G2091424 - Reprodución e Obstetricia Veterinaria I (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 9.00
- Clase Expositiva: 29.00
- Horas de Titorías: 7.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Patoloxía Animal
- Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDentro dos obxectivos Xerais do Título de Graduado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela consta:
“A formación en Ciencias Veterinarias ten como obxecto dotar ós estudantes dos coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes propias da profesión”.
Polo tanto, os “OBXECTIVOS XERAIS do título resúmense na formación dos graduados/as con coñecementos e capacitación profesional que garante a saúde dos animais e do home, mediante:
- Control da hixiene, a inspección e a tecnoloxía da produción e a elaboración de alimentos de consumo humano, dende a produción primaria ata o consumidor.
- Prevención, diagnóstico e tratamento individual ou colectivo, así coma a loita contra as enfermidades dos animais, sexan considerados estes individualmente ou en grupo, particularmente no caso das zoonoses
- Control da cría, manexo, benestar, reprodución, protección, e alimentación dos animais, así coma as melloras das súas producións.
- Obtención, en condicións excelentes e economicamente rendibles, de produtos de orixe animal e a avaliación do seu impacto ambiental.
- Coñecemento e aplicación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas en todos os ámbitos da profesión veterinaria e da saúde pública, comprendendo as implicacións éticas de saúde nun contexto mundial de transformación.
- Desenvolvemento da práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades relacionadas co traballo en equipo, co uso eficiente dos recursos e coa xestión da calidade.
- Identificación dos riscos emerxentes en todos os ámbitos da profesión veterinaria.
- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA:
Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva.
Coñecer e entender os ciclos reprodutivos das principais especies domésticas
Contidos- PRÁCTICAS DA MATERIA:
Práctica 1.- Bases Anatómicas e Fisiolóxicas do Aparello Reprodutor da vaca. Práctica de clínica, na que os alumn@s recordarán os principios básicos da anatomía e fisioloxía do Aparello Xenital dalgunhas especies domésticas. Aprenderán a realizar unha manipulación correcta do aparello xenital da vaca.
Tamén os alumn@s realizarán prácticas de inseminación artificial empregando aparellos xenitales de femias bovinas sacrificadas. Para elo, deberán acostumbrarse a realizar unha manipulación correcta do aparello xenital, así como dos diferentes instrumentos necesarios para realizar a técnica.
Esta practica servirá de base para as prácticas de exploración rectal (Reprodución e Obstetricia Veterinaria II) e de inseminación artificial e ecografía (Tecnoloxía da reprodución animal)
Práctica 2.- Contrastación Seminal. Práctica clínica que terá lugar nas instalacións da unidade de Reprodución e Obstetricia. A finalidade desta actividade é que os alumn@s adquiran os principios básicos da contrastación seminal que lles permita avaliar a calidade dun exaculado ou de seme conxelado.
Práctica 3.- Citoloxía vaxinal. Práctica clínica que se centra no estudo e interpretación das citoloxías vaxinais na especie canina. A finalidade desta práctica é que os estudantes sexan capaces de identificar os distintos estadíos do ciclo estral da cadela mediante a análise da citoloxia vaxinal.
- ELABORACIÓN DE TRABALLOS:
Ó longo do cuadrimestre os alumn@s terán que realizar un traballo en grupo (máximo 6 persoas) sobre distintos temas relacionados coa anatomía e a fisioloxía da reprodución nas distintas especies. Serán propostos varios temas a escoller. O traballo entregarase por escrito e farase unha avaliación oral de cada grupo. A nota obtida contará un 20% da nota final da materia.
Temas:
-A reprodución: prespectiva histórica. De Aristóteles ós nosos días.
-Desenvolvemento embrionario: determinación do sexo e diferenciación do aparello xenital.
-Aparello xenital da femia: descrición anatómica e características histolóxicas nas distintas especies domésticas.
-Aparello xenital do macho: descrición anatómica e características histolóxicas nas distintas especies domésticas.
-Regulación neuroendocrina da reprodución (I): o hipotálamo. Centros hipotalámicos secretores de GnRH. Función e mecanismos de regulación da síntese e liberación de GnRH. Análogos da GnRH.
-Regulación neuroendócrina da reprodución (II): A hipófise. Síntese, liberación e regulación da secrección de gonadotropinas. Mecanismo de acción e funcións da gonadotropinas.
-Principais hormonas esteroide implicadas na reprodución. Orixe, mecanismos de acción e función.
-Feromonas: a súa importancia para a perpetuación das especies.
-Implantación e placentación. Recoñecemento materno da xestación, implantación, tipos de placentas. Funcionalidade placentariaReconocimiento materno de la gestación, implantación, tipos de placentas.
- PROGRAMA TEÓRICO:
BLOQUE I.- ASPECTOS BIOLÓXICOS DA REPRODUCIÓN (11 h DE TEORÍA)
TEMA 1. Concepto da Materia e introdución histórica: Neste primeiro tema faremos unha introdución da materia, que incluirá os principais fitos históricos, a presentación do programa e como se vai desenvolver o curso, así coma o sistema de avaliación e a bibliografía recomendada para completar este primeiro bloque temático. Tamén se informará ó alumn@ da existencia dun curso virtual de “Reprodución e obstetricia”, que servirá de apoio á docencia.
TEMA 2. Endocrinoloxía da reprodución: Faremos un breve repaso das bases endocrinolóxicas da reprodución. Os contidos deste tema, na súa maior parte, xa son coñecidos polo alumn@, xa que se teñen abordado en materias previas, pero dada a súa importancia para esta materia, farase un repaso xeral dos mesmos, instando ós estudantes a repasar pola súa conta os puntos que consideren oportunos. Así, neste tema falaremos do eixo hipotálamo-hipófise-gonadas, das hormonas proteicas e esteroides, das prostaglandinas e da glándula pineal.
TEMA 3. Ovoxénese y Foliculoxénese: Estudaremos os procesos biolóxicos implicados na produción dos gametos femininos, así coma os mecanimos ou estratexias biolóxicas que a través da evolución se foron xenerando nas distintas especies domésticas para perpetuar a súa especie do xeito máis eficiente e maximizar a probabilidade de supervivencia dos seus descendentes. Así, falaremos de: ovoxénese, foliculoxénese, ovulación, do control neuroendócrino do ovario, do ciclo ovárico e do ciclo estral.
TEMA 4. Espermatozoides e plasma seminal: Afondarase nos procesos biolóxicos implicados na formación e diferenciación dos gametos masculinos, e a súa regulación nueroendócrina: a estrutura e ultraestrutura do espermatozoide maduro, a espermatoxénes, a espermioxénese, a regulación endócrina, a maduración espermática epididimal e a formación do plasma seminal.
TEMA 5. Comportamento sexual: Abordaremos as características de comportamento das distintas especies domésticas á hora de realizar o apareamento. Estudarase a secuencia xeral do comportamento copulatorio, que inclúe o cortexo, a cópula e o período postcopulatorio. Trátase de coñecer que estratexias naturais empregan os distintos tipos de animais para asegurar a unión dos gametos e, en última instancia, a perpetuación das súas especies. Trataranse aspectos como: a organización do comportamento sexual, a secuencia copulatoria e os factores que afectan á conduta sexual.
TEMA 6. Fecundación: Falaremos dos mecanismos íntimos da fecundación. Unha vez que tivo lugar a cópula, é dicir, a deposición dos gametos masculinos no tracto xenital da femia, que mecanismos íntimos (mecánicos, hormonais e celulares) interveñen para facer posible a unión dun ovulo e dun espermatozoide, e dar luar á formación dun zigoto. Tamén se estudará o desenvolvemento embrionario inicial.
Os mecanismos implicados na implantación embrionaria no útero e na placentación serán tratados de forma especifica ó longo dos seguintes capítulos. Así falaremos de: maduración do ovocito, capacitación espermática e reacción acrosómica, transporte de gametos, recoñecemento e unión dos gametos, formación, desenvolvemento e migración dos pronúcleos e do desenrolo embrionario.
BLOQUE II.- REPRODUCIÓN EN RUMINANTES (7 h DE TEORÍA)
Tema 7. Patróns reprodutivos nos ruminantes: Abordaremos o estudo das distintas etapas que atravesa a femia ó longo da súa vida reprodutiva, prestando especial atención á regulación endócrina do proceso, ós métodos para a detección de celos e a dinámica do crecemento folicular nas diferentes etapas: prepuberal, puberal, ciclo estral e anestro estacional. Tamén nos ocuparemos do proceso de fecundación, así como das primeiras etapas do desenvolvemento embrionario. Polo tanto, desglosaremos este tema en: puberdade, factores que afectan a súa aparición, ciclo estral, etapas do ciclo, detección de celos.
Tema 8. Ovulación, fecundación, desenvolvemento embrionario temperán, xestación:
Este tema tratará de esplicar as distintas fases polas que pasa a femia bovina ata quedar xestante. Comezaremos por estudar o proceso de ovulación coa expulsión do ovocito así coma a súa fecundación . Abordaránse as primeras etapas de desenvolvemento embrionario co recoñecemento materno da xestación e a propia xestación.
Tema 9. O parto normal: Nel coñeceranse os aspectos fisiolóxicos e endocrinolóxicos que regulan todo este proceso. Tamén aprenderemos a recoñecer os signos que indican que o parto é inminente, e describiremos as características das distintas fases que se aprecian no parto. Así consideraremos: aspectos fisiolóxicos e endócrinos do parto, mecanismos físicos, estática fetal, signos de parto inminente e as distintas fases do parto.
Tema 10. O puerperio: O puerperio constitúe unha etapa cr
Contidosítica para o rendemento reprodutivo da femia, xa que durante este tempo teñen lugar numerosos cambios estruturais e funcionais que permiten á femia iniciar unha nova xestación. Neste tema veremos os cambios que se producen ó longo desta fase e que preparan á femia para unha nova xestación. Así, teremos en conta: involución uterina, rexeneración do endometrio, restablecemento da actividade ovárica cíclica, eliminación da contaminación bacteriana, factores que afectan á duración do puerperio.
Tema 11. Eficiencia reprodutiva do macho: Falaremos da eficiencia reprodutiva dos machos, describindo o comezo da actividade reprodutiva, o comportamento sexual dos machos, selección dos futuros sementais dende un punto de vista reprodutivo. Serán partes fundamentais: a puberdade no touro (cos factores que condicionan a súa aparición), o comportamento sexual e a selección dos touros.
BLOQUE III.- REPRODUCIÓN NOS ÉQUIDOS (3,5 h DE TEORÍA)
TEMA 12. Patróns reprodutivos: Abordaranse a fisioloxía reproductiva nas diferentes etapas da vida destes animais, puberdade, idade fértil e climaterio. Estudaremos o ciclo estral ca súa dinámica folicular e endocrinoloxía, facendo fincapé na estacionalidade reprodutiva desta especie.
TEMA 13. Xestación, parto e puerperio: Abordaremos a fisioloxía da xestación, no referido a endocrinoloxía e desenrolo do embrión e feto; o parto normal, explicando as distintas fases e os mecanismos desencadeantes e o puerperio, estudando a involución uterina e o reinicio da actividade ovárica postparto.
TEMA 14. Manexo reprodutivo do garañón: Neste último tema do bloque faremos un estudo da fisioloxía da reprodución no macho, considerando a puberdade e o comportamento reprodutivo normal.
BLOQUE IV.- REPRODUCIÓN EN PORCINOS (2,5 h DE TEORÍA)
TEMA 15. Patróns reprodutivos: Comezaremos este bloque temático analizando a puberdade e os factores que inflúen na súa aparición para terminar co estudo da fisioloxía do ciclo estral da porca. Farase especial fincapé na dinámica folicular e na endocrinoloxía específica desta especie, así como no comportamento de estro e a detección do mesmo.
TEMA 16. Xestación, parto e puerperio: Abordaremos a fisioloxía da xestación, no referido a endocrinoloxía e desenrolo do embrión e feto; o parto normal, explicando as distintas fases e os mecanismos desencadeantes e o puerperio, estudando a involución uterina e o reinicio da actividade ovárica postparto.
TEMA 17. Manexo do verrón: Aprenderemos os métodos de avaliación de sementais porcinos, así como algúns apuntamentos sobre o seu manexo. Aportaranse as bases para a selección dun futuro macho de reprodución, así coma as bases para avaliar a eficiencia reprodutiva. Tamén serán estudados os diferentes factores que poden afectar a fertilidade do verrón.
BLOQUE V.- REPRODUCIÓN NOS CARNÍVOROS DOMÉSTICOS (5 h DE TEORÍA)
TEMA 18. Fisioloxía e endocrinoloxía do ciclo estral na cadela: Describiremos a fisioloxía do ciclo estral na cadela. Prestarase atención especial ás características endócrinas do ciclo. En concreto estudaremos: o ciclo estral, a endocrinoloxía do ciclo, a pseudoxestación e a identificación do período fértil da cadela..
TEMA 19. Fisioloxía e endocrinoloxía do ciclo estral na gata: Definiremos as características reprodutivas da gata doméstica, parándonos en coñecer: a puberdade, a estacionalidade e ciclo estral, a regulación hormonal do ciclo da gata.
TEMA 20. Xestación na cadela e na gata: Abordaremos as características endócrinas da xestación en ámbalas dúas especies, así coma os cambios físicos que se producen nestas femias xestantes.
TEMA 21. O parto eutócico na cadela e na gata: Coñeceremos as características do parto normal na cadela e na gata; así como os mecanismos que desencadean o parto e as diferentes fases do parto.
Bibliografía básica e complementaria- Derivaux J, Ectors F. (1984) Fisiopatología de la reproducción y obstetricia veterinaria. Acribia. Zaragoza.
- Hafez ESE. (1996) Reproducción e inseminación artificial en animales. 3ª edición en español. Interamericana McGraw-Hill. México.
- Hunter RHF (1982) Fisiología y tecnología de la reproducción de la hembra de los animales domésticos. Acribia. Zaragoza.
- Joy KP, Krishna A, Haldar C. (1999) Comparative endocrinology and reproduction. Springer-Verlag. Berlín.
- Knobil E, Neill JD. (1994) The Physiology of Reproduction. Second edition. Volumes 1 y 2. Raven Press, New York.
- Knobil E, Neill JD. (1998) Encyclopedia of reproduction. Academic Press. San Diego.
- McDonald LE, Pineda MH (1991). Endocrinología veterinaria y reproducción. Interamericana McGraw-Hill. México.
- Thibault C, Levasseur MC. (1991) La reproduction chez les mammifères et l’homme. INRA. París.
- Senger PL. (2003). Pathways to pregnancy and parturition. Current Conceptions, Inc. 2nd Edition. Washington.
- Arthur, G.H.; Noakes, D.E. y Pearson, H. (1991) Reproducción y Obstetricia en Veterinaria. E. Interamericana McGraw-Hill. Madrid.
- Brackett, GB; Seidel, GE y Seidel SM (1988). Avances en zootecnia: Nuevas técnicas de reproducción animal. Acribia. Zaragoza
- Chenoweth P. J. (2000) Impulso sexual del toro y comportamiento reproductivo En “Topics in bull fertility”. www.ivis.org
- Derivaux, J. (1984). Fisiopatología de la gestación y obstetricia veterinaria. Ed. Acribia, D.L. Zaragoza
- Evans GB y Maxwell WM (1990). Inseminación artificial en ovejas y cabras. Acribia. Zaragoza.
- Gordon I. (1996) Controlled reproduction in sheep and goats. Cab International. Cambridge.
- Gordon I. (1999) Reproducción controlada del ganado vacuno y búfalos. Acribia. Zaragoza.
- Grunert E y Berchtold M. (1988) Infertilidad en la vaca. Hemisferios sur. Buenos Aires
- Grunert, E. (1990). Obstetricia del Bovino. Ed. Hemisferio Sur. Buenos Aires.
- Jackson, P.G.G. (1995). Handbook of veterinary obstetrics. Ed. W.B. Saunders, cop. London.
- McClure TJ. (1995) Infertilidad nutricional y metabólica de la vaca. Acribia. Zaragoza.
- Peters AR, Ball PJH. (1991) Reproducción del ganado vacuno. Acribia. Zaragoza.
- Quintela L.A.; Díaz C.; Herradón P.G.; Peña A.I.; Becerra J.J. (2006). Ecografía y Reproducción en la Vaca. Ed. Quintela, Herradón, Peña y Becerra. Servicio Publicaciones e Intercambio Científico USC. Santiago de Compostela. España.
- Quintela L.A., Díaz C. Becerra J.J.; Herradón P.G. (2009). Atlas de Ecografía en la Vaca. Ed. Quintela L.A. Fatro Ibérica. Barcelona. España.
- Seidel GE, Seidel SM. (1991) Training manual for embryo transfer in cattle. FAO. Roma
- Sloss V y Dufty H (1980). Handbook of bovine obstetrics. Williams and Wilkins Co. Baltimore
- Spitzer J.C. (2000). Evaluación de la salud reproductiva del toro: estado actual. En “Topics in bull fertility”. www.ivis.org
- Youngquist, RS (1997). Current Therapy in Large Animal Theriogenology....
- MARTINAT-BOTTÉ, F.; RENAUD, G.; MADEE, F.; COSTIOU, P. Y TERQUI, M. (2000). Ultrasonography and reproduction in swine: Principles and practical applications. INRA editions. Paris.
- BRINSKO, S.P., BLANCHARD, T.L.,VARNER, D.D., SCHUMACHER, J., LOVE, C.C., HIN-RICHS, K., HARTMAN, D. (2011). Manual of equine reproduction. 3ª Ed. Editorial Mosby else-vier. Maryland Heights, Missouri. Pp. 325.
-McKINNON, A.O. Y VOSS, J.L. (1993). Equine reproduction. Editorial Willians and Wilkins. EEUU. Pp. 1137.
Competencias1.- Competencias xerais:
GVUSC01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación
GVUSC02: Capacidade de análise e síntese
GVUSC03: Coñecementos xerais sobre o área de traballo
GVUSC04: Planificación e xestión do traballo
GVUSC05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
GVUSC06: Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo
GVUSC07: Habilidade para traballar nun contexto internacional
GVUSC08: Liderado, iniciativa e espírito emprendedor
GVUSC09: Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos
GVUSC10: Compromiso ético e asunción de responsabilidades
2.-Competencias específicas Disciplinares
CEDVUSC18: Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos .
3.- Competencias específicas Profesionais
D1VUSC09: Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos .
4.- Competencias específicas Académicas
CEAVUSC01: Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinari@
CEAVUSC02: Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade .
CEAVUSC03: Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinari@ de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC04: Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinari@
CEAVUSC05: Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia
CEAVUSC06: Saber buscar asesoramento e axuda profesionais
CEAVUSC07: Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias
CEAVUSC08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente .
5.- Competencias transversais
CTVUSC01: Capacidade para o razoamento e a argumentación
CTVUSC02: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica .
CTVUSC03: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible .
CTVUSC04: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa
CTVUSC05: Habilidade no manexo das TICs
CTVUSC06: Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC07: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cumprir coas seguintes condicións metodolóxicas básicas:
a.- Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e de habilidades prácticas, non podemos esquecer que nesta disciplina deberán aprender unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional da veterinaria.
b.- Promover a constante busca de nova información: a reprodución non é unha disciplina estática e atópase en continua evolución, polo que é necesario que o alumn@ aprenda a buscar nova información, analizándoa criticamente.
Dentro desta estrutura, podemos describir varias partes neste curso:
A.- Una primeira parte de traballo teórico, na que o profesor exporá os temas incluídos no programa da materia, e o alumn@ deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. O alumn@ deberá compaxinar a asistencia a estas clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos.
B.- Traballo Práctico: Ó longo do curso, o alumn@ deberá asistir e participar activamente nas sesións prácticas da materia, para poder aprender as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional.
- Apoios ó curso:
Durante todo o curso os alumn@s disporán dun apoio presencial, podendo realizar consultas ós distintos profesores da materia, nos horarios establecidos para as titorías. É aconsellable que o alumno asista, polo menos, unha vez por bloque temático. Tamén disporán dun apoio virtual, podendo facer consultas a través do correo electrónico, foros, etc.
Para dar este apoio creouse un curso virtual na USC denominado Reprodución e Obstetricia Veterinaria I, ó que poderán acceder todos os alumn@s matriculados nesta materia.
No curso virtual o alumnado tamén disporá de información complementaria e modelos de exame que servirán como método de autoavaliación.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación final do alumn@, tomarase en conta todas as actividades realizadas ó longo do curso, así coma os coñecementos adquiridos e as habilidades prácticas acadadas.
Así, a avaliación final do alumn@ terá en conta os seguintes aspectos:
1.- Participación Activa e Aproveitamento das Clases Prácticas, considerando a asistencia e o aproveitamento.
2.- Exames Escritos: Neste apartado valoraremos os coñecementos teórico/prácticos acadados polo alumn@. O exame será unha proba que constará de 80 preguntas, unha de tipo test de resposta múltiple, e outras de resposta breve. As respostas incorrectas nas preguntas de tipo test non restarán puntos, pero será necesario acertar todas as opcións para que sexa considerada correcta.
Realizarase un exame final, na data establecida na Programación Académica da Facultade de Veterinaria.
Trala publicación das notas provisorias de cada exame, o alumn@ poderá revisar o seu exercicio e propoñer as dúbidas, suxestións ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar de revisión será publicada xunto coas puntuacións dos exames.
3.- Traballos: Ó longo do cuadrimestre os alumn@s terán que realizar un traballo en grupo (máximo 6 persoas) sobre distintos temas relacionados coa anatomía e a fisioloxía da reprodución nas distintas especies. Serán propostos varios temas a escoller. O traballo entregarase por escrito e farase unha avaliación oral de cada grupo. A nota obtida contará un 20% da nota final da materia.
- Cualificación Final da materia:
A cualificación final da materia será da seguinte maneira:
-Clases Prácticas: 20% da cualificación final
-Traballos: 20% da cualificación final
-Exames escritos: 80% da cualificación final. Para superar a materia será imprescindible que o alumn@ alcance una puntuación mínima de “5” no exame escrito. De non alcanzarse, non se fará media coas notas das clases prácticas e do traballo.
-Recomendacións de cara á Recuperación:
É importante ter en conta unha serie de aspecto no caso do que o alumn@ non supere a materia nunha convocatoria determinada:
-Gardaranse as cualificacións obtidas nas prácticas para outras convocatorias, sempre e cando non varíen as prácticas.
-O exame das convocatorias extraordinarias terán un formato semellante ó da convocatoria oficial.
-A nota final das convocatorias extraordinarias, calcularase da mesma forma que na convocatoria oficial, co que as practicas e o traballo representan o 40% da cualificación final e os exames escritos o 80%.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial no Aula:
- Clases maxistrais: 29h
- Prácticas clínicas: 9h
- Titorías en grupos reducidos: 7h
- Total de horas de traballo presencial: 45h
Traballo persoal d@ estudante
- Estudo individual: 43,5h
- Elaboración de traballos: 15,5h
- Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2h
- Presentaciones orais: 4h
- Realización de exames: 2,5h
- Total de horas de traballo persoal d@ estudante: 67,5h
Total Traballo d@ Estudante: 112,5horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase ó alumn@ asistir activamente tanto ás clases teóricas como prácticas. Sería recomendable que o alumnado completase as sesións coa bibliografía recomendada para cada tema.
Os alumn@s terán a súa disposición dun curso virtual na plataforma da USC na que se colgarán as presentacións empregadas en clase, vídeos, artigos, páxinas de interese, etc. É recomendable visualizar todos os contidos propostos