Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091428 - Ética, Bioética e Lexislación Veterinaria (Formación Básica Común) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 35.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
  • Áreas: Toxicoloxía
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Garcia Fernandez, M Angeles.SI
MELGAR RIOL, MARIA JULIA.NON
Sanchez Sellero, Ines.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer e reflexionar sobre os principios éticos que deben informar o exercicio da profesión veterinaria.
    - Coñecemento do Dereito Veterinario: normas legais que regulan o exercicio profesional do veterinario.
    - Estudo das normas legais que regulan o comercio e utilización de animais e os seus productos.
    - Coñecemento dos fundamentos de Patoloxía Forense e implicacións legais da valoración do dano corporal e de determinadas causas da morte nos animais.
    - Estudo da lexislación veterinaria, aplicada á alimentación e terapéutica animal, e á experimentación animal.
    - Asumir responsabilidades en actuacións periciais.
    - Resolución práctica de informes médico-legais.
    - Desenvolvemento das capacidades do alumno de traballo en equipoe de emprego axeitado das TICs, que lle faciliten o seu futuro exercicio profesional, en ámbitos de traballo de carácter multidisciplinar.

    Contidos
    A. PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS EXPOSITIVAS:

    Bloque I.- Deontoloxía. (2 horas)

    1.- Deontoloxía profesional veterinaria: concepto. Obxectivo, fontes e importancia. Decálogo de moral profesional. Códigos deontolóxicos veterinarios.

    2.- Ética profesional. Segredo profesional. Exercicio legal da profesión.

    3.- Inducción da eutanasia en animais: criterios e técnicas.


    Bloque II. Dereito veterinario. 4 horas)

    4.- Veterinaria Legal: concepto. División e aspectos da disciplina. Perspectivas.

    5.- Responsabilidade no exercicio profesional veterinario. Responsabilidade civil e penal.

    6.- Peritaxe: informes periciais.

    7.- Protección dos animais. Lexislación sobre o dereito de protección.


    Bloque III. Dereito de contratación de animais. (4 horas)

    8.- Identificación animal e dos seus productos. Recensión animal. Normalización de productos animais.

    9.- Intervención veterinaria nos espectáculos. Dopaxe. Sustancias empregadas na práctica da dopaxe. Monitorización analítica. Normativa.

    10.- Dereito comercial. Vicios redhibitorios. Tipos de vicios nas distintas especies animais. Informes forenses de vicios redhibitorios.

    11.- Regulación sobre productos vivos ou biolóxicamente activos. Comercio de esperma.

    12. Normativa en materia de transporte de animais.


    Bloque IV. Patoloxía forense. (4 horas)

    13.- Traumatoloxía forense. Accidentes e lesións. Valoración do dano.

    14.- Tanatoloxía forense. Concepto, signos e data da morte. Causas da morte. A necropsia en animais; aspectos veterinarios legais.

    Bloque V. Lexislación veterinaria. (2 horas)

    15.- Lexislación sanitaria. Lei de Sanidade Animal. Lexislación sobre medicamentos veterinarios.

    16.- Seguridade alimentaria. Lexislación en materia de alimentación animal, aditivos, pensos simples e pensos compostos.

    17.- Experimentación animal: Principios xerais, aspectos éticos e legais. Boas Prácticas de Laboratorio (GLP’s)


    B. PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS INTERACTIVAS:

    1.- Métodos alternativos en experimentación animal: técnicas básicas in vivo e in vitro.

    2.- 2.1. Busca de evidencia científica mediante o emprego de distintos recursos bibliográficos (bases de datos, libros e revistas). 2.2. Busca de información a partir de diversos recursos electrónicos. 2.3. Resolución de casos sobre data da morte e causas da morte.

    3.- Utilización de boletíns oficiais e as suas bases de datos lexislativas (DOUE, BOE, DOG) para a busca de lexislación veterinaria europea, estatal e autonómica.







    Bibliografía básica e complementaria
    - Adolphe, M ; Barlovatz-Meimon, G. Culture de Cellules Animales : Methodologies Applications. Éditions INSERM. Paris, 1985.
    - Amat, P. Derecho de la biotecnología y los transgénicos: especial referencia al sector agrario y alimentario. Tirant lo Blanch. Valencia. 2008.
    - Amat, P. Derecho agrario y alimentario español y de la Unión Europea. Tirant lo Blanch. Valencia. 2007.
    - Blázquez, N. Bioética y biotanasia. Ed. Visión Libros. Madrid. 2010.
    - Boletín Oficial del Estado (BOE). Madrid.
    - Buncic, S. Seguridad alimentaria integrada y salud pública veterinaria. Acribia, D.L. Zaragoza 2008.
    - Capó Martí, M.A. Veterinaria Legal con Deontología. Ed. Eutesa. Madrid. 1989.
    - Código para el ejercicio de la profesión veterinaria. Consejo General de Colegios de Veterinarios de España. Madrid. 2006.
    - Corbella, J.; Gisbert, J.A.; Marti, J.; Villalain, J.D. Medicina Legal y Forense. Ed. Consejo General de Colegios Médicos de España. Madrid. 1985.
    - Cooper, J. Introducción a la Medicina Forense Veterinaria y Comparada. Ed. Acribia. Zaragoza. 2009.
    - Deleuze, P. Legislación alimentaria: Código alimentario español y disposiciones complementarias. Tecnos. Madrid. 2006. 7ª ed. act.
    - Domínguez, J. Inspección ante mortem y post mortem en animales de producción. Patologías y lesiones. Servet diseño y comunicación. Zaragoza. 2011.
    - Ducauze, C. J. Fraudes alimentarios: legislación y metodología analítica. Acribia, D.L. Zaragoza. 2006.
    - Diario Oficial de Galicia (DOG).
    - Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE).
    - Evans, H.E.; Lahunta, A. Guide to the dissection of the dog. Saunders. USA. 2010.
    - Freshney, RI. Culture of Animal Cells: A manual of basic technique and specialized applications. John Wiley & Sons. West Sussex (Reino Unido). 2010.
    - Gallardo, M.J.; Cruz, M.J. La responsabilidad jurídico-sanitaria. Ed. La ley. Madrid. 2011.
    - Gil, J.; Gimeno, M.; Laborda, J.; Nuviala, J. Protocolos de disección: anatomía del perro. Servet. Zaragoza. 2012.
    - Gracia, D. Fundamentos de bioética. Humanidades médicas. Triacastela. Madrid. 2007. 2ª edición.
    - Horst-J, CH. La responsabilidad del veterinario en la exploración y tratamiento. En: Clínica de las enfermedades del perro. Acribia. Zaragoza. 1981.
    - Huffman, J.; Wallace, J. Wildlife forensics: methods and applications. John Wiley & Sons. Reino Unido. 2011.
    - Kitt, T. Tratado de Anatomía Patológica General para veterinarios y estudiantes de veterinaria. Ed. Labor. Barcelona. 1985.
    - Merck, M. Veterinaria Forense. Investigaciones sobre crueldad hacia los animales. Ed. Acribia. Zaragoza. 2010.
    - Monterroso Casado, E. Aspectos legales y responsabilidades derivadas de la práctica veterinaria. Ed. Servet. Zaragoza. 2006.
    - Oanta, G.A. La política de seguridad alimentaria en la Unión Europea. Tirant lo Blanch. Valencia. 2007.
    - Recuerda, M.A. Seguridad alimentaria y nuevos alimentos: régimen jurídico-administrativo. Aranzadi. Cizur Menor. Navarra. 2006.
    - Recuerda, M.A. Tratado de derecho alimentario. Editorial Aranzadi, S.A. Pamplona. 2011.
    - Recuerda, M.A. Código de derecho alimentario. Aranzadi. Cizur Menor. Navarra. 2012.
    - Rolin, B. Introducción a la Ética médica veterinaria: Teoría y casos. Ed. Acribia. 2009.
    - Sanz Egaña, C. Veterinaria Legal. 2ª ed. Espasa Calpe. Madrid. 1955.
    - Soave, O. Veterinary law: laws governing veterinarians and animals. 5ª. ed. Ed. Díaz de Santos. 2004.
    - Villanueva, E.; Gisbert, J.A. Medicina Legal y Toxicología. Masson. Barcelona. 2005. 6ª edición.

    Competencias
    Competencias e resultados da aprendizaxe que o estudiante adquire coa disciplina:

    Competencias Xerais do Título:

    GVUSC 01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    GVUSC 02. Capacidade de análise e síntesis.
    GVUSC 03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
    GVUSC 04. Planificación e xestión do traballo.
    GVUSC 05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    GVUSC 06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    GVUSC 07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
    GVUSC 08. Liderazgo, iniciativa e espíritu emprendedor.
    GVUSC 09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    GVUSC 010. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    Competencias específicas disciplinares (saber):

    CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
    CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
    CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.

    Competencias Específicas profesionales (saber facer):

    D1VUSC16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
    D1VUSC17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.

    Competencias Específicas Académicas (querer facer), aplicables a todos os perfís:

    CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a.
    CEAVUSC 02. Manter un comportamiento ético no exercicio das suas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    CEAVUSC 03. Divulgar á información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluida, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    CEAVUSC 04. Buscar e xestionar á información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
    CEAVUSC 05. Coñocer e aplicar o método científico na práctica profesional incluindo a medicina basada na evidencia.
    CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramiento e axuda profesionales.
    CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos duhna lingua extranxeira, especialmente nos aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    Competencias transversais:

    CTVUSC 01. Capacidade para o razonamento e a argumentación.
    CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analízala dunha forma crítica.
    CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    CTVUSC 04. Capacidade para realizar uhna exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
    CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxieira.
    CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante á aplicación integrada dos seus coñecementos.


    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas: 16 horas. Nelas o profesor desarrollará o contido do programa teórico, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, favorecendo a participación dos alumnos.
    • Prácticas: 12 horas, distribuidas en 3 sesións de 3, 4 e 5 horas cada unha. As prácticas serán no laboratorio (1 sesión) e na sala de informática (2 sesións) e traballárase con distintos recursos e fontes de información e bibliográficas. Poñeránse tarefas e exercicios que os alumnos realizarán.
    • Seminarios: 3 horas. Exposición dos seminarios preparados polos alumnos en grupos o conxunto da clase. A exposición de cada un dos seminarios irá seguida dun tempo de discusión e debate.
    • Tutorías en grupo: 4 horas. Nelas o profesor orientará aos alumnos sobre os aspectos a ter en conta para a realización das distintas tarefas (estudo, busca de información, manexo de recursos, realización de exercicios, seminarios,…).
    • Realización de exames e revisión: 1 hora.
    • Horas totais presenciais: 35.
    • Disponibilidade e recurso da plataforma USC-virtual.

    Sistema de evaluación
    A evaluación do alumno incluirá unha evaluación continua (que supoñerá un 30 % dá calificación final) e un exame final (que terá un valor do 70 % dá nota final). Para superar a asignatura requírese que o alumno alcance una puntuación mínima no exame final dun 40%.

    A evaluación continua farase en base aos traballos e exercicios propostos nas clases
    prácticas (xa sexan realizados individualmente polos alumnos ou en grupos), a nivel de aproveitamento (en términos de aprendizaxe) na realización e participación nos seminarios, así coma na participación activa e aportacións do alumno na aula, nas tutorías ou nas actividades desenvolvidas a través da aula virtual.

    A calificación obtida polo alumno na parte de evaluación continua conservarase durante dous cursos académicos consecutivos.

    *CALIFICACIÓN FINAL:
    PRÁCTICAS (20 %) + SEMINARIOS (10 %) + EXAME FINAL (70 %).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Estudo individual: 24 horas
    - Elaboración de memorias de prácticas: 2 horas
    - Elaboración de traballos: 8 horas
    - Resolución de casos/problemas: 2 horas
    - Presentacións orais: 3 horas
    - Realización de exames: 1 hora

    - Total horas de traballo persoal do estudiante: 40 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a toda as actividades presenciais programadas para a materia.
    • Participación activa, constructiva e respetuosa nas clases, seminarios e tutorías.
    • Preparar e complementar os contenidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
    • Desenvolver hábitos de busca autónoma de información científica.
    • Aproveitar os recursos disponibels para o alumno, da biblioteca universitaria.
    • Seguir o ritmo de estudo e traballo que se vaia marcando, dunha forma continua.
    • Utilizar axeitadamente as tutorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar cualquera dúbida que xurda no proceso da aprendizaxe.
    • Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.




















    Observacións
    Horario de Tutorías individuais:

    As horas de tutoría das profesoras figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).

    Profesoras Horario

    M. Ángeles García Fernández Luns, mércores e xoves: 11-13 h
    M Julia Melgar Riol Martes, xoves e venres: 11-13 h
    Inés Sánchez Sellero Luns, martes e mércores: 13-15 h