G2091429 - Hixiene I : Hixiene Xeral e Seguridade Alimentaria (Hixiene, Tecnoloxía e Seguridade Alimentaria) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaPreténdese formar o alumno nas bases nas que se asenta a Seguridade Alimentaria para que no futuro da súa profesión poida colaborar na protección do consumidor. Para iso ten que coñecer todos os tipos de perigos que poden afectar aos alimentos e debe de coñecer as medidas que se poden aplicar para previlos e controlalos. Ademais debe de coñecer o marco lexislativo que atinxe á produción de alimentos seguros e as súas redes de comunicación.
ContidosPresentación da materia.
Tema 1: Conceptos Xerais.
Tema 2: Comestibilidade e calidade.
Tema 3: Conceptos xerais de lexislación.
Tema 4: Inspeción de alimentos.
Tema 5: Toma de Mostra.
Tema 6: Seguridade Alimentaria.
Tema 7: Tóxicos naturais dos alimentos
Tema 8: Contaminación abiótica dos alimentos
Tema 9: Ecoloxía microbiana
Tema 10: Contaminación biótica dos alimentos
Tema 11: Xeneralidades das enfermidades transmitidas polos alimentos
Tema 12: Enfermidades de orixe bacteriana transmitidas polos alimentos
Tema 13: Toxiinfecciones alimentarias de orixe fúngico
Tema 14: Métodos de conservación dos alimentos.
Tema 15: Industrias alimentarias
Tema 16: O sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Preparación do material para a Análise Microbiolóxica para o Control de Alimentos,
Análise Microbiolóxica para o Control de Alimentos,
Establecemento do período de vida útil nos alimentos,
Métodos para determinar a presenza de perigos de orixe abiótica e/ou biótica,
Lectura e interpretación dos resultados.
O alumno examinarase das Prácticas.
Bibliografía básica e complementaria- Lexislación vixente.
- - Agenjo, C. Enciclopedia de la inspección veterinaria y análisis de alimentos. Ed. Espasa, Madrid (1980)
- Ana Mª Rey y Alejandro A. Silvestre (2004). Comer sin riesgos 1 y 2.
- Bello Gutiérrez, J. (2000). Ciencia bromatológica. Principios generales de los alimentos. Madrid. Ediciones Díaz de Santos S.A.
- Bolton, A. Sistema de gestión de la calidad en la industria alimentaria. Ed. Acribia, Zaragoza (2000)
- Briz, J. Internet, Trazabilidad y Seguridad Alimentaria. Mundi-prensa, Madrid (2003)
- Código alimentario español y disposiciones complementarias. María Dolores Flores Cerdán y Paloma Deleuze Isasi. Ed .Tecnos, Madrid (2001)
- Código sanitario internacional para los animales acuáticos: peces, moluscos y crustáceos. Office International des Epizooties, Paris (2000)
- FAO /OMS. (1994). Programa conjunto FAO/OMS sobre Normas Alimentarias. Código Alimentario, volumen III 1994: Residuos de medicamentos veterinarios en alimentos.
- FAO. Sistemas de calidad e inocuidad de los alimentos: manual de capacitación sobre higiene de los alimentos y sobre el sistema de análisis de peligros y de puntos críticos de control (APPCC). Ed. FAO, Roma (2002)
- Federación Española de Hostelería. Guía de prácticas correctas de higiene e Hostelería. I. Restaurantes, Cafeterías y Bares. Ministerio de Sanidad y Consumo (2000)
- Fehlhaber, K. & Janetschke, P. (1995). Higiene veterinaria de los alimentos. Acribia. Zaragoza.
- FIL-IDF Monograph on residues and contaminants in milk and milk products. Brussels. 1997. Derache R.
- Forsythe S.J. Alimentos seguros: microbiología. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Johns, N. Higiene de los alimentos. Directrices para profesionales de hostelería, restauración y catering. Ed. Acribia, Zaragoza (1999)
- Mariott N.G. Principios de higiene alimentaria. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Mortimore, S. y Wallance, C. HACCP : enfoque práctico. Ed. Acribia, Zaragoza (2001)
- Mossel D.A.A., Moreno B., Struijk C.B. Microbiología de los alimentos. Zaragoza. Editorial Acribia. 2003.
- Pascual Anderson (2000). Microbiología alimentaria. Ministerio de Sanidad y Consumo.
- Recuerda, M.A. (2012). Código de derecho alimentario. Thomson Reuters – Editorial Aranzadi, S.A., Navarra.
-Felipe, C. y Felipe, J. (2004). Manual de higiene y seguridad alimentaria en hostelería. Madrid, Paraninfo.
- Wildbrett G. (2000) Limpieza y desinfección en la industria alimentaria. Zaragoza. Acribia.
CompetenciasXENÉRICAS :(GVUSC):
ou GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
ou GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
ou GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
ou GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
ou GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
ou GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
ou GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
ou GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
ou GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
ou GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
DISCIPLINARES (CEDVUSC):
ou CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
ou CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
ou CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
ou CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
ou CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.
ou CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación
PROFESIONAIS (D1VUSC):
ou D1VUSC 02. Recoller e remitir especimenes co seu correspondente informe.
ou D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
ou D1VUSC 13. Realizar o control sanitario dos distintos tipos de empresas e establecementos de restauración e alimentación.
ou D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os ambientais e de bioseguridade, así como a valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
ou D1VUSC 15. Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade.
ou D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
ACADÉMICAS (CEAVUSC):
ou CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a veterinario/a.
ou CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
ou CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
ou CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do/a veterinario/a.
ou CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
ou CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
ou CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
TRANSVERSAIS (CTVUSC):
- CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
- CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
- CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
- CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
- CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
- CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
- CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos estrutúranse principalmente en Clases Teóricas onde basicamente se establecen os fundamentos da materia. Estas clases teóricas serán expostas con axuda das ferramentas clásicas e audiovisuais. Un aspecto importante é que os alumnos deben completar os aspectos contemplados en teoría coa realización de traballos fóra das clases presenciais (formación autónoma), individuais ou en grupos, por proposta do profesor, polo que será unha parte moi interesante para a formación intelectual do alumno. Estes traballos serán realizados, expostos e/ou debatidos durante os Seminarios, polo que deste xeito se pretende fomentar a capacidade de defensa das propias decisións e de autocrítica. As Prácticas considéranse unha parte importante da formación do alumno posto que son complementarias dos temas teóricos. As Titorías serán permanentes a través do Curso de Axuda Virtual ou presenciais nos horarios indicados. Toda a docencia estará apoiada nun Curso de Axuda Virtual na plataforma que para ensino virtual dispón a USC, onde se poderán localizar anuncios, contidos e material adicional, bibliografía, normativas citadas, guías para a realización dos traballos, correo electrónico, etc.
Sistema de evaluaciónA realización das prácticas é obrigatorio para superar a materia.
- Avaliarase a asistencia e sobre todo a actitude do alumno durante as clases presenciais: 10%
- Avaliarase o desenvolvemento dos traballos propostos polo profesor: 10%
- Realizarase un exame no que se avalíe o coñecemento sobre os contidos da materia, o alumno será avaliado tamén sobre o seu coñecemento dos contidos prácticos: 80% (requisito dun 40% do exame para valorar o resto de méritos).
Tempo de estudo e traballo persoalO numero Total de horas de traballo PRESENCIAL será de 60 horas; o número total de horas de traballo No Presencial será de 90 horas. O número total de horas de traballo dos estudantes nunha materia organizada en créditos ECTS valórase en 25 x n.º ECTS, polo que para esta materia será de 150 horas totais.
Recomendacións para o estudo da materia- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases presenciais.
- Realización de esquemas e resumos: entendelos e memorizalos. Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Consultar a bibliografía, sobre todo a lexislación vixente.