Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091430 - Reprodución e Obstetricia Veterinaria II (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 20.00
  • Clase Expositiva: 23.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Patoloxía Animal
  • Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARRIO LOPEZ, MONICA.NON
Becerra Gonzalez, Juan Jose.NON
Peña Martinez, Ana Isabel.NON
Quintela Arias, Luis Angel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES05OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES06OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES07OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo /CLI_EEES08OrdinarioClínicos EEESSINON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Dentro dos obxectivos Xerais do Título de Graduado en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela consta:
    “A formación en Ciencias Veterinarias ten como obxecto dotar ós estudantes dos coñecementos, técnicas, habilidades e aptitudes propias da profesión”.
    Polo tanto, “os obxectivos xerais do título resúmense na formación dos graduados/as con coñecementos e capacitación profesional que garante a saúde dos animais e do home, mediante:
    • Control da hixiene, a inspección e a tecnoloxía da produción e a elaboración de alimentos de consumo humano, dende a produción primaria ata o consumidor.
    • Prevención, diagnóstico e tratamento individual ou colectivo, así coma a loita contra as enfermidades dos animais, sexan considerados estes individualmente ou en grupo, particularmente no caso das zoonoses
    • Control da cría, manexo, benestar, reprodución, protección, e alimentación dos animais, así coma as melloras das súas producións.
    • Obtención, en condicións excelentes e economicamente rendibles, de produtos de orixe animal e a avaliación do seu impacto ambiental.
    • Coñecemento e aplicación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas en todos os ámbitos da profesión veterinaria e da saúde pública, comprendendo as implicacións éticas de saúde nun contexto mundial de transformación.
    • Desenvolvemento da práctica profesional con respecto a outros profesionais da saúde, adquirindo habilidades relacionadas co traballo en equipo, co uso eficiente dos recursos e coa xestión da calidade.
    • Identificación dos riscos emerxentes en todos os ámbitos da profesión veterinaria.

    Obxectivos específicos da materia:
    - Poder Diagnosticar e tratar os principais problemas reprodutivos que poden padecer as especies domésticas.
    - Coñecer as causas de subfertilidade, infertilidade e esterilidade, propoñendo medidas para a súa corrección.
    – Coñecer os fenómenos biolóxicos que concorren antes, durante e despois do parto, avaliar as posibles complicacións e saber correxilas.


    Contidos
    PRÁCTICAS:

    Práctica 1.- Exploración rectal na vaca I: Práctica de clínica, que se realizará onde indique o Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina”. Os alumn@s aprenderán a técnica para realizar a exploración rectal do tracto xenital da vaca, aprendendo a diferenciar as distintas partes do aparello xenital, así coma as estruturas fisiolóxicas ou patolóxicas que poden atopar a nivel de ovario. Debido ás normas de benestar animal, a práctica desenvolverase en grupos de 5 ou 6 persoas e contarase con 5 ou 6 vacas, para que cada alumno dispoña dunha vaca.

    Práctica 2.- Exploración rectal na vaca II: Este práctica realizarase nas mesmas instalación que a anterior, e servira para que os alumn@s consoliden o aprendido na practica anterior.

    Práctica 3.- Exame ecográfico do tracto xenital da vaca: Práctica de clínica, que se realizará onde indique o Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina”. A finalidade desta practica e que os alumn@s se familiaricen coa exploración do tracto xenital da vaca mediante ultrasóns, aprendendo os principios básicos da exploración, do diagnóstico de xestación e da identificación do sexo fetal. Os grupos de alumnos e animais serán como nas prácticas de exploración rectal.

    Práctica 4.- Consulta clínica de Reprodución en pequenos animais: Desenvolverase nas consultas do Hospital Veterinario “Rof Codina” en grupos de 5 persoas. Os alumnos pasarán consulta de reprodución, e o principal obxectivo e que os alumn@s se familiaricen co diagnóstico dos problemas reprodutivos mais frecuentes nos pequenos animais.

    ELABORACIÓN DE TRABALLOS:

    O longo do cuadrimestre os alumnos deberán desenvolver un traballo proposto sobre o tema de “Partos distócicos na especie bovina”.

    PROGRAMA TEORICO:

    BLOQUE I.- PATOLOXIA DA REPRODUCCIÓN E OBSTERTRICIA EN RUMIANTES (11 h DE TEORÍA)

    TEMA 1. Alteracións anatómicas do tracto xenital: Describiremos as alteracións estruturais dos diferentes compoñentes do tracto xenital que repercuten negativamente na súa capacidade reprodutiva provocando infertilidade ou esterilidade. Ademais de definir as diferentes patoloxías, prestarase especial atención á importancia práctica de cada un dos procesos e ás posibles medidas terapéuticas aplicables. Así, organizaremos o tema en: alteracións conxénitas, freemartinismo, alteracións adquiridas e as neoplasias.

    TEMA 2. Alteracións do ciclo estral: Ocuparémonos dos diferentes tipos de anestro, facendo fincapé nos factores responsables, a sintomatoloxía clínica e os principios xerais de tratamento. Na segunda parte abórdanse as circunstancias que alteran a ovulación. Serán analizados os seguintes aspectos: a hipofunción ovárica, o anestro, os celos silentes, os trastornos da ovulación e os quistes foliculares.

    TEMA 3. Infertilidade de orixe nutricional: Estudarase a infertilidade que ten coma orixe causas nutricionais. Farase ver ó alumn@ que a nutrición é un dos alicerces que deben ser tidos en conta á hora de analizar a eficacia reprodutiva dun rabaño, debendo ter en conta os diferentes compoñentes da dieta, xa que as súas alteracións poden conducir a graves fallos reprodutivos. Así falaremos de: importancia da nutrición na infertilidade, alteracións dos distintos compoñentes da dieta (enerxía, proteínas, minerais, vitaminas) e de substancias tóxicas.

    TEMA 4. Síndrome de repetición de celos: Este tema ocúpase do estudo do Síndrome de Repetición de Celos, entidade patolóxica que ocasiona enormes perdas nas explotacións de gando vacún. Avaliarase a incidencia deste proceso e analizaranse as causas que o poden provocar.

    TEMA 5. Patoloxías da xestación: Descríbense todas as patoloxías uterinas, placentarias ou fetais que acontecen durante a xestación, excepto a mortalidade embrionaria ou o aborto, que serán obxecto dun tema específico. Así resumiremos o tema en: patoloxías da xestación (rotura de útero, hemorraxias, xestacións extrauterinas, hernias de útero, prolapsos de vaxina e enfermidades dos anexos fetais).

    TEMA 6. Interrupción da xestación: Consideraremos a patoloxía da xestación durante os períodos embrionario e fetal. Para iso, farase un inventario exhaustivo das causas de mortalidade embrionaria ou de aborto. Descríbense: mortalidade embrionaria e o aborto, considerando a súa incidencia e as súas causas.

    TEMA 7. Parto Distócico: Aprenderemos distinguir cando un parto é distócico e describiremos as principais solucións que se poden empregar. Tamén adicaremos parte do tema a diagnosticar e tratar procesos patolóxicos que se poden orixinar pola saída do feto. Poderemos analizar: concepto de distocia e o seu diagnóstico, mutacións (variedades, técnicas e instrumentos empregados), extracción forzada, histerotomía, fetotomía e procesos orixinados pola saída do feto.

    TEMA 8. Distocias de orixe maternal: Abordaranse neste tema as distocias dende o punto de vista da nai, describindo as principais distocias de orixe materno, e vendo as posibles solucións a cada unha delas. Así, trataremos especificamente: atonía uterina, alteracións dos osos pelvianos, alteracións dos órganos xenitais, hipoplasias e tumores, posicións fora do seu sitio da vexiga da ouriña, distocias por espasmos e induración do cérvix, distocias por posicións anormais do útero e outras causas de distocia.

    TEMA 9. Distocias de orixe fetal: Aprenderemos a diagnosticar e a tratar as principais distocias de orixe fetal. Tamén abordaremos neste tema aqueles partos distócicos que se orixinan por problemas dos anexos fetais e a súa solución. Serán aspectos fundamentais: anomalías na presentación, posición e actitude, exceso de volume fetal, xestación de xemelgos, enfermidades do feto, malformacións fetais, distocias dependentes dos anexos fetais.

    TEMA 10. Patoloxía do Puerperio: Analizaremos as principais patoloxías asociadas co puerperio. Así, veranse patoloxías directamente relacionadas co aparello xenital, e tamén describiremos algunhas patoloxías xerais directamente relacionadas con esta etapa. Terán especial importancia: prolapsos (uterino, vaxinal, rectal), retención placentaria, metrite postparto, piómetra, endometrites.

    TEMA 11. Patoloxía do neonato: Describiremos as principais patoloxías que poden presentar os neonatos. Realizarase unha descrición das patoloxías máis comúns que permitan o seu diagnóstico e posterior tratamento. Poñeremos especial atención na: onfaloflebite, hemorraxias e hernias umbilicais e a persistencia do uraco.

    TEMA 12. Infertilidade no macho: Estudaremos as diferentes patoloxías que, de xeito directo ou indirecto, contribúen a reducir ou suprimir a fertilidade no macho nos ruminantes domésticos. Para simplificalo, presentaranse ordenadas en función das distintas rexións anatómicas e na última parte faise referencia ás alteracións relacionadas coa conduta sexual. Concretamente afondaremos en: alteracións: xerais que afectan á fertilidade. Alteracións do escroto. Alteracións do prepucio. Alteracións no pene. Alteracións a nivel dos testículos. Alteracións do epidídimo. Alteracións que afectan ás glándulas anexas e Alteracións da conduta sexual.


    BLOQUE II.- PATOLOXIAS DA REPRODUCCIÓN E OBSTETRICIA EN EQUÍDOS (4,5 h DE TEORÍA)

    TEMA 13. Alteracións do ciclo estral: Analizaremos as principais alteracións do ciclo estral na egua, incluídas as situacións fisiolóxicas que poden aparentar patolóxicas. Concretamente pararémonos no estudo de: alteracións do desenvolvemento folicular, do comportamento, da ovulación e dan función lútea; así coma dos tumores ováricos.
    TEMA 14. Patoloxía da xestación: Neste tema abordaremos as patoloxías da xestación na egua: torsión de útero, hidroalantoides, rotura uterina, rotura do tendón prepúbico e a xestación prolongada. Na segunda parte deste tema estudaremos a mortalidade embrionaria, xa sexa por causas de orixe maternal ou embrionario,
    Contidos
    e tamén o aborto na egua, debido a causas infecciosas ou non infecciosas.

    TEMA 15 Parto distócico. O puerperio: Ó longo deste tema aprenderemos a diferenciar entre partos normais e distócicos na egua, e a diagnosticar e resolver as principais distocias que se producen nas femias equinas. Tamén se estudaran as patoloxías do postparto como a retención de placenta, metrite-laminite, hemorraxias no postparto, prolapso de útero, ruptura uterina, atraso da involución uterina, e traumatismos do tracto xenital.

    TEMA 16. Causas infecciosas de infertilidade: Consideraremos os procesos infecciosos máis frecuentes que afectan ó útero da egua, dende o seu diagnóstico ó seu tratamento. Así comentaremos a endometrite a piómetra, a Metrite Contaxiosa Equina e o Exantema Coital.

    TEMA 17. Alteracións Reprodutivas no garañón: Neste último tema do Bloque, faremos un estudo da patoloxía da reprodución no macho: anomalías no seme, infeccións, anomalías físicas, problemas psicolóxicos.

    BLOQUE III- PATOLOXIA DA REPRODUCIÓN E OBSTETRICIA EN PORCINOS (2,5 HORAS TEÓRICAS)

    TEMA 18. Infertilidade na porca: Analizaremos as principais causas de infertilidade na porca. Como nos bloques anteriores abordaremos os distintos aspectos que poden ocasionar infertilidade na porca, centrándonos nos máis importantes ou nos máis comúns nesta especie; anomalías anatómicas, trastornos ováricos, enfermidades infecciosas, o anestro e o hiperestroxenismo.

    TEMA 19. Interrupción da xestación: Afondaremos nas principais causas da interrupción patolóxica da xestación na porca, orixinadas por causas non infecciosas ou por axentes infecciosos. Tamén aprenderemos a detectalas e a diagnosticalas.

    TEMA 20. Alteracións entorno o parto na porca Falaremos da obstetricia no porcino, comentando as principais distocias e o modo de resolvelas. Nesta última parte do tema estudaremos as principais patoloxías do postparto nesta especie: a retención de placenta, o hematoma, laceración e contusión así como tamén o prolapso de útero.


    BLOQUE IV.- PATOLOXIA DA REPRODUCIÓN E OBSTETRICIA NOS CARNÍVOROS DOMÉSTICOS
    (5 HORAS TEÓRICAS)

    TEMA 21. Patoloxía reprodutiva na cadela e na gata: Afondaremos nas condicións patolóxicas máis frecuentes nas femias non xestantes. Comezaremos estudando as situacións que ocasionan unha alteración do ciclo estral normal (alteracións ováricas), e a continuación estudaremos as patoloxías uterinas e vaxinais máis frecuentes de diagnosticar nestas especies.

    TEMA 22. Problemas durante a xestación e parto distócico: Coñeceremos as características do parto distócico na cadela e na gata; así como as distocias máis frecuentes nestas especies, tanto de orixe maternal, coma de orixe fetal ou materno-fetal. Discutiranse os métodos de diagnóstico e o tratamento das mesmas.

    TEMA 23. Alteracións postparto na cadela e na gata: Analizaremos as principais alteracións asociadas ó período postparto na cadela e na gata. Describirase a etioloxía, cadro clínico, diagnóstico e tratamento de cada situación patolóxica. Concretamente imos falar de: involución uterina normal tralo parto, alteracións uterinas (hemorraxias, retención de placenta e fetal, metrites agudas, involución incompleta das zonas de inserción placentaria), rotura do útero, prolapso de útero, síndrome da leite tóxica, alteracións da glándula mamaria (agalactia, galactostasis, mamite aguda, eclampsia

    TEMA 24 Patoloxía reprodutiva no can e no gato: Coñeceremos as alteracións do tracto xenital máis frecuentes nos cans e nos gatos macho. Como nos temas anteriores, cada condición patolóxica descríbese comezando pola etioloxía, cadro clínico, diagnóstico e finalmente as pautas de tratamento dispoñibles para o veterinario clínico.

    Bibliografía básica e complementaria
    - Hafez ESE. (1996) Reproducción e inseminación artificial en animales. 3ª edición en español. Inte-ramericana McGraw-Hill. México.
    - Joy KP, Krishna A, Haldar C. (1999) Comparative endocrinology and reproduction. Springer-Verlag. Berlín.
    - Knobil E, Neill JD. (1994) The Physiology of Reproduction. Second edition. Volumes 1 y 2. Raven Press, New York.
    - Knobil E, Neill JD. (1998) Encyclopedia of reproduction. Academic Press. San Diego.
    - McDonald LE, Pineda MH (1991). Endocrinología veterinaria y reproducción. Interamericana McGraw-Hill. México.
    - Thibault C, Levasseur MC. (1991) La reproduction chez les mammifères et l’homme. INRA. París.
    - Senger PL. (2003). Pathways to pregnancy and parturition. Current Conceptions, Inc. 2nd Edition. Washington.
    - BLANCHARD, T.L.; VARNER, D.D. Y SCHUMACHER, J. (1998). Manual of equine reproduction. Mosby-Year Book. Inc. St. Louis, Missouri.
    - BRINSKO, S.P., BLANCHARD, T.L.,VARNER, D.D., SCHUMACHER, J., LOVE, C.C., HIN-RICHS, K., HARTMAN, D. (2011). Manual of equine reproduction. 3ª Ed. Editorial Mosby else-vier. Maryland Heights, Missouri. Pp. 325.
    - JACKSON, P.G.G. (1995). Handbook of veterinary obstetrics. Ed. W.B. Saunders, cop. Lon-don.
    - KAHN, W.. Veterinary reproductive ultrasonography. Ed. Mosby-Wolfe, con. London. 1994.
    - Ley, B.W. (2004). Broodmare reproduction for the equine practitioner. Editorial Teton NewMe-dia. Jackon, Wyoming. Pp. 255.
    - McKINNON, A.O. Y VOSS, J.L. (1993). Equine reproduction. Editorial Willians and Wilkins. EEUU. Pp. 1137.
    - International veterinary information service (IVIS). http://www.ivis.org/home.asp
    - MARTINAT-BOTTÉ, F.; RENAUD, G.; MADEE, F.; COSTIOU, P. Y TERQUI, M. (2000). Ultrasonography and reproduction in swine: Principles and practical applications. INRA editions. Paris.
    - Rodríguez-Estévez, V. (2010). El anestro y la infertilidad estacional de la cerda. Editorial Servet. Navarra. España. Pp. 184.
    - Simpson GM, England GCW, Harvey M. (1998) Manual of Small Animal Reproduction and Neonato-logy. British Small Animal Veterinary Association. Cheltenham.
    - Burke TJ. (1986). Small animal reproduction and infertility. A clinical approach to diagnosis and tre-atment. Lea and Febiger. Philadelphia.


    Competencias
    1.- Competencias xenéricas
    • GVUSC01: Capacidade de aprendizaxe e adaptación
    • GVUSC02: Capacidade de análise e síntese
    • GVUSC03: Coñecementos xerais sobre o área de traballo
    • GVUSC04: Planificación e xestión do traballo
    • GVUSC05: Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
    • GVUSC06: Capacidade de traballar de xeito autónomo e en equipo
    • GVUSC07: Habilidade para traballar nun contexto internacional
    • GVUSC08: Liderado, iniciativa e espírito emprendedor
    • GVUSC09: Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos
    • GVUSC10: Compromiso ético e asunción de responsabilidades
    2.-Competencias Específicas Disciplinares
    • CEDVUSC18: Coñecer os procedementos básicos para garantir o correcto funcionamento da actividade reprodutiva así como os procesos tecnolóxicos e os métodos para a resolución de problemas obstétricos .
    3.- Competencias Específicas Profesionais
    • D1VUSC09: Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos
    4.- Competencias Específicas Académicas
    • CEAVUSC01: Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario
    • CEAVUSC02: Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade .
    • CEAVUSC03: Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
    • CEAVUSC04: Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario
    • CEAVUSC05: Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia
    • CEAVUSC06: Saber buscar asesoramento e axuda profesionais
    • CEAVUSC07: Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias
    • CEAVUSC08: Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente .
    5.- Competencias Específicas transversais
    • CTVUSC01: Capacidade para o razoamento e a argumentación
    • CTVUSC02: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica .
    • CTVUSC03: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible .
    • CTVUSC04: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa
    • CTVUSC05: Habilidade no manexo das TICs
    • CTVUSC06: Utilización de información en lingua estranxeira.
    • CTVUSC07: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos

    Metodoloxía da ensinanza
    Sendo esta unha materia orientada a futuros profesionais veterinarios, pretendemos cumprir coas seguintes condicións metodolóxicas básicas:

    a.- Mantemento dun equilibrio entre a adquisición de coñecementos teóricos e de habilidades prácticas, non podemos esquecer que nesta disciplina deberán aprender unha serie de habilidades necesarias para o exercicio profesional da veterinaria.
    b.- Promover a constante busca de nova información: a reprodución non é unha disciplina estática e atópase en continua evolución, polo que é necesario que o alumn@ aprenda a buscar nova información, analizándoa criticamente.

    Dentro desta estrutura, podemos describir varias partes neste curso:
    A.- Una primeira parte de traballo teórico, na que o profesor exporá os temas incluídos no programa da materia, e o alumn@ deberá adquirir os coñecementos básicos da disciplina. O alumn@ deberá compaxinar a asistencia a estas clases teóricas coa lectura dos textos recomendados para ampliar os seus coñecementos.

    B.- Traballo Práctico: Ó longo do curso, o alumn@ deberá asistir e participar activamente nas sesións prácticas da materia, para poder aprender as habilidades necesarias para o futuro exercicio profesional.

    - Apoios ó curso:
    Durante todo o curso os alumn@s disporán dun apoio presencial, podendo realizar consultas ós distintos profesores da materia, nos horarios establecidos para as titorías. É aconsellable que o alumno asista, polo menos, unha vez por bloque temático. Tamén disporán dun apoio virtual, podendo facer consultas a través do correo electrónico, foros, etc.
    Para dar este apoio creouse un curso virtual na USC denominado Reprodución e Obstetricia Veterinaria II, ó que poderán acceder todos os alumn@s matriculados nesta materia.
    No curso virtual o alumnado tamén disporá de información complementaria e modelos de exame que servirán como método de autoavaliación.
    Sistema de evaluación
    Para a avaliación final do alumn@, tomarase en conta todas as actividades realizadas ó longo do curso, así coma os coñecementos adquiridos e as habilidades prácticas acadadas.

    Así, a avaliación final do alumn@ terá en conta os seguintes aspectos:

    1.- Participación Activa e Aproveitamento das Clases Prácticas, considerando a asistencia e o aproveitamento.

    2.- Exames Escritos: Neste apartado valoraremos os coñecementos teórico/prácticos acadados polo alumn@. O exame será unha proba que constará de 80 preguntas, unhas de tipo test de resposta múltiple, e outras de resposta breve. As respostas incorrectas nas preguntas de tipo test non restarán puntos, pero será necesario acertar todas as opcións para que sexa considerada correcta.
    Realizarase un exame final, na data establecida na Programación Académica da Facultade de Veterinaria.
    Trala publicación das notas provisorias de cada exame, o alumn@ poderá revisar o seu exercicio e propoñer as dúbidas, suxestións ou reclamacións que considere oportunas. A data e lugar de revisión será publicada xunto coas puntuacións dos exames.

    3.-Traballo sobre Parto Distócico na especie bovina
    - O tema proposto para o traballo será o referente a parto distócico na especie bovina, que inclúe os temas 7, 8 e 9 do temario, tratando os seguintes epígrafes:
    ● TEMA 7. Parto Distócico: Parto distócico. Concepto de distocia e o seu diagnóstico. Métodos de tratamento. Procesos orixinados pola saída do feto.
    ● TEMA 8. Distocias de orixe maternal: Distocias de orixe materno. Atonía uterina. Alteración dos osos pelvianos. Alteración dos órganos xenitais. Hipoplasias e tumores. Torsión uterina.
    ● TEMA 9. Distocias de orixe fetal: Distocias de orixe fetal. Anomalías na presentación, posición e actitude. Exceso de volume fetal: uniforme e parcial. Xestacións de xemelgos. Malformacións fetais. Distocias dependentes dos anexos fetais.
    - O traballo poderase realizar en grupos de mínimo 3 alumnos e máximo de 5.
    - A puntuación do traballo será de un 10% da nota final da materia, e os temas tratados entran a formar parte da materia do exame.
    - Os traballos presentados deberan de cumprir as seguintes normas:
    - A extensión máxima do texto será de 20 páxinas, e o final do mesmo poderán incluírse as imaxes que se consideren oportunas (sen limitación de extensión)
    - Deberan de presentarse en formato PDF
    - A fonte tipográfica a empregar será de Arial a tamaño 11 ou Calibri a tamaño 10, a espazo simple e sen espazo entre parágrafos.

    A cualificación final da materia será da seguinte maneira:
    - Clases Prácticas: 20% de la cualificación final
    - Traballo: 10%
    - Exames escritos: 70% de la cualificación final. Para superar a materia será imprescindible que o alumn@ alcance una puntuación mínima de “5” no exame escrito. De non alcanzarse, non se fará media coas notas das clases prácticas e do traballo.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial no Aula:
    - Clases maxistrais: 23h
    - Prácticas clínicas: 20h
    - Titorías en grupos reducidos: 2h
    - Total de horas de traballo presencial: 45h

    Traballo persoal d@ estudante
    - Estudo individual: 36h
    - Elaboración de traballos: 15h
    - Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 10h
    - Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 2h
    - Presentaciones orais: 2h
    - Realización de exames: 2,5h
    - Total de horas de traballo persoal d@ estudante: 67,5h

    Total Traballo d@ Estudante: 112,5horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ó alumn@ asistir activamente tanto ás clases teóricas como prácticas. Sería recomendable que o alumnado completase as sesións coa bibliografía recomendada para cada tema.
    Os alumn@s terán a súa disposición dun curso virtual na plataforma da USC na que se colgarán as presentacións empregadas en clase, vídeos, artigos, páxinas de interese, etc. É recomendable visualizar todos os contidos propostos