G2091426 - Clínica Médica Veterinaria I (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 28.00
- Clase Expositiva: 35.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 70.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta materia ten como obxectivos:
1. Aplicar os coñecementos adquiridos das distintas Patoloxías previamente estudadas no animal ou grupo de animais enfermos, no referente ás enfermidades relacionadas coa nutrición, dermatoloxía, alteracións do sistema endócrino, enfermidades do aparato urinario, alteracións sanguíneas e trastornos nerviosos.
2. Poder establecer a causa etiolóxica do proceso, a patoxenia, así como interpretar síntomas e lesións.
3. Establecer un xuízo diagnóstico que se acompañará do prognóstico.
4. Instaurar o tratamento axeitado, establecer a evolución da enfermidade, así como a súa profilaxe.
5. Todo iso coa fin de poder chegar á curación da enfermidade.
6. Realización das prácticas adecuadas, tanto na Clínica Médica do Hospital como na Clínica Ambulante.
ContidosCONTIDOS TEORICOS (35 horas):....................................................................
BLOQUE I: PATOLOXÍA DA NUTRICIÓN (9 horas)
-Xeneralidades da patoloxía da nutrición. Obesidade
- Hipoglicemia. Hipoglicemias neonatais. Hipoglicemia dos leitóns.
- Alteracións do metabolismo enerxético. Cetose bovina. Síndrome da vaca gorda. Toxemia da xestación ovina.
- Alteracións do metabolismo do calcio. Hipocalcemia en vacún. Hipocalcemia noutras especies.
- Alteracións do metabolismo do magnesio. Tetania hipomagnesémica.
- Alteracións do metabolismo do fósforo. Hemoglobinuria puerperal.
- Enfermidades causadas por deficiencias en oligoelementos. Deficiencia de cobalto. Deficiencia de ferro. Deficiencia de cinc. Deficiencia de cobre. Deficiencia de selenio.
BLOQUE II: PATOLOXÍA MÉDICA DA PEL (6 horas)
- Piodermas. Pseudopioderma. Pioderma superficial. Pioderma profunda.
- Alteracións da queratinización. Seborrea e desordes queratoseborreicos.
- Aproximación ao paciente prurixinoso.
- Alopecias non prurixinosas.
BLOQUE III: PATOLOXÍA MÉDICA DO SISTEMA ENDÓCRINO (5 horas)
- Afeccións da glándula tiroide. Hipotiroidismo. Hipertiroidismo.
- Afeccións da glándula adrenal. Hipoadrenocorticismo. Hiperadrenocorticismo.
- Afeccións do páncreas endócrino. Diabete mellitus. Insulinoma.
- Outras afeccións endócrinas menos comúns: afeccións da glándula paratiroide e afeccións da glándula pituitaria.
BLOQUE IV: PATOLOXÍA MÉDICA DO APARATO URINARIO (7 horas)
- Enfermidade renal aguda.
- Enfermidade renal crónica.
- Estudo clínico das glomerulopatías. Aproximación ao paciente con proteinuria.
- Afeccións do tracto urinario (infeccións, litiase, enfermidade das vías urinarias baixas felina). Aproximación ao paciente con estranguria/disuria/polaquiuria e hematuria.
- Incompetencia uretral. Aproximación ao paciente con incontinencia urinaria.
BLOQUE V: PATOLOXÍA MÉDICA DO SANGUE (5 horas)
- Anemia. Avaliación clínica e clinicopatolóxica. Anemias rexenerativas. Anemias non rexenerativas. Principios de Transfusión.
- Alteracións da hemostase. Manifestacións clínicas e avaliación clinicopatolóxicas. Defectos hemostáticos primarios. Defectos hemostáticos secundarios
-Linfoma no can e no gato
-Linfadenopatía e esplenomegalia
BLOQUE VI: NEUROLOXÍA (3 horas)
- Abordaxe do paciente con epilepsia: epilepsia idiopática,
encefalopatías, ataques epilépticos reactivos.
- Abordaxe do paciente con paresia/parálise: mielopatías e
patoloxías da columna. Enfermidades do sistema nervioso periférico.
- Abordaxe do paciente con ataxia: síndrome vestibular.
CONTIDOS PRACTICOS (28 horas):....................................................................
As actividades realizadas os estudantes durante as prácticas son as seguintes:
- Obtención de datos da historia clínica e exame físico.
- Introdución destes datos no historial informático de cada paciente.
- Identificar os principais problemas do paciente e elaborar unha lista de problemas e analizar (verificar que existe o problema, localizar a súa orixe, localizar o seu mecanismo fisiopatolóxico, especificar a que enfermidade concreta se atribúe) aqueles máis representativos que poidan servir de base para establecer un diagnostico diferencial.
- Identificar aqueles problemas que requiran atención terapéutica inmediata e o seu diagnostico específico deba ser postergado.
- Seleccionar as probas complementarias para a confirmación ou descarte das sospeitas tendo en conta criterios como a frecuencia de presentación dos procesos, elección de probas menos invasoras, que acheguen máis información e que sexan asumibles economicamente polos propietarios.
- Toma de mostras.
- Interpretar os resultados obtidos das diferentes probas complementarias utilizadas en cada paciente.
- Establecer un plan terapéutico (tratamento de soporte, específico, sintomático ou paliativo) axeitado a cada situación clínica.
- Establecer unha avaliación axeitada de custos beneficios no caso dos animais de renda.
- Establecer un plan de seguimento axeitado a cada proceso, seguimento e notas de progresión, cada problema detectado debe ser reavaliado seguindo o Método (Subxectivo Obxectivo Análise Plan) SOAP.
- Manexo de animais hospitalizados.
- Sesión clínica: formular unha pregunta en relación ao paciente, buscar información científica como resposta, valorar a información e identificar a "mellor evidencia dispoñible", aplicar ao paciente a información solicitada.
Bibliografía básica e complementaria- Fidalgo, L.E,, Rejas, J., Ruiz de Gopegui, R., Ramos, J.J. (2003). Patología Médica Veterinaria. Universidades de León, Santiago de Compostela y Zaragoza, España.
- Nelson R.W., Couto C.G. (2008). Small Animal Internal Medicine. 4 ed. Ed Mosby- Elsevier.
- Nelson R.W., Couto C.G. (2010). Medicina interna de pequeños animales. Ed. Elsevier. Mosby. Barcelona. (castellano)
- Ettinger, S.J., Feldman, E.C. (2009) Textbook of veterinary internal medicine. 2 vol. 7th ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
- Ettinger, S.J., Feldman, E.C. (2007). Tratado de Medicina Interna Veterinaria. 2 vol. 6 ed. Elsevier España. (castellano)
- Morgan, R.V. (2007). Handbook of Small Animal Practice. 5th ed. Saunders, Philadelpia.
- Morgan, R.V., Bright, R.M., Swartout, M.S. (2004). Clínica de pequeños animales. 4ª ed. Elsevier España SA, Madrid. (castellano)
- Birchard, S.J., Sherding, R.G. (2006). Saunders Manual of Small Animal Practice, 3rd ed. Saunders.
- Birchard, S.J., Sherding, R.G. (2002) Manual clínico de procedimientos en pequeños animales. Mcgraw Hill-Interamericana, Madrid. (castellano)
- Rand Jacquie (2006). Problem-based Feline Medicine. Elsevier.
- Tilley LP, Smith FWK (2009). Blackwell's Five-Minute Veterinary Consult: Canine and Feline PDA. 4th ed. Wiley-Blackwell.
- Smith, B.P. (2009) Large animal internal medicine. 4th ed. Mosby Inc, St. Louis.
- Smith, B.P. (2010) Medicina interna grandes animales. Elsevier. Madrid (castellano)
- Radostits, O.M., Gay, C.C., Hinchcliff, K.W., Constable, P.D. (2007). Veterinary Medicine: A Textbook of the Diseases of Cattle, horses, sheep, pigs and goats. 10th edn. Saunders Elsevier, Philadelpia.
- Radostits, O.M., Gay, C.C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2002). Medicina Veterinaria. Tratado de las enfermedades del ganado bovino, ovino, porcino, caprino y equino. Mc Graw-Hill Interamericana, 9ª ed., Madrid. (castellano)
- Divers, T.J., Peek, S.F. (2007). Rebhun's Diseases of Dairy Cattle. 2nd ed. Saunders-Elsevier.
- Rebhun, W.C. (1999). Enfermedades del ganado vacuno lechero. Acribia, Zaragoza. (castellano)
COMPLEMENTARIA
- Bartges, J. Polzin, D. (2011). Nephrology and Urology of Small Animals. Wiley-Blackwell.
- Chew, D.J. DiBartola, S.P. Schenck, P. (2011). Nefrología y urología canina y felina. Multimédica Ediciones Veterinarias.
- Feldman, B.F., Zinkl, J.C., Jain, N.C. (2000) Schalm’s veterinary hematology. 5th ed. Lippincott Williams & Wilkins, Philadelphia.
- Medleau , L y Hnilica KA. (2007). Dermatología de pequeños Animales. Ed. Elsevier Saudners. 2ª edicion.
- Melián, C, Pérez MD, Kooistra H, Peterson ME, Díaz M (2008). Manual de endocrinología de pequeños animales. Multimédica.
- Morales, C. Montoliu, P. (2012). Neurología canina y felina. Multimédica Ediciones Veterinarias.
- Rejas, J.; Fidalgo, LE.; Goicoa, A. y González, R (2001) Aplicaciones de fluidos en veterinaria. Consulta e difusión veterinaria. Valencia.
- Scott, D.W., Miller, W.H., Griffin, C.E. (2001) Muller and Kirk’s small animal dermatology. 6th ed. WB Saunders Co., Philadelphia.
CompetenciasCompetencias Xerais
. GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
. GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
. GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
. GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
. GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
. GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
. GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
. GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
. GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
. GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
Competencias específicas disciplinares (saber).
. CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
. CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.
. CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
Competencias Específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
. D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
. D1VUSC 02. Recoller e remitir especimes co seu correspondente informe.
. D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
. D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
. D1VUSC 06. Atender urxencias e realizar primeiros auxilios en Veterinaria.
. D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
. D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
. D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Específicas Académicas (querer facer)
. CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a.
. CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
. CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do /a Veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
. CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a Veterinario/a.
. CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional, incluíndo a medicina baseada na evidencia.
. CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
. CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
. CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
. CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
. CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
. CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
. CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
. CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
. CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza - Os alumnos recibirán 35 clases teóricas correspondentes a cada un dos temas especificados no punto de contidos. A docencia desta materia impartirase durante o oitavo semestre.
- Os alumnos recibirán 28 horas prácticas que se impartirán da seguinte forma:
Cinco sesións prácticas (pequenos e grandes animais) no HVU e 1 xornada de garda hospitalaria. Para as prácticas convocarase aos alumnos en grupos de11 alumnos; este grupo dividirase en dous grupos asimétricos de 7 e 4 alumnos, o grupo de 7 realizará a actividade práctica de 11 a 15 h nas dependencias do HVC cun profesor e o de 4 alumnos sairá das dependencias universitarias de 10 a 15 para realizar a actividade práctica en grandes animais nas propias granxas con outro profesor. Esta actividade práctica compleméntase coa garda hospitalaria de 8 horas que realizarán todos os alumnos.
- Seminarios, os alumnos participarán en 5 horas de seminario que se programa durante o oitavo semestre. Nestes seminarios trataranse temas de interese relacionados coa medicina e a clínica veterinaria diferentes aos programados na docencia teórica.
- 2 titorías (2 horas). A primeira titoría terá lugar a primeira semana do semestre e a segunda titoría realizáse durante o último mes. Na primeira titoría informarase os alumnos da organización docente da materia, o tipo de exame, a organización das prácticas, os requisitos mínimos e normas que se deben cumprir tanto na docencia teórica como práctica e acláranse as dúbidas que poidan ter os estudantes. A segunda titoría centrase en atender a algúns aspectos puntuais que poidan xurdir durante o semestre e aclarar cantas dúbidas poidan ter os alumnos (exames, prácticas, aspectos relacionados co estudo da materia, etc).
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia realizarase sobre a base dun sistema de avaliación continua (20%) e un exame final de contidos teórico prácticos (80% da cualificación final).
AVALIACIÓN CONTINUA (20% da cualificación final): ao longo da actividade docente regulada (clases teóricas, prácticas e seminarios) realizaranse controis do progreso e esforzo do alumno na materia. Este control, coa fin de asegurar a obxectividade, consistirá en pequenas probas escritas que se realizarán nas clases teóricas sen ser previamente programadas ou se encargarán aos asistentes ás clases teóricas e seminarios para que as respondan nun tempo limitado que se indicará en cada caso. Tamén se valorará o interese mostrado e a destreza adquirida nas prácticas. A puntuación da avaliación continua será o 20% da cualificación final. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación será o mesmo que na de maio.
O EXAME FINAL (80% da cualificación global) consta da avaliación de contidos teóricos e prácticos. Para superar a materia o alumno terá que aprobar a parte teórica e a parte práctica da materia independentemente unha doutra.
Avaliación de CONTIDOS TEÓRICOS. Esta proba constará dun 90% de preguntas tipo test e 10% preguntas de resposta curta. As preguntas tipo test son de resposta única. As preguntas ben contestadas sumarán 1 punto, as mal contestadas restarán 0.50 puntos e as non contestadas non computan. As preguntas de resposta curta serán de razoamento e suman un punto cando estean correctamente contestadas e completas, no caso contrario cero puntos.
O exame divídese por bloques que deben ser superados de forma independente. Será necesario contestar correctamente o 50% das preguntas de cada bloque temático que compón o exame. A nota será o 70% da nota total do exame final.
Avaliación de CONTIDOS PRÁCTICOS. A avaliación do aproveitamento dos contidos prácticos valorarase mediante un exame escrito de supostos prácticos que se realizará na mesma data que a proba teórica. Ao igual que no caso da docencia teórica, para superar está proba será necesario ter unha valoración mínima dun 5/10. A nota será o 30% nota total do exame final.
CUALIFICACION GLOBAL
A cualificación obtida no exame final suporá o 80% da nota total do estudante, o 20% restante obtense das cualificacións da avaliación continuada.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
- Clases maxistrais 35 h.
- Practicas clínicas 28 h.
- Seminarios 5 h.
- Titorias 2h.
......................TOTAL 70 h
Traballo persoal:
- Estudo individual 52,5
- Resolución de casos, problemas e tarefas 25.5
- Realización de exames 4 h
......................TOTAL 80 h.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia a clase.
- Participación activa tanto en aulas teóricas como prácticas.
- Participación activa nos seminarios.
- Asistencia ás titorias programadas
- Estudo continuado.
- Aproveitamento das horas de titorías cos diferentes profesores.