Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091431 - Zoonoses e Saúde Pública (Ciencias Clínicas e Sanidade Animal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 27.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 2.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Patoloxía Animal
  • Áreas: Sanidade Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Arias Vázquez, María Sol.NON
Fernandez Rodriguez, Gonzalo.NON
PAZ SILVA, ADOLFO.NON
Sánchez-Andrade Fernández, Rita.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer as principais enfermidades transmitidas dende os animais ao home.
    - Coñecer os principais aspectos epidemiolóxicos e as repercusións na saúde humana das principais zoonoses.
    -Analizar as medidas de loita e control fronte aos axentes zoonóticos para a protección e mellora da saúde humana.
    - Coñecer a actuación que corresponde ao veterinario en relación coa Saúde Pública.
    -Coñecer as funcións dos organismos nacionais e internacionais implicados en Saúde Pública Veterinaria
    - Adquirir a terminoloxía axeitada da materia que se imparte.
    Contidos
    Programa teórico
    Tema1: Concepto de Zoonoses e de Saúde Pública. (1 hora)
    Tema 2: Zoonoses: Evolución histórica e características. Clasificación das zoonoses. (1 hora)
    Tema 3: Zoonoses: Modelos de enfermidade. Emerxencia e Reemerxencia de zoonoses. Factores relacionados. Riscos actuais. Perspectivas futuras. (2 horas)
    Tema 4: Mecanismos de control das zoonoses. Control de zoonoses no comercio exterior. Normativa e Organismos Nacionais e Internacionais implicados en Saúde Pública Veterinaria. (1 hora)
    Tema 5: Sistemas de vixilancia epidemiolóxica de zoonoses: concepto, obxectivos, métodos e estrutura. (1 hora)
    Tema 6: Análise de riscos en sanidade animal e saúde pública veterinaria. (2 horas)
    Tema 7: Programas de Saúde Pública Veterinaria: concepto, deseño e avaliación. (2 horas)
    Tema 8: Bioseguridade nos laboratorios. Niveis de continxencia. (1 hora)
    Tema 9: Zoonoses parasitarias e infecciosas transmitidas por alimentos de orixe animal. (2 horas)
    Tema 10: Programas Nacionais de erradicación. (1 hora)
    Tema 11: Investigación de brotes. Intervención do Veterinario en Saúde Pública. (2 horas)
    Tema 12: Outras zoonoses parasitarias e infecciosas transmitidas por animais de produción. (2 horas)
    Tema 13- Zoonoses parasitarias e infecciosas transmitidas polo can e o gato. (2 horas)
    Tema 14- Zoonoses parasitarias e infecciosas transmitidas por coellos, coelliño de India, rata, rato, xerbo e hámster e aves. (1 hora)
    Tema 15- Zoonoses parasitarias e infecciosas transmitidas por réptiles (serpes, tartarugas e lagartos), animais de zoo e salvaxes. (1 hora)
    Tema 16- Zoonoses parasitarias transmitidas pola auga e vexetais. (1 hora)
    Tema 17- Control de zoonoses en núcleos urbanos. (1 hora)
    Tema 18- Bioterrorismo por axentes zoonóticos. (1 hora)
    Tema 19- Control biolóxico de axentes zoonóticos. (1 hora)
    Tema 20- Alerxias e Sensibilización fronte a axentes zoonóticos. (1 hora)
    Programa práctico
    Práctica 1: Diagnóstico de laboratorio de axentes zoonóticos en alimentos.
    Práctica 2: Diagnóstico de laboratorio de axentes zoonóticos en auga de bebida.
    Práctica 3: Probas para mostrar sensibilización fronte a axentes zoonóticos
    Práctica 4: Formulación dun caso práctico ante unha emerxencia.
    Práctica 5: Resolución do caso práctico

    Bibliografía básica e complementaria
    Acha, P.N. y Szyfres, B. (2003). Zoonosis y enfermedades transmisibles comunes al hombre y a los animales. Organización Panamericana de la Salud (O.M.S.). Publicación Científica Nº 503. 3ª Ed. Washington.
    Alvarez, M. y Rodriguez, E. (2002). II curso sobre enfermedades transmisibles entre los animales y el hombre. Universidad de León, Secretariado de Publicaciones y Medios Audiovisuales.
    Baschwitz, G.B. y col. (2010). Enfermedades emergentes y reemergentes en sanidad Animal y Zoonosis. Real Academia de Ciencias Veterinarias. Madrid
    Beck, W.y Pantchev, N. (2010). Zoonosis parasitarias. Ed. Servet. España
    Bell, J.C.; Palmer, S.R. y Payne, J. (1988). The Zoonoses: infections transmitted from animals to man. Edward Arnold, Londres.
    Blackburn, C., McClure, P. (2001) Foodborne Pathogens. Woodhead Publishing.
    Bonnefoy, X. y col. (2008). Public health significance of urban pests. World Health Organization.
    Código Sanitario para los animales terrestres (2010). http://web.oie.int/esp/normes/mcode/es_chapitre_1.1.1.htm

    Díez-Baños, P. (2001).- Contibuciones desde la veterinaria a la salud y bienestar humanos. Discurso de ingreso en a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. Euzéby .J. (2000). Los parásitos de la carne. Ed. Acribia. España
    Gorham.J.R.; Robinson, M.M.; Knowles, D.P.; Rourke, J.R. (1992). Encefalopatías espongiformes transmisibles: enfermedades lentas de los animales y el hombre, OIE. París
    Mate-Caballero, T.E. (1990). Guía de las zoonosis más frecuentes en España. Ministerio de Sanidad y Consumo, Madrid.
    Miró y col. (2001).- Zoonosis en pequeños animales. Canis et Felis (Aula Veterinaria). Nº 50.
    O.M.S. (1979). Zoonosis parasitarias. Informe de una Comisión de Expertos de la O.M.S. Serie de Informes Técnicos nº 637, Ginebra.
    O.M.S. (1982). Zoonosis bacterias y víricas. Serie de Informes Técnicos nº 682. Ginebra.
    Sánchez Acedo, C. (1992). Zoonosis parasitarias. Discurso de Ingreso en la Real Academia de Medicina de Zaragoza.
    Steele, J.H. (1982) (Edit.). Handbook series in zoonoses. Section C. Parasitic zoonoses. Volume I, II y III. C.R.C. Press, INC. Boca Ratón, Florida.
    Vector-Borne and Zoonotic Diseases. http://sciencewatch.com/articles/facing-host-pathogens
    Veterinary Institutions in the Developing World: Current Status and Future Needs: (2004). NHBS - C De Haan, Office International des Epizooties

    Competencias
    COMPETENCIAS XERAIS
    GVUSC02.Capacidad de análise e síntese.
    GVUSC03.Conocimientos xerais sobre a área de traballo.
    GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional
    GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades

    COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
    Disciplinares
    CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermedades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
    CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
    CEDVUSC 15. Coñecer os dereitos e deberes do/a veterinario/a, con especial incidencia nos principios éticos.

    Profesionais
    D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
    D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
    D1VUSC 05. Realizar estudos epidemiolóxicos e desenvolver programas de prevención, control e erradicación das enfermidades animais, con especial atención ás enfermidades de declaración obrigatoria e zoonse.
    D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os ambientais e de bioseguridade, así como a valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
    D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
    Académicas
    CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
    CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/laveterinario/a.
    CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
    CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do /a veterinario/a.
    COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
    CTVUSC 01 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    CTVUSC 02 Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
    CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas impartiranse como clases maxistrais; durante un día á semana, os xoves en horario de 8 ´ 10 a 10 da mañá, no segundo cuadrimestre. O programa está ordenado por temas, pero isto non significa que cada un deles se corresponda exactamente no tempo á duración dunha clase. Terase en conta a asistencia como un baremo que nos indique o grao de interese do alumno e a capacidade de espertalo por parte do profesor.
    A programación de prácticas, inclúe 15 horas de prácticas de laboratorio con grupos de 20 alumnos. Estas prácticas levaranse a cabo en horario de 16 ´ 30 a 19 ´ 30 horas de luns a xoves, no laboratorio da Cátedra de Parasitoloxía e Enfermidades parasitarias (Pavillón 1, planta baixa).
    A temporalización concreta realizarase a partir dos alumnos inscritos na materia, facéndose públicos os grupos no taboleiro de anuncios no mes de setembro.
    Os seminarios, tratasen temas de actualidade axudados por medios audiovisuais, noticias en prensa, internet etc.., neles os alumnos en grupos de catro-cinco, presentarán de forma oral (10 minutos) ante os seus compañeiros un traballo sobre un tema de entre os formulados ao inicio do curso. Cada alumno debe asistir de forma obrigatoria a dúas horas de seminarios. As datas para a exposición destes son os días 5 de marzo e 28 de abril en horario de 16-20 horas.
    Na primeira hora do curso, 30 de xaneiro ás 8 ´ 10 da mañá explicarase o desenvolvemento dos seminarios e se propondran unha seri de temas de actualidade para que os alumnos elixan segundo as súas preferencias o que desenvolvesen e expondran
    Sistema de evaluación
    Realizarase unha avaliación continuada dos alumnos na que se valorará a súa asistencia e participación nas clases teóricas, prácticas e seminarios, que constituirá o 20% da nota final.
    Os contidos teóricos da materia avaliaranse ao final desta mediante a realización dunha proba test e a formulación de 3 preguntas de desenvolvemento, Cada parte puntuarase sobre un máximo de 10 puntos. En cada pregunta de desenvolvemento é necesario obter unha puntuación mínima de 3 puntos para que compense co resto das puntuacións obtidas nesta proba. . Para superar esta proba final a nota mínima media debe ser de 5 sobre 10. A puntuación obtida supoñerá o 50% da cualificación final.
    Finalmente, valorarase a exposición e defensa do traballo individual presentado ao resto de compañeiros. Iso constituirá o 30% da nota final.

    Nota necesaria: Aprobado (5.0)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: teóricas: 27h; prácticas: 15 h, seminarios 2 h, titoría 1 hora
    Estudo individual: 40,5
    Elaboración de trabajos:9
    Revisión bibliográfica, biblioteca, etc..2
    Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 1
    Resolución de casos/problemas: 9
    Presentacións orais: 4
    Realización de exames: 2
    Total horas de traballo presencial: 45
    Total horas de traballo persoal do/a estudante: 67,5
    TOTAL HORAS DO/A ESTUDANTE: 112,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    A experiencia acumulada nos anos que dedicamos á docencia desta materia lévanos a recomendar aos alumnos o estudo continuado da materia, así como realizar esquemas e resumos que lles axuden a comparar as características das distintas zoonoses e as súas vías de transmisión.
    É imprescindible o seguimento das sesións prácticas. Este ensino representa a participación directa do alumno e supón o afianzamento das nocións teóricas.
    Recoméndase a consulta da bibliografía seleccionada e de revistas periódicas, boletíns epidemiolóxicos, etc., así como a visita das diferentes páxinas web indicadas na bibliografía; todo iso co obxecto de completar os coñecementos e poder extraer material para a realización dos traballos persoais.