G2091422 - Enfermidades Parasitarias II (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 15.00
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Patoloxía Animal
- Áreas: Sanidade Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA formación que os alumnos adquiren sobre a disciplina de Enfermidades parasitarias II achega ao profesional veterinario un amplo coñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión, acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e control das principais protozooses e artropodoses que afectan aos animais, tanto de forma individual como colectiva, e especialmente neste último caso, posto que estas enfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúns das colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos no estudo desta materia son básicos para controlar as afeccións que se transmiten dos animais ao home (zoonoses) e de certas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudo desta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas de Sanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a administración debe elaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana.
Obxectivos xerais da materia
• Obxectivo 1. Identificar os signos clínicos e as lesións das principais enfermidades parasitarias producidas por protozoos e artrópodos nos animais; establecer as diagnoses diferenciais baseándose nos datos recollidos na anamnese, na exploración física regrada do animal e nos factores epidemiolóxicos que inflúen na enfermidade e nos resultados de laboratorio.
• Obxectivo 2. Identificar os factores de risco asociados á aparición destas parasitoses no animal ou no colectivo, incluíndo os medioambientais e de bioseguridade.
• Obxectivo 3. Decidir en función do cadro clínico qué tipo de mostras teñen que tomarse e como debe facerse. Remitir de forma adecuada as mostras ó laboratorio e os seus correspondentes informes.
• Obxectivo 4. Aplicar as normas de bioseguridade básicas na toma de mostras sospeitosas e a súa manipulación, tanto en condicións de campo como na sala de necropsias, matadoiros e no laboratorio.
• Obxectivo 5. Coñecer, seleccionar e prescribir tratamentos e, no seu caso, vacinas necesarias para a loita antiparasitaria, tendo en conta as interaccións, contraindicacións e efectos secundarios dos diferentes protocolos terapéuticos, así como o problema das resistencias ós fármacos.
• Obxectivo 6. Deseñar estudos epidemiolóxicos e programas sanitarios fronte as principais enfermidades parasitarias
ContidosO programa desta disciplina consta, primeiramente, de dous bloques temáticos adicados ao estudio dos aspectos patoxénicos, clínicos, diagnósticos e terapéuticos das distintas enfermidades producidas por protozoos e artrópodos nos animais, facendo especial fincapé nos máis frecuentes no noso entorno. Nun último bloque temático fanse estudaranse as enfermidades parasitarias de maior relevancia nas abellas e peces.
MATERIA: Enfermidades parasitarias II
TITULACIÓN: Grao en Veterinaria
PROGRAMA XERAL DA MATERIA
BLOQUE TEMÁTICO I. PROTOZOOSES (12 horas)
Leishmaniose.
Trichomonose, histomonose e giardiose.
Coccidiose e isosporose.
Criptosporidiose.
Besnoitiose.
Toxoplasmose, neosporose e sarcocistose.
Babesiose e Theileriose.
BLOQUE TEMÁTICO II. ARTROPODOSES (8 horas)
Sarnas sarcóptica, psoróptica, notoédrica e corióptica dos animais domésticos.
Demodicose.
Parasitación por carrachas (Ixodidoses e Argasidoses). Papel vector.
Parasitación por pulgas. Papel vector.
Parasitación por piollos, dermanisidos, cheyletielas, etc. Papel vector-transmisor.
Miases dos animais de renda: Gasterophilose, oestrose, hipodermose.
Outras miases traumáticas de importancia económica y sanitaria.
Outros dípteros (mosquitos, tabáns, hipoboscas, etc). Papel patóxeno e vector.
BLOQUE TEMÁTICO II. OUTRAS PARASITOSES (5 horas)
Enfermidades parasitarias das abellas.
Enfermidades parasitarias dos peixes.
Problemas parasitarios de animais exóticos.
Bibliografía básica e complementariaBOWMAN, D.D. e LYNN, R.C. (2011). Georgis Parasitología para veterinarios. Ed. Elsevier.
CORDERO, M. e col. (1999). Parasitología Veterinaria. Ed. McGraw-Hill Interamericana.
DIEZ-BAÑOS, P. e DÍAZ, P. (2012). Unidade Didáctica 3: Coccidiose de aves e mamíferos e criptosporidiose. Servizo de Publicacións da USC.
DÍEZ-BAÑOS, P. e col. (2007). Programa de Xestión Sanitaria fronte á Hipodermose en explotacións de gando vacún pertenecentes a Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) en Galicia. En: Manuais de Xestión Sanitaria para Asociacións de Defensa Sanitaria de Gando Vacún de Galiza. Xunta de Galicia.
DÍEZ-BAÑOS, P. e col. (2007). Programa de Xestión Sanitaria fronte á Ectoparasitoses en explotacións de gando vacún pertenecentes a Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) en Galicia. En: Manuais de Xestión Sanitaria para Asociacións de Defensa Sanitaria de Gando Vacún de Galiza. Xunta de Galicia.
DÍEZ-BAÑOS, P. y col. (2007). Programa de Xestión Sanitaria fronte á Neosporose en explotacións de gando vacún pertenecentes a Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) en Galicia. En: Manuais de Xestión Sanitaria para Asociacións de Defensa Sanitaria de Gando Vacún de Galiza. Xunta de Galicia.
DÍAZ, P. e MORRONDO, P. (2012). Unidade didáctica 7: Parasitación por carrachas (ixodidose e argasidose), pulgas e piollos. Servizo de Publicacións da USC.
DUBEY, J.P. (2012). Toxoplasmosis of Animals and Humans. Ed. CRC Press.
FAYER, R. e XIAO, L. (2008): Cryptosporidium and cryptosporidiosis. Ed. CRC Press.
FRONTERA, E. e col. (2009). Patología parasitaria porcina en imágenes. Ed. SERVET.
FOREYT, W.J. (2001). Veterinary Parasitology: Reference Manual. Ed. Wiley-Blackwell.
HIDE, G. e col. (1997). Trypanosomiasis and Leishmaniasis: Biology and Control. CAB International.
KAUFFMAN, J. (1996). Parasitic Infections of Domestic Animals. Ed. Virkhäuser Verlag.
LATIF, A.A. e WALKER, A.R. (2004). An introduction to the biology and control of ticks in Africa. ICTTD.
LEVINE, N.D. (1985). Veterinary Protozoology. Ed. Iowa State University Press.
LONG, P.L. (1990). Coccidiosis of man and domestic animals. Ed. CRC Press.
MEHLHORN, H. (2008). Encyclopedia of Parasitology. Ed. Springer.
PANADERO, R. e DÍAZ, P. (2011). Miases dos animais de renda. Servizo de Publicacións da USC.
RUSSELL, R.C., OTRANTO, D. e WALL, R. (2013). Encyclopedia of Medical and Veterinary Entomology. Ed. CABI.
SÁNCHEZ ACEDO, C. e col. (2003). Enfermedades parasitarias del ganado ovino y caprino. Ed. GEA.
SOLANO-GALLEGO, L. e col. (2011). LeishVet guidelines for the practical management of canine leishmaniosis. Parasites & Vectors, 4:86.
TAYLOR, M.A. e col. (2013). Veterinary Parasitology. Ed. Wiley-Blackwell.
URQUHART, G.M. e col. (2001). Parasitología Veterinaria. Ed. Acribia, Zaragoza.
VALCÁRCEL, F. e col. (2009). Atlas de Parasitología ovina. Ed. SERVET.
WALL, R. e SHEARER, D. (2001). Veterinary Ectoparasites: biology, pathology and control.
WILLIAMS, R.E. (2011). Veterinary Entomology. CRC Press.
Páxinas web:
www.leishvet.info/
instruction.cvhs.okstate.edu/kocan/vpar5333/vpar5333.htm
www.engormix.com/control_prevencion_coccidiosis_medidas_s_articulos_998_POR.htm
www.ars.usda.gov/Main/site_Main.htm?modecode=12-65-40-00
instruction.cvhs.okstate.edu/kocan/vpar5333/5333iii.htm
instruction.cvhs.okstate.edu/kocan/vpar5333/5333iim.htm
parasitipedia.net/index.php?option=com_content&view=article&id=923&Itemid=852
instruction.cvhs.okstate.edu/kocan/vpar5333/vpar5333.htm
CompetenciasCompetencias xenéricas:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber)
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e obrigas do veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
Competencias Específicas profesionais
D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonoses.
D1VUSC 07. Levar a cabo os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos da unidade didáctica impartiranse mediante:
•Clases teóricas: leccións maxistrais de tipo expositivo-interrogativo que, debido ao seu carácter obrigatorio, se desenvolverán na aula a un grupo completo, cunha duración aproximada de 50 minutos. As clases desenvolveranse en base a presentacións multimedia e abordarán os contidos do programa: proxectaranse contidos orixinais escritos e material gráfico. O alumno terá acceso a un resumen impreso destes temas a través do campus virtual.
•Sesións prácticas: os contidos prácticos desta materia desenvolveranse en 5 sesións practicas de 3 horas de duración nas que, entre outras cousas, os alumnos analizarán mostras (feces, sangue, soro e tecido cutáneo) recollidas de casos clínicos reais, sobre as que realizarán de forma individual os protocolos e técnicas que se deben empregar en cada caso, para poder facer o diagnóstico das principais protozooses e artropodoses incluídas no programa da materia, dentro das que previsiblemente poidan presentarse nos animais afectados. A continuación, unha vez avaliada a anamnese do caso os alumnos interpretarán os resultados obtidos e elaborarán os informes oportunos. Finalmente, estableceranse as pautas de tratamento, e no seu caso de loita e control, axeitados para cada tipo de granxa e/ou pacientes individuais. No caso das enfermidades que entrañen algún risco de transmisión para o home, proporanse así mesmo cantas medidas sexan necesarias para impedir a súa presentación.
•As prácticas son de carácter obrigatorio, e o alumno deberá presentar unha memoria das prácticas realizadas que se comentará persoalmente cos profesores encargados, antes da avaliación final do alumno.
•Seminarios: o principio do curso proporanse unha serie de traballos voluntarios sobre distintos aspectos de especial interese ou actualidade relacionados coas enfermidades causadas por protozoos e artrópodos parasitos que afectan ós animais domésticos e de renda e que estarán supervisados directamente por un profesor da materia. Os traballos realizaranse de forma individual ou en grupos de como máximo tres alumnos. Deben entregar o traballo por escrito e, posteriormente, expoñelo ó resto dos seus compañeiros.
•Titorías: nas titorías os alumnos terán a oportunidade de resolver e consultar todas as dúbidas xurdidas durante a elaboración dos traballos así coma nas sesións teóricas ou prácticas. Ademais, os alumnos disporán dun servizo de titorías virtuais para formular preguntas ou realizar comentarios acerca dos temas impartidos.
Sistema de evaluaciónOs contidos teóricos da materia avaliaranse mediante un exame composto por 5-8 preguntas de desenvolvemento. Cada pregunta puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. Para superar o exame a nota mínima media deberá ser de 5 sobre 10, sempre e cando o número de preguntas con puntuación menor ou igual a 3 sobre 10, non supoñan o 40% das preguntas plantexadas.
A avaliación das prácticas farase tendo en conta a participación do alumno nas sesións prácticas e mediante unha proba oral na que se formularán varias cuestións relacionadas co exposto nestas sesións, asemade valorarase o caderno de prácticas.
A cualificación final do alumno incluirá, ademais dos resultados dos exames teórico (70%) e práctico (10%), a avaliación continuada (20%) realizada polos profesores durante o curso, a través de controis periódicos durante as sesións teóricas e prácticas e do interese mostrado nas clases expositivas, a comprensión dos procesos e do fundamento das técnicas empregadas nas sesións prácticas, a limpeza e a orde no traballo e o coidado do material de laboratorio e dos equipos empregados, así coma a elaboración e asistencia ós seminarios.
A avaliación positiva das prácticas e dos seminarios conservarase en anos sucesivos. Os estudantes que tendo realizadas todas as prácticas, non superaran ou non se presentaran a proba oral non terán a obriga de repetir as prácticas en convocatorias sucesivas.
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS PRESENCIAIS:
TEÓRICAS: 25 horas
PRÁCTICAS: 15 horas
SEMINARIOS (3 horas)
TITORIAS (2 horas)
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 45
HORAS NON PRESENCIAIS:
Estudo individual: 30
Elaboración de memorias de prácticas: 5 horas
Elaboración de traballos: 20 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca: 5 horas
Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2 horas
Resolución de casos/problemas: 2,5 horas
Presentacións orais: 1
Realización de exames: 2 horas
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 67,5
Volume total de traballo: 112,5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaA experiencia acumulada nos anos que temos dedicado á docencia desta disciplina lévanos a recomendarlles aos alumnos o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que os axuden a comparar os distintos procesos parasitarios. Desta maneira conseguirán afianzar coñecementos e evitarán as confusións que xorden cando se intenta a memorización da disciplina co único fin de superar o exame final.
É imprescindible o seguimento e participación activa nas sesións prácticas e a elaboración dunha memoria. Recoméndase a consulta da bibliografía recomendada a visita das diferentes páxinas web indicadas na guía docente, co obxecto de completar os coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos persoais.
Recoméndase, así mesmo, que o alumno expoña as dúbidas que lle xurdan e utilice con frecuencia as horas de titoría dos profesores encargados para que esta actividade resulte positiva e complemente a súa formación.