Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091425 - Toxicoloxía Veterinaria (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 7.50
  • Total: 7.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 6.00
  • Clase Expositiva: 38.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 25.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 12.00
  • Total: 93.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
  • Áreas: Toxicoloxía
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Garcia Fernandez, M Angeles.NON
MELGAR RIOL, MARIA JULIA.SI
Sanchez Sellero, Ines.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    1.- Obxectivos específicos:

    - Estudio dos axentes naturais ou de síntese que poden producir intoxicación aguda ou crónica en animais.

    - Identificación, mecanismo de acción, diagnóstico clínico ou experimental da toxicidade e tratamento.

    - Resolución de casos clínicos.

    - Coñecemento de residuos en productos alimenticios con posible risco para a saúde pública e os contaminantes ambientais: Avaliación toxicolóxica da exposición a tóxicos.

    - Bases toxicolóxicas e legais para asegurar a inocuidade de fármacos e aditivos.

    - Capacidade para poder discriminar científicamente sobre o balance beneficio/risco.


    2.- Obxectivos complementarios:

    - Descubran a importancia da disciplina no Grao de Veterinaria e no seu futuro profesional.

    - Adquiran un vocabulario e terminoloxía toxicolóxica específica.

    - Ter inquedanza por temas de interese xeral e/ou social en relación á toxicoloxía (ex.: catástrofes ecolóxicas, repercusións na saúde humana).

    - Utilicen de forma crítica as fontes bibliográficas.

    En definitiva, a adquisición por parte do alumno dunha cultura toxicolóxica.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS:

    A) Toxicoloxía Xeral. (16 horas)
    1.- Introducción: desenvolvemento e evolución da Toxicoloxía. Conceptos. Clasificación das intoxicacións. (2 horas)
    2.- Avaliación toxicolóxica. (2 horas)
    3.- Toxicocinética: absorción, distribución, metabolismo e eliminación. Toxicodinamia. (3 horas)
    4.- Biotransformacións: resposta do organismo ante a presencia do tóxico. (2 horas)
    5.- Carcinoxénese, mutaxénese e teratoxénese. (3 horas)
    6.- Atención clínica en intoxicacións de animais I: Procedementos e Diagnóstico clínico. (2 horas)
    7.- Atención clínica en intoxicacións de animais II: Terapéutica antitóxica e Servicios de Toxicoloxía. (2 horas)

    B) Toxicoloxía Especial. (22 horas)

    8.- Intoxicación por urea e nitróxeno non proteico (NNP). (1,5 horas)
    9.- Intoxicación por sodio: cloruro sódico e privación de auga. (1,5 horas)
    10.- Praguicidas: concepto e clasificación. Importancia do seu uso. Mecanismos de acción dos praguicidas. (3 horas)
    11.- Intoxicación por Insecticidas Organoclorados. (1 hora)
    12.- Intoxicación por Insecticidas Organofosforados e Carbamatos. Insecticidas de orixe vexetal: nicotina e piretroides. (2 horas)
    13.- Intoxicación por Herbicidas: clasificación. Herbicidas inorgánicos e orgánicos de síntese. (1 hora)
    14.- Intoxicación por Fungicidas: clasificación. Derivados dinitro, ditiocarbamatos, hexaclorobenceno e outros. (1 hora)
    15.- Intoxicación por Rodenticidas: clasificación. Derivados da urea (ANTU). Fluoroacetato sódico. Estricnina. Rodenticidas anticoagulantes. (3 horas)
    16.- Micotoxinas: concepto e clasificación. Intoxicación por micotoxinas. (1 hora)
    17.- Micotoxinas do xénero Aspergillus: Aflatoxinas e Ocratoxinas. (1 hora)
    18.- Micotoxinas do xénero Penicillium. Micotoxinas do xénero Fusarium. ( 1 hora)
    19.- Ecotoxicoloxía: conceptos. Ciclos ecolóxicos dos contaminantes ambientais. Parámetros de inocuidade. Concepto de tolerancia cero. (1 hora)
    20.- Toxicoloxía de metais pesados: Plomo e outros. (1 hora)
    21.- Efectos adversos dos medicamentos. Interaccións medicamentosas. Relación Beneficio/Risco. Toxicidade de antibióticos. Toxicidade de antihelmínticos. Toxicidade de esteroides anabolizantes. (1 hora)
    22.- Intoxicación por plantas cardiotóxicas. Intoxicación por plantas que afectan ó sistema hemático. 0,5 horas)
    23.- Intoxicación por plantas nefrotóxicas. Intoxicación por oxalatos. (0,5 horas)
    24.- Intoxicación por plantas que afectan ó sistema nervioso e/ou musculoesquelético. Latirismo. (0,5 horas)
    25.- Intoxicación por plantas hepatotóxicas e fotosensibilizantes. Intoxicación por plantas que afectan ó sistema dixestivo.
    0,5 horas)

    PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS PRÁCTICAS

    1.- Avaliación de acordo coa Normativa vixente da perigosidade de Productos químicos.

    2.- Avaliación toxicolóxica experimental: animalario e determinación da DL50 en ensaios de toxicidade aguda.

    3.- Análise toxicolóxica de herbicidas en mostras biolóxicas: paraquat y diquat. (Espectrofotometría VIS).

    4.- Detección de Amatoxinas en mostras de fungos macroscópicos: Test cualitativo.

    5.- Análise toxicolóxica de microcontaminantes: residuos de praguicidas organofosforados en alimentos (Cromatografía gaseosa DNP).

    6.- Práctica Clínica non asistencial: Marcha analítica xeral da investigación toxicolóxica, toma e remisión de mostras, recursos instrumentais; Servicio de Atención e Información Toxicolóxica Veterinaria (SATVe).


    CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO

    - Resolución de casos clínicos.

    - Exposición de traballos monográficos polos estudantes.
    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BASICA* E COMPLEMENTARIA

    ANDERSON, D.; CONNING, D.M. Experimental Toxicology: The Basic Issues. 2nd Edition. Royal Society of Chemistry. Cambridge, 1993
    ARIËNS, E.J.; LEHMAN, P.A.; SIMONIS, A.M. Introducción a la Toxicología General. Ed. Diana. México, 1968
    BUCK*, W.B. OSWEILER, G.D.; VAN GELDER, G.A. Toxicología Veterinaria Clínica y Diagnóstica. Ed. Acribia, Zaragoza, 1981
    CABRERA FORNEIRO, J. Los antídotos y otros productos antitóxicos. Ed. Ela, Madrid, 1994
    CAMEÁN, A; REPETTO, M. Toxicología Alimentaria. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2006.
    CAPÓ MARTÍ, M. Principois de Ecotoxicología: Diagnóstico, Tratamiento y Gestión del Medio ambiente. McGraw-Hill Profesional. Madrid, 2002
    DUFFUS, J. H. Toxicología Ambiental. Ed. Omega, Barcelona, 1983
    FAN, A.M.; CHANG, L.W. Toxicology and risk assessment. Principles, methods, and applications. Ed. Marcel Dekker, Inc., Nueva York, 1996
    GFELLER, R.W.; MESSONNIER, S.P. Hanbook of Small Animal Toxicology. Ed. Mosby, Baltimore, 1998
    GUPTA, R. Veterinary Toxicology: Basic and clinical principles. 2nd. Elsevier-Academic Press. Amsterdam, 2012.
    HODGSON, E. A Textbook of Modern Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2004
    HODGSON, E.; SMART, R.C. Introduction to Biochemical Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2001
    HUMPHREYS, D.J. Veterinary Toxicology. Ed. Baillière Tindall. 3ª ed., London, 1988
    JURADO COUTO*, R. Toxicología Veterinaria. Ed. Salvat. 2ª ed., Madrid, 1989
    KLAASSEN, C.D. CASARETT & DOULL'S TOXICOLOGY: THE Basic Science of Poisons. Ed. McGraw-Hill. 6ª ed. New York, 1998.
    KLAASSEN*, C.D.; WATKINS, J.B. Casarett y Doull. Fundamentos de Toxicología. Edición en español revisada por M. López-Rivadulla. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid. 2005.
    LOOMIS*, T.A. Fundamentos de Toxicología. Ed. Acribia. Zaragoza, 1982
    LORGUE, G.; LECHENET, J.; RIVIÈRE, A. Clinical Veterinary Toxicology. Ed.. Blackwell Science, London. 1996
    MARRUECOS, L.; NOGUÉ, S.; NOLLA, J. Toxicología clínica. Ed. Springer-Verlag Ibérica, Barcelona, 1993
    MELGAR RIOL*, M.J., NÓVOA VALIÑAS, M.C., GARCÍA FERNÁNDEZ, M.A., PÉREZ LÓPEZ, M., Atención clínica en intoxicaciones de animales, Ed. USC, editora manuais, Santiago de Compostela, 2012.
    NIESINK, R.J.M; DE VRIES, J.; HOLLINGER, M.A. Toxicology: Principles and Applications. CRC Press, Boca Raton, 1996
    PETERSON, M.E.; TALCOTT, P.A. Small Animal Toxicology. Ed. Saunders Company, Londres. 2001
    REPETTO*, M. Toxicología fundamental. Ed. Científico-Médica. 2ª ed. Barcelona, 1988
    REPETTO, M. Toxicología Avanzada. Ed. Díaz de Santos. Madrid, 1995.
    RODER, J. Manual de Toxicología Veterinaria. Ed. Multimédica S.A., Barcelona, 2002.
    STAHR, H.M. Analytical Methods in Toxicology. John Wiley & Sons, Inc. New York, 1991
    VALLEDOR DE LOZOYA, A. Envenenamientos por animales. Ed. Díaz de Santos, Madrid, 1994
    VILLANÚA FUNGAIRIÑO, L. Toxicología: Toxicología General y Análisis Toxicológico. Universidad Complutense. 2ª ed. Madrid, 1982.
    VILLAR D. y ORTIZ JJ. Plantas Tóxicas de interés veterinario. Edt. Elsevier-Masson. Barcelona, 2006.
    Competencias
    - Competencias xerais do Título en Veterinaria:
    *GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    *GVUSC02. Capacidade de análise e síntesis.
    *GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o eido de traballo.
    *GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    *GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    *GVUSC06. Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo.
    *GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
    *GVUSC08. Liderazgo, iniciativa e espíritu emprendedor.
    *GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    *GVUSC010. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    - Competencias específicas disciplinares (saber):
    *CEDVUSC04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
    *CEDVUSC07. Coñecemento das alteracións da estructura e función do organismo animal. *CEDVUSC08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermedades animais, individuais e colectivas, e a súas medidas de prevención, con especial énfasis nas zoonosis e nas enfermedades de declaración obrigatoria.
    *CEDVUSC09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
    *CEDVUSC016. Coñocer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.

    - Competencias Específicas Profesionais (saber facer):
    *D1VUSC02. Recoller e remitir mostras co seu correspondente informe.
    *D1VUSC03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
    *D1VUSC04. Diagnosticar as enfermedades máis comúns, mediante o emprego dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
    *D1VUSC08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
    *D1VUSC014. Realizar análise de risco, incluindo os medioambientais e de bioseguridade, así como a sua valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
    *D1VUSC017. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.

    - Competencias Específicas Académicas (querer facer):
    *CEAVD1VUSC01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    *CEAVD1VUSC02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    *CEAVD1VUSC03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de xeito fluido, oral e escrito, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral. *CEAVD1VUSC04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario. *CEAVD1VUSC05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluindo a medicina basada na evidencia.
    *CEAVD1VUSC06. Saber buscar asesoramiento e axuda profesionales.
    *CEAVD1VUSC07- Tener conocimientos básicos de una lengua extranjera, especialmente en aspectos técnicos relacionados con las Ciencias Veterinarias.
    *CEAVD1VUSC08- Ser consciente de la necesidad de mantener actualizados los conocimientos, habilidades y actitudes de las competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.

    - Competencias transversais:
    *CTVD1VUSC01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    *CTVD1VUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dun xeito crítico. *CTVD1VUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. *CTVD1VUSC04. Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, coherente e conciso.
    *CTVD1VUSC05. Habilidade no manexo das TICs.
    *CTVD1VUSC06. Emprego de información en lingua extranxeira.
    *CTVD1VUSC07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
    Metodoloxía da ensinanza
    TOTAL HORAS DO ALUMNO 187,5: 93 horas traballo presencial e 94,5 horas traballo persoal do alumno.


    TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (10x Nº ECTS): 93 h.

    Distribución temporal presencial:

    - 38 horas de Clases Expositivas.

    - 25 horas de Clases Interactivas de Laboratorio que inclúe: prácticas de laboratorio e resolución de problemas mediante a aplicación de programas informáticos (25 horas), e prácticas clínicas non asistenciais (6 horas).

    - 12 horas de Clases Interactivas de Seminario.

    - 12 horas de Tutorías en grupos.


    - Traballo complementario de Ensinanza virtual: Plataforma no Campus virtual USC.

    Nas clases expositivas utilizaranse medios audiovisuais xunto coas explicacións orais do profesor. Esporádicamente o profesor poderá interrelacionarse cos alumnos realizando preguntas para a súa contestación inmediata, e periódicamente (mensual) pediranse por escrito as respostas a todos os alumnos.

    Clases interactivas de Laboratorio:

    1. Normativa estatal e europea sobre o manexo e uso de substancias químicas perigosas.
    Actividades que se realizan:

    Clasificación das substancias segundo a súa perigosidade, tendo en conta a lexislación vixente. Aplicacións destes conceptos no Laboratorio (etiquetas, pictogramas de perigo, frases H e frases P, fichas dos datos de seguridade, FDS).

    2. Determinación de residuos de praguicidas en meles.
    Actividades que se realizan:
    Preparación das disolucións patrón. Extracción dos posibles residuos de praguicidas presentes no mel mediante disolventes orgánicos. Unha vez obtido o extracto analízase por cromatografía de gases.

    3. Determinación de amatoxinas. Test de Wieland.
    Actividades que se realizan:
    Trátase de aplicar un test cualitativo para a detección da presenza de amatoxinas en mostras de cogomelos máis abundantes de Galicia, polo seu interese na clínica veterinaria. É un test doado de realizar e permite detectar precozmente a intoxicación polas devanditas toxinas.

    4. Análisis cualitativo de herbicidas bipiridílicos en mostras biolóxicas.
    Actividades que se realizan:
    Realízase un test colorimétrico cualitativo útil para a detección deste tipo de herbicidas en mostras biolóxicas. Aínda que na práctica se adoita aplicar sobre mostras de ouriños, tamén é posible utilizalo noutras mostras biolóxicas. Todo iso coméntase e discútese, así como a utilidade tanto diagnóstica coma pronóstica do test empregado.

    Estas prácticas, ademais da parte laboratorial de carácter instrumental, compleméntanse habitualmente con exercicios encamiñados a reforzar os coñecementos sobre cálculos e metodoloxía para preparar axeitadamente distintas disolucións que se manexan, formulándose diferentes condicións. Refórzase, de forma transversal en todas as prácticas, a adquisición de hábitos de traballo seguros no laboratorio. Así mesmo, as prácticas relaciónanse con situacións reais nas cales os coñecementos adquiridos son aplicativos. Para iso propóñense buscas na bibliografía científica de distintos casos de intoxicación.

    Prácticas clínicas non asistenciais
    Título: Marcha analítica xeral da investigación toxicolóxica, toma e remisión de mostras, recursos instrumentais; Servizo de Atención e Información Toxicolóxica Veterinaria (SATVe)

    Actividades que se realizan: No aula-Seminario de Toxicoloxía e consta de 2 partes diferenciadas.
    1ª Preséntanse os Protocolos necesarios para axudar a un bo diagnóstico toxicolóxico na súa parte analítica. Toma de mostras: tipo (biolóxicas, auga de bebida, alimento, e outro tipo de materiais), material axeitado que debe de utilizarse, cadea de custodia, conservación en frío, formas de envío ao laboratorio, etc. Metodoloxía analítica aplicada: mostras orgánicas, inorgánicas, gases, etc. Interpretación de resultados polo clínico. Identificación de tóxicos. Proposta de resolución individualizada e/ou grupo de casos prácticos: diagnóstico e tratamento, para iso o alumno manexará unha Táboas elaboradas no departamento.
    2ª Presentación aos alumnos dunha base de datos desenvolvida polo noso departamento para o seu uso por un Servizo de Atención Toxicolóxica Veterinaria. A través da navegación polas súas distintas partes, o alumno vai descubrindo as súas utilidades e aplicacións no ámbito clínico. Básicamente dispón de dúas partes, que están conectadas entre si. Por unha banda, trátase dunha base de datos de información, contidos ou coñecementos toxicolóxicos clínicos veterinarios. Por outra, dispón dun ficheiro de casos. Cando se crea unha ficha con ocasión dun caso que se consulta ao SATVe, dende ésta pódese recorrer á información recollida na primeira parte, o que pode resultar de grande axuda.

    Prácticas de ordenador
    Título: Avaliación toxicolóxica experimental: determinación da DL50 en ensaios de toxicidade auga.

    Actividades que se realizan: Consta de 3 partes.
    1ª En pequenos grupos de alumnos (10) visitarase o Animalario de experimentación animal do Campus de Lugo (xunto á Facultade de Veterinaria).
    2ª Na aula de informática (capacidade para 20 alumnos) explicarase o Protocolo da práctica, iniciado un estudo bibliográfico acerca dun ensaio de toxicidade aguda proposto e baseado na determinación da DL50 dunha substancia. Segundo este protocolo, aplicaranse os datos de 20 doses administradas dunha substancia e do número de animais mortos resultantes. Procederase á resolución do problema de forma individualizada, empregando un ordenador e mediante a aplicación do programa Excel: cálculos e representacións gráficas conducentes á determinación do valor da DL50.
    3ª Exercicios propostos para resolver in situ de forma individualizada:

    - Representación gráfica en papel milimetrado para corroborar os resultados informáticos.
    - Clasificación da substancia en orde á súa perigosidade toxicolóxica de acordo coa DL50 determinada.
    - Determinación bibliográfica (revistas, libros, web..) das DL50 de diversas substancias relevantes no ámbito veterinario

    Sistema de evaluación
    - Para SUPERAR a materia, é obrigatoria a asistencia e participación activa en:

    * Clases Interactivas de Laboratorio, incluindo a presentación dunha Memoria de Prácticas en tempo e forma (15 %), e resolución dunha pregunta práctica en Examen Final (5 %). Total cualificación máxima de Prácticas: 20 %.

    * Tutorías en grupos (as 3 primeiras): elaboración de traballo monográfico.

    * Clases Interactivas de Seminario (as 3 primeiras): presentación e exposición do traballo monográfico (10 %).

    * Examen final teórico tipo test e/ou conceptual (70 %)


    - NON SUPERARÁN a asignatura os alumnos que non se presenten ó Examen Final ou obteñan neste unha cualificación inferior a 3 puntos.

    Tampouco se aprobará a materia en caso de non superar as Prácticas, o que require como mínimo a asistencia ás Clases Interactivas Prácticas e a entrega no prazo previsto da Memoria de Prácticas.

    - Valorarase positivamente a asistencia a clases expositivas e avaliación continuada.



    *CUALIFICACIÓN FINAL: PRÁCTICAS (20 %) + SEMINARIOS (10 %) + EXAMEN FINAL (70 %).

    CALENDARIO DE ACTIVIDADES DOCENTES: http://www.facveterinarialugo.org/

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (15x Nº ECTS):

    - Estudio individual: 57 h

    - Elaboración de memorias de prácticas: 4 h

    - Elaboración de traballos: 15 h

    - Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 1 h

    - Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 2 h

    - Resolución de casos/problemas : 4 h

    - Presentacións orais: 10 h

    - Realización de exámenes: 1,5 h


    Total horas de traballo persoal do alumno (15x Nº ECTS): 94,5 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a clases teóricas expositivas

    - Consulta da Bibliografía básica

    - Completar as clases expositivas e interactivas con Bibliografía complementaria

    - Contar coa axuda de tutorías individuais para resolver cuestións

    - Estudio personalizado ó día

    - Estudio, atención e retención de conceptos, ideas,... e evitar datos superfluos (secundarios). Secundar advertencias do profesor en clase

    - Conectar e consultar coa materia a través da Plataforma USC-virtual.

    Observacións
    Horario de Tutorías individuais:

    As horas de tutoría das profesoras figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).

    Profesoras Horario

    M Julia Melgar Riol Martes, xoves e venres: 11-13 h
    M. Ángeles García Fernández Luns, mércores e xoves: 11-13 h
    Inés Sánchez Sellero Mércores (10-12 h) e venres (11-15 h)