básica e complementaria1.- ARIAS, S (2010). Trematodoses. Unidade didáctica . Vicerreitoría de Estudantes, cultura e formación contínua.
2.-ACHA, P.N. & SZIFRES B. (2003).- Zoonosis y enfermedades transmisibles comunes al hombre y a los animales. VOLUMEN III. PARASITOSIS. Oraganización Panamericana de la Salud. Publicación Científica y Técnica nº 580. Tercera edición.
3.- BOCH y SUPPERER (1982). Parasitología en Medicina Veterinaria. Ed. Hemisferio Sur. Buenos Aires.
4.- BOWMAN, D. D. y LYNN, R.C. (2011). Georgis Parasitología para veterinarios. (9ª edición). Editorial Elsevier Españla. Madrid.
5.- CORDERO, M. ROJO, F.A. y col. (1999). Parasitología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
6.- DIAZ, P; PANADERO, R (2011). Cestodoses. Unidade didáctica 3. Vicerreitoría de Estudantes, cultura e formación contínua.
7.- EUZEBY, J. Les Maladies Vermineuses des animaux domestiques et leurs incidense sur la Pahologie humaine. Vigot Frères. París. Tomo I. Maladies dues aux Nemathelmintes. Fascículo I, 1961. Fascículo II, 1963. Tomo II. Maladies dues aux Plathelmintes. Fascículo I, Cestodes, 1966. Fascículo II. Trematodes. 1971.
8.- GALLEGO BERENGUER, J. (2003).- Manual de Parasitología. Morfología y Biología de los parásitos de interés sanitario. Ediciones Universidad de Barcelona. Colección Estudi General 8. 2ª edición.
9.- KAUFFMAN, J. (1996). Parasitic Infections of Domestic Animals. Virkhäuser Verlag. Basel, Boston, Berlín.
10.- KASSAI, T. (2002). Helmintología Veterinaria. Editorial Acribía. Zaragoza.
11.- LABORATORIO VETERINARIO CENTRAL DE WEYBRIDGE. (1971). Manual de Técnicas de Parasitología Veterinaria. Acribia. Zaragoza.
12.- MEHLHORN, H., D. DÜWELL, W. RAETHER (1992). Altas de Parasitología Veterinaria. Grass Ed. Barcelona.
13.- SOULSBY, E.J.L. (1987). Parasitología y Enfermedades Parasitarias en los animales demésticos. Ed. Interamericana.
14.- THIENPONT, D., ROCHETTE, F. & VANPARIJS, O. (1979). Diagnóstico de las helmintiasis por medio del examen coprológico. Janssen Foundation.
TAYLOR, MA; COOP, RL; WALL, RL (2007). Veterinary Parasitology.(3ª edición). Blackwell Publishing, Oxford.
15.- URQUHART, G.M., ARMOUR, J.L. DUNCAN, A.M. DUNN &F.W. JENNINIGS (2001). Parasitología Veterinaria. Ed. Acribia, Zaragoza.
CompetenciasCompetencias genéricas:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análisis e síntese.
GVUSC03. Conocementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os conocementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC08. Liderazgo, iniciativa e espíritu emprendedor.
GVUSC09. Capacidad de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07. Conocemento da alteración da estructura e función do organismo animal.
CEDVUSC 08. Conocemento e diagnóstico dlas distintas enfermidades animales, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-quirúrxicos.
CEDVUSC 15. Coñocer os dereitos eobrigas do/da/ veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC 01. Levar a cabo a historia e a exploración clínica dos animais.
D1VUSC 02. Recoller e remitir especimens co seu correspondente informe.
D1VUSC 03. Levar a cabo técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante o emprego dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 05. Levar a cabo estudios epidemiolóxicos e desarrollar programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención as enfermidades de declaración obligatoria e zoonoses.
D1VUSC 07. Levar a cabo os tratamentos médico-quirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/da veterinario/a.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/da veterinario/a de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/da veterinario/a.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluindo a medicina basada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesional.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizadoslos coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 01 Capacidade para o razonamento e argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta.
CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos da unidade didáctica impartiranse mediante:
• Clases teóricas: leccións maxistrais de tipo expositivo-interrogativo que, debido ó seu carácter obrigatorio, se desenvolverán na aula a un grupo completo, cunha duración aproximada de 50 minutos. As clases desenrolaranse en base a presentacións multimedia e abordarán os contidos do progrma: proxectaranse contidos orixinais escritos e material gráfico. O alumno terá acceso a un resumen impreso de ditos temas a través do campus virtual.
• Sesións prácticas: os contidos prácticos desta materia desenvolveranse en 5 sesións practicas de 3 horas de duración nas que entre outras cousas, os alumnos analizarán mostras (feces, vísceras e tecidos) recollidas de casos clínicos reais, sobre as que realizarán de forma individual os protocolos e técnicas que se deben empregar en cada caso, para poder facer o diagnóstico das principais enfermidades parasitarias incluidas no programa da materia, dentro das que previsiblemente poidan presentarse nos animais afectados. A continuación, unha vez evaluada a anamnesis do caso os alumnos interpretarán os resultados obtidos e elaborarán os informes oportunos. Finalmente, estableceranse as pautas de tratamento, e no seu caso de loita e control, axeitados para cada tipo de granxa e/ou pacientes individuais. No caso de enfermidades parasitarias que entrañen algún risco de transmisión para o home, proporamse asimesmo cantas medidas sexan necesarias para impedir a súapresentación.terán oportunidade de aprender as principais técnicas de diagnose, interpretación de resultados, elaboración de informes e pautas de control das principais parasitoses provocadas por helmintos.
As prácticas son de carácter obrigatorio, e o alumno deberá presentar unha memoria das prácticas realizadas que se comentará persoalmente cos profesores encargados, antes da avaliación final do alumno.
• Seminarios: o principio do curso proporanse unha serie de traballos voluntarios sobre distintos aspectos de especial interese ou actualidade relacionados coas helmintoses que afectan ós animais domésticos e de renda e que estarán supervisados directamente por un profesor da materia. Os traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de como máximo tres alumnos. Deben entregar o traballo por escrito e, posteriormente, expoñelo ó resto dos seus compañeiros.
• Titorías: nas titorías os alumnos terán a oportunidade de resolver e consultar todas as dúbidas xurdidas durante a elaboración dos traballos así coma nas sesións teóricas ou prácticas. Ademais, os alumnos disporán dun servizo de titorías virtuais para formular preguntas ou realizar comentarios acerca dos temas impartidos.
Sistema de evaluación• Os contidos teóricos da materia avaliaranse mediante un exame composto por 5-8 preguntas de desenvolvemento. Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar o exame a nota mínima media deberá ser de 5 sobre 10, sempre e cando o número de preguntas con puntuación menor ou igual a 3 (sobre 10) non supoñan o 40% das preguntas plantexadas.
• A avaliación das prácticas farase mediante unha proba oral na que se formularán varias cuestións relacionadas co exposto nas sesións prácticas, asemade valorarase o caderno de prácticas.
• A calificación final do alumno incluirá, ademais dos resultados dos exames teórico (70%) e práctico (10%), a avaliación continuada (20%) realizada polos profesores durante o curso, a través de controis periódicos durante as sesións teóricas e prácticas e do interese mostrado nas clases expositivas, a comprensión dos procesos e do fundamento das técnicas empregadas nas sesións prácticas, a limpeza e a orde no traballo e o coidado do material de laboratorio e dos equipos empregados, así como a elaboración e asistencia os seminarios.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: TEÓRICAS: 25 horas; PRÁCTICAS: 15 horas, SEMINARIOS (3 horas), TITORIAS (2 horas)
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 45
Horas non presenciais:
Estudio individual: 30
Elaboración de memorias de prácticas: 5 horas
Elaboración de trabajos: 20 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca: 5 horas
Asistencia a charlas u otras actividades recomendadas: 2 horas
Resolución de casos/problemas: 2,5 horas
Presentacións orais: 1
Realización de exámenes: 2 horas
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 67,5
Volume total de traballo: 112,5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA experiencia acumulada nos anos que temos dedicado á docencia desta disciplina lévanos a recomendarlles aos alumnos o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que os axuden a comparar os distintos procesos parasitarios. Desta maneira conseguirán afianzar coñecementos e evitarán as confusións que xorden cando se intenta a memorización da disciplina co único fin de superar o exame final.
É imprescindible o seguimento e participación activa nas sesións prácticas e a elaboración dunha memoria. Recoméndase a visita das diferentes páxinas web indicadas na bibliografía, co obxecto de completar os coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos persoais.
Recoméndase, así mesmo, que o alumno expoña as dúbidas que lle xurdan e utilice con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.